Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O día π máis exacto do século |
|
 Como cada 14 de marzo, este sábado é o Día Pi. Tranquilos, non nos referimos ao protagonista da novela 'A vida de Pi' senón a un dos números máis importante para os matemáticos e os físicos; o 3,141592653... (Se seguísemos, o resto do texto serían decimais).
Pero este 14 de marzo é especial, e é que ás 9 horas, 26 minutos e 53 segundos, o reloxo marcaron a cifra máis longa e exacta deste número irracional: 3/14/15 9:26:53. Pero non é a data máis exacta de todas, esta tivo lugar o 14 de marzo de 1592: 3/14/1592 6:53:58, aínda que dubidamos que alguén o celebrase naquela época.
Denomínase pi (π) á relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro; coñécese dende a antigüidade e emprégase tanto en matemáticas coma en enxeñaría, física ou estatística.
¿Existe alguén que recorde todos os decimais de Pi? Case; o xaponé Akira Haraguchi goza do Récord Guinness neste campo, con 100.000 decimais almacenados na súa cabeza.
Feliz día π!
Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Case o 100% de abandonos de animais en Galicia non son penalizados |
|
 A asociación animalista Libera! advirte que o 99,9 por cento dos abandonos de animais producidos en Galiza quedan impunes e recorda que, so en 2014, na nosa comunidade rexistráronse uns 14.200. A cifra ascende a 150.000 no conxunto do Estado.
Así o señalou nun comunicado, no que recorda que a "importante disparidade" en materia de sancións contra os malos tratos e o abandono levou á asociación a iniciar unha petición para demandar unha lei estatal que inclúa medidas contundentes contra estos casos, que suma xa máis de 269.000 firmas en 'Change.org'.
Ó respecto, Libera! celebrou que a "actitude positiva da práctica totalidade de grupos" do Parlamento galego permitiu reformala Lei de Protección Animal de Galicia. Pola súa parte, recorda que a pasada semana o Senado deu luz verde á reforma do Código Penal que tamén incluirá o endurecemento das penas por estas prácticas.
Con todo, considera que estos cambios son "necesarios pero insuficientes" polo que demanda a creación dunha normativa que sirva para toda España do mesmo modo que o Parlamento galego "aprobou maiores multas o ano pasado".
Nerea Rial Conde, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
A LUVA QUE PERMITE AOS INVIDENTES MANDAR WHATSAPPS |
|
 Segundo Mashable a luva foi bautizada como Lorm, facendo honra ao nome da linguaxe. Desenvolvido por investigadores de Berlín, este gadget consiste nunha luva que na súa palma está chea de sensores, de maneira que é capaz de servir como "teclado".
No caso da recepción, uns pequenos botóns colocalos aos longo da luva vibrarían, facendo posible que o invidente sexa capaz de recibir este tipo de mensaxes cun smartphone vía Bluetooth.
É certo que o Lorm, que así é como se chama esta linguaxe, non é unha linguaxe moi xeneralizada. Non obstante esta luva permitiría que as persoas cegas fosen capaces de comunicarse con máis dunha persoa simultáneamente.
De momento a luva é soa un prototipo, pero foi probado con grande éxito en invidentes reais con bos resultados. Tal como declarou Edi Haug, un dos invidentes: "Podo enviar e recibir mensaxes. É doado".
Carlos Seoane Martínez, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
XA SE COÑECEN AOS FINALISTAS DO PREMIO MESTRE MATEO 2015 |
|
 As películas A Esmorga e Os Fenómenos e a serie de televisión Serramoura posiciónanse como as propostas finalistas que acumulan máis candidaturas na XIII edición dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, que celebrará a súa gala de entrega de galardóns o próximo 11 de abril na instalacións do Palexco, na Coruña. Os intérpretes Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro foron os encargados de dar a coñecer os nomes que compoñen o catálogo de finalistas do certame nas súas 25 categorías, nun acto celebrado este martes no Auditorio Abanca de Compostela. Deste modo, A Esmorga con 16 candidaturas sitúase como a máis votada entre os finalistas seguida do filme Os Fenómenos con 11, a serie Serramoura con 9 e a película Schimbare, presente en oito das categorías dos galardóns. Tamén se posicionan entre as máis votadas O outro tempo, con catro nominacións, o programa A Casa da Conexa, con tres, Códice, o filme El niño ou a serie Era visto, que tamén compite en tres categorías. Os académicos terán que escoller entre un total de 42 obras de cara á gala final, entre películas, series ou documentais, entre outras propostas. Este ano, ademais, a Academia Galega do Audiovisual estreou un novo procedemento de votacións que permite aos socios votar en liña, "facilitando o sistema" e "axilizando a súa xestión"
ACTORES E DIRECIÓN Os finalistas á mellor interpretación masculina protagonista foron: Antonio Durán 'Morris', Karra Elejalde e Miguel de Lira pola Esmorga, e Luis Tosar por El Niño; mentres que na categoría feminina optan: Candela Peña, por Schimbare, Lucía Regueiro por Serramoura, Mabel Rivera por Pazo de Familia e Nerea Barros polo Ouro do Tempo. Na categoría de interpretación masculina de repartición, figuran: Antonio Durán 'Morris' por Códice, Antonio Mourelos e Monti Castiñeiras por Serramoura, e Xosé A. Touriñán por Os fenómenos; e na feminina: Ledicia Sola por Os fenómenos, Marta Larralde polo Ouro do Tempo, Mela Casal e Sabela Arán pola Esmorga, en mellor interpretación feminina de repartición.
