Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oito vasos ao día |
|
 Beber cada día unha cantidade axeitada de auga axuda a previr numerosas enfermidades. A deshidratación crónica por un consumo insuficiente de auga é a raíz de moitas doenzas dexenerativas. A auga é a mellor medicina preventiva natural.
A cantidade recomendada de auga que hai que beber é de 1,5 a 2 litros ao día, uns oito vasos de auga diarios.
Un beneficio importante é que a auga é un elemento clave contra o sobrepeso. Aínda que pareza incrible a auga non só nos pode axudar a perder peso, senón a manter o peso ideal unha vez o alcancemos. En primeiro lugar a auga suprime o apetito e axuda ao corpo a metabolizar a graxa acumulada. Bebendo suficiente auga pódese combater a retención de fluídos. Cando o organismo recibe pouca auga interpreta ese sinal como unha ameaza contra a súa supervivencia e trata de reter ata a última gota. Outra función importante deste líquido milagroso é que axuda ao corpo a eliminar toxinas. Cando un esta perdendo peso, o organismo ten que desfacerse de toda esa graxa metabolizada; a auga interpreta un papel clave nese proceso.
"Unha persoa pode vivir sen comer máis de 20 días, pero se non consume auga en tres días pode morrer"; non esquezas que a auga é un elemento indispensable para todo tipo de vida. No corpo humano é necesario para disolver e transportar non só os alimentos senón as secrecións.
"A auga é o elemento e principio das cousas". Tales de Mileto.
Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Novos coñecementos sobre a memoria humana |
|
 O escritor Ray Loriga dicía en Tokyo "xa non nos quere", algo que os científicos levan tempo advertindo: "A memoria é o can máis parvo, tíraslle un pau e devólveche calquera cousa". Para desilusión de moitos, numerosos estudos mostraron que as nosas memorias están manipuladas e que é posible mesmo que os momentos máis emotivos da nosa vida, como o nacemento dun fillo ou o encontro cun grande amor, non sucedesen como os recordamos. O cerebro non funciona como unha gravadora fidedigna dos feitos. Como o can parvo ou caprichoso, recupera o que quere e, aparentemente, non o que se lle pide.
Nos últimos anos, no seu esforzo por comprender os mecanismos da memoria, a neurociencia descubriu algo que pode resultar sorprendente: no camiño ata o lugar onde podemos recuperalos, "os recordos provocan o esquecemento". A memoria funciona por asociación e cando se trata de recuperar un recordo é posible que o noso cerebro teña que elixir entre varias memorias relacionadas que compiten entre elas. Se un intenta recordar un partido de fútbol, por exemplo, haberá outros partidos que o cerebro deberá descartar para chegar á información desexada. Algo similar sucede cos contrasinais dalgúns bancos, que, por razóns de seguridade, se teñen que cambiar cada poucos meses. Aínda que inicialmente só ten de recordar un contrasinal, pouco a pouco solápanse as vellas coas novas. Isto fai que nun principio, coma se fose un ordenador atestado de datos que ten que trillar, o cerebro necesite gastar moita enerxía para elixir a memoria axeitada. Non obstante, unha vez que se seleccionan as memorias relevantes e se suprimen as que non o son, os recursos necesarios para volver recuperar unha memoria son moito menores.
Michael Anderson, investigador da Universidade de Cambridge e coautor do estudo, salienta que "aínda que a xente pensa que o esquecemento é algo que sucede sen querer, esta investigación mostra que a xente ten un papel máis relevante do que pensa á hora de decidir que van recordar".
Anderson menciona tamén que este tipo de estudos pode ensinarnos cales son os procesos detrás da memoria selectiva que fai que recordemos o que nos convén ou mesmo sobre o autoengano. Ao fin e ao cabo, é posible que o can da memoria non sexa tan parvo e, en realidade, traia calquera cousa e non o pau que lanzamos porque é o que no fondo queriamos recuperar.
Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Un morto e seis feridos tras un accidente en Curtis |
|
 O condutor dun vehículo faleceu tras a colisión entre o seu automóbil e outro na N-634, ao seu paso por Teixeiro, no concello coruñés de Curtis, informou a central de emerxencias do 112. A vítima morreu tras ser excarcerada polos bombeiros de Betanzos e polo GES de Curtis. Outras seis persoas resultaron feridas, un deles de gravidade, e foron trasladados en ambulancia por Urxencias Médicas a distintos hospitais da bisbarra coruñesa.
Ademais, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela foi mobilizado, aínda que finalmente non evacuou a ninguén. Dez minutos despois das cinco desta tarde, un particular avisou ao 112 Galicia e pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e aos GES e Protección Civil de Curtis, ademais de aos efectivos do parque comarcal e Urxencias Médicas.
