Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Renovación do complexo cultural en Ourense |
|

Fai un ano o alcalde de Ourense Jesús Vázquez Abad, tivo unha reunión co ministro de Cultura, Íñigo Méndez de Vigo. O encontro chegou o compromiso de promover as obras da Biblioteca e os Arquivos da cidade. E o compromiso está en curso. Neste complexo cultural, o máis importante na historia de Ourense, executáronse 19,6 millóns de euros e restan 4,2 por executar. Engadido aos 11,4 previstos para o Museo Arqueolóxico, Ourense contará con investimentos en asuntos culturais, os máis importantes que están en marcha en toda España,por un importe de entre 35 e 40 millóns de euros.
Lucía Alvarellos Garea, 4ºB ESO
|
|
|
|
TRAXEDIA EN ASTURIAS NO CIRCUÍTO FERNANDO ALONSO |
|
O piloto de 11 anos, Gonzalo Basurto faleceu tras un accidente no Circuíto de Karting Fernando Alonso, en Asturias. O piloto burgalés, de Medina de Pomar, desprazouse ao trazado para disputar unha proba do Campionato de Asturias.
O incidente tivo lugar nos adestramentos. Gonzalo chocou contra outro piloto ao tomar unha curva e o seu kart ao envorcar, caeu encima. A pesar de que levaba as proteccións regulamentarias e o casco, cando as asistencias médicas do circuíto interviñeron, o seu estado era moi grave.
Tras tratar de reanimalo durante corenta e cinco minutos, nos que tivo dúas paradas cardiorespiratorias, foi trasladado ao hospital onde certificaron a súa morte.
O seu corpo foi trasladado ata Villarcayo tras doar os seus órganos, e instalouse a capela ardente no tanatorio San Xosé de Villarcayo. A igrexa parroquial do pobo encheuse para despedilo. A familia pediu aos seus veciños que destinasen o diñeiro que se ían a gastar en flores para Gonzalo en doazóns para a Asociación de Diabéticos.
O Concello da localidade burgalesa decretou un día de loito en sinal de duelo polo pequeno e mesmo se suspenderon as festas do pobo.
Alba losada álvarez 4º b eso
|
|
|
|
A xeada golpea con dureza o sector vinícola galego |
|
Unións Agrarias (UU.AA.) cifra en 72 millóns de euros os danos pola xeada en viñedos de catro de cinco denominacións de orixe galegas, coa perda de 16,3 millóns de uva que supón que non chegarán ao mercado 21,7 millóns de botellas de viño.
En concreto, Monterrei foi a denominación máis afectada en relación á súa produción, cunha incidencia no 95% da colleita e case 800.000 euros en perdas de uva. A continuación atópase o 80% das vides da denominación de orixe de Valdeorras afectadas e perdas de 2,9 millóns de euros en uva.
Pola súa banda, en Ribeiro os danos afectan ao 75% dos viñedos,, mentres que na Ribeira Saca alcanzan ao 60%
A estes danos hai que engadir os gastos derivados de recuperación das vides mediante podas en verde e aplicación de cicatrizantes.
Sofía Cougil García, 4ºESO B
|
|
|
|
A caída dun mozo desde a Ponte Romana |
|
A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para esclarecer a caída
de Óscar P.C., de 20 anos, con domicilio na cidade, desde a Ponte Romana
cara á canle do río Miño.
O mozo resultou ferido de gravidade e foi traslado ao Complexo Hospitalario
Universitario de Ourense (CHUO) onde permanecía na noite de onte ingresado.
O incidente produciuse sobre as seis e media da madrugada no primeiro
alicerce da marxe esquerda. O mozo, tras caer, impactou contra a rocas e
terreo na beira da canle, segundo fontes policiais.
Unha patrulla da Policía Local atopouno no medio dun charco de sangue. Ao
lugar acudiu unha ambulancia de Urxencias Médicas, cuxo persoal, tras unha
primeira observación, trasladouno ao citado centro sanitario, onde foi intervido
dun traumatismo cranioencefálico e unha rotura de pelve.
