Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Kobe Bryant retírase como o cuarto deportista máis rico segundo Forbes.

Segundo a revista Forbes, Kobe Bryant retirase cun montante de 680 millóns de dólares (604 millóns de euros) en ingresos totais, entre salario e patrocinios, o que o converte no xogador da NBA mellor pagado da historia e no deportista que máis salario obtén en deporte de equipo, só por detrás dos deportistas de disciplinas individuais Tiger Woods, Michael Schumancher e Floyd Mayweather.

O xogador dos Lakers foi unha auténtica máquina de facer cartos. O último salario de Bryant, segundo o portal HoopsHype, na tempada 2012-13 foi de 27.849.000 dólares, alcanzou os 30.453.000 dólares na 2013-14 e na 2014-15 foron 23 millóns redondos. Nesta tempada, calcúlase que o seu salario foi de 25 millóns de dólares, aunque a todo o anterior hai que sumar as cantidades que cobra pola parte dos patrocinadores e como imaxe de marcas de alcance mundial como McDonalds, Coca-Cola ou Nike.

O xogador de baloncesto sitúase incluso enriba do mítico Michael Jordan, que nos anos 90 convertiuse na estrela mellor pagada da Liga, e que abriu as portas a que os salarios dos deportistas foran cada vez máis elevados. Kobe foi o único xogador, depois de Jordan, en superar os 30 millóns de dólares e o mellor pagado nas últimas seis tempadas. Estímase que Jordan ganara 465 millóns de dólares durante a súa carreira, por detrás de Kobe, que agora anuncia a súa retirada do baloncesto.

"Querido baloncesto [...]. O meu corazón pode soportar a paliza. A miña cabeza pode soportar o esforzo. Pero o meu corpo sabe que é o momento de dicir adeus. E está ben. Estou preparado para deixar marchar." Bryant anunciou que se retirará ó final desta temporada con un poema adicado ao baloncesto, esa obsesión que presidiu a súa vida, ese motor que o converteu en un dos homes máis enfermizamente competitivos que coñeceu o deporte. Despois de 20 anos en activo, o increíbel escolta de Los Angeles Lakers recoñece que é o momento da súa despedida.



Ana Rodríguez Diz, 4ºC.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook loita contra as webs de noticias falsas, terá éxito?

Facebook iniciou unha loita contra as webs que difunden noticias falsas, pero ninguén sabe se a rede social poderá gañar esta batalla, xa que cada vez son máis as páxinas dedicadas a noticias falsas ou parodias da realidade.

Hai tempo que a rede social declarou a guerra aos portais webs que emiten información falsa. Estes sitios gañan diñeiro a través desta serie de noticias creadas co único fin de que os usuarios fagan click, entren na web e móstrese a publicidade pola que ingresan o diñeiro.

En xeral, desde que implementamos cambios en Facebook, vimos a redución de cotas na maioría dos sitios de engano,dixo un portavoz de Facebook a BuzzFeed Noticias.

Segundo declarou Allen Montgomery e recolle BuzzFeed, propietario da web de noticias falsas National Report, Facebook "nunca deterá a desinformación ou as noticias falsas. Alguén sempre estará a dicir mentiras aí fóra".



Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
O presidente dos empresarios galegos prefire esta opción para pedir un novo crédito á banca para paliar as urxencias de tesourería; a auditoría definirá se son necesarios máis recortes
As tensións de tesourería da Confederación de Empresarios de Galicia empúxana cara a unha nova negociación coa banca. A patronal está disposta a asumir un novo endebedamento para facer fronte ás facturas e a opción que prefire o seu presidente, Antonio Dieter Moure, é refinanciar a hipoteca que pesa sobre a sede da CEG, un custo de 80.000 euros trimestrais.

A ampliación hipotecaria é, ao seu xuízo, unha opción menos agresiva que a outra que está sobre a mesa e que adiantou este medio en febreiro, a solicitude dun crédito de entre 500.000 e 600.000 euros á banca. Pero é tamén unha pena, pois de manter o ritmo actual de pagos a patronal amortizaría a hipoteca en 2017 e daría un paso de xigante para despexar o seu futuro económico.

Sara Fernández, de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Executivo galego prevé gastar un tope de 20 millóns en ampliar a súa sede central de San Caetano
A Xunta destinará un máximo de 20 millóns de euros ás obras para converter a actual estación de autobuses de Santiago na Cidade Administrativa de San Caetano, que prevé estea lista no horizonte de 2020, como "moi tarde", "de forma paralela" á realización do proxecto da nova intermodal da capital galega. O novo complexo permitirá ao Executivo recuperar un terreo cedido ao concello e anexo ás instalacións actuais da súa sede central. Permitirá albergar ata 1.300 empregados e contará tamén cunha gardería con 75 prazas e máis prazas de aparcadoiro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria do concurso de ideas para reformar esta zona. A Xunta pretende amortizar esta obra co abandono de espazos que ten alugados en Santiago, e polos que paga 2,5 millóns de euros dos 5,6 que lle custan anualmente a renda de instalacións que non son propias.