Así mesmo, o 112 Galicia informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias por se fose necesaria a súa colaboración.
Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Porcos tatuados. |
|
 Pódense chegar a pagar ata 76.000 euros por estes porcos, tatuados con personaxes de disney e logotipos de Louis Vuitton. O artífice, Wim Delvoye, de 49 anos, comenzou a tatuar os porcos vivos en 1997 en Estados Unidos.
Aínda que os animais son tatuados baixo anestesia e posteriormente reciben coidados para que a súa pel se manteña hidratada, os activistas dos dereitos dos animais denunciaron que os porcos recibiron abusos con fines comerciais e sufriendo innecesariamente.
Selena González Rodríguez, 4º ESO B. |
|
|
|
«Portobello Road», unha curtametraxe sobre a emigración galega |
|
 Tan auténtico resultalle Galicia, que a directora viguesa de curtametraxes Adriana Pérez Páramo elixiuno como escenario para a súa última produción, Galicia. Portobello Road. O argumento: a relación dunha nai coa súa filla; dúas xeracións de emigrantes (as actrices Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga) entre as que inevitablemente xorden rozamentos. E como transfondo, o galinglish, esa mestura entre inglés e galego que salpica a obra e dótaa dun ácido sentido do humor.
«A xente maior sempre quere volver -explica Adriana entre as vetustas mesas do Galicia-. Pero teñen fillos, logo netos e nunca atopan o momento». Tamén Adriana coñece ben o fenómeno migratorio: unha tía avoa en Venezuela, outra en Estados Unidos... E ela mesma, claro, que tivo que facer un día as maletas: «E quero regresar, pero non se cando será posible». De momento, o seu curto ten que rodar aínda por Europa. «A idea é mandalo ao Festival de Bruxelas, pero xa veremos se podemos», matiza.
A directora viguesa chegou ao Reino Unido no 2008 para cursar un máster de cine no London Filme School. Pasou despois por Polonia... e de novo a Londres. No seu primeiro curto, Illa Pedra, tivo bo ollo ao contar coa actriz Nerea Barros, que acaba de gañar un goya polo seu papel en 'A Isla Mínima'.
Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
O SORRISO, A MELLOR MEDICINA |
|
 Aínda que polo momento non hai datos científicos que demostren que as persoas con mellor sentido do humor vaian vivir máis ou a ter mellor saúde, si se constatou que os estilos de humor positivos xeran beneficios importantes para a saúde mental, explicou nunha entrevista o profesor de Psicoloxía Positiva de Saint Louis University, Eduardo Jáuregui, con motivo do Día Internacional da Felicidade. Jáuregui, doutor en Ciencias Políticas e Sociais, sinalou que malia que aínda non está claro que o humor repercuta de forma positiva na saúde física, si se pode dicir que é "un paraugas contra a adversidade".
Chancear sobre as desgracias axuda, en xeral, a levar mellor os momentos máis difíciles da vida, xa que cando unha persoa comparte un problema, o trata con distancia e é capaz sen decatarse de verlle o lado cómico. Isto demostra que rirse dos problemas é importante para a saúde mental, destaca o psicólogo, xa que de forma inconsciente se transforman os pensamentos negativos en positivos e reduce o estrés ou axuda a previlo. Ademais, as gargalladas teñen sobre a saúde un efecto analxésico leve do tipo aspirina, o que alivia a dor e, a este tempo reduce o estrés sobre o que causa medo ou ameaza, explicou o cofundador de Humor Positivo, empresa especializada no sentido do humor.
Por exemplo, no mundo laboral relaciónase facer ben as cousas ao estrés e angustia, emocións que de forma primitiva se asocian á loita e á fuxida. Non obstante, as emocións positivas son as que mellor preparan ás persoas para o traballo, xa que está demostrado que despois de rir ou recibir un regalo inesperado se pode ser ata cinco veces máis creativo.
Así mesmo, estas emocións positivas permiten crear de forma máis doada e próspera relacións cos demais e facilita o traballo, pois, aínda que pareza contraditorio, tratar temas serios e graves a partir do humor axuda a resolvelos con maior facilidade. Dá exemplos de formas nas que as empresas utilizan a diversión para conseguir determinados obxectivos, entre eles, destaca o caso de Google, onde as plantas das oficinas se conectan cun tobogán coma se dun parque temático se tratase.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Raúl López, responsable do grupo Monbus, detido nunha investigación xudicial |
|
 O magnate galego do transporte de viaxeiros por estrada Raúl López, responsable do grupo Monbus, é un dos dez detidos na primeira fase da operación Cóndor. Trátase dunha investigación por delitos de branqueo de capitais, contra a Facenda pública, falsidade, tráfico de influencias e suborno. Seis das detencións foron realizadas en Galicia e catro en Madrid. Dous dos apresados na capital de España son militares.