A caída acendeu a alarma na central de chamadas da comisaría, que enviou
de inmediato unha patrulla ao lugar. Os axentes inspeccionaron o recinto á vez
que abrían unha investigación para esclarecer o sucedido. Os axentes
tentaban na tarde de onte pescudar se o mozo estaba acompañado de amigos,
se se tirou por vontade propia, si escorregou ao achegarse á beira da ponte ou
se o tiraron de forma intencionada.Os axentes mantiñan onte abertas todas as
hipóteses e levaban as pescudas con total mutismo. Tamén tentaban aclarar o
lugar do que viña o mozo.
Ester Barreira Cartelle 4º ESO B |
|
|
|
O Concello porá ao día o servizo de bicicletas públicas. |
|
O Concello de Ourense acometerá unha posta ao día do servizo municipal de
préstamo de bicicletas. Tras case dez anos de funcionamento, o Concello
pretende iniciar unha necesaria modernización deste servizo municipal, para o
que revisará o estado da totalidade das unidades, pintaraas de novo, avaliará a
adquisición de novas bicicletas para incrementar as unidades existentes ou
substituír aquelas que acumulen un maior nivel de uso co paso do tempo, así
como outras melloras que podan redundar nun maior e mellor servizo público.
O Concello de Ourense iniciará esta posta ao día a partir deste mes cando
vence o contrato de mantemento actualmente en vigor coa empresa San
Mamede Bike S.L. A firma fora adxudicataria do concurso convocado polo
Concello en 2016, por ser a que presentou a oferta máis vantaxosa. O contrato
remata hoxe, venres, e non pode ser prorrogado. Por este motivo o servizo de
préstamo de bicicletas estará temporalmente fóra de servizo desde mañá,
sábado, 4 de marzo.
A Concellería de Medio Ambiente elaborou un novo prego de condicións para
adxudicarlle o servizo a unha nova empresa que se encargue do mantemento.
O prego atópase arestora en tramitación na Concellería de Contratación para a
súa próxima licitación.
As persoas ?dezanove, segundo o rexistro de Medio Ambiente- que teñan
abonado a taxa correspondente a este ano (5,30 euros), poden solicitar a
devolución por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello. O Concello de
Ourense pide desculpas polas molestias que ocasione esta interrupción do
servizo ás persoas usuarias e comprométese a actuar coa maior celeridade
posible coa finalidade de que se poda repoñer no prazo máis breve posible e
acometer unha moi necesaria mellora e modernización deste servizo.
Aitana Almarcha Blanco.4ºESO B. |
|
|
|
Galicia tendrá a maior planta de autoconsumo eléctrico de Europa. |
|
A firma pontevedresa EDF Solar, que aumentará un 20% a súa plantilla, marcará un novo hito con esta instalación.
Galicia está á vangarda en cuestión enerxética. Non é unha esaxeración. Este año, a firma pontevedresa EDF Solar instaló na nave dun grupo maderero de Ourense a maior planta fotovoltaica para autoconsumo de España. E ahora esa mesma compañía marcará un novo hito, dado que outro grupo industrial encargoulle a colocación de paneis para a produción de 1,4 megavatios. A plantya, da que ahora mesmo está redactándose o proyecto, convertirase na maior de Europa na modalidade de autoconsumo eléctrico.
Que é EDF Solar? Converte a luz en diñeiro. Como o fai? Coa instalación de paneis fotovoltaicos en naves industriais que fan ca empresa produzca enerxía eléctrica para autobastecerse e que, desta maneira, poda chegar a ahorrar ata o 90% do consumo diurno.
O futuro encárase con forza. E nos planes da compañía entran tanto instalarse en Cataluña e Andalucía como sacar ao mercado todos os pedidos que teñen. Ademais, estúdase a idea de abrir unha división de negocio para particulares. De momento, o seu nicho de mercado é o industrial. Aí fixéronse fortes e son, hoxe por hoxe, a referencia nacional en canto a instalación de placas fotovoltaicas.
Ademais, na súa liña de romper techos, un dos técnicos da comàñía, Bruno Díaz, estase encargando da direción de todo un xigante da enerxía fotovoltaica en Arxentina: unha instalación de 300 megavatios.
