Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Case 160.000 persoas mozas deixaron de vivir en Galicia dende o inicio da crise.
"Temos un problema demográfico evidente, pero non temos un problema de emigración de mozos". Con esta rotundidade o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tentaba zanxar o pasado xoves a controversia aberta ao longo desta semana polos datos do padrón continuo que, publicados polo INE, acreditan unha perda de case 30.000 persoas mozas en Galicia no último ano. En plenas conmemoracións oficiosas polos cinco anos da súa chegada ao poder o líder da dereita en Galicia mantén que o seu cuestionado plan demográfico é o roteiro correcto porque centra as políticas na natalidade. A perda de poboación xuvenil débese "ao baixón demográfico que sufrimos entre 1979 e 1997" pero non á emigración, afirma o presidente. Pero, que é o que din eses datos, máis guindados ás cabezas contrarias que explicados nos últimos días?

Os padróns municipais reflicten que actualmente residen en Galicia 569.955 persoas de entre 15 e 34 anos, 27.207 menos que doce meses antes. Aínda que o asunto está a ser desta volta moito máis mediático que en anos pasados, o certo é que só cómpre ir un chisco atrás para atopar outras caídas maiores: entre 2012 e 2013 a poboación xuvenil galega caeu en 29.164 persoas e entre 2011 e 2012 reduciuse en 29.138. Estes dous intervalos foron os de maior mingua da mocidade galega no período analizado, aínda que tamén houbo descensos entre 2010 e 2011 (24.746), 2009 e 2010 (21.489), 2008 e 2009 (14.085) e 2007 e 2008 (12.662). En total, a perda foi de 158.491 mozos e mozas.

Feijóo: "Temos un problema demográfico, non de emigración de mozos"

É posible atribuírlle estes descensos demográficos unicamente á natalidade? Os datos din que non. Segundo consta no Instituto Galego de Estatística (IGE) entre 1980 e 1999, é dicir, entre hai 15 e 34 anos, naceron en Galicia 501.262 persoas. Dado que na actualidade residen no país os devanditos 569.955 homes e mulleres nesta faixa de idade, hai un continxente de case 70.000 mozos e mozas que non naceron en territorio galego pero que forman parte da súa poboación xuvenil na actualidade. Polo tanto, se ben é certo que neses anos a natalidade baixou de maneira continuada -entre os nacementos de 1980 e os de 1999 hai unha diferenza do 52%- non o é menos que eses nenos e nenas nacidos no país non foron a única fonte de poboación xuvenil.

Entre 1980 e 1999 naceron en Galicia 70.000 mozos e mozas menos dos que viven actualmente no país

Chegados a este punto, cabería preguntarse canta desa poboación máis nova deixou de constar no padrón non porque marchase vivir a outro lugar, senón porque faleceu. Como é de agardar, os datos de mortalidade xuvenil non só son residuais en termos poboacionais, senón que ademais descenden ano a ano. Entre 2007 e 2012 morreron en Galicia 1.819 persoas de entre 15 e 34 anos, polo que a influencia deste factor na mingua da poboación xuvenil é minúscula.

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-04-2014 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo:
"Intentando cumplir o mandato do Parlamento na Lei de Universidades de Galicia que pasa por colaoborar, coordinar e facer alianzas para diminiur os custes burocráticos e administrativos das universidades". Así respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado pola situación financieira que atravesan as universidades galegas e as queixas dos reitores polos recortes en materia de educación.

"A relación é cordial, dentro da escaseza e, polo tanto, imos seguir traballando dentro desa cordialidade", manifestou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao tempo que defendu os esforzos que fai a Xunta para manter os ingresos do sistema público universitario.
As "medidas" universitarias da Xunta

Así, lembrou que xa os reitores "saben" que Educación adoptou "unha serie de decisións moi importantes". E, entre elas, citou que o plano de financiamento das universidades non se vexa prexudicado pola redución dos ingresos da comunidade autónoma. "Eles teñen unha garantía de evolución que nós non temos como comunidade autónoma financiadoras das universidades", apuntou.

Ademáis, destacou que a Xunta adoptou a "decisión estratéxica" de que Galicia sexa o lugar coas "taxas universitarias máis baixas" de España e tamén lembrou a "decisión estratéxica" para que a Xunta financie bolsas e becas para universitarios galegos. "E aínda lle plantexamos esta semana que se hai algún dato de mozo ou moza galego que non poda manter os seus estudos universitarios por impago da matrícula, nós queremos coñecelo para respostar e axudar a eses mozos", engadiu.
Universidade de Santiago e Universidade de Vigo

Precisamente, este venres a USC decidirá quen será o seu vindeiro rector entre os docentes Juan Viaño e Antonio López. Durante a súa campaña electoral os dous incidiron na necesidade de que se manteña o actual sistema público universitario de de mellorar as finanzas desta universidade.