Sara Rodríguez Novoa, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
A primeira mostra do Carlos Casares fotógrafo exhibe unha trintena de imaxes e 12 cámaras da súa colección en Ourense |
|
 O seu irmán recorda que era "grande amigo" de José Luis Suárez e que fotografía e cinema se sumaban ás súas paixóns por viaxar e a familia.
A primeira exposición do Carlos Casares fotógrafo, ademais de literato, mostra en Ourense un total de 34 imaxes seleccionadas de 6.000 dixitalizadas, e 12 cámaras da súa colección privada que inclúe varias Leica, Voigtlander, Canon e cámaras espía.
A mostra pode verse no edificio cultural da Deputación de Ourense, impulsora da iniciativa tras coñecer o proxecto por boca do vicepresidente da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, agora comisario da exposición, xunto con Vítor Vaqueiro.
Na presentación este xoves estiveron o presidente da institución provincial, José Manuel Baltar; Garrido, o director do centro cultural e o irmán de Carlos Casares, Javier.
Garrido detallou que o arquivo fotográfico de Casares --falecido en 2002-- foi dixitalizado pola Consellería de Cultura e comprende unhas 6.000 imaxes. Por primeira vez, unha selección de 34 poderá verse en Ourense, e comprende retratos e viaxes do autor literario as paixóns do cal eran "a familia, as viaxes, a fotografía e os trens".
"A súa vinculación e coñecemento fotográfico era intenso", segundo Garrido, que puxo como exemplo a colaboración do literato coa Universidade de Santiago para unha publicación conmemorativa, nos anos 80.
"Carlos tiña case 40 anos e envío cinco pezas pequenas de texto que titulou retratos e a súa frase de inicio era: Son retratos xa vellos que o tempo vai alterando para convertelos en mancha de cor sepia", relatou.
Recordou tamén a súa colaboración semanal dende 1992 nunha columna chamada 'Á marxe'. "Cada mes, unha desas columnas tiña referencias fotográficas e comentaba algún retrato ou imaxe realizadas por outros, como as da cidade de Sarajevo, así que o material que hoxe se comeza a ver aquí, pode ser moi interesante para público e investigadores", agregou.
Beatriz Pereiras López, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
GOOGLE, PODEROSO AGORA, PERO NON ETERNAMENTE |
|
 O futuro de Google non parecer ser o mellor, entre outras cousas, polo baixón nos seus ingresos por conta da publicidade, feito que levou a que as súas accións se reducisen ata un 8% durante o pasado ano. Non obstante, se un se fixa nos números financeiros do xigante das buscas, en 2014 xerou 14.400 millóns de dólares de utilidades, é dicir, un 19% de aumento no seu beneficio anterior. Malia que Google ten tres cuartas partes das buscas mundiais na Rede, ademais, conta co sistema operativo móbil máis popular do mundo (Android); e tamén é poderoso grazas a ter a YouTube no seu inventario, varias ameazas o asecharían durante os anos vindeiros. Outros dos argumentos para considerar escuro o futuro do xigante de Internet son as súas apostas tecnolóxicas. O fracaso máis recente é Google Glass, que resultou ser un dispositivo con pouca utilidade e ao que a compañía tivo que darlle santa sepultura hai poucas semanas. Google non foi capaz de sacarlle rendibilidade ás súas innovacións, inclusive, é preocupante que o 90% dos seus ingresos son provenientes de anuncios publicitarios, boa parte deles polo éxito do seu motor de buscas. A falta de innovación tamén está a machucar as filas de Google. En días recentes o prestixioso sitio web de tecnoloxía Techcrunch publicou unha análise na que se avalía a situación actual da compañía. Sumado a isto, di El País, Google ten outro problema relacionado con que os seus esforzos son doados de copiar pola súa competencia. No caso de Facebook, di ese medio, creou unha plataforma exitosa de tecnoloxía publicitaria e un grande equipo de vendas que está a convencer aos anunciantes. Entón, que é o que pasa con Google? O xigante, ao parecer, non será poderoso eternamente, así o conclúe o diario El País, de España, con base no estancamento que rexistra a compañía por ingresos de publicidade.