Sara Fernández, de 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Santiago ten 47 quilómetros de estrada de gran risco con sete mortos en tres anos
Catro dos cen tramos de estrada con maior risco de toda España están na área de Santiago. Nestes 47,4 quilómetros de vías nacionais producíronse en tres anos 26 accidentes graves con sete mortos e outros 22 feridos, segundo o informe do 2015 do Real Automóbil Club de España (RACE), que analiza o período entre o 2012 e o 2014.

O peor destes catro tramos de risco está na N-547, entre Boente (Arzúa) e o centro urbano de Melide. O RACE sitúa este traxecto de 7,5 quilómetros como o sétimo de maior perigo de todo o Estado. Entre o 2012 e o 2014 houbo catro accidentes graves con outros tantos feridos de consideración. Son menos que noutros períodos e non houbo falecidos, o que pon de manifesto que as medidas tomadas, como a prohibición de adiantar en zonas nas que antes se permitía, están fornecendo o efecto desexado. Con todo, o índice de risco seguiu incrementándose nos últimos anos. No 2013 tiña nivel laranxa e nos seguintes pasou a negro, o máximo.

No posto 18 e tamén en nivel negro de risco -maior que no 2013 e o 2014, ambos con nivel vermello- están os 13,9 quilómetros da N-634 que separan Ponche Carreira (Frades) de Sesmonde (Vilasantar). Aquí houbo oito accidentes importantes con dous mortos e sete feridos graves.

Nos 10,1 quilómetros da N-550 (A Coruña-Tui) entre Ordes e Mesón do Vento houbo oito accidentes graves, con dous mortos e seis feridos. Este é o único dos catro tramos que viu reducida o seu perigo, aínda que segue ocupando o posto 37 no ránking. No 2013 tiña nivel negro e agora só vermello.

No posto 75 dos tramos de maior risco de España está o que separa a rotonda da ligazón da autovía A-54 en Lavacolla co final da zona urbana de Ferreiros, no Pino. Estes 15,9 quilómetros tamén están situados na N-547, a estrada que une Santiago con Lugo. Neses tres anos rexistráronse seis accidentes graves nos que houbo tres mortos e outros cinco feridos de gran consideración. Neste punto o nivel de perigo, que baixou de vermello a laranxa no 2014 con respecto ao ano anterior, volveu incrementarse no 2015, escalando novamente ao nivel vermello.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cazan a un veciño de Ourense circulando a 220 por Zamora
Un varón portugués residente en Ourense foi detido despois de que un control móbil de radar detectase que circulaba co seu vehículo a case 220 quilómetros/ hora na autovía A-52 Rías Baixas. O control efectuouse na madrugada do pasado martes 5 de abril á altura de Mombuey (Zamora), por onde o turismo que conducía o detido circulaba a 219 quilómetros/hora, sinala a Comandancia da Garda Civil de Zamora nun comunicado. O tramo polo que circulaba o vehículo cando foi detectado polo radar estaba limitado á velocidade máxima xenérica para ese tipo de vías, de 120 quilómetros/hora. O condutor, de 50 anos, excedía a velocidade máxima en 99 quilómetros hora, polo que foi detido por un suposto delito contra a seguridade vial e entregado ao xuíz, que decretou a súa posta en liberdade con cargos. O Código Penal prevé para este tipo de accións pena de prisión de tres a seis meses, pena de multa ou a pena de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, ao que se suma a pena de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores entre un e catro anos.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Lisboa
A viaxe comezou o martes 29 de marzo cando, ás 8.00, os alumnos de 1º de bacharelato e 4º da E.S.O esperabamos, aínda que un pouco durmidos, a saída do autobús cara ao noso destino. Ese mesmo día chegamos a Porto onde tivemos unha fantástica guía, Antonia, que nos ensinou a cidade. Pola noite, ao chegar ao hotel ?Costa da Caparica? decidimos dar unha volta aos arredores e baixar a praia a tocar a auga, despois diso, todo o mundo a durmir. A mañá seguinte, mércores 30, tivemos un tour guiado por Lisboa coa compañía de Mercedes, que nos mostrou a capital portuguesa dun xeito moito máis ameno. Visitamos a Torre de Belem, o Mosteiro dos Jerónimos e o Monumento aos Descobrimentos. Despois de xantar visitamos o Barrio Alto, lugar cheo de restaurantes e bares, é dicir, ?o lugar da noite? en Lisboa. Este día tivemos a ocasión de probar os pasteis de Belem que son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xoves 31, levantámonos con forzas xa que é un día no que debemos camiñar, pola mañá visitamos o Palacio da Pena, que foi unha das residencias oficiais dos Reis de Portugal durante o século XIX. Atópase na cidade de Sintra, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1985. No ano 2007 foi incluído na lista das sete marabillas de Portugal por votación popular. Quedei verdadeiramente impresionada con este palacio e coas vistas que había desde alí arriba e foi un dous meus lugares preferidos. Xantamos no hotel e pola tarde continuamos a visita por Lisboa, onde tivemos unha hora para pasear e comprar por alí. Venres 1, visitamos o Oceanário de Lisboa, que é o segundo acuario máis grande de Europa, por detrás do de Valencia. No seu hábitat coexisten máis de 15.000 seres vivos de máis de 450 especies diferentes.

