Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ladrón escapa en Tui tras roubar un coche da policía portuguesa e cruzar o Miño
Un membro dunha perigosa banda de ladróns conseguiu fuxir do cerco policial roubando un dos coches camuflados cos que os seguía a Garda Nacional Republicana e co que cruzaron o Miño pola ponte internacional de Tui. Trátase dun dos tres membros dun grupo criminal investigado nunha operación conxunta da Garda Nacional Republicana á que se lle atribúen máis dun cento de roubos e agresións a vivendas do norte de Galicia desde o pasado mes de outubro.

Sebastián Labandeira Reimondez 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-02-2022 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Brañas Folk inclúe unha cantigas de Santa María no seu novo traballo discográfico, titulado “Godaxe!”

O grupo ourensán Brañas Folk xa conta co seu novo traballo discográfico . Godaxe é o título do último proxecto da banda liderada polo músico e luthier Manuel Brañas e no mesmo inclúen se doce temas, entre eles a peza Cantiga 215 Sta María. Con gran Razón, que fora presentada nun acto que se desenvolveu no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Xunto ao creador do grupo, a formación actual de Brañas Folk está composta por Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Guillermo Brañas (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta, bombo, bodrham e darbouka), Eduardo Balvís (baixo) e Aser Álvarez (batería e tamboril). Godaxe! Inclúe temas tradiCionais, arranxados para a ocasión, unha peza de Olga Brañas e a Cantiga 215 de Sta María. As pezas do disco son, ademais da cantiga, a Xota de Moialde do repertorio de Félix e Castor Castro Vicente, Tiroliro, Trullada da Castiñeira, Capitán Dunnes, Rumba de Escornabois, Alalá de Vilanova, Mega Reel, O pé das Burgas, Canto da vendima de Castrelo, Bailando a muiñeira e unha Alaid e alborada de José Castro, Chané. Os arranxos das pezas foron realizados por Brafias Folk, Pancho Álvarez, Olga Brañas e Mar Gómez. Bailando a muiñeira, peza de Olga Brañas con texto de Pura Vázquez, foi o tema interpretado na Festa da Palabra celebrada na Insua dos Poetas no 2016, edición na que se homenaxeou ás irmás escritoras. Na gravación participaron como convidados Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Orfeón Treixadura e Mar Gómez, entre outros.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un fármaco frea a metástase de cancro de mama en ratos

Investigadores do Instituto de Oncoloxía do Hospital Vall d’Hebron (VHIO) veñen de demostrar que a Omomyc, unha proteína terapéutica que funciona para atacar tumores primarios, é tamén eficaz para a metástase en cancro de mama. Os resultados do estudo foron publicados en Cancer Research Communications, unha revista da Asociación Americana de Investigación do Cancro (AACR).

Dende hai tempo sábese que a familia de xenes MYC xoga un papel importante no desenvolvemento de moitos tipos de tumores. Non obstante, hai certa controversia sobre como pode afectar ao desenvolvemento da metástase, existindo incluso algúns estudos que suxiren que a inhibición de MYC podería potenciala.


Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
O PROGRAMA DO ENTROIDO DE VERÍN CON 45 ACTUACIÓNS MUSICAIS
O Concello de Verín presentou a programación oficial do entroido deste ano que se tivo que adaptar á situación da pandemia. Entre outras cousas, obrigou a descartar os grandes desfiles. Malia non organizar ningún acto masivo —para evitar aglomeracións— será un ano con máis de cen horas de música programadas na rúa. "A festa e a diversión están aseguradas".
Dende o 17 de febreiro (xoves de compadres) ata o 1 de marzo (martes de Entroido), o Concello programará un total de 45 actuacións musicais itinerantes, a cargo de charangas, grupos de música tradicional e bandas de música. ). Todos os días pola mañá, a partir das 11:30 horas, e pola tarde, a partir das 17:30 horas, a música percorrerá todas as rúas da vila. No entroido de Verín participarán, entre outras formacións: Los Támega, Terras Novas de Trives, Noroeste, Europa, Fuego, Abóbriga ou Jaláctivos.


