Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O BNG leva ao pleno un texto alternativo á lei de axustes a funcionarios |
|
O Grupo Parlamentario do BNG leva ao próximo pleno unha proposición de lei que se presenta como texto alternativo á Lei de medidas de axuste para emprego público. Con el, preténdese "recortar en propaganda" e aforrar coa supresión de delegacións territoriais, ao tempo que aumentar a recadación cun novo tramo do IRPF ou o restablecemento íntegro do imposto sobre o patrimonio. En total, poderíanse ingresar ata 100 millóns de euros, segundo os cálculos dos nacionalistas. Na súa iniciativa, os nacionalistas piden derrogar o texto aprobado na Cámara galega e iniciar un proceso de "diálogo e negociación" cos representantes dos traballadores públicos para elaborar unha alternativa "que permita reducir gasto público superfluo e xerar máis recursos públicos". Este texto --composto por nove artigos dúas disposicións adicionais, unha derrogatoria e outra final-- pide a supresión das delegacións territoriais, a eliminación de todos os gastos de propaganda aos que non estea obrigada a administración pola normativa de contratación ou pola necesaria publicidade de procesos públicos; e a supresión definitiva do coñecido como plus de altos cargos. Ademais, estipula que non serán renovables as licenzas con empresas subministradoras de software propietario, de forma que o Goberno galego terá a obriga de implantar de forma progresiva soportes baseados en tecnoloxías con software libre, coa excepción daqueles soportes altamente especializados.
Rocío Fernández 2ºA Bach |
|
|
|
O PSdeG esixe á Xunta que presente |
|
A voceira do Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, esixiu "de xeito inmediato" á Xunta que "faga aquilo que é a súa responsabilidade", e se reúna cos veciños dos municipios afectados polo lume que afectou ao parque natural das Fragas do Eume --no que segundo estimacións do Goberno galego arderon unhas 750 hectáreas--, cos propietarios e "os propios concellos" co fin de "explicarlles cál vai ser a súa actuación para rexenerar a zona danada".
"É o momento de pasar das palabras á acción", deste modo emprazou Carmen Gallego ao Goberno de Núñez Feijóo a adoptar medidas concretas para rexenerar o parque natural das Fragas do Eume, posto que "ata agora só téñense declaracións acerca dos incendiarios", pero "ningún plan concreto, data para iniciar os traballos ou presuposto, é dicir, ningunha concreción".
Tras destacar que "afortunadamente" esta semana houbo chuvias débiles na zona, alertou de que "pode ser" que a semana que vén se incremente a forza das precipitacións "e o dano que se produza polo arrastre e a erosión no terreo sexa maior". Así, considera "urxente e prioritario" que a Xunta "comece a actuar xa" e que o faga de forma "consensuada" cos afectados da zona.
Pola súa banda, o presidente do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, advertiu que espera que a Xunta "adopte medidas nesta dirección de inmediato". "Non podemos esperar a que veñan ventos, a que vinga chuvias máis fortes, e sobre todo a que a xente se farte deste tipo de situacións, os alcaldes e os veciños necesitan ter respostas", sentenciou.
En concreto, Caamaño avanzou que como deputado preguntará qué tipo de medidas adoptará o Goberno de Mariano Rajoy para axudar a este singular parque natural galego, pois no Congreso xa "se aprobaron decretos lei" no pasado "para apoiar a este tipo de situacións", polo que espera do Executivo central teña "este tipo de dispoñibilidade".
Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato. |
|
|
|
Un grupo de autores galegos únese á lista de Reixa para dirixir a SGAE |
|
 Esta candidatura «unitaria, profesional e independiente», según os seus membros, ten por obxectivo «recuperar os fins primordiais que deben rexer unha sociedade de xestión de dereitos de autor»
Máis de 400 autores, entre os que figuran os galegos Luís Tosar, Manuel Rivas, Jorge Coira, Julián Hernández, Bieito Romero e Miguel Costas, e aos que se uniron tamén nomes como Alejandro Sanz, Sergio Dalma, Isabel Coixet, Jaime Urrutia, Fernando Colomo, Sergi Belbel ou Kepa Junquera, adheríronse á plataforma Aunir (Autores Unidos pola Refundación), que lidera Antón Reixa, para as próximas eleccións á SGAE.