O líder do transporte de viaxeiros de Galicia e un dos máis representativos de España foi detido sobre as seis da tarde do mércores cando saía dunha comida que mantivo con varias persoas nun coñecido restaurante de Sanxenxo. Nese xantar, segundo as primeiras investigacións, puido levarse a cabo unha operación na que se moveron entre cincuenta e oitenta mil euros.
Todo apunta a que Raúl López, que se viu envolvido indirectamente na operación Pokémon aínda que non chegou a ser imputado, viña sendo controlado desde facía algún tempo. Na comida de Sanxenxo parece que tamén interveu o xefe financeiro do grupo de autobuses, Jesús Uriz, que é outro dos detidos. Tamén foi arrestado Rafael Casqueiro, xenro do empresario do transporte. Nesa lista de detidos figuran Gustavo Fernández Chan, director xeral dunha axencia de viaxes, e Isolina González, vinculada coa propiedade da mesma. Do resto de detidos non transcendeu a súa identidade.
Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A. |
|
|
|
Unha denuncia por violencia machista cada dúas horas en Galiza |
|
 O Observatorio contra a Violencia de Xénero e o Consello Xeral do Poder Xudicial veñen de publicar esta sexta feira os dados correspondentes a 2014. Neses 12 meses presentáronse en todo o Estado español 126.742 denuncias nos xulgados de violencia sobre a muller, un incremento do 1,5% a respecto de 2013.
En Galiza, segundo este informe, en 2014 presentáronse 5.209 denuncias, o que supón 14 cada día, máis dunha cada dúas horas. Nesas máis de 5.000 denuncias houbo 451 renuncias ao proceso. No noso país hai 36 denuncias por violencia de xénero por cada 100.000 habitantes.
Ademais, houbo en Galiza en 2014 un total de 1.327 ordes de protección incoadas. Delas, 829 foron aceptadas (o 62%) mentres que o 37% (497) denegáronse.
A nivel de estado, o 70% das denuncias foron presentadas polas propias vítimas, un 15% derivou da intervención directa das forzas de seguridade e perto dun 12% que traía a súa causa en parte de lesións. No 2014 houbo no Estado español 19.093 persoas enxuizadas por violencia machista.
Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Tres 'anxos do Cup Cake' abren en Ourense unha pastelaría para celíacos |
|
 Tres mulleres emprendedoras abriron en Ourense, nestes tempos nos que convén agudizar o enxeño, un espazo "libre de glute", que no nome incorpora un xogo de palabras, Celi Dulce, e que facilita a vida a celíacos de Galicia. As artífices desta cafetaría situada nunha céntrica rúa de Ourense son Rocío Montes, celíaca dende hai 15 anos; Celia Lorenzo e Nuria Castro, un trío que na cidade empezaron a bautizar como "anxos do Cup Cake".
Orballo Montes sinala nunha conversación con Efe que "a demanda" dun proxecto semellante era alta e "necesitabamos poñer en marcha unha repostaría libre de glute que nos fixese sentir mellor". Co proxecto feito realidade, móstrase satisfeita, porque traballamos moito na elaboración e agora vén xente celíaca e outra que non o é e todos nos din que lles encantan as nosas creacións". Foi duro o camiño, recoñece, pero "aquí estamos, dispostas a conseguir que celíacos e non celíacos se senten na mesma mesa, pidan o mesmo e gocen por igual", aseguran.
Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Ponme un poema... con tapa e bebida |
|
 Vaso, tapa e poema. Así é a proposta da Fundación Vicente Risco para o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de ?Ponme un poema!? desta volta con Verónica Martínez e Alberte Moman.
Polos bares e as rúas de Allariz desenvolverase este sábado día 21, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de ?Ponme un poema!?, un roteiro poético que, desta volta estará centrado na poesía erótica.
Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, que gañaron o Certame de Poesía Erótica Sisargas coa obra conxunta O Episodio serán as persoas convidadas a participar nesta iniciativa literaria que consistirá nun recital partillado nas distintas paradas nos locais colaboradores nos que a poesía virá canda tapas e bebidas. Os establecementos interpretarán tamén na oferta gastronómica o concepto de erotismo que está no cerne da nova edición de ?Ponme un poeta!?.
A xornada incluirá tamén o espectáculo poético-musical ?Cinta adhesiva? de Silvia Penas e Jesús Andrés nos xardíns da Fundación Vicente Risco. A participación no roteiro é gratuíta e aberta mais o prezo de cada tapa con bebida será de 2,50 ?.
Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
|
|
|
|
|