Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tres osos matan a unha loba coa que convivían nun zoo
Os animáis compartían o mesmo espacio nun parque holandés de animáis.
Catro lobos e igual número de osos pardos convivían sen problemas aparentes ata este
luns no parque de animáis holandés de Dierenrijk Mierlo, cerca de Eindhoven, ao sur do
país. Puxérannos xuntos fai anos de forma deliberada "porque é enriquecedor que
aprendan a relacionarse", según a direción do zoo, e nunca se atacaran uns a outros.
Esta vez, sen embargo, unha loba caeu á charca do enclave, cando tratou de saír, un dos
osos abalanzouselle. Foi directo ao pescozo, mentras outros aproveitaron para morder a
súa vez á presa. Unha decea de visitantes contemplaron e filmaron a escena cos seus
móviles, e aínda que os cuidadores foron avisados, non puideron facer nada: a loba morreu
desgarrada. Pouco despois circulaba por YouTube a grabación do sucedido.


Lucía Mugüerza García
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Morre o neno ao que Cavadas extirpou un tumor máis grande que a súa cabeza

O pequeno faleceu en pleno voo cando abandonaba o país


O neno de 10 anos ao que o doutor Pedro Cavadas extirpou un tumor cranioencefálico máis grande que a súa cabeza morreu este venres pola tarde nun avión, cando abandonaba o país con destino a Casabranca, informa Efe. A aeronave, que despegara de Madrid, viuse obrigada a aterrar de urxencia no aeroporto de Málaga despois de que o pequeno comezase a sentirse mal e finalmente falecese. A autopsia practicaráselle hoxe na sede do Instituto de Medicina Legal de Málaga. Fuentes da contorna de Cavadas aseguraron estar «consternados» e «abatidos» polos feitos, xa que o menor pasou unha última revisión o pasado xoves e atopábase en perfecto estado para regresar ao seu país. O equipo espera o resultado da autopsia, que aclarará as causas da morte do pequeno. Ofrecerá información oficial sobre o tema o vindeiro luns.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
A ONU desconfía de WhatsApp e prohibe aos seus funcionarios úsalo
A icona verde do WhatsApp xa non loce na pantalla dos funcionarios de
Nacións Unidas desde o pasado mes de xuño.O dato achegouno o portavoz da
ONU Farhan Haq nunha rolda de prensa o pasado día 23. Nela, segundo
recolle Reuters, Haq informaba sobre o hackeo en 2018 a Jeff Bezos. Ao
CEO de Amazon, un dos homes máis ricos do planeta, interviñéranlle o
teléfono cun vídeo infectado chegado desde unha conta de WhatsApp
supostamente utilizada polo príncipe herdeiro de Arabia Saudita, Mohammed
bin Salman. Preguntado Farhan Haq sobre a posibilidade de que o secretario
xeral da ONU, Antonio Guterres, comunicouse co príncipe ou outros cargos
sauditas a través desta aplicación de mensaxería, Haq asegurou que «os altos
funcionarios da ONU recibiron instrucións de non usar WhatsApp». «Non é un
mecanismo seguro», seguiu tallante.


Usan entón seica Telegram? Non, segundo a información facilitada polo
portavoz de Nacións Unidas, no seo a organización usarían unha ferramenta
de comunicación interna sobre a que tampouco achegou máis detalles. E que
dixeron en Silicon Valey? Á compañía de Zuckerberg non lle gustou verse no
centro da polémica e quixeron dar a súa versión. Sobre o hackeo a Bezos
aseguraron que, en todo caso debeuse a unha imprudencia do CEO de
Amazon, porque non debeu abrir un contido que lle enviaban desde un número
descoñecido.


Sobre as críticas á seguridade de Whatsapp por parte da ONU, a compañía
insistiu en que o seu sistema de cifrado paso a paso é moi seguro. «Cada
mensaxe privada está protexida polo encriptado de extremo a extremo para
axudar a evitar que WhatsApp ou outras persoas poidan acceder aos chats e
lelos. Esta tecnoloxía de cifrado segue sendo unha das mellores dispoñibles en
todo o mundo», dixo Carl Woog, director de Comunicación de WhatsApp.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
A madeira queimada podrece nos montes

Xa sexa pola falta de recursos dos comuneiros, ou pola inacción de propietarios particulares, as zonas queimadas seguen aínda repletas de troncos negros que son nocivos para o ecosistema.


Galicia viviu fai hoxe un ano a peor onda de incendios que se recorda para deixar un triste balance de catro falecidos, 47.000 hectáreas arrasadas e incontables danos materiais en bens públicos e privados. Unha catástrofe que cubriu de fume as catro provincias e que aínda segue sendo visible a pouco que se percorran os concellos máis afectados. Vigo e o sur da provincia de Pontevedra, xunto cos Ancares de Lugo, concentran as zonas cero daquel domingo negro, que hoxe, a pesar de ter transcorrido un ano da catástrofe, seguen presentando un aspecto no que predomina máis o negro inerte que o verde natural, tanto si é chan privado como comunal.


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Reino Unido fóra... e agora que?
Boas amiguiñXs.

Pois nada. Reino Unido saíu da Unión Europea o pasado 31 de xaneiro de 2020 e por diante quedan 11 meses de transición, no que ambas as partes negociarán como será a súa futura relación. Así comezaban os xornais as súas cabeceiras o día 1 de febreiro.

Pero para os que menos sabemos, que é o Brexit? Pois veredes: Brexit é unha abreviatura das palabras inglesas Britain (Gran Bretaña) e exit (saída), e é o termo acuñado para referirse á saída de Reino Unido da Unión Europea (UE).

Reino Unido sumouse ao bloque continental, actualmente conformado por 28 países, o 1 de xaneiro de 1973, pero o 23 de xuño de 2016 os británicos decidiron abandonar a UE e poñer fin a unha relación de máis de catro décadas (a celebración dun referendo para decidir se Reino Unido debía continuar ou non na UE foi unha das promesas de campaña coas que o entón primeiro ministro David Cameron logrou a reelección en 2015). Nesa votación, un 48,1% dos británicos votou a favor de quedar na UE, pero un 51,8% pronunciouse a favor de abandonala.

Pero, por que despois de 42 anos os ingleses puxeron en dúbida a súa permanencia na UE? Entre outras cousas, porque a pertenza á Unión Europea implica a aceptación do chamadas "catro liberdades fundamentais": a libre circulación de traballadores, mercadorías, servizos e capitais, e o principal argumento da campaña a favor da saída foi que co Brexit os británicos ían recuperar " o