Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
QUEIXO GALEGO |
|
A presenza de produtos galegos, especialmente o queixo, deu moito que falar na feira internacional Alimentaria que pechaba as súas portas o pasado xoves en Barcelona. O escenario máis mediático foi a mostra que ofreceron seis famosos cociñeiros estatais, como a Estrela Michelín Bea Sotelo, do Restaurante ?A Estación? de Cambre ou catro concursantes dun dos programas máis actuais, ?MasterChef?, como Fabián León, Maribel Gil, Eva Millán e Paloma Ayense, aspirando a converterse no que xa é a galega.
Como sabiamos xa, o queixo forma parte de distintos tipos de comidas, pero non eran tan coñecidas as utilidades que os populares cociñeiros presentaron dándollo a probar ás persoas que acudiron ás mostras. Bea Sotelo demostrou como é posible, nun pequeno vaso, incluír cachucha de porco galego, migallos dun pan de bóla molladas en aceite de chourizo e queixo, para que o padal goce cunha variedade de sabores.
Os exconcursantes de ?MasterChef? despregaron seis variedades culinarias co queixo da Terra Chá a nivel dos mellores profesionais, a excepción do xeado de flor de Xamaica, que non por culpa da temperatura perdeu o seu sabor. Xa dende o primeiro día os queixos de San Simón da Costa marcaron un camiño difícil de percorrer para a enorme variedade de produtos que se expuxeron en Barcelona, gañando, xunto coa variedade de Arzúa-Ulloa e coa de Cebreiro, varios premios.
Uxía García Vázquez; 2º BACH. A |
|
|
|
Tres décadas de "Os santos inocentes" |
|
Onte pasaran tres décadas do estreo da película "Os santos inocentes", unha adaptación do libro de Miguel Delibes que realizou o director Mario Camus.
A película, (e o libro de Delibes), ambiéntase a mediados dos anos 60, en concreto o autor do libro sitúa a acción no ano 1964. E rodouse nos terrapléns de O "Zarrajón", nunha finca de Alburqueque, en Badaxoz.
O director, que xa contaba co éxito tralo rodaxe de "A colmena" e que tiña no seu palmarés o Oso de Oro na Berlinale de 1982; tiña un gran equipo formado polo productor Julían Mateos e os guionistas Manolo Matji e Antonio Larreta entre outros moitos. Tamén contaba cun gran elenco entre os que destacaban Alfredo Landa que interpretou a Paco o Baixo, Paco Rabal que se meteu na pel de Azarías, ámbolos dous recibiron ex aequo o premio de mellor interpretación masculina no festival de Cannes; e Terele Pérez que fixo de A Régula.
A película estreouse o 4 de abril de 1984 e tivo un enorme éxito entre o público, recadando máis de 500 millóns de pesetas que serían cerca de tres millóns de euros converténdose naquel momento na película máis taquilleira do cine español.
Carolina Outomuro López; 2º BACH. B |
|
|
|
BACTERIAS EXTINGUIDORAS |
|
Os restos fósiles mostran que nalgún momento fai uns 252 millóns de anos, o 90% das especies da Terra foron súbitamente aniquiladas na maior das cinco extincións masivas conocidas neste planeta. Un equipo de investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), pode que encontrase probas suficientes para señalar aos culpables: unha especie de microbios productores de metano.
Os autores suxiren que non foron asteroides nin volcanes, como indicouse ata agora, senon que se trata de bacterias produtoras de metano chamadas 'Methanosarcina', que de pronto floreceron de forma explosiva nos océanos, lanzando enormes cantidades de metano á atmósfera e cambiando radicalmente o clima e a química dos océanos. Os volcanes simplemente foron accesorios do crime.
