Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Grazas Paco Nogueiras! |
|
 Que BEN o pasamos hoxe co Brinca Vai! |
|
|
|
Encontro dos alumnos de 2º con Ledicia Costas |
|
 Os alumnos de 2º da ESO, que leron o libro "Recinto gris", tiveron un encontro coa autora, Ledicia Costas. |
|
|
|
Festival Xuvenil da Canción Misioneira |
|
 Este sábado 21 de marzo celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense o Festival Xuvenil da Canción Misioneira. Alá fomos 16 ousados cantantes e músicos, representando ao colexio Divina Pastora. Levabamos o tema "Terra" (en galego) e fixémolo moi ben. Non acadamos premios, pero iso non era o realmente importante. Prometemos volver outro ano co noso grupo LADESOL. |
|
|
|
´Náufragos´ lembra hoxe o primeiro rescate nocturno en helicóptero en Galicia |
|
 O programa Náufragos, que pretende achegarlles aos espectadores un dos aspectos máis determinantes da vida mariñeira e a realidade máis terrible que se pode dar no mundo do mar, tratará hoxe (15.30 horas) as historias dos barcos Terceiro Cabo Naval e Punta Bazar.
O Terceiro Cabo Naval, cerqueiro con base en Portosín, viña de pescar da zona de Fisterra o 22 de outubro de 1986 cando, por mor dunha néboa mesta, embarrancou nos baixos de punta Lens. O seu rescate, no que se salvaron os 16 tripulantes, foi o primeiro que se realizou de noite e con helicóptero en Galicia, un operativo moi dificultoso, unha batalla contra o mar e contra o tempo para salvar os homes do Terceiro Cabo Naval.
Ademais, o equipo de Náufragos -programa semanal de Producións Celta, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla- tamén lembrará o afundimento do Punta Bazar, un buque con base no porto da Guarda que se dedicaba á pesca do peixe espada coa arte do palangre. O 16 de xullo de 1995 viña en ruta cara ao porto de Vigo, procedente de Uruguai, coas neveiras cargadas de peixe, e, á altura da costa de Senegal, sufriu unha vía de auga, o que provocou que os 14 mariñeiros a bordo tivesen que abandonar un buque, que se afundiu en poucas horas.
Nerea Rial Conde, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
JOAQUÍN SABINA BORDOU O SEU CONCERTO RÉCORD NO COLISEO DA CORUÑA. |
|
 ?Llevo 25 años organizando conciertos en el Coliseo y jamás vi nada parecido?. Esto confesaba o promotor Jesús Manzano referíndose ao récord logrado por Joaquín Sabina no concerto do día 21: vender 8500 entradas en tres días. O cantante volveu a dar mostras da súa especial relación coa Coruña donde surxiron algunhas das súas cancións como ?Y nos dieron las diez?, hora á que arrancou unha actuación que superou as dúas horas.
O cantante conversou en varias ocasións co público ao que agradeceu a súa masiva asistencia, ?a pesar de la que está cayendo?, e considerou ?un gustazo? volver actuar na cidade da Coruña.
O concerto era para presentar o seu novo disco ?500 noches para una crisis?, un homenaxe ao seu mellor disco dos últimos anos, ?19 días y 500 noches?, que cumple quince anos e que foi un dos temas coreados polos asistentes.
Sabina contou cos seus músicos habituais aos que deu protagonismo máis alá do acompañamento musical, xa que eles tamén interpretaron cancións, como ?El caso de la rubia platino? a cargo de Jaime Asua, ?Conductores suicidas? que foi Pancho Varona, o ?Tan joven y tan viejo? con Antonio García de Diego.
E mentres sonaba a música, no fondo do escenario íbanse proxectando dibuxos que o cantante fixera para esta xira de concertos, que en abril continuará por Latinoamérica.
Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Celebración Mundial da Poesía, da Auga e da Árbore na Insua dos Poetas |
|
 Nun acto que se celebrará a Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño, Ourense), a partir das 12:30 horas, a Fundación ?Insua dos Poetas? conmemorará tres efemérides, equinoccio de primavera, coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
Día da Poesía, efeméride adoptada durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.
Simbólicamente a poesía, palabra esencial no tempo, ten sido representada pola auga, o fluir da vida, e pola árbore, concretamente o loureiro e a oliveira, cun significado, xa desde os tempos máis antigos, de gloria e de paz. Polo tanto, a Fundación ?Insua dos Poetas? escolle, neste 2015, unha data común para a celebración.
