Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ver para non crer |
|
Ben, coma tódalas fins de semana, estaba buscando unha nova relativa ao ámbito da cultura para falar sobre ela nun blogue no que colaboro no colexio, cando, no xornal "El País" atopei unha que chamou a miña atención.
A susodita nova falaba sobre os libros electrónicos que quere implantar a Xunta de Galicia para reducir os custos dos libros de texto, cando atopo "pais ou ben proxenitores"; claro, eu na miña inocencia pensaba que esas dúas palabras eran sinónimas, pero parece ser que non é así.
Un parágrafo máis abaixo atopo a palabra "alclance". Finxín que non a vira mentres pensaba "pobre, o teclado do ordenador pode xogar malas pasadas, pode pasarlle a calquera".
Pero o motivo que me incitou a escribir este artigo foi que, cando xa remataba de falar sobre o tema, comentando que os libros electrónicos pensábanse distribuir por unha rede denominada "Abalar" e que a medida xa afecta a 50.000 alumnos que cursan dende quinto de Primaria ata 2º da ESO; fala sobre que, segundo o informe PISA do ano 2012, os nosos alumnos non teñen por costume faltar a clase e son puntuais. Outra vez, perdoen a miña inocencia, pero non atopo relación entre eses dous datos, quizais a Xunta non imporía esa medida se os nosos alumnos chegaran tarde ou non fosen puntuais.
Para rematar, pido desculpas, pois son un poco maniática e como intento facer todo o posible por escribir ben, penso que os demais tamén o fan; polo que non podo resistirme a criticar artigos coma ese.
Carolina Outomuro López; 2º BACH. B |
|
|
|
FULGORES EN MARTE |
|
Imaxes tomadas polo rover Curiosity da NASA en Marte os pasados días 2 e 3 de abril inclúen uns misteriosos puntos brillantes. Según os responsables da misión, estarían debidos a que o sol estaba reflictíndose nunha rocha ou a raios cósmicos que golpearon ao detector da cámara. O rover tomou a imaxe xusto despois de chegar a un punto intermedio da súa ruta chamado Kimberley. O punto brillante aparece no horizonte, na mesma direción ao oeste-noroeste do vehículo fronte ao sol da tarde.
"Nas miles de imaxes que recibimos do Curiosity, vemos algunhas que teñen manchas brillantes case cada semana ", dixo Justin Maki do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA en Pasadena, California, líder do equipo que construíu ademais de operar a cámara de navegación. "Estas poden ser debidas a golpes de raios cósmicos ou á luz do sol brillando reflictada por superficies rochosas, como explicacións máis probables".
Se os puntos brillantes do 2 e 3 de abril son dunha roca que brillaba, as direcións dos puntos suxiren que a roca podería situarse nunha colina a uns 160 metros da posición do rover do 3 de abril. Os puntos brillantes aparecen nas imáxes do ollo dereito da cámara estéreo NavCam, pero non nas imaxes tomadas un segundo despois polo outro ollo da cámara. Maki dixo: "Polo xeral podemos identificar rápidamente a orixe probable dun punto brillante nunha imaxe en función de se prodúcese nas dúas imáxes dun par estéreo. Neste caso non é tan sinxelo debido a unha vista bloqueada da segunda cámara".
Na rexión de Kimberley e, máis tarde, nos afloramentos na ladeira do Monte de Sharp no interior do cráter Gale, os investigadores planean utilizar os instrumentos científicos do Curiosity para aprender máis acerca das condicións pasadas habitables e os cambios ambientais.
Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A |
|
|
|
Cen anos da Xeración do 14 que renovou a ciencia en Galicia e España |
|
 Intelectuais e científicos da época asentaron unha nova formación grazas ás 2.000 bolsas da Xunta para a Ampliación de Estudos; cen galegos resultaron beneficiados.
Hai cen anos, a sociedade española tamén se acendía en debates sobre cal debía ser o futuro da educación e a función dos científicos. A que se denominou Xeración do 14 sentou as bases para un novo xeito de formar en universidades, institutos e centros científicos. Investigar volveuse unha máxima tras décadas de escuridade. A entón pechada España decidiu abrirse un pouco para que parte dos mozos e docentes con máis talento fosen a estudar ao estranxeiro a través das 2.000 bolsas da recén creada Xunta para a Ampliación de Estudos (JAE). Calcúlase que uns cen galegos resultaron beneficiarios destas, entre eles, eminencias como Roberto Nóvoa Santos, o vigués Aniceto Charro Arias ou o propio Castelao que aprendeu en Múnic técnicas de gravado que despois aplicaría en revistas como Nós e da que tamén se faría eco Seoane.