Artistas, escritores, directores de cine e músicos explicaron nun comunicado que os motivos que xeneraron «tantas adhesións» entre os autores «deben buscarse entre os compromisos dos integrantes de Aunir: mellor recaudación, maior proteción aos socios e recuperación de «a bóa imaxe».
Outros artistas que respaldan esta opción son Álvaro Sáenz de Heredia; Andreu Martín; Daniel Calparsoro; David de María; Enrique Simón; Guillermo Heras; Jesús Ordovás e José Luis Alonso de Santos, entre outros.
Sara Álvarez González
1º A Bacharelato
|
|
|
|
Catedral, termas e Burgas son los lugares que atraen a mais visitantes |
|
A capital estase convertindo durante estes días festivos da Semana Santa no punto de referencia e complemento para os turistas que visitan os atractivos mais destacados do resto da provincia. O prototipo de visitante que recibe a urbe viaxa, na súa maioría, en familia e con coche propio, n teñen cerradas as reservas, polo que deciden o seu destino a última hora e non soe pernoctar mais dunha noite, e procede, principalmente, do noreste peninsular, cunha forte presencia de habitantes do resto de provincias galegas, según os estudios da consellería de Turismo recollidos no Plan de Dinamización.
Os puntos quentes onde se concentra a maioría de visitantes son a Catedral, As Burgas e, cada vez mais, as zonas termais. De feito, dende principios da semana o aparcamento de caravanas de Outariz está casi ao completo da súa capacidade. Ainda que tradicionalmente o turismo relixioso xogaba en contra da capital, nos últimos anos estase observando un cambio desta tendencia, pois non se prevé menos ocupación hoteleira que o resto de capitais da provincia, sempre e cando non teñamos en conta os arquipélagos ou algún lugar puntual como Valladolid, asegura o presidente da Federación de Hostelería de Ourense, Ovidio Fernández.
A diversificación da oferta e os paquetes turísticos especiais para estas datas festivas están alcanzando un grao de éxito considerable que axuda a potenciar as cifras de visitantes. Por exemplo, na Ribeira Sacra, o consorcio de turismo organizaou unha 'Ruta do Viño' con precios populares mediante a que se poden visitar as principais bodegas e atractivos da zona con guías especializadas. As reservas xa alcanzan o 80% das plazas dispoñibles. Asimesmo, o parador de Santo Estevo ofrece menús especiais para a Semana Santa, durante a cal prevén alcanzar unha media de ocupación total cerca ao 73%.
Noelia Fernández Paradela
1ºB-Bacharelato
|
|
|
|
Unha curtametraxe galega gaña o certame internacional de 7 billion actions |
|
«Un tipo cualquiera», a cortometraxe do compostelán Pedro Díaz, foi un dos tres gañadores do certame internacional organizado por 7billionactiones. Presentáranse unhas duascentas cintas pero un xurado profesional elixiu aos dez finalistas que se someteron ao veredicto do público, a través de Facebook. O de Pedro Díaz foi o único corto español finalista e conseguiu o premio, valorado en 4.000 euros.
Dirixida polo compostelán Pedro Díaz, a curtametraxe trata a desesperación de avellentar só e empobrecido, faciendo referencia a unha historia do debuxante Carlos Giménez e bebendo de escenas moi próximas ao neorrealismo italiano de Vittorio de Sica. Xunta Díaz, licenciado en Comunicación Audiovisual en Santiago, estudante de dirección de cine en Barcelona e natural da pequena aldea de Proupín, en Ames, traballaron cóbaddo con cóbado outros dous galegos: na edición, Sergio Rodríguez Fernández, vigués co que coincidiu na facultade de Santiago e o coruñés Alejandro Almau, compositor da banda sonora orixinal da cinta «Night will come».