A Fundación ?Insua dos Poetas?, declarada de Interese Galego e inscrita no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o 7 de marzo de 2013 (DOGA nº 54), ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura. Polo tanto, a celebración da Auga, da Árbore e da Poesía, cada 21 de marzo, terá como destinatarios ás xeracións máis novas, representadas polas alumnas e alumnos dos Centros de Ensino do Carballiño. A elas e a eles está destinada esta actividade e eles e elas serán os seus protagonistas.
DESENVOLVEMENTO DO ACTO
23 de marzo 2015
Insua dos Poetas
Esgueva-Madarnás-O Carballiño
(Estrada Carballiño-Lalín (OU-902), km 4,5)
12:30 horas.- Introdución a cargo de Xabier Castro Martínez (Secretario da Fundación), que procederá a dar lectura á declaración de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, no Día Mundial da Poesía.
12:35 horas.- Palabras de Luís González Tosar (Presidente da Fundación Insua dos Poetas)
12:40 horas.- Intervención das alumnas e alumnos.
12:55 horas.- Palabras de Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Ed. e Ord. Univ.)
13:00 horas.- Intervención de Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense)
13:05 horas.- Plantación de árbores a cargo dos escolares, escritores, artistas, etc
Os profesores dos centros escolares participantes, recibirán lotes de libros destinados ás bibliotecas.
Lugar: Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño, Ourense)
Día: Luns, 23 de marzo de 2015
Hora: 12:30 horas
Organiza: Fundación Insua dos Poetas
Colaboran: Concello do Carballiño, Deputación de Ourense, Consellería de Cultura, Educación e Ord. Univ.
Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Javier Gutiérrez co Premio Pedigree 2015 |
|
 Tamén serán premiados o veciño Juan Maceira e o director Alfonso Zarauza.
A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans, acordou outorgar ao actor ferrolano Javier Gutiérrez el Premio Pedigree 2015, galardón de honra deste certame, co que recoñece "a súa traxectoria e tamén a súa constante capacidade de traballo".
A organización eloxiou a "grande versatilidade" do intérprete, recentemente galardoado cun Goya polo seu papel en 'La Isla Mínima', e destacou que Gutiérrez "creceu en cada unha das interpretacións que foi facendo en televisión, teatro e cinema", nos que pasou por "infinidade de rexistros".
Ademais, con este premio, os responsables do Festival de Cans tamén quixeron recoñecer a continua participación de Javier Gutiérrez en curtametraxes, e o seu apoio a directores e novos creadores que se atopan no inicio das súas carreiras. Nese sentido, puxeron como exemplo a película 'Tupper', de Anxo Maceira, que se proxectou o ano pasado en Cans e pola que o propio Javier Gutiérrez recibiu o premio á mellor interpretación.
O actor de Ferrol non é novo neste certame, porque xa en 2010 puidérase ver o seu traballo no curto 'O vendedor do ano', de Coté Soler, polo que tamén foi premiado (xunto con Fernando Cayo).
Pola súa carreira e, así mesmo, polos seus "valores persoais", o Festival de Cans recoñecerá nesta edición a Javier Gutiérrez, que deixará a súa pegada no 'Torreiro dás estrelas' durante a celebración do certame (do 20 ao 23 de maio). Así, o ferrolano únese ao xa nutrido grupo de actores que recibiron ese Premio Pedigree: Luis Tosar, Celso Bugallo, Mabel Rivera, Antón Reixa, Chete Lera, Ernesto Chao, María Pujalte, Antonio Durán 'Morris' e Manuel Manquiña.
OUTROS PREMIOS
Por outra banda, na edición de 2015 do Festival, tamén se premiará a Juan Maceira, un carpinteiro veciño de Cans de case 85 anos de idade, co Premio Pepe Puime (Chimpín de Prata). A organización quere así recoñecer e agradecer a súa contribución desinteresada neste evento.
Outro dos premiados será o director Alfonso Zarauza, quen presentou en Cans as tres películas que filmou ata o momento: 'A noite que deixou de chover', 'Encallados' e 'Os Fenómenos'.
Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
A Xunta considera que os recursos hídricos son "esenciais para o benestar" dos cidadáns e o desenvolvemento económico de Galicia |
|
 A conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, considera que os recursos hídricos son "esenciais" para o "benestar" dos cidadáns. De feito, asegurou, segundo precisou a Xunta nun comunicado, que estes xogan un papel clave no desenvolvemento económico e na sostenibilidad ambiental".
Estas declaracións producíronse con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este domingo 22 de marzo. "Parece que foi noutra era, pero non hai máis de 20 anos cando Galicia contaba cunha soa depuradora e hoxe temos máis de 150", resaltou a conselleira, para despois destacar que, actualmente, a "práctica totalidade" dos núcleos de máis de 2.000 habitantes están "correctamente saneados". Nesta liña, a conselleira indicou que, no período 2009-2016, se porán en servizo "35 depuradoras", o que mobilizará "768 millóns de euros".
Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Marabillas do universo |
|

A eclipse converteuse nun fenómeno social a nivel mundial, e diso fixéronse eco as redes sociais. As fotografías tomadas dende un avión están a ser de grande interese. O piloto cambiou a ruta da viaxe dando voltas sobre o océano para que os pasaxeiros puidesen inmortalizar o espectáculo. Ata o ano 2026 non se repetirá a eclipse.
Mentres que moitas persoas dende a terra vían a eclipse solar escurecida por nubes, algúns pasaxeiros que viaxaban en avión foron afortunados ao poder velo dende as nubes. No voo de EasyJet EZY 6747 de Belfast a Islandia, o piloto tomou un desvío e estivo a facer círculos sobre o océano, para que todos os pasaxeiros puidesen obter unha visión da eclipse solar.
O lugar onde o piloto deu a volta ao avión, foi xusto ao oeste ao norte de Escocia, posto que se dicía que era o mellor lugar na terra dende o que ver o espectáculo astronómico pouco frecuente. O acto do piloto deixou satisfeitos a numerosos clientes despois de que os pasaxeiros fosen avisados antes de voar con traer lentes para eclipses especiais. As fotografías tomáronse dende uns 37.000 pés sobre a terra.
David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
As costas europeas prepáranse para a chegada da 'marea do século' |
|
 As costas europeas prepáranse para recibir nas próximas horas o fenómeno coñecido como a marea do século, unha corrente especialmente forte que responde á inusual aliñación do Sol e a Lúa, cuxas masas atraen de forma excepcional ás augas na mesma dirección, funcionando como uns imáns sobre os mares. O termo é, certamente, un pouco abusivo, dado que non se produce cada cen anos senón cada 18. De feito, a última foi o 10 de marzo de 1997 e espérase que volva repetirse o mesmo mes en 2033 e 2051.
O que si é verdade é que esta ocasión a gran marea vai ser en Francia todo o forte que pode chegar a ser, debido ao estreito marxe en que se produciron as condicións que as orixinan. Un par de cifras: o Centro Hidrográfico Nacional de Francia (SHOM) estima que en puntos como a baía de Saint Michele a marea do século alcanzará 119 puntos na escala que se emprega para medir estes fenómenos costeiros e cuxo rango de medición vai de 20 a 120 puntos.
O SHOM calcula que neste punto da costa francesa a marea subirá 14,15 metros, o equivalente a un edificio de catro plantas, cando as mareas máis altas que se rexistran anualmente (mareas vivas) non superan os 10,5. En cambio, durante as mareas mortas que se rexistrarán unha semana máis tarde, o próximo 28 de marzo, o nivel do mar no seu punto máis alto non subirá máis de 4 metros (un coeficiente de 36 na escala), segundo explica este organismo.
En España, non obstante, as previsións apuntan a que as mareas serán máis altas do normal nos momentos de preamar pero non aumentarán de forma considerable en relación con outras mareas altas que se producen ao longo do ano. Así, en puntos da costa cantábrica como Santander, San Sebastián, Xixón, Ferrol ou Finisterre, a suba será como máximo de 2,4 metros e de 2 na cornixa atlántica norte, mentres que o coeficiente de marea será, como moito, de 116.
O fenómeno, que tamén deixará paisaxes cegadoras noutros puntos de Normandía e Bretaña, xerará importantes ingresos turísticos para a rexión onde se encontra o Monte Sain-Michel, que cada ano visitan máis de tres millóns de persoas e só avantaxan en Francia a cidade de París e o Pazo de Versailles.
Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
|
|
|
|
|