Foron algúns dos bolseiros que finalmente contribuíron a cambiar Galicia. Con motivo da efeméride, a Biblioteca Nacional abriu unha exposición, "Xeración do 14. Ciencia e modernidade" que recorda o legado daqueles homes e mulleres.
Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO. |
|
|
|
Sudáfrica repartirá preservativos de cores e sabores para frear o VIH |
|
 "Necesitamos inxectar entusiasmo na campaña do preservativo, e por iso imos empezar a entregar novos tipos de condóns gratuítos de cores e sabores", dixo o ministro de Sanidade, Aaron Motsoaledi, segundo informou a cadea de televisión británica BBC.
O ministro, que detallou que os preservativos serán entregados a alumnos de instituto e universidade, dixo que o Goberno espera loitar así contra a "fatiga" dos mozos á hora de utilizar este método anticonceptivo.
A investigación mostra que os casos de infección na poboación aumentaron do 10,6 por cento que se reflexou en 2008 ao 12,2 por cento de novas infeccións en 2012, segundo se desprende do estudo realizado mediante unha enquisa a 38.000 persoas.
Así mesmo, tres cuartas partes dos enquisados afirmaban ter un risco baixo de contraer o VIH, a pesar de que quedou patente no estudo que un de cada dez dos avaliados estaba en risco; ademais, observouse que unha gran número dos sudafricanos de menos de cincuenta anos teñen relacións sexuais con diferentes mulleres e cada vez usan menos o condón.
A pesar de esforzos do goberno por difundir o tratamento do VIH, organizacións médicas de beneficencia advertiron o ano pasado que moitas clínicas quedaran sen fármacos para tratar o VIH; non obstante, en 2012 o país recibiu 482 millóns de euros (667 millóns de dólares) para recibir durante dous anos de empresas farmacéuticas medicamentos contra o VIH/sida.
Laura Abad Álvarez, 4ªA da ESO. |
|
|
|
Lois Patiño gaña o premio a mellor obra do Play-Doc con 'Costa da Morte' |
|
O xurado internacional da décima edición de Play-Doc FestivalInternacional de Documentais de Tui (Pontevedra) concedeu o premio desta edición --2.000 euros e trofeo-- a Lois Patiño pola súa obra 'Costa da Morte'.
O xurado --formado polos críticos e programadores Fernando Vílchez, Antonio Weinrichter e Jara Yáñez-- aludiu na lecturado palmarés á coidada estética da obra, así como ao valor do filme para a zona que retrata. Na súa argumentación, destacan a aposta de Patiño "por desenvolver unha proposta onde se xunta origor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade".
O vigués Lois Patiño é un habitual do certame, que xa mostrou en dúas ocasións anteriores os seus curtos paisaxísticos. Como elrecordou ao recoller o premio: "Levo vindo aquí cinco anos, ben como espectador ou coas miñas películas, e espero seguir facéndoo moitos máis".
Así, Lois Patiño agradeceu este galardón, que cualificou como "especial", debido ao vínculo emocional que ten co festival Play-Doc.
Esta obra de Lois Patiño recibiu varios premios en diversos festivais como o de mellor director emerxente que se levou no Festival de Locarno, mellor filme no Ficunam de México ou o galardón á Mejor Película de non ficción na sección Novas Ondas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF) 2013. "Deixei de contar", chanceou sobre o número de recoñecementos que tivo.
Lois Patiño (Vigo, 1983) compaxinou os seus estudios de psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid cos de cinema na escola Tai. Continuou a súa formación de cinema na NYFA de New York e en Barcelona, onde realizou o Master de Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra.
Segundo informa a organización este domingo, esta é a cuarta edición consecutiva de Play-Doc na que se inclúe unha película de Galicia na competición internacional. E en tres ocasións --anteriormente 'Todos vos sodes capitáns' e 'Vikingland'-- gañou unha fita galega.
Nerea Rial Conde, 1ºB Bach. |
|
|
|
?Gandini Juggling? unha das mellores compañías de circo contemporáneo actual actuará no Gaiás |
|
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria trae o vindeiro 3 de maio ao Gaiás a unha das mellores compañías de circo contemporáneo, Gandini Juggling. O grupo británico representará un dos espectáculos máis aclamados pola crítica e o público nos últimos anos: Smashed.