VALENTINA FDEZ. COLMENERO 1ºA BACH

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
O futbolista ourensán da malleira en Vigo, a prisión
O principal investigado, onte, durante o seu traslado á prisión da Lama tras o seu paso a disposición xudicial en Vigo.
O principal investigado, onte, durante o seu traslado á prisión da Lama tras o seu paso a disposición xudicial en Vigo.
O deportista arrincando xardineiras, captado por unha cámara de seguridade.
Patear balóns de día e plantas pola noite
Impútaselle un presunto delito de homicidio en grao de tentativa
O principal sospeitoso da malleira a dous mozos en Hernán Cortes o pasado 30 de xaneiro, Gregorio G, de 26 anos, futbolista e monitor nun ximnasio de Ourense, ingresou onte na prisión da Lama, investigado por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa ou alternativamente lesións agravadas con deformidade. O outro detido por participar na agresión, Adrián S., quedou en liberdade provisoria, sen fianza por un delito de lesións e terá que comparecer cada quince días perante o xulgado.
A decisión foi adoptada a última hora da mañá de onte tras pasar ambos os ao dispor do Xulgado de Instrución 8 de Vigo.
Ambos foran identificados hai días pola Policía Nacional, despois de deixar en liberdade a un primeiro detido en Vigo, pero non foi ata o venres cando levou a cabo o seu arresto en Ourense. Ás 8,30 da mañá eran interrogados en Comisaría e ambos se acolleron ao seu dereito a non declarar. Posteriormente, eran trasladados ata dependencias xudiciais.
O primeiro en declarar foi Adrián S., tamén futbolista, quen, segundo confirmaron os seus avogados, Pablo Quintas e Mónica Víctor, negou a súa vinculación cos feitos. Debido ao secreto de sumario, só contestou as preguntas do seu defensa e a Fiscalía pediu a súa posta en liberdade sen fianza pero con obrigación de comparecer os días 1 e 15 de cada de mes. Menos sorte tivo o seu compañeiro Gregorio G., quen se acolleu ao seu dereito para gardar silencio, atendendo igualmente ao secreto das actuacións que aínda onte non se había levantado e unicamente contestou a unha pregunta realizada polo seu defensa.
Novas gravacións sobre a malleira nocturna, pola que foron hospitalizados dous mozos de 20 e 21 anos, así como diversos testemuños poñerían a mirada policial nestes dous sospeitosos, que se atopaban esa fin de semana en Vigo .
A defensa de Gregorio G., Elena Fraga, anunciou que presentará un recurso de reforma contra a decisión do xulgado de Instrución 8 de Vigo de enviar ao seu cliente a prisión provisional. Así mesmo asegurou que de forma inmediata “imos pedir o seu traslado ao cárcere de Pereiro de Aguiar, en Ourense”.
Polo momento, descoñécense cales son as probas concretas que a Policía presentou contra ambos os detidos, máis aló das imaxes captadas en vídeo sobre a agresión. Os axentes tomaron no seu día mostras de ADN que quedarían sobre as roupas das vítimas e recibiron varios testemuños que vincularían aos dous detidos cos feitos ocorridos en Vigo. Prevese que nos próximos días, o xulgado, que podería arquivar a causa contra o primeiro detido, levante o secreto de actuacións.


Nerea Formoso Requejo
1º Bach-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Ourensán Chechu Salgado, Goya ao mellor actor revelación
O actor, nacido en Sober, pero criado en Ourense, gañou a Óscar de la Fuente e Jorge Motos
Os Goya falaron esta noite en Ourense. O actor Chechu Salgado, nacido en Sober pero criado na cidade de Ourense, gañou o premio ao mellor actor revelación pola súa interpretación en "Las Leyes de la Frontera".

O intérprete gañou aos seus compañeiros Óscar de la Fuente e Tirik Rmili por "O bo xefe"; e Jorge Motos, por "Lucas".

A Academia Española das Artes e das Ciencias Cinematográficas entrega este sábado os Premios Goya, os galardóns máis importantes que se outorgan no cine español, que celebran a súa 36 edición, unha cerimonia que se celebra en Valencia, no Palau de les Arts. É a volta a unha gala presencial, iso si, con medidas sanitarias pola pandemia.