Wuimer Álvarez Célix,4ºB ESO. |
|
|
|
24 de febreiro, día de Rosalía |
|
Os versos de Rosalía de Castro
resoaron onte en numerosas localidades
de toda Galicia para conmemorar o 180
aniversario do nacemento da poetisa.
Recitais, música, ofrendas ou mesmo a
reprodución da receita dun caldo que
daba nun dos seus poemas foron
algunhas das maneiras nas que os
galegos renderon homenaxe á autora de
Follas Novas.
A Capela do Hostal dos Reis Católicos, na praza compostelá do Obradoiro, foi
a sede do principal acto institucional da xornada rosaliana. Foi precisamente
nesa Capela, e nunha pila que aínda se conserva no lugar, onde a poeta
recibiu o sacramento do bautismo un 24 de febreiro de 1836 e onde se lle puxo
o nome María Rosalía Rita.
Comezou a lectura dos versos da poeta o secretario xeral de Política
Lingüística da Xunta, Valentín García, que leu o primeiro poema de Cantares
galegos. A este verso seguíronlle outros a cargo de alumnos do IES Rosalía de
Castro, que deron lectura a varios poemas de Miña casiña, meu lar.
Previamente a este acto de recordo dos versos rosalianos, o complexo
escultórico en homenaxe a Rosalía de Castro que se atopa na Alameda
compostelá acolleu unha ofrenda floral e alí as gaitas fixeron soar a Alborada.
O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, lembrou á poeta
como "unha muller pioneira, e rebelde? . Destacou o carácter "renovador" e
"modernizador" de Rosalía, e dixo que xunto á poeta "todos temos que celebrar
a esperanza, a ilusión". "Con ela -afirmou- naceu dalgunha forma un proxecto
novo e ilusionante para Galicia, un futuro de dignidade no que seguimos na
actualidade camiñando", dixo.
O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, presente tamén na
ofrenda floral, destacou o "ansia" que Rosalía tiña "por unha cohesión cultural,
polo despegamento da lingua e pola xustiza social". Villares dixo da autora que
"é un referente non só lingüístico e poético, senón sobre todo un referente ético
tamén na súa vida e a súa obra".
O paseo do Espolón de Padrón, municipio no que a poeta faleceu no ano 1885,
tamén acolleu á primeira hora da tarde de onte unha homenaxe aos pés da
estatua de Rosalía. Ademais, casa-Museo de Rosalía acolleu a proxección das
curtametraxes Unha muller que pasa/Silencio. Tamén a lareira da Casa de
Rosalía serviu para preparar un Caldo de Gloria, iniciativa inspirada no poema
Miña casiña, meu lar, no que Rosalía explica como ela mesma preparou
unhumilde caldo cos poucos ingredientes que tiña ao seu alcance.
Sara González Belloso 4ºESO B. |
|
|
|
As chamas arrasan outras 282 hectáreas de monte en Cotobade, O Incio e Rianxo |
|
Os incendios de Cotobade, O Incio, Rianxo e A Gudiña suman outras 282 hectáreas máis. En total, son 31 os incendios de consideración e máis de 2.250 as hectáreas queimadas neste mes en Galicia.O incendio forestal que se declarou o xoves pola tarde no municipio do Incio quedou controlado onte pola mañá. Arderon un total de 152 hectáreas. Resultou ferido un axente forestal que sufriu un accidente de tráfico cando ía traballar. O seu todoterreo envorcou nunha pista forestal próxima ao lugar do incendio. O ferido está ingresado no Hospital Comarcal de Monforte, pero as súas lesións non revisten gravidade. O lume propagouse con moita rapidez durante a tarde do xoves, debido ao intenso vento. A zona afectada é un territorio montañoso da parroquia de Trascastro. O que se calcinou é en boa medida monte baixo, pero tamén piñeiros, carballos e outra vexetación autóctona.
No municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, os refachos de vento do norte tamén foron, por momentos, un pesadelo para os equipos de extinción que loitaban contra as chamas. O lume iniciouse minutos antes das nove da noite do xoves na parroquia de Borela, unha zona que xa había días atrás sufrido un incendio que o vento, aparentemente, reavivou. A proximidade dunhas casas fixo que, por precaución, adoptásese a decisión de evacualas provisionalmente. Nos labores de extinción colaboraron medios autonómicos, xunto cos bombeiros de Pontevedra, aos que se lles encomendou a protección dun núcleo habitado con catro casas. Xa entrada a mañá de onte, Medio Rural deu por controlado o lume. Finalmente, estímanse en 30 as hectáreas arrasadas polas chamas no que foi o primeiro gran incendio forestal do ano na comarca de Pontevedra.O incendio rexistrado o xoves na localidade de Isorna, en Rianxo, calcinou 75 hectáreas de terreo. O lume quedou extinguido onte pola mañá. As chamas afectaron a unha superficie de 47 hectáreas de monte arborizado e 28 de monte raso. Na Gudiña, arderon 19 hectáreas de monte raso no seu maior parte. Quedou extinguido onte pola tarde.Pola súa banda, a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (Atrifoga) denuncia que Medio Rural deixou o servizo «baixo mínimos» en setembro «ao despedir a 436 traballadores con contratos de tres meses» e que resulta «imposible cubrir todas as quendas».
Antía Ramos, 2º Bach A |
|
|
|
Liberdade para dous detidos no operativo por fraude en cursos de formación en Ourense |
|
O Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense decretou liberdade para dous dos tres detidos que este venres pasaron a disposición xudicial despois de que o pasado mércores 26 de abril quedasen en liberdade outros dous en sede policial. Segundo informaron fontes xudiciais, os dous detidos, un home e unha muller, pasaron a disposición xudicial durante a mañá deste venres e acolléronse ao seu dereito a non declarar, tras o que foron postos en liberdade. A Policía Nacional sitúa como principais investigados nesta operación contra fraude en cursos de formación, na que foron detidas cinco persoas e dúas investigadas, ao responsable dun centro de estudos de Ourense e á muller deste, a cal traballa na Xunta. Ademais, neste operativo hai dúas persoas investigadas -non detidas-, entre as que se inclúe o xefe de persoal da Deputación de Ourense e alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, investigado por un suposto delito de suborno. Segundo informou a Policía Nacional, desde o 26 de abril detívose a cinco persoas por delitos de falsidade documental, contra a facenda pública e a Seguridade Social, contra a Administración pública, branqueo de capitais, estafa e suborno. A Policía Nacional explicou que se iniciou a investigación no ano 2015 a partir dunha denuncia recibida que "destapa unha trama ideada polo responsable do un centro de estudos céntrico" da capital ourensá para a obtención fraudulenta de subvencións públicas "burlando as condicións e requisitos esixidos mediante múltiples falsidades e enganos", segundo engade. Segundo sostén a Policía, "participa activamente" a muller do principal investigado, a cal, segundo concretan as mesmas fontes, "exerce un cargo de responsabilidade na Xunta de Galicia" no que dispón "dun selo de compulsa persoal". "Sérvese do mesmo para dar validez á diversa documentación falsificada que presentan para a obtención de subvencións por cursos de formación", explicou. Coa finalidade de lograr a concesión destes cursos o investigado simula a creación dunha asociación sen ánimo de lucro, AEXPA, a cal rexistra e mantén con actividade ficticia entre os anos 2005 e 2015.
Nuria Vázquez, 2º Bach, A
|
|
|
|
O complemento para o fogar máis desexado: un robot que cociña, recolle e limpa |
|
As casas do futuro terán timbres que nos permiten falar con quen está alén aínda que non esteamos na casa e neveiras que nos recomendarán que cociñar.
A domótica segue avanzando de forma imparable e entre os seus últimos avances destaca o mellor axudante de cociña posible. Trátase dun robot con forma de brazos articulados que nos prepara a comida, pero o mellor é que despois recolle e limpa.
Tamén se acabou pensar en receitas de cociña. A neveira recoñecerá os alimentos que hai dentro e aconsellaranos un prato.
Ademais, xa non fará falta estar na casa para saber quen chama á porta. Terá unha camara que controlaremos desde o móbil, e a través do micrófono e o altofalante poderémonos comunicar con eles.
Tamén se poderá abrir a porta a distancia e as ondas detectarán o movemento e avisarán se alguén entrou para roubar.
Iria Padrón, 2º Bach A |
|
|
|
|
|
|
|
|