Nove malabaristas, 80 mazás, catro xogos de té e un calidoscopio que rompe esquemas. Estes son os protagonistas principais de Smashed, espectáculo inspirado na obra da excelente bailarina alemá Pina Bausch. Este show combina teatralidade, xogos de malabares e unha sincronización perfecta entre os 9 malabaristas que integran a formación artística.
Cunha estética dos anos 40 e ao ritmo de cancións de época, Smashed preséntase como un espectáculo cheo de humor, relacións tensas, amores imposibles, inocencia perdida e o estraño encanto dun té a media tarde.
Éxito de público e crítica
Considerada unha das mellores compañías do mundo na arte dos malabares, Gandini Juggling chega por primeira vez a Galicia cun espectáculo aclamado pola crítica ?obtivo o Premio Herald Angle no festival de Edimburgo- e representado máis de 200 veces desde 2011.
Gandini Juggling fundouse en 1992 polo malabarista Sean Gandini e a ximnasta rítmica Kati Ylä-Kokkala, e desde entón lideran a vangarda do circo contemporáneo, con máis de 4.000 espectáculos en 40 países, reinventando o malabarismo e a danza en cada perfomance, e sumando artistas de diversos lugares do mundo.
As entradas estarán á venda a partir deste luns, 31 de marzo, no Punto On da Cidade da Cultura e no portal www.servinova.com. O prezo das entradas é de 12 euros na Zona A e de 10 euros na Zona B, prezos que se elevarán a 14 e 12 respectivamente o día do espectáculo na billeteira. No caso de que as entradas se adquiran en Servinova, haberá que sumarlle os gastos de xestión.
Beatriz Pereiras López, 1ºB Bach. |
|
|
|
Un deleitamento ao alcance de todos |
|

Ourense é en España o destino termal de referencia. Nesta capital galega hai pozas gratuítas e spas económicos do modo máis natural. Hai 2.000 anos os romanos xa tomaron nota das fontes termais que manaban aquí.
A beiras do Miño hai media ducia de fontes termais. Augas abaixo do ponte do Milenio, sucédense durante catro quilómetros as pozas e termas da Chavasqueira, Muíño das Veigas, Outariz e Burgas de Canedo, ademais das fontes do Tinteiro e de Reza. Algunhas son instalacións privadas, pero outras son baños públicos acondicionados.
As primeiras termas que o paseante se atopa son as da Chavasqueira, tamén coñecidas como Baños do Bispo. Hai unhas pequenas pozas de uso libre e unhas termas privadas. Na fonte do Tinteiro, a xente fai cola coas súas garrafas para coller unhas augas recomendadas para os problemas bucodentales e de cicatrización.
A tres quilómetros están as catro pozas do Muíño das Veigas, cuxas augas están indicadas para afeccións reumáticas, como a artrose, as dermatolóxicas, como os eccemas e a dermatite atópica. Moi preto, encóntranse as termas de Outariz, con madeira e pedra, como ao estilo cen, e claro, máis caras. A alternativa gratuíta son as pozas de Outariz e Burgas de Canedo. As augas destas pozas (oito en total) son boas para as afeccións reumáticas do aparato locomotor.
Pero no centro mesmo da cidade de Ourense están tamén as fontes das Burgas. Trátase de mananciais medicinais canalizados a través de fontes das que manan augas a unha temperatura de entre 64 e 68 graos.
Son tres as fontes. A Burga de Arriba -a máis antiga, construída no século XVII- foi acondicionada en 2010 como baño termal, con gran piscina exterior e sauna húmida. A Burga do Medio data de mediados do século XIX e é de estilo neoclásico. E a Burga de Abaixo -de estilo neoclásico, tamén do século XIX-, consta de dous canos laterais e unha pila labrada no centro; aquí é onde a xente colle auga e fai as súas enxaugaduras e lavatorios.
David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. |
|
|
|
Nijima, a illa que medra a pasos axigantados |
|
 En novembro do pasado ano non existía, só era un punto de auga no océano, pero xusto nese mesmo lugar, a 1.000 quilómetros ao sur de Tokio, un volcán submarino entrou en erupción e empezou a lanzar violentamente material que se foi acumulando ata que fixo emerxer un illote. Hai tres meses a súa superficie alcanzaba os 56.000 quilómetros cadrados e unha altura de 25 metros cadrados por encima do nivel do mar.
Pero Nijima, a nova illa xurdida do fondo do océano, seguiu engordando, alimentada polos cascotes volcánicos. Ata tal punto medrou que se acabou de unir á veciña illa de Nishino-Shima, que no momento inicial atopábase a 500 metros de distancia e que xurdira en 1973, tamén por unha erupción volcánica. Ambas son xa unha soa illa. A erupción do volcán submarino tampouco presenta signos de diminuír a súa actividade, polo que é probable que o tamaño do terreo vaia en aumento.
