 Os cárceres xaponeses énchense de xubilados, que non poden permitirse vivir sós. É o triste drama polo que centos de persoas maiores de 60 anos, ven obrigadas a roubar nas tendas. Segundo informa Financial Times, preto dun 35% dos furtos que se producen nas tendas de Xapón, corren a cargo de xubilados. Deses furtos, moitos son reincidentes. E, segundo cifras de 2013, destes reincidentes, un 40% cometeron o crime en máis de cinco ocasións. Un 460% máis que no ano 1991.
Ante esta situación, moitos son os expertos que tratan de buscar unha explicación, e coinciden en que é probable que as persoas da terceira idade que cometen estes delitos sexa para ingresar en prisión e así mellorar as súas condicións de vida, xa que lles ofrecen comida e asistencia sanitaria gratuíta. Uns gastos que moitos xubilados non poden asumir.
"A situación social en Xapón empuxou ás persoas de avanzada idade á necesidade de cometer crimes", explica o investigador Akio Doteuchi. Segundo indica a tendencia demográfica, ata 2060 o 40% da poboación xaponesa terá máis de 65 anos. Deste xeito, o gasto medio dun xubilado será un 25% maior que a pensión básica, uns 6.200 euros anuais. Actualmente un 40% dos xubilados viven sós. Os expertos aseguran tamén que esta situación irá en aumento, polas "vantaxes" que ofrece o ingreso en prisión, por centos de xubilados.
Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato. |
 A enorme leira situada a poucos quilómetros da capital ourensá que durante anos acolleu a Cidade dos Muchachos, o estado independente creado polo relixioso Jesús Silva nos anos 60, en plena ditadura franquista, está a piques de pasar a mans dunha empresa de autobuses. Debido ás débedas acumuladas durante anos, a Seguridade Social embargou o terreo e esta mesma semana celebrouse a poxa. O único ofertante foi unha empresa local de autobuses, Alfer, que presentou unha oferta de 412.000 euros. Trátase dunha cantidade que alcanza o 25 % do valor de taxación, de 1,5 millóns, polo que a firma podería facerse coa propiedade do solar si o dono non presenta unha oferta antes do martes. Si materialízase o cambio de propietario, sería o adeus definitivo a un proxecto de cidade que chegou a ter un milleiro de habitantes na súa época dourada. Aínda resisten algúns. Son os últimos raparigos.
Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
|