Pola tarde visitamos estoril e cascais onde, debido ao bo tempo que nos acompañaba decidimos baixar a praia aínda que só os máis valentes metéronse na auga, mentres os demais tomaban o sol ou gozaban dun partido de fútbol preto do mar. E como todo o bo remata, chegou o último día, sábado 2. Almorzamos cedo e saímos cara Ourense parando en Óbidos, onde se estaba a celebrar o festival do chocolate polo que puidemos deixar Portugal cun bo sabor de boca. Máis tarde fixemos a derradeira parada en Coímbra para xantar e visitar a cidade. Chegamos a Ourense cansados pero contentos e con moitas cousas que contar, foi unha viaxe que serviu para coñecernos mellor entre nós e para coller esta terceira avaliación con moitas máis ganas.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Hai que adaptarse aos tempos e enganchar ao lector en vinte páxinas
Cinco meses bastáronlle a Carlos Montero para poñer sobre o papel ?El desorden que dejas?, a súa segunda novela e a que lle colocou como un dos escritores españois de moda tras alcanzar o premio Primavera, dotado con cen mil euros e que conta con gañadores tan ilustres como Juan José Millás, Rosa Montero ou Lorenzo Silva. O xurado elixiu a súa narración entre as case novecentas pezas presentadas «pola creación duns personaxes verosímiles e próximos envoltos nunha trama vertixinosa». Solteiro, afeccionado a ler, ao cinema e a saír cos amigos, Montero foi guionista de series televisivas de éxito como ?Física o química? e ?El comisario?, ademais de asinar outra novela, ?Los tatuajes no se quitan con láser?. Ademais de estar escrita por un galego de Celanova, ten o toque galego, non só no ambiente e a climatoloxía, senón tamén nun ambiente melancólico e rodeado de segredos que poucas veces quérese que transcendan pero que acaban tendo consecuencias dramáticas para quen os garden. ?É necesario adaptarse aos novos tempos, ao iPad, ás descargas. Aí danche as vinte primeiras páxinas gratis, e se non enganchas ao lector, ninguén o descarga. Eu mesmo son así. Non temos moito tempo e o que les tenche que xerar unha satisfacción. Se o pensas, vinte euros [o prezo da súa novela é de 19,90] é moito, pero se xera esa sensación de satisfacción non será diñeiro perdido.? -di o autor.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Nacen os premios 'Crea' para promover o traballo de cineastas galegos
A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (Crea) presentou a primeira edición dos premios 'Crea', composta por 11 categorías e un duodécimo galardón honorífico, a que concorreron 110 traballos. Os gañadores daranse a coñecer nunha gala en Santiago o próximo 14 de maio.

Así explicouno o presidente da asociación, Jorge Coira, este venres nunha rolda de prensa na que explicou que o obxectivo deste certame é "promover o traballo dos directores" galegos e que naceu con vocación de converterse no premio "máis importante" deste ámbito a nivel autonómico.

Neste sentido, indicou que xa se entregaran recoñecementos a directores con anterioridade, aínda que esta é a primeira vez que se constitúen uns premios deste modo.

Entre as categorías atópanse os recoñecementos á mellor curtametraxe ou longametraxe ficción e un honorífico que se entregará a un individuo ou a unha entidade que defendera o "talento dos directores de Galicia".

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
ENGLISH WEEK
Na semana do 4 ao 9 de abril celebramos no noso centro a primeira English Week.

Ao longo da semana leváronse a cabo múltiple actividades para resaltar a importancia do inglés como medio de comunicación mundial.

Empezando polo luns, unha obra de teatro da compañía Moving on, na cal tamén tivo gran relevancia a participación de moitos alumnos seleccionados para sair ao escenario a colaborar. O mesmo día tivo lugar pola tarde a hora do té, na cal tivemos a oportunidade de degustar os dous tipos de té máis consumidos polos ingleses, acompañado dunha pasta. Bo aperitivo!

Outro dia foi dedicado visión de películas en inglés, no caso de primeiro de bacharelato, a afortunada foi "Pride and prejudice", a súa vez, a educación física quixo colaborar, polo que nas suas respectivas horas realizáronse xogos tradicionais ingleses.

Tamén para alumnos da Eso fixéronse clases integras de certas materias en inglés, por exemplo as de Xian Bobillo e Maria Gándara, quen parece que quedaron contentos coa experiencia.

O derradeiro dia lectivo tivemos a sorte de asistir a un musical, onde grupos de alumnos de xente da Eso dedicáronnos incribles actuacións, xa sexa a das máis pequenas con "Let her go" ata o mundialmente coñecido "lmagine" de John Lennon, momento moi emocionante. Todo este festival estivo encamiñado polo tema da paz, indo asi á par co lema do cotexio.

E aínda que os dias escolares remataron, a English Week non rematou ata o sabado, onde 20 alumnos tiveron a oportunidade de ter a unha clase para facer cupcakes e logo podelos degustar.

Este foi o noso primeiro ano con esta experiencia, pero debido ao seu éxito, non será o último.

Selena González, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0