O actor catalán Armando Aguirre Bertolín lidera o reparto de «Un tipo cualquiera», despois de traballar no cinema, varias series da televisión catalá e ser recoñecido no mundo teatral con diferentes distincións e premios.
Aida González Vázquez
1ºB-Bacharelato |
|
|
|
O fundador de Megaupload poderá acceder a Internet, gravar un disco e usar a súa piscina. |
|
O fundador de Megaupload, Kim Schmitz, máis coñecido como 'Dotcom', conseguiu que o tribunal de Nova Zelandia sexa aínda máis flexible. Un xuíz permitiulle acceder a Internet, gravar un disco e usar unha piscina que se atopa próxima ao seu domicilio actual. Con todo 'Dotcom' atópase aínda á espera de extradición para ser xulgado por EE.UU.
Kim Dotcom logrou que se relaxen aínda máis as súas condicións tras a súa posta en liberdade baixo fianza o pasado mes de febreiro. O fundador de Megaupload xa conseguira unha paga mensual de 36.800 euros, ademais de poder usar a súa Mercés o pasado mes de marzo.
Segundo informou a televisión neozelandesa TVnz, o xuíz David Harvey do tribunal do distrito de North Shore concedeu a 'Dotcom' dereito para acceder a Internet, ademais de darlle permiso para gravar un disco musical e utilizar unha piscina que se atopa preto do seu domicilio actual, entre as 20.00 e as 21.30 horas.
O tribunal permitirá ao fundador de Megaupload ter acceso aos estudos de Roundhead Studios en Newton, durante dous días á semana e un máximo de catro horas en cada visita, para gravar un disco. O avogado do 'Dotcom', Paul Davison, dixo que o disco é un proxecto de colaboración 'entre el e os músicos de prestixio internacional'. 'Dotcom escribiu letras de cancións e tivo actuacións puntuais nas pistas', agregou.
Kim Schmitz tamén poderá acceder a Internet, e reunirse cos seus socios Bram van der Kolk, Finn Batato e Mathias Ortman, unha vez por semana por un máximo de seis horas. O fundador de Megaupload declarou tras o fallo: 'Estou moi feliz de ter acceso a Internet. Vai facer moito máis fácil para min e para os meus compañeiros traballar, polo que é un gran alivio'.
José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato |
|
|
|
Fragas do Eume: Unha reliquia do pasado, un futuro incerto. |
|
O termo ?fraga?, na lingua popular galega, fai referencia aos denominados bosques atlánticos europeos: bosques mixtos de frondosas dominados por carballos, castiñeiros, en mescolanza con outras especies perennifolias como o acivro ou tello. O conxunto de ladeiras e montes que acompaña al río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña ainda conforma, desde tempos inmemoriales, unha fraga única, considerada como a maior e mellor representación dos bosques atlánticos en toda Europa. Un total de 9.125 hectáreas entre as que se incluen paisaxes máxicos e emplazamentos de lenda, que conforman o Parque Natural Fragas do Eume, o último bosque atlántico.
Sobre este espazo protexido deronse as condicións favorables para o desenvolvemento dunha vexetación densa e tupida onde ainda se conservan algunhas especies de gran importancia bioxeográfica. Os dous factores principais foron a estabilidade do clima atlántico, húmido e suave, e a influencia do relevo, que deu lugar a frondosas ladeiras, esplendorosos hábitats ribeireños e a impenetrables vales encaixados. Isto é o que permitiu a existencia da cuberta vexetal propia e única das Fragas, actuando como un dos mais importantes refuxios da flora do litoral atlántico. Místicas carballeiras de conto agochan entre o seu esplendor certas sorpresas, como algunhas especies mediterráneas que encontraron resgardadas durante as glaciacións no cálido canón costeiro do Eume, así como a unha importante biodiversidade faunística e a unha enorme riqueza de musgos e líquens.