O illote orixinal e o fusionado teñen agora algo máis de 2.000 metros de diámetro. Ao redor dos respiradoiros formáronse dous conos que alcanzan máis de 60 metros sobre o nivel do mar, co que case se triplica o punto máis alto que existía en decembro.
Despois do seu violento nacemento, moitos expertos xaponeses crían que o novo illote desaparecería pronto debido á erosión que provoca o océano. Non só non o fixo, senón que se axiganta.
Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
|
|
|
|
Arranca o "Galicia Connection" |
|
 A Cidade da Cultura convértese, a partir deste venres e ao longo de tres xornadas, en "laboratorio musical" a través do 'Galicia Connection', un festival que servirá de punto de encontro entre artistas galegos e internacionais.
Esta iniciativa promovida pola Xunta e dirixida por Cristina Pato reúne durante tres días seis mestres da música internacional, como son o baixista catalán Carles Benavent, o clarinetista sirio Kinan Azmeh, o arpista colombiano Edmar Castañeda e os galegos Najla Shami, Abe Rábade e Carlos Castro.
Precisamente, o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, recibiu este venres aos participantes, aos que animou a "aproveitar estas xornadas de convivencia con artistas punteiros no panorama internacional para complementar a súa formación, aproximarse a outras tradicións e favorecer un intercambio creativo que poida xerar sinerxías que desemboquen en futuros proxectos".
Así mesmo, Vázquez Abad destacou o compoñente educativo desta terceira edición do "Galicia Connection", onde se debaterán cuestións como a integración das artes nos sistemas de educación ou como un maior coñecemento musical pode mellorar a pedagoxía.
"A música está claro que socializa, que responsabiliza e fainos comunidade, que nos une a todos" manifestou Cristina Pato antes de asegurar que "a través dos valores da música se pode medir o nivel da sociedade ou o futuro dunha xeración". Por iso, explicou que o evento analizará "o papel das artes na educación".
Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
|
|
|
|
Feijóo apela a "non minimizar a internacionalización" |
|
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apelou a "non minimizar a internacionalización" para saír da crise e subliñou os "resquicios de esperanza" que, na súa opinión, empezan a enxergarse na economía española.
Na inauguración do II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores, recordou tamén que nos últimos cinco anos as exportacións galegas creceron "un 29%", un 11% en 2013 e cun total de 6.200 empresas galegas "exportando". Para 2020, fixou como obxectivo que as exportacións representen o 39% do PIB galego, fronte ao 33% actual.
"No medio das brumas, no momento presente empezan a enxergarse aberturas de esperanza", sentenciou o titular do Executivo galego, quen admitiu a vinculación da "debilidade económica" cunha "bonanza" anterior baseada nuns alicerces "probablemente mal cimentados".
Non obstante, no contexto actual, apostou pola "innovación" e polo "emprendimiento" para afrontar un futuro "difícil", pero "posible", dixo.
MERCADO LATINOAMERICANO
Ao respecto, incidiu nas posibilidades de negocio no mercado latinoamericano, aludindo, en concreto, a países como México e Panamá, en alusión á súa recente visita a estes. Ao fío diso, subliñou que "máis alá das nosas fronteiras se recoñece a nosa capacidade".
Como exemplo, citou os contratos conseguidos con Pemex. "Non dados por que si, se non porque tiñamos a mellor oferta", engadiu. No seu discurso, tamén reiterou que a Xunta fará "todo o que lle sexa posible" para "acompañar" ás empresas "en todo o que signifique innovación".
INNOVACIÓN E EMPREGO
Á inauguración deste congreso, que abordará cuestións como a innovación, impulso empresarial, internacionalización e emprego, asistiron tamén o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira.
Ademais, estiveron presentes representantes dos colexios de enxeñeiros de Galicia, España e Portugal, quen, ao igual que as autoridades presentes, coincidiron na importancia da internacionalización para dar saída a un sector, cunha "alta taxa de paro", segundo recordou o decano do colexio galego, Carlos Nárdiz.
No acto, o delegado do Goberno en Galicia avogou así pola internacionalización "como palanca para saír da crise". Mentres, o alcalde da Coruña aludiu ao "desafío tecnolóxico", en alusión ao proxecto 'Smart City' posto en marcha na cidade para a incorporación das novas tecnoloxías.
Por Alexandre Sueiro. |
|
|
|
|
|
|
|
|