Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A primeira quenda das oposicións da Xunta rexistra o 50 % de participación:
Os exames prolongaranse durante toda a fin de
semana. En Ourense, unha das tres sedes xunto a
Lugo e Silleda, contabilizou uns 200 participantes.
Arrancan os exames para os opositores da Xunta
con normalidade e un 50,8 % de participación. Do
total de 2009 aspirantes, presentáronse 1020,
arredor de 200 en Ourense. No obxectivo de todos
eles está conseguir unha das 85 prazas do grupo
A2 do Corpo de Xestión/Grupo II da Administración autonómica.
Os exames celébranse de forma simultánea en Expourense, o Pazo de Feiras e Congresos de
Lugo e o recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
O segundo turno comeza ás 16,30 horas nas mesmas sedes para 86 prazas do grupo A2
Educadores nos que están chamados a participar 1965 persoas.

Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2021 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG urxe a creación dunha Lei de Artes Escénicas fronte ás consecuencias da pandemia
on motivo do Día Internacional do Teatro, o BNG quixo hoxe defender a necesidade dunha serie de iniciativas para impulsar o mundo da cultura, e desta arte en concreto, debido as graves consecuencias que tivo a pandemia para as traballadoras do sector. Así, instan á Xunta a crear unha Lei de Artes Escénicas.


A deputada Mercedes Queixas, que se comprometeu a “traballar man a man co sector” para lograr a norma da que falan, considera que sería unha das medidas básicas “para combater a precariedade laboral agravada polas restricións da pandemia”.

Desde o punto de vista dos nacionalistas, ese documento marco -que ten que apoiar tamén o Goberno galego- tería que saír do prelo xunto cun plan director que “desenvolva medidas concretas dirixidas á creación, produción, programación e distribución” das obras.


Aliás, podería servir para “a profesionalización, o desenvolvemento económico e a difusión social” do teatro na Galiza.

A idea é atender ás demandas e achegas das e dos traballadores e elaborar un texto conxunto que realmente atenda as necesidades existentes.


“Desde o BNG seguiremos demandando do Goberno galego actuacións encamiñadas a paliar as graves consecuencias económicas da Covid-19 sobre o sector do teatro”, avisou Queixas.

Neste sentido, incide en que tanto a sociedade como a Administración teñen que lembrar que a maioría das persoas vinculadas ás diferentes vertentes da actividade teatral son “autónomas”, polo que o coronavirus e o que trouxo consigo deixounas nunha situación preocupante.

Martín Lage Fernandez - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Nace un novo partido soberanista escocés
Alex Salmond, ex primeiro ministro de Escocia, foi absolto de 13 delitos sexuais en 2020. Dous anos antes abandonara o Partido Nacional Escocés (SNP) para non o prexudicar; e a súa sucesora e protexida, Nicola Sturgeon, distanciouse del co fin de que o caso non fose politizado, "rompendo unha relación que fora moi importante para min, política e persoalmente", confesou esta semana. Agora volveranse reunir, mais cara a cara, pelexando polos mesmos votos.


Salmond leva tempo convencido de que foi a camarilla de Sturgeon quen conspirou contra el. Dentro do propio SNP, partido que aglutina o voto independentista, mantén fieis aliados á figura que logrou convencer a Londres de convocar un referendo en 2014. Mais é Sturgeon quen elevou a real a posibilidade de gañar unha hipotética segunda consulta, tal e como mostran as enquisas.

A última, publicada no Press and Journal, dá ao SNP unha ampla maioría nas eleccións parlamentarias do 6 de maio (67 deputados, por 61 que ten actualmente do total de 129). Serán fundamentais de cara ao panorama político dos próximos anos a respecto da organización territorial do Reino Unido. O soberanismo escocés preséntaas como plesbicitarias.


Mais o anuncio televisado de Salmond onte, anunciando que concorrerá cun novo partido liderado por el, o Alba, racha con todos os esquemas. Na cuarta feira, a seis semanas dos comicios, disolveuse a Cámara. Na véspera, Sturgeon superaba unha moción de censura logo de que unha comisión parlamentaria a acusase de mentir durante as pescudas sobre Salmond, de ocultar información para protexelo. Unha investigación independente considerou que non tivera influencia no caso.