Pero o gran segredo das Fragas gardase nas marxes dos cursos da auga, os bosques de ribeira. Maxestuosas alisedas ao longo do río Eume e enigmáticas árbores entre os leitos mais abruptos conservan ecosistemas de incalculable valor natural con un alto número de especies ameazadas de moi escasa distribución, como a salamandra entre outros, catalogados a nivel mundial na UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) debido a súa vulnerabilidade, ou alguns fieitos únicos altamente sensibles a alteración do seu hábitat, xoias botánicas e reliquias de tempos milenarios, rexistrados na Directiva de Hábitats de 1992 da Unión Europea.
Lamentablemente, o impacto das actividades humanas aumentou en gran parte a extensión destes bosques, ameazando a viabilidade dalgunhas das especies de maior singularidade biolóxica. Neste sentido, a fragmentación foi moi intensa debido a alta densidade de poboación humana do entorno e a forte presión que exerceu sobre estos hábitats. Ademais, o minifundismo favoreceu un uso moi heteroxéneo do solo. A partir da segunda metade do século XX, introduciron unha plantación de eucalipto a gran escala para a produción de papel, modificando e fragmentando os hábitats naturais con mais intensidade.
O bosque autóctono das Fragas do Eume perdeu ata un 20% de superficie nas últimas décadas e sufriu cambios sustanciais na súa configuración espacial, con un incremento da fragmentación. Os impactos que contribuiron a estes cambios son varios, pero por encima de todos destaca a progresiva expansión das plantacións de eucalipto, que triplicaron a súa extensión dende os anos 50. Na actualidade, o bosque autóctono cubre unhas 2.600 hectáreas, fronte as mais de 1.800 de eucalipto. A expansión desta especie, xunto a construción dun gran encoro, tamén tivo unha importante repercusión no bosque de ribeira. Este tipo particular de hábitat reduciuse un 34%, de 142 a 94 km de cauce. As plantacións de eucalipto contribuiron ademais a fragmentación do bosque de ribeira ao aumentar a distancia entre tramos ribeireños có bosque.
Ainda que a declaración do parque natural freou este proceso, non serviu para deter novas ameazas, como a colocación dunha líña de nova tensión a través da zona protexida, a apertura dunha mina a ceo aberto de andalucita a poucos metros dos seus límites e, agora, un tráxico incendio que queimou zonas de altísimo valor medioambiental. Ainda que é pronto para facer valoracións sobre os impactos, as Fragas enfrentanse a un futuro incerto. Resulta obvio que as 370 hectáreas de monte autóctono queimadas perderonse e tardarán en recuperarse e existe risco de que o eucalipto siga extendéndose. No mellor dos casos posibeis, o dano é considerable. A avaliación real dos danos dependerá das zonas danadas e do seu grado de afeción. Si o lume entrou nos vales mellor conservados falaremos dunha catástrofe ecolóxica de dimensións incalculables.
Controlado o lume, os esforzos conservacionistas deberían centrarse en retirar as cinzas antes de que caian choivas intensas, xa que boa parte do solos queimados irían parar ao Eume contaminando este primeiro e a ría de Pontedeume despois, con resultados fatais para a flora e fauna mariñas. Asimesmo a retirada do horizonte orgánico do solo podería ser un problema para a reforestación das zonas mais danadas. As choivas de pouca intensidade facilitarían sen embargo o desarrollo de fentos e de outras prantas de crecemento rápido. Enfrentámonos así a paradoxa das precipitacións, tan extraordinariamente escasas en Galicia nos últimos meses, o que favoreceu a expansión do lume, pero tan potencialmente nocivas nos próximos días. Os galegos, unha vez mais, volveremos mirar ao cielo, porque as paisaxes de cores cambiantes e os seus emporios de biodiversidade, reliquias do pasado, enfrentanse a escenarios do futuro incerto.