María Ferreiro
1º Bach-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
O VASCO QUE COLLEU EN IRÚN O SEU MONOPATÍN ELÉCTRICO E CHEGOU ATA A PRAZA DO OBRADOIRO
Ata nas cousas máis tradicionais hai espazo para a innovación. A pesares de contar con ao menos 12 séculos de historia, o Camiño de Santiago non se libra de que os seus peregrinos adáptense aos tempos. A experiencia da Ruta Xacobea pódese vivir de moitas formas, pero a de Ion Sánchez é unha das máis curiosas que os participantes no Camiño teñen visto en moito tempo.
Este instructor de «snowboard» e surf, orixinario da localidade vasca de Mondragón, reside en Suiza dende fai tres anos. Xusto antes de mudarse, tivo o seu primeiro contacto co Camiño, percorrendo a variante francesa do mesmo, e quedando «maravillado coa experiencia e coas paisaxes percorridas», según dí. Agora, quixo repetir a viaxe, pero añadíndolle unha pizca de modernidade, adaptada tamén ao seu gosto persoal.
«A mín posme unha taboa e o meu instinto é subirme nela», bromea Sánchez. Ademais do «snowboard» e o surf, cos que se gaña a vida ensinando a primeirizos, este peregrino adora tamén o «skateboard». Así, elexiu emprender esta aventura co seu monopatín eléctrico. Este utensilio, creado por Evolve, unha empresa de tecnoloxía que patrocina a viaxe de Sánchez, recárgase en só duas horas, e ten unha autonomía de casi 40 kilómetros. «O malo é que unha parte do camiño, aredor do 25 %, tíveno que facer con 'skate' as costas, porque o terreo non me permitía ir subido nél», dí Sánchez, «sobre todo ao principio, no País Vasco, porque logo o terreo xa mellora e hai máis perorridos adaptados a estas rodas».
Comezou a súa viaxe en Irún fai 18 días, e rematouno onte mesmo, chegando a Santiago para recibir a súa compostelá por segunda vez en tres anos. «Xa fixen o Camiño no 2018, pero en bicicleta. Era a idea a repetir este ano, pero os meus compañeiros de Evolve convencéronme para intentalo co ‘skate’, e non podíamos ter acertado máis. Estivo xenial», explica Sánchez.
Este sábado sufriu unha caída chegando a Sobrado dos Monxes que lle obligou a parar durante unhas horas, pero foi o único incidente sufrido nun traxecto que él mesmo define como «unha experiencia incríble».
«A próxima vez viremos catro e faremos o Camiño dende Suiza»
A viaxe polo Camiño Norte de Ion Sánchez podería ser o paso intermedio entre a súa primeira experiencia na Ruta Xacobea e a máis especial, que xa está preparando. «Estamos facendo un documental desta viaxe con Evolve. Si quedan contentos co resultado, a próxima vez viremos catro persoas dende Suiza a facer o Camiño Francés co ‘skateboard’ eléctrico. Queremos documentar dous meses de viaxe por Francia e España», explica. Dí, ademais, que esta viaxe supuxo «abrir un camiño» para demostrar que se pode facer e que é digno de realizar un documental máis amplo e preparado.
Admite que, ao principio, esta idea parecíale «unha loucura», pero o resultado «non podería ter sido mellor». Destaca a amabilidade da xente que o acolleu durante a viaxe e a beleza do Camiño, sobre todo nas zonas de costa que visitou. «Parei en Castro Urdiales, en Langreo e en San Vicente de la Barquera para facer surf, e en todos os sitios tratáronme xenial», conta.
«Xe teño estado outras veces en Galicia, sobre todo surfeando, e é unha terra maravillosa e acolledora, por eso quero que os meus compañeiros e amigos de Suiza poidan vir a disfrutar o que eu xa tiven disfrutado», dí.