Salmond asegurou que o seu obxectivo é lograr unha "supermaioría pola independencia" (#supermajory, é o lema que se podía ler ás súas costas), aproveitando as peculiaridades do sistema electoral. É dicir, sumar máis representantes, non dividir o voto. Sostivo que desta maneira se podería chegar até "90 ou mesmo máis".


Porén, desde o Partido Laborista cualificaron o movemento de "axuste de contas". En calquera caso, a hexemonía do SNP sobre o soberanismo xa está en cuestión.

Independencia, si, mais dentro da UE
Son xa máis de 20 enquisas consecutivas onde a cidadanía escocesa se manifesta a prol da independencia. Non é esta a novidade, polo tanto, na última que acaba de ser publicada polo xornal Press and Journal ─o máis antigo de Escocia─. Desta volta a pregunta contiña un condicionante que fai variar decisivamente o resultado final: 53% din 'Si' a saír do Reino Unido, sempre e cando se entre na UE.


A sondaxe, elaborada por Survation entre o 11 e o 18 de marzo sobre unha mostra de 2.000 persoas, estabelece unha variábel interesante: preguntados se "Escocia debería ser un país independente", 51% dos consultados responderon que non; mais a mesma pregunta coa garantía de regresar ao bloque comunitario deitaba esa cifra favorábel ao 'Si' de 53%.

Esta alternancia na resposta é máis evidente nas persoas que no referendo do Brexit de 2016 votaron a favor de permanecer na UE: dun apoio de 54% na primeira pregunta, pasan a outro de 59% na segunda opción.


A liña mantense desde hai cinco anos: a maioría dos votantes favorábeis ao Brexit oponse á independencia, e viceversa.

Paula Rey-Stolle González - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG nomea académico de número o historiador Lourenzo Fernández Prieto
O pleno da Real Academia Galega (RAG) vén de elixir a Lourenzo Fernández Prieto como novo académico de número. O historiador e profesor pasará a ocupar a vacante que deixou a poeta Luz Pozo Garza co seu pasamento en abril de 2020.


Fernández Prieto, que no seu día concorreu na carreira a reitor da Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Historia Contemporánea. Mais é moi recoñecida a súa traxectoria como historiador, especialmente nas liñas que o guiaron pola historia agraria contemporánea e tamén polo estudo da Guerra Civil e da ditadura franquista.

Fontes da RAG destacaron que no campo da historia agraria, o novo académico fíxose un nome “pola perspectiva innovadora que aplicou no estudo das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, ocupándose das relacións entre a agricultura e a ciencia agronómica e, de forma complementaria, da análise da historia do mundo agrario e a sociedade rural cun enfoque ambientalista”.


Ademais, contribúe dunha forma máis ampla ao coñecemento pois coordina o Grupo de historia agraria e política no mundo rural (Histagra) e está á fronte da Cátedra Juana de Vega de Estudos Agrarios.

A institución destaca que foi en 2006 cando tamén apostou na investigación do golpe de Estado do 1936 e os acontecementos que o sucederon. No marco do proxecto interuniversitario Nomes e Voces “abriu unha serie de estudos que se converteron nunha referencia no campo da historiografía española e internacional do século XX”.


“A relación con grupos e centros de investigación de institucións españolas, europeas e americanas é outra constante do labor de Lourenzo Fernández Prieto, membro de redes internacionais e profesor convidado das universidades de Princeton (Oates Fellow, Council of Humanities), Cidade de Nova York (Graduate Center) ou Cork (Department of Geography)”, indican, enumerando as súas credenciais para obter a vacante.

Convocatoria electoral
Na sesión, decorrida na tarde de onte, tamén se fixo oficial o anuncio da vacante causada polo falecemento do que fora presidente da entidade entre 2001 e 2009, Xosé Ramón Barreiro Fernández.


Igualmente, aproveitouse para dar por finalizado o mandato da comisión presidida por Víctor F. Freixanes. Así, déronse os primeiros pasos para convocar as eleccións da nova executiva, que deberán decorrer nun tempo máximo de tres meses.

Segundo a normativa da Academia, até que haxa nova presidencia estará no cargo, de maneira interina, o secretario saínte, é dicir, Henrique Monteagudo.