Tania Airas
1ºB-Bacharelato
|
|
|
|
A baixada das temperaturas deixa neve na alta montaña |
|
 Os cumios do oriente da provincia ourensá amenceron onte cubertas de neve. O vento acompañou o forte descenso das temperaturas cunha importante nevada, que caeu sobre as vilas situadas a máis de mil metros de altitude. O temporal fixo as delicias dos emigrantes que aproveitaron a ponte de Semana Santa para regresar ás súas aldeas, pois puideron circular por unhas estradas franqueadas pola neve, sen que se rexistraran accidentes ou incidencias destacables a pesar da alerta amarela declarada por Meteogalicia.
Marta Dacal
1ºB-Bacharelato |
|
|
|
Jersey Shore |
|
Jersey Shore é un reality show da MTV que acompaña o día a día de oito ítalo-americanos que pasan o verán vivir xuntos nas costas de Nova Jersey. A serie tornouse axiña un dos maiores éxitos da MTV en Estados Unidos e en todo o mundo a través da creación de rexistros de oficina, particularmente en Occidente, onde a personalidade dos membros e os temas da lista causou gran polémica e cativou o fiel á estación, actualmente sendo transmitida en decenas de países de todo o mundo polas filiais rexionais da MTV.
Dende o principio, a serie xerou controversia. Antes do estreo da súa primeira tempada, grupos distintos para os americanos cadea italiana pediu para cancelar o programa. Organizacións que sentiu Jersey Shore foi "ofensiva", xa que os describiu como "violento, agresivo e bufóns" e, especialmente, o termo "Guido", unha palabra usada polos propios participantes para definir, para promover a serie.
Victor Marcos Rodríguez
1ºB-Bacharelato |
|
|
|
Unión contra os incendios |
|
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, afirmou que o consorcio provincial contra incendios e de salvamento da provincia de Ourense estará constituído este ano -xa existen nas outras tres provincias- e indicou que integrará os consorcios comarcais xa existentes cunhas condicións 'homoxéneas' de prestación de servizos e de traballo.
Villanueva respondeu así a unha pregunta do deputado do PSdeG Juan Carlos Francisco Rivera na Comisión Institucional sobre o desenvolvemento da lei de emerxencias e engadiu que o Goberno galego negocia coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) o mapa de emerxencias da comunidade, que 'podería estar pechado' se o anterior goberno 'fose nesta liña', recriminou.
O autor da iniciativa parlamentaria puxo en dúbida que o problema para constituír o consorcio provincial de Ourense sexa a elaboración dos estatutos e preguntou se 'non terá que ver con disputas políticas e coa 'insistencia de Baltar de facer un PP alternativo en Ourense'. '¿Non terá que ver con que Baltar e Roda non son capaces de poñerse de acordo?', cuestionou e advertiu de que 'os que están a pagar son os cidadáns de Ourense'.
Así, o socialista acusou o Goberno galego de estar descoordinado en materia de emerxencias e referiuse ao incendio das Fragas do Eume, no que algunhas voces protestaron porque 'a UME non recibía ordes' para apagar o lume' e considerou que houbo 'falta de mandato da Xunta'.
Villanueva, na súa resposta, expuxo que a Xunta está a elaborar a regulación das condicións laborais e profesionais dos traballadores dos servizos contra incendios e de salvamento da comunidade e que mantiveron reunións cos representantes dos bombeiros.
Ademais, acusou o goberno anterior de non actuar con 'eficiencia' e sostivo que, de facelo, habería dez parques de bombeiros máis en Galicia na actualidade.
FORMACIÓN NA EGAP
Por outro lado, o director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, contestou a outra pregunta na comisión sobre as actividades formativas e avanzou que o programa para o persoal de Xustiza en 2012 ofrecerá por primeira vez itinerarios formativos, a través dos que os empregados públicos se poderán especializar nunha área concreta. Este primeiro ano será a de dereito social.
Ademais, Figueroa indicou que en 2011 a EGAP desenvolveu 49 edicións formativas, con 1.945 prazas e 1.274 horas de duración, destinadas ao persoal funcionario dos corpos xerais da administración de Xustiza de Galicia, que son unhas 2.700 persoas.
LAURA IGLESIAS VIDAD 2º BACH A
|
|
|
|
|
|
|
|
|