Carla Mascareñas Miranda
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Gestal: “Sen as vacinas, esta pandemia sería outra, a situación tornaríase terrible”
O experto en Medicina Preventiva Juan Gestal analizou a situación do covid-19 e cando será o posible fin do virus. O mestre emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública pola Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Jesús Gestal, protagonizou este martes o Foro La Región, que se celebrou no centro cultural Marcos Valcárcel. O experto en saúde abordou a situación sanitaria nunha ponencia titulada “Desafías actuáis da covid-19” tras a presentación realizada por Xosé Luis Muiño, coordinador do centro de saúde de A Cuña.
Gestal comenzou a súa intervención “cunha ollada para atrás aprendendo”, na que destacou que, dous anos e seis ondas despois desde chegada da pandemia a España, a preocupación aínda vive na sociedade. “A primeira onda foi a máis terrible, veu o confinamento e durante ese tempo viviuse un comportamento exemplar por parte dos cidadáns”, afirmou, e agregou que as
restricións supuxeron un aprendizaxe a marchas forzadas, que obligou a todos a descubrir quen e como contaxia, e cales son as formas máis eficientes para combatir o virus. “Soubemos que os contaxios se producían dous días antes de comezar os síntomas” recordou. No respectivo á variante Omicron, destacou que “a carga viral aumenta nos tres primeiros días e despois xa descende”, polo que considerou “correcta” a cuarentena de sete días. Recorodu que
nun primeiro momento pensábase que a transmisión era por gotas, o que levou a decretar os dous metros como distancia de seguridade, aínda despois a comunidade científica chegou á conclusión de que a transmisión se porducía de forma maioritaria polos aerosoles. “Os días de néboa, ese vao que emitimos pola boca, eso son os aerosoles”, explicou.

Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2022 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
O ourensán Chechu Salgado gaña o seu primeiro Goya na noite de "O Bo Patrón"
O bo patrón`, foi a gran favorita da 36 edición dos Premios Goya, levándose seis galardones a pesar de que arrasara nos nomeamentos, ao optar a 20 figuras de diferentes categorías e converterse na máis nomeada na historia destes premios. Por número de ` cabezones`, `As leis da fronteira` foi a segunda cinta máis premiada, con cinco, mentres que `Nais Paralelas` de Pedro Almodóvar foise sen carga.

En concreto, a película dirixida por Fernando León de Aranoa e protagonizada por Javier Bardem levouse media ducia de premios, entre eles os máis importantes, como a Mellor Película, Mellor Dirección (Fernando León de Aranoa), Mellor Actor Protagonista (Javier Bardem, que se converte no intérprete máis premiado da historia dos Goya, con seis premios), Mellor Guion Orixinal (Fernando León de Aranoa), Mellor Música Orixinal (Zeltia Montes) e Mellor Montaxe (Vanessa Marimbert).

Cos seus 20 nomeamentos, `O bo patrón` logrou superar as 19 de `Días contados` de hai 28 anos pero non logrou bater o récord alcanzado con `Mar dentro`, que levou 14 Premios Goya en 2005 e converte á cinta de Alejandro Amenábar na máis galardoada da historia dos premios Goya.
En calquera caso, o Goya á mellor dirección a Fernando León de Aranoa fai que empate con Pedro Almodóvar como o cineasta máis galardoado nesa categoría, ambos con tres galardoes.

A película de León de Aranoa protagonizou o tramo final da gala, celebrada no Palau de Lles Arts de Valencia, `As leis da fronteira`, de Daniel Monzón, alzouse con moitos dos galardóns entregados ao principio da cerimonia, logrando un total de cinco premios.
A cinta de Monzón optaba a seis premios e case rozou o pleno con cinco, ao ser recoñecida cos de Mellor Actor Revelación ( Chechu Salgado), Mellor Guion Adaptado (Daniel Monzón e Jorge Guerricaechevarría), Mellor Deseño de Vestiario ( Vinyet Escobar), Mellor Dirección Artística ( Balter Gallart), Mellor Maquillaxe e Salón de peiteado ( Sarai Rodríguez, Benjamín Pérez e Nacho Díaz).

`Maixabel` a cinta de Icíar Bollaín protagonizada por Luís Tosar e Branca Portillo, que optaba a 14 ` cabezones`, levouse finalmente tres deles, todos recoñecendo a calidade interpretativa dos seus actores: Mellor Actriz Protagonista (Branca Portillo), Mellor Actor de Repartición ( Urko Olazabal) e Mellor Actriz Revelación (María Cerezuela).