A razón do repentino crecemento explosivo dos microbios pode ser a súa capacidade de utilizar unha rica fonte de carbono orgánico coa axuda do elemento níquel, emitido polo vulcanismo masivo nese preciso momento. Esta investigación basease en tres evidencias: a evidencia xeoquímica mostra un aumento exponencial de dióxido de carbono nos océanos no momento da extinción de finais do Pérmico e a evidencia xenética sinala un cambio en 'Methanosarcina' nese momento, converténdose nun importante productor de metano a partir dunha acumulación de dióxido de carbono na agua. Finalmente, os sedimentos mostran un aumento repentino na cantidade de níquel depositada exactamente neste momento.
Os depósitos de carbón mostran que algo causou un repunte significativo na cantidade de gases que contieñen carbono producido no momento da extinción masiva. Algúns investigadores suxeriron que estos gases os emitiron erupcións volcánicas das trampas siberianas. Cálculos do equipo do MIT mostraron que estas erupcións non eran suficientes para explicar o carbono encontrado nos sedimentos e que os cambios observados na cantidad de carbono no tempo non se axustaban ao modelo volcánico. "Unha rápida inxección inicial de dióxido de carbono dun volcán iría seguida por unha diminución gradual -explica un dos autores deste traballo, Gregorio Fournier, do MIT-. En cambio, vimos o contrario: un aumento rápido e continuo". "Eso suxire unha expansión microbiana", engade este experto. O crecemento das poboacións microbianas é dos poucos fenómenos capaces de aumentar a produción de carbón de maneira exponencial, ou incluso máis rápido. O caso é que 'Methanosarcina' adquiriu un medio particularmente rápido de fabricar metano, a través da transferencia de xenes doutro microbio, esta transferencia ocurriu na época da extinción de finais do Pérmico.
Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A |
|
|
|
A campaña ?Como cho digo ;-)? chega ós concellos. |
|
Unha semana despois da súa presentación, a campaña ?Como cho digo ;-)? que botou a andar a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) segue a sumar apoios na rede. En tres semanas, iniciarán unha xira de presentación por comarcas e localidades.
En tres semanas, a CTNL botarase á estrada para percorrer o territorio do país sumando forzas para reclamar a visibilización do galego nos medios de comunicación. Actos locais e comarcais convocarán a presenza de persoas coñecidas e colectivos e asociacións de cada lugar para esixir que a realidade que se produce en galego se recolla tamén na nosa lingua nos medios. Despois de cada acto, a proposta é que as diversas entidades se dirixan aos medios que traballan na localidade para remitirlle a súa declaración na que se solicita que as súas intervencións ou propostas fiquen reflectidas en galego nos medios
Aos medios
Cando este período, que durará entre catro e seis meses, finalice, a CTNL dirixirase directamente aos medios de comunicación facéndolle chegar os avais recollidos por todo o país para solicitarlle o compromiso de que a información que se xera na nosa lingua tamén se reproduza en galego.
Especial atención terán na campaña os concellos que producen unha boa parte da información local que sae nas edicións de xornais e outros medios. A todos os concellos do país solicitaralle a CTNL que indiquen aos medios de comunicación que a información producida pola institución quede reflectida en galego. "Os concellos producen moita información cada día e a maior parte diríxense aos medios na nosa lingua, mais finalmente aparece traducido. Agardamos o seu compromiso para promover que o galego teña presenza nos medios", apunta Nel Vidal, presidente da CTNL.
Co mundo da cultura
Unha semana despois do seu inicio, entidades e particulares sumáronse xa á campaña promovida pola CTNL, avalada tamén polo grande suceso da súa anterior proposta ?Gústame o galego?, que conseguiu un forte impacto social na defensa da nosa lingua. Desde que está operativa, ?Como cho digo ;:)? conseguiu a sinatura de grande número de persoas do mundo da cultura, da literatura, das artes escénicas ou da música. Escritores e escritoras como Manuel Rivas, Antonio Fraga, Helena Villar, Antía Otero, Mario Regueira, Marcos Calveiro, Xabier López López, Xosé Mª Lema, Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Dores Tembrás, Francisco Castro, Xoán Carlos Domínguez, Antón Cortizas, María Reimóndez, Elena Gallego ou Yolanda Castaño ou Carlos Negro sumáronse a unha proposta que tamén avalaron cos seus nomes desde a música Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Roi Casal, Mónica de Nut, Os da Ría, Sés ademais de Pedro Brandariz, María Mera, Mónica Camaño, Federico Perez ou Avelino González desde as artes escénicas, xunto con outros moitos nomes do ámbito cultural que queren que as súas intervencións sexan recollidas en galego nos medios.