Pablo Estévez Taboada - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
España esixirá desde o luns unha PCR negativa aos viaxeiros que cheguen desde Francia por estrada
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado unha orde pola que establece a esixencia dunha proba diagnóstica de infección activa para SARS-CoV-2 con resultado negativo, realizada nas 72 horas previas á chegada de España, para os pasaxeiros procedentes de Francia tamén por vía terrestre.

Esta orde súmase á que establecía que os cidadáns procedentes de Francia que viaxasen por vía aérea ou marítima tiñan que presentar unha proba negativa, polo que a partir de agora todos os viaxeiros de Francia, entren por onde entren, están obrigados a presentar esta PCR negativa para acceder a España. Deste xeito, todas as persoas, maiores de seis anos, procedentes de zonas de risco de Francia que cheguen a España por vía terrestre deberán dispor dunha proba PCR (RT-PCR), unha proba TMA ou outro tipo de proba diagnóstica para SARS-CoV2 baseada en técnicas moleculares equivalentes, con resultado negativo, realizada nas 72 horas previas á chegada.
Considéranse zonas de risco todas aquelas de Francia cualificadas polo Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades con nivel de risco de cor vermella escura, vermello, laranxa ou gris, en base aos indicadores combinados establecidos na Recomendación (UE) do Consello de 1 de febreiro de 2021 pola que se modifica a Recomendación (UE) sobre un enfoque coordinado da restrición da libre circulación en resposta á pandemia de Covid-19. ExcepciónsIso si, tal e como se recolle no BOE e informa Europa Press, quedan exceptuados disto os profesionais do transporte por estrada no exercicio da súa actividade profesional, os traballadores transfronteirizos e os residentes en zonas fronteirizas, nun radio de 30 kms ao redor do seu lugar de residencia.
O réxime de sancións en caso do incumprimento do previsto é o contemplado no título VI da Lei 33/2011 Xenerais de Saúde Pública, referido a infraccións e sancións. Esta orde entrará en vigor dentro de tres días e durará ata que o Goberno declare a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.

Bruno Antonio Ortiz López - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
TRES OSOS MATAN A UNHA LOBA COA QUE CONVIVÍAN NUN ZOO
Os animáis compartían o mesmo espacio nun parque holandés de animáis.
Catro lobos e igual número de osos pardos convivían sen problemas aparentes ata este
luns no parque de animáis holandés de Dierenrijk Mierlo, cerca de Eindhoven, ao sur do
país. Puxérannos xuntos fai anos de forma deliberada "porque é enriquecedor que
aprendan a relacionarse", según a direción do zoo, e nunca se atacaran uns a outros.
Esta vez, sen embargo, unha loba caeu á charca do enclave, cando tratou de saír, un dos
osos abalanzouselle. Foi directo ao pescozo, mentras outros aproveitaron para morder a
súa vez á presa. Unha decea de visitantes contemplaron e filmaron a escena cos seus
móviles, e aínda que os cuidadores foron avisados, non puideron facer nada: a loba morreu
desgarrada. Pouco despois circulaba por YouTube a grabación do sucedido.

Lucía Mugüerza García - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Mobilidade total desde o luns en Galicia; só Beade quedará en nivel máximo de restricións
Mobilidade practicamente total no arranque das vacacións de Semana Santa. O subcomité clínico reuniuse este venres para analizar a evolución da transmisión do coronavirus na comunidade e a partir do luns, cando entrará en vigor o novo mapa de restricións, tan só o concello de Beade terá nivel máximo de restricións. Será o único concello cun peche perimetral individual e no que a hostalería tan só poderá servir a domicilio ou para levar. Será tamén o único no que só se permitirán reunións de persoas convivientes. A incidencias a 14 e 7 días continúan en niveis de risco extremo, por amais dos 500 e os 250 casos por cen mil, respectivamente. O subcomité tamén decidiu manter os concellos de Sanxenxo e Baiona en nivel alto de restricións, o que significa que a hostalería tan só poderá servir nas terrazas e cun aforamento do 50 %. Esta semana, o Sergas xa puxera o acento na evolución destes dous municipios tan turísticos tras a ponte de San José.