Por outra banda, Feijóo tamén deu conta do nomeamento oficial de Salustiano Mato como reitor da Universidade de Vigo, logo de ter sido o único candidato que se presentou ás eleccións. "Quero trasnmitirlle os nosos parabés. É un bo coñecedor da universidade e da Administración autonóica, da que foi director xeral de I+D+I", apuntou Feijóo que insistiu en que aposta por unha universidade de Vigo "máis solvente e máis próspera".

Por Alex Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
O periodista David Reinero gaña o premio 'Xosé Aurelio Carracedo'
O periodista David Reinero (Nigrán, 1979) foi o gañador da presente edición do premio 'Xosé Aurelio Carracedo' polo seu libro 'Angrois. O AVE en anacos', editado por Praza Pública, e no que o autor analiza o accidente ocorrido o 24 de xuño de 2013 e os antecedentes que rodean á chegada da alta velocidade a Galicia.
Este premio, dotado con 3.000 euros, concédeo anualmente a Deputación de Ourense para homenaxear a memoria do periodista ourensán que lle da nome ao certame, falecido nun accidente de tráfico.
O xurado, reunido este mércores no Centro Cultural 'Marcos Valcárcel' da Deputación, concedeu o premio ao traballo de David Reinero, que recopila nun novo relato boa parte das informacións que desde o 24 de xuño publicou a edición galega e nacional do periódico 'El País' e no que engade antecedentes da infraestructura que se remontan á época do expresidente Manuel Fraga.
"Elaborado, crítico, moi documentado e reflexivo" son os adxectivos que o xurado resume este traballo, do que destaca a "calidade estilística e periodística" da obra, que "permite ao lector informarse e, á vez, sacar as súas propias conclusións".

Nerea Rial Conde, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-04-2014 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
As feiras do libro de Galicia arrincan o 24 de abril en Santiago o seu percorrido por 12 localidades
Santiago de Compostela inicia o vindeiro xoves, 24 de abril, o percorrido de Feiras do Libro de Galicia que chegarán --da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Federación de Librariás de Galicia-- a un total de 12 localidades.
Así, Santiago abre estas citas o 24 de abril nunha nova edición da súa feira do libro que se desenvolverá até o 4 de maio. Despois será a quenda de Pontevedra --do 6 a 11 de maio--, Lugo --entre o 13 e 18 de maio--; Vigo --do 23 de maio ao 1 de xuño--; Ourense --de 3 a 8 de xuño--; Ferrol --do 11 a 15 de xuño--; Ribadeo --do 17 ao 20 de xullo--; Rianxo --do 24 ao 27 de xullo--; A Coruña --do 1 ao 10 de agosto--; Viveiro --14 ao 17 de agosto--; e Foz --27 ao 30 de agosto--. As datas destas feiras finalizan en Monforte, entre o 27 e o 30 de agosto.

Diso informa o Goberno galego nun comunicado no que apunta que as feiras do libro de Galicia tiveron o ano pasado 310.000 visitantes, mentres que este ano albergarán actividades complementarias de música, teatro e outras manifestacións artísticas co fin de potenciar a lectura.
Ademais, haberá actividades especiais para colectivos escolares, as bibliotecas nodales desenvolverán diversas accións para enriquecer a programación das feiras do libro, á vez que se celebrarán charlas e encontros con autores.
Así mesmo, a Xunta destaca que o departamento de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia este ano a participación do sector editorial do libro en catro feiras internacionais: Bolonia, Frankfurt, Buenos Aires e Guadalaxara (México).

Beatriz Pereiras López, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
O 23 de abril
Como todos sabemos o día 23 de este mes é o Día do Libro. Pero para moitos este día pasa coma calquera outro, a pesar dos intentos que se realizan para evitalo.

Este día xurdiu porque a Unión Internacional de Editores propuxolle á UNESCO que se celebrara un Día do Libro e do Dereito de Autor para fomentar a cultura e para a proteción intelectual dos escritos mediante os dereitos de autor. Esta proposta aprobouse o 15 de noviembre de 1995 en París.

Por que se escolleu este día? Porque no mesmo día finaron Miguel de Cervantes, William Shakespeare y Garcilaso de la Vega no mesmo ano, 1616; (aínda que hai un pequeno desaxuste porque Cervantes morreu o 22 e foi enterrado o día 23).
Pero a orixe desta tradición remóntase a festividade de Sant Jordi, na cal os homes regalan ás mulleres unha rosa e na que as mulleres regalan ós homes un libro.

Porén, a UNESCO escolle cada ano unha "Capital Mundial do Libro" que o ano pasado foi Bangkok e que este ano foi Port Harcourt, en Nixeria.