Tamén podes asinar ti mesmo en.
http://comochodigo.eu/sinaturas/persoas
Por Serxio María. |
|
|
|
Os consellos da Policía para utilizar ben Whatsapp |
|
Non mostrar a última conexión ou bloquear os contactos insistentes son dous das recomendacións de seguridade.
A Policía Nacional fixo público este sábado unha guía de oito recomendacióna para a boa utilización da aplicación de mensaxería instantánea Whatsapp, como non mostrar a última conexión ou bloquear os contactos insistentes, xusto o día en que este corpo alcanzou 800.000 seguidores na rede social Twitter.
Para evitar ser bombardeado con mensaxes comerciais ou de calquera outra índole, os especialistas en redes sociais do corpo aconsellan non facilitar o número de teléfono a todo o mundo, e no caso de que se chegase a unha situación de acoso, bloquear ao contacto e, si houbese delito, denuncialo.
Da mesma xeito, advirten de que hai que respectar sempre a intimidade dos demais e non compartir contidos inadecuados ou que poidan ser ofensivos cara a terceiras persoas.
Especial coidado merécense as imaxes e os vídeos, polo que non hai que compartir nunca contidos que poidan atentar contra a privacidade ou a seguridade dun mesmo, así como non abrir enlaces a páxinas externas acurtados, sobre todo si non se coñece ao remitente.
Outra indicación é asegurarse ben do destinatario das mensaxes, xa que "hai confusións que poden ser letais para a túa vida persoal ou profesional", e evitar coller o móbil si se vai ebrio para non mandar mensaxes das que se poida un arrepentir máis tarde.
Todas estas advertencias foron publicadas na conta oficial do Corpo Nacional de Policía en Twitter (@policia), que acadou 800.000 seguidores e trátase xa do perfil con máis uso operativo policial.
A conta púxose en marcha en marzo de 2009 e desde entón difunde consellos de seguridade, lanza alertas tecnolóxicas, resolve dúbidas e, en ocasións, solicita a colaboración cidadá.
Por Fernando Rodríguez. |
|
|
|
Abraiante suceso en Ourense. |
|
Un dos casos de presuntas estafas foron postos a luz pola Policía Nacional en Ourense. Un dos feitos orixinouse nunha venda dun teléfono móbil por Internet. Denunciouse na comisaría provincial de Ourense que non recibira o terminal telefónico que vira nunha páxina web de venda de obxectos de segundo uso co cal se pactara un ingreso de 360 euros co vendedor.
Na declaración argumentou o denunciante que o suposto vendedor lle dixo que tal ingreso estaba bloqueado polo banco e debía facer un novo. En lugar diso, o denunciante acudiu á súa oficina bancaria e comprobou que non había ningún problema. Alertado por se podía ter sido vítima dun engano, procedeu a presentar unha denuncia ante a policía. O pasado 6 de marzo, un individuo intentou retirar o diñeiro dunha sucursal bancaria de Madrid. O empregado bancario decatouse de que a conta estaba bloqueada por unha denuncia en Ourense e deu aviso ao Corpo Nacional de Policía, que detivo ao mozo romanés.
Este tipo de casos deberían erradicarse xa que só fan que o negocio por Internet non sexa posíbel e que cada vez a sociedade comece a dubidar máis sobre este tipo de mercados.Ainda asi tamén todo debe quedar claro , o mercado pola Internet esta medrando mais e tendo mais normas e este suceso non paralizará este crecemento.
Por Samuel Vázquez.
|
|
|
|
|
|
|
|
|