Juan García Ocampo - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Saen á luz novos restos arqueolóxicos en San Estevo de Ribas de Sil
O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no concello de Nogueira de
Ramuín, volve dar unha sorpresa cos achados que seguen aparecendo e
aumentando o seu atractivo turístico despois de moitos anos funcionando como
un aloxamento turístico. Hoxe transcendeu que o Centro de Conservación e
Restauración San Martín vén de descubrir uns murais dos séculos CV e XVI na
igrexa do antigo completo relixioso.
A investigación, que culminou coa aparición de até catro pinturas que
representan momentos da vida relixiosa, comezou por casualidade. Segundo
conta o delegado episcopal de patrimonio do Bispado ourensán, Luís Manuel
Cuña, a obra comezou porque ao retirar uns armarios relicarios quedou á vista
parte dun debuxo de autoría descoñecida.
Após dar con esa pista tramitouse coa Xunta un permiso para seguir buscando
coa teoría de que “detrás das sillerías tamén habería algo”. E foi así. O Centro
San Martín fixo catro catas nos muros -tapados con cal- e atopou as catro
pezas artísticas.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
¿Está o mundo preparado para os megabuques?
O afán por reducir custos non só fixo da canle de Suez, que evita un rodeo de case cinco días máis entre Asia e Europa, un punto neurálxico das rutas marítimas capaz de provocar un colapso no comercio mundial. Tamén alentou a construción de buques cada vez máis grandes, de maior eslora e manga, nos que levar máis mercancía con menor gasto. Dun tempo para acó proliferaron os megaportacontenedores. O Ever Given é un deles. Rozando os 400 metros de eslora e os 60 de manga, pode cargar 20.124 teus (unidade equivalente a vinte pés), cinco veces máis que un de quinta xeración. É dicir, que a construción naval evolucionou de tal forma que se demostrou que é preciso axustar as infraestruturas. É a tese que manexa Enrique López Veiga, expresidente da Autoridade Portuaria de Vigo, que considera que o atasco provocado na canle de Suez por un deses megaportacontenedores non é máis que «un aviso a navegantes», que o mundo debe prepararse para un futuro no que os barcos serán máis grandes e requiriranse unhas infraestruturas máis acordes para o paso deses xigantes. «Isto demostra que a canle de Suez non é adecuado para este tipo de tráficos», sinala. «O mundo xa non está adaptado aos tempos modernos, nin remolcadores ten» para atender unha continxencia como a que fixo colapsar o comercio mundial.

María Laforga Pérez - 2 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-03-2021 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense e Lugo reivindican un impulso real ás súas infraestruturas:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, reuníronse a semana pasada para desbloquear proxectos crave en Galicia, por exemplo o traspaso da AP-9. Mentres, en Ourense e Lugo escuece un pouco que se fale tanto desa autoestrada e, en xeral, das infraestruturas do eixo atlántico, cando as dúas capitais do interior nin sequera teñen unha vía de alta capacidade que as conecte.

Existe sobre o papel desde que foi incluída no ano 2003 no Plan Galicia, chámase A-56 e, despois de case vinte anos de idas e vindas, só se executaron uns poucos quilómetros. Os 400 metros que se fixeron en Vilamarín antes de que se paralizasen as obras simbolizan a desidia coa que as Administracións tratan certos proxectos.

Ao chegar a Ourense, entre Eirasvedras e Quintela, a A-56 permitiría que a cidade tivese a súa primeira vía de circunvalación, porque nin sequera iso ten a terceira cidade de Galicia. Dese modo, poderíase liberar de tráfico o acceso a través da estrada N-120 desde Vigo, que se convertería nun «bulevar termal», un vello proxecto que axudaría a potenciar os recursos termais que hai nas ribeiras do Miño. Pero, ademais de por a estética, a autovía entre Lugo e Ourense urxe pola economía. «Os políticos nunca fixeron forza suficiente», lamenta Lisardo González, empresario do sector madeireiro en Vilamarín, ao lado ourensán, que bota en falta unha maior mobilización de base. «A cidadanía parece que está medio adormilada», di González, que remarca que «no eixo interior de Galicia non temos nin aeroportos, nin portos, nin ferrocarril, nin carreteiras dignas».


Paula Vázquez nº17 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2021 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0