Tres foi tamén o número de recoñecementos que se levou `Mediterráneo`, que optaba a sete premios, con `Mellor Canción Orixinal` (`Espérache o mar` de María José Llergo) `Mellor Dirección de Produción` (Albert Espel e Kostas Sfakianakis) e `Mellor Dirección de Fotografía` (Kiko da Rica).

Foi unha longa noite que tivo recompensas os mellores dos seus participantes.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-02-2022 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Nova reclamación á Unión Europea por un parque eólico tramitado pola Xunta en hábitats protexidos
Máis unha violación da lexislación por parte da Xunta da Galiza á hora de tramitar un proxecto eólico en áreas protexidas, denuncia a Federación Ecoloxista Galega.
Zona na que está proxectado o parque eólico Xesteirón, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo. (Foto: Petón do Lobo)
Zona na que está proxectado o parque eólico Xesteirón, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), conformada por unha ducia de entidades como a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, Loita Verde ou Néboa, vén de presentar un escrito no Parlamento Europeo para solicitar unha investigación sobre o proxecto eólico de Xesteirón, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo.


Este parque eólico programa erguer 10 aeroxeradores con 4,5 MW de potencia cada un, e cunha altura de 200 metros.

No caso de que este proxecto acabe por levarse a cabo, acabaría con hábitats protexidos pola Directiva da Unión Europea 92/43/CEE en materia de conservación, o que non impediu que fora tramitado pola Administración, sinalan. Nestre intre, máis de 2.500 aeroxeradores están situados en Rede Natura.


Hábitats especificamente protexidos
A zona na que se pretender executar o parque Xesteirón destruiría hábitats, defende a FEG, especificamente protexidos, como os “ríos dos pisos basal a montano”, “ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.”, “queirugais secos europeos” e “carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica”, hábitats que a Xunta da Galiza ten identificados nesta rexión, inciden.

A entidade ecoloxista confía en que “o Parlamento Europeo force ao goberno da Xunta ao cumprimento da lexislación europea en materia de conservación”, ou de non ser así que “inicie un expediente sancionador por este incumprimento”.


Lembrando que xa apelaron en “varios proxectos de dubidosa legalidade”, a Federación reitera a importancia de evitar “que se produza a degradación dos máis importantes ecosistemas de montaña”, así como que “se ameace o medio de vida dos habitantes da zona ou os recursos hídricos de todas e todos”.

Alerta polos ecosistemas de montaña
“A proliferación de parques eólicos en zonas de montaña supón unha seria ameaza para a biodiversidade”, apuntan, advertindo do “elevado número de proxectos que se están tramitando” e o seu efecto na flora, fauna, e os recursos das poboacións da contorna.


Con respecto a outros hábitats, no caso dos de montaña “presentan un proceso de evolución especialmente lento e dificultoso”, o que aumenta os efectos sobre o medio ambiente destes parques eólicos.

Por mor das “baixas temperaturas e a acidez que proporcionan aos solos as rocas silíceas sobre as que se desenvolven”, os chans de montaña “acumulan grandes cantidades de materia orgánica que poden contribuír á diminución da concentración do CO2 da atmosfera”.

Freo da Xustiza á proliferación de proxectos eólicos
A FEG fai fincapé en que a “controvertida” produción eólica, “ocupando áreas de especial interese de conservación”, implica que unha vez instalada a infraestrutura é “imposíbel” recuperar o hábitat, polo que o considera “unha cuestión de urxencia a tratar”.

En xaneiro, nunha sentenza pioneira, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anulou a repotenciación do parque eólico do Roncudo, na parroquia de Corme, en Pontecesures, ao violar a Xunta da Galiza a lexislación comunitaria.

Nesa ocasión, trataron de tramitar pola vía de urxencia ese proxecto e reduciron á metade o prazo para presentar alegacións ao informe de impacto ambiental, e mais non presentaron os informes sectoriais, o que é ilegal baixo as normativas da UE.

A pesar do veredicto, o Goberno está a estudar se recorre a sentenza ao Tribunal Supremo, ao tempo que a oposición de Bloque Nacionalista Galego e Partido dos Socialistas de Galicia denuncia as reincidentes actuacións “irregulares” do Executivo que dirixe Alberto Núñez Feixoo e o Partido Popular.



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-02-2022 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0