Ana Martínez Fernández, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
Vigo rende homenaxe esta semana ao cómic e ao cinema co seu festival 'Boom Filme & Cómic' |
|
Vigo acollerá durante esta semana o festival cinematográfico e salón do cómic 'Boom! Filme & Cómic', un encontro novidoso na cidade no que se ofrecerá distintas actividades relacionadas coa ciencia ficción, os cómics, as series de televisión, os videoxogos e a ilustración.
Este evento nace co obxectivo de "converterse nun referente da industria da cultura pop no noroeste de España", para o que entre o 9 e o 14 de marzo, en torno ao tema dos 'zombies', haberá exposicións, 'cosplay', presentacións, e sinaturas e charlas de expertos de distintos sectores.
No relativo ao ámbito cinematográfico, as películas serán proxectadas entre os días 9 e 12 nos cines Gran Vía e Sala Artika e o día 13 no Auditorio Mar de Vigo. Por tres euros, os cinéfilos poderán gozar de 'Overcast', 'Domo', 'Villoririo do caudillo. Paifocos e coitelos', 'Panges' e 'División azul', entre outros títulos.
Pola súa banda, os fans do cómic poderán acudir ao Auditorio Mar de Vigo entre as 10,00 e as 22,00 horas dos días 13 e 14. Entre as actividades, haberá encontros, charlas, sinaturas, presentacións, concursos de cosplay, espectáculos e actividades didácticas --microtalleres-- sobre literatura fantástica, novela gráfica, maquillaxe de efectos especiais e técnica de 'stop-motion'.
As persoas interesadas en asistir dispoñen de catro tipos de entrada: o pase diario --7 euros anticipada ou 10 en taquilla--, o pase de fin de semana --12 euros anticipada ou 15 en taquilla-- , o 'Silver Pass' -- 24,50 euros anticipada -- e o 'Golden Pass' de edición limitada -- 54 euros anticipada--.
Sara Pimentel González, 2º de bacharelato, B. |
|
|
|
Agardando a Paco Nogueiras! |
|
O día 24 de marzo terá lugar no Salón de Actos do centro a actuación do músico-showman PACO NOGUEIRAS.
Presentará o seu traballo "Brinca Vai" para os alumnos de infantil e primaria en sesións de 10.15 e 12.00.
Esta actividade está organizada polo EDLca e subvencionada pola ANPA do colexio. Moitas Grazas! |
|
|
|
A fotografía e a poesía tenden lazos dende Malpica entre Galicia e Portugal |
|
 A escritora malpicana Carmen Muñoz Fernández e o fotógrafo portugués Pereira Lopes son os artífices da mostra que se poderá ver ata o 4 de abril no Centro Cívico de Malpica e que foi inaugurada onte coa presenza de autoridades de ambos os dous lados do Miño. O alcalde malpicán, Eduardo Parga, exerceu de anfitrión da posta de longo de 20 poemas en remanso, unha exposición que reúne unha selección de 20 imaxes de Lopes acompañadas dos versos de Muñoz.
Na inauguración estiveron presentes ambos os dous autores, que se coñeceron e comezaron a colaborar a través das redes sociais, e o presidente da Xunta de Freguesía de Avintes, Cipriano Manuel Castro.
Todos eles destacaron os lazos de amizade que unen a Galicia e Portugal, e así referendouno tamén musicalmente Gloria dos Anxos Pardines cantando un alalá e un fado.
David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
A fotografía e a poesía tenden lazos dende Malpica entre Galicia e Portugal |
|
 A escritora malpicana Carmen Muñoz Fernández e o fotógrafo portugués Pereira Lopes son os artífices da mostra que se poderá ver ata o 4 de abril no Centro Cívico de Malpica e que foi inaugurada onte coa presenza de autoridades de ambos os dous lados do Miño. O alcalde malpicán, Eduardo Parga, exerceu de anfitrión da posta de longo de 20 poemas en remanso, unha exposición que reúne unha selección de 20 imaxes de Lopes acompañadas dos versos de Muñoz.
Na inauguración estiveron presentes ambos os dous autores, que se coñeceron e comezaron a colaborar a través das redes sociais, e o presidente da Xunta de Freguesía de Avintes, Cipriano Manuel Castro.
Todos eles destacaron os lazos de amizade que unen a Galicia e Portugal, e así referendouno tamén musicalmente Gloria dos Anxos Pardines cantando un alalá e un fado.
David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
|
|
|
|
|