Aínda que este día é importante tan para os literatos como para os lectores, gustaríame que puidese celebrarse tódolos días.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
WEBSERIES DE FIRMA GALEGA
Ata que se creou o Carballo Interplay non existía en España ningún festival de webseries, celebrándose a súa primeira edición do 24 ao 27 de abril. Segundo explica Sonia Méndez, a súa directora, será un "espazo de comunicación e intercambio entre creadores e creadoras e co público". No mundo contemporáneo, as series emitidas por internet consolídanse como alternativa de entretemento e de novas narrativas para os seus impulsores, que gañan liberdade ao non depender das canles de produción e distribución tradicionais e ao ter a posibilidade de desenvolver o seu traballo con orzamentos moito máis axustados.
Pero como afirma Méndez, a serie web non é "a irmá pequena" da serie para televisión, do mesmo xeito que a curtametraxe non o é ao respecto da longametraxe. Di que "Non hai límites de temática, de xénero...?. Hoxe hai webseries de animación e de imaxe real, documentais, interactivas... Mais non era así, en Galicia, cando a propia Sonia Méndez e Sandra Lesta comezaron con Angélica y Roberta. "Foi case como empezar da nada, pero pouco a pouco fomos formándonos, coñecendo xente. Era unha oportunidade para controlar nós todo o proceso. Podiamos facer o que quixeramos, emitilo nós a través de internet", son as experiencias delas.
Na programación do Carballo Interplay poden atoparse tamén algunhas pistas sobre as tendencias últimas das series web galegas. Desde o documental Palabras secretas, sobre os remedios da medicina tradicional, ata a animación de Un sitio distinto, arredor dun pobo, o seu alcalde e os seus veciños, pasando polo thrillers como Fame, ou policiais como El Quid.
Os premios Mestre Mateo contan cunha categoría de series web na que este ano foron preseleccionadas Clases de lo social, Conversas con Cunqueiro, El Quid, Entre pipas e El viudo quiere mimos. Aínda que, de falar de series pioneiras non habería que esquecer tampouco outras como Non saímos do lixo, exemplo de retranca arredor dos tópicos sobre a identidade galega e a situación da nosa lingua e cultura, ou Amores prohibidos 2.0 de Chévere, experimento de teatro na rede.
O Interplay de Carballo está pensando "para crear ambiente de festival", sinala Sonia Méndez. Haberá conferencias pola mañá, proxeccións pola tarde e concertos á noite. O venres 25 tivo lugar unha mesa redonda con David Sainz e Teresa Segura (Different Entertainment), Felipe G. Gil (Embed) e a guionista Lidia Fraga quen analizaron as novas narrativas audiovisuais na web. Sainz e Segura realizaron tamén a estrea do novo capítulo da serie Malviviendo. Hoxe ten lugar unha master class impartida por Roger Casas, na que se falará de novos modelos de financiamento ou de marcas que precisan novos espazos para dar a coñecer os seus produtos. E tamén o colectivo Embed (Felipe G. Gil e María Yáñez) estreará en Galicia o Código Fuente Audiovisual, unha mestura de conferencia e proxección onde Xosé Touriñán fará unha "videocontada" sobre o imaxinario audiovisual proxectado desde o país. O venres presentarase tamén Freaklances Project, unha empresa xurdida a partir dunha webserie. E nesa mesma xornada estrearase Dos mas dos cinco, de Isabel Coll, financiada por crowdfunding. Están a abrirse, deste xeito, camiños para o financiamento deste tipo de produtos. "Se cadra non se pode vivir das series webs mais tampouco é fácil vivir de facer películas", lembra Méndez.

Uxía García Vázquez; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-04-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Hoteis e balnearios cheos fortalecen Ourense
Parellas con ou sen nenos, cuadrillas de amigos de todas as idades e grupos numerosos levan días campando ás súas anchas por unha cidade sorprendida polo crecente interese que mostra para o turismo. Os visitantes xa non paran aquí para comer e pasar a man polo chorro de auga das Burgas, senón que se quedan a durmir e non só unha ou dúas noites, senón todas as vacacións.

Hoteis e balnearios da provincia colgaron o cartel de cheo esta Semana Santa e na oficina municipal mesmo matizan que a realidade é aínda mellor que a que pintan as estatísticas de ocupación hoteleira que publica periodicamente o INE, xa que moitas das visitas que recibe a cidade se aloxan en casas de familiares ou amigos.

Os principais hoteis da cidade tamén confirman esta melloría. O Carrís de Cardenal Quevedo, de catro estrelas, reservou os seus 39 cuartos o Xoves e o Venres Santo e mantívose a pasada noite ao 90% de ocupación. A maioría dos clientes contrataron tres noites. Tamén no Hotel San Martín colgaron o cartel de completo esta Semana Santa, se ben neste caso a ocupación dos 90 cuartos estaba confirmada con antelación. Dende recepción aseguran que a maior parte dos clientes reservaron o seu cuarto para Semana Santa con bastante anticipación, mesmo tres meses antes, polo que o éxito estaba xa previsto. Tampouco neste hotel os turistas son de paso, xa que "todos reservaron para tres ou catro noites".

En canto aos dous únicos hoteis balneario abertos actualmente na provincia, a actividade foi incesante. En Laias, con 100 cuartos, a ocupación alcanzou o 100% o Venres Santo e mantívose nun 90% o resto das xornadas. En Lobios, máis pequeno, destacan que a campaña está a ser "bastante boa".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 20-04-2014 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Na festa da lingua galega!
O pasado mércores 9 de abril celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense unha actividade para concienciar aos nenos de que o uso do noso idioma é una belísima práctica. Chamouse a mozos de varios colexios de Ourense e vilas de arredor, onde o noso foi o único que fixo unha participación especial a parte das programadas polos monitores que levaban acabo esta actuación.

En canto chegaron e se sentaron situándose por colexios, un mago chamado Chrystyan Magic, que ten dous libros onde conta un pouco os seus desexos de ser mago cando era pequeno, abriu esta sesión. O seu primeiro truco foi elevar unha mesa, fixo un gorro e un bolso cun anaco de papel roto e outros moitos que deixaron pampos aos máis novos.

Logo disfrutaron da música do grupo Magín Blanco e ao rematar esta divertida actividade escoitaron un "Manifesto da Lingua Galega", que foi a participación do colexio, onde se leu un escrito realizado pola unión de todos os realizados polos nosos compañeiros máis pequenos de 4º de Primaria e lido por dous dos nosos cativos: Aroa Díaz Silva, de 4º B e Iván Abad Álvarez, de 4º A.

Logo o grupo Amencer levounos a fóra para disfrutar de xogos populares que tanto divertiron na nosa terra, para concienciar de que estes non se perdan, como por exemplo os zancos, a buxaina, varias carreiras de sac... Despois volveron ao recinto e disfrutaron da visita de Pepe Carreiro, o pai dos Bolechas, que lles amosou como debuxa el aos seus divertidos amigos e lles explicou varias cousas dentro do mundo das artes plásticas como as caricaturas, retratos...

Pero xa se acercaba a fin da actividade, cando se decidiu rematar cunha nova participación do mago Chrystyan que fixo novos trucos e así finalizar esta entretida mañá da lingua galega.

Con esta divertida actividade todos os mozos que asistiron viron que o galego non é só unha pequena asignatura, se nón que é o noso idioma e debemos empezar a usalo máis, porque se a diversión encóntrase con calquera idioma, por que non atopala co que nos identifica?

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-04-2014 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
A máxica herdanza galega de Gabo
García Márquez ostentaba unha orixe galega que nunca logrou confirmar e á que atribuía a súa desbordante capacidade de fabulación.

A patria lévase dentro. A do universal Gabo compartía en aparente contradición a sensual luz cegadora do Caribe co nebuloso mundo de lendas galaico. Do contraste deses dous mundos opostos xurdiu o máxico universo literario de Macondo, que fascinou ao mundo ao inaugurar o chamado boom latinoamericano coa novela "Cien años de soledad".

Gabriel García Márquez sempre levou a gala as súas orixes galegas, por parte da súa avoa Tranquilina, verdadeira inspiradora da súa desbordante capacidade fabuladora, que nunca deixou de rastrexar, pero non logrou chegar a confirmar. " Galegos? Galegos todos!", exclamou dándose un golpe no peito cando coñeceu hai uns anos ao presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.

Sandra Tornero Belloso, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-04-2014 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Impresoras 3D
As impresoras sempre foron un paso moi importante na tecnoloxía. Agora desembarcan as que realizan traballos en 3 dimensións. Estas impresoras xa imprimen chocolate, PLA, ABS, filamentos flexibles tan resistentes como para funcionar como adoites de zapatillas...

A través deste sistema, unha empresa chinesa comezou a construír casas con estes dispositivos adaptados. Este non é o primeiro intento de impresión de grandes estruturas nun curto período de tempo. Os investigadores de California están a facer unha impresora que pode levantar unha vivenda en 24 horas. En Ámsterdam, a principios deste mes, tamén se iniciou a construción dunha casa cunha impresora 3D. A vivenda está feita de ladrillos de plástico que se encaixan como pezas de Lego. As pezas están fabricadas utilizando materiais de construción reciclados e residuos industriais.

A impresora 3D utilizouse para construír casas de 15 metros de longo, 10 de ancho e 6 de alto. Cada vivenda custa preto de 4.800 dólares. Pero quizais a parte máis marabillosa destas impresoras é a facilidade que ten de abaratar os custos dun hospital en prótese ou dispositivos médicos para mellorar a saúde humana.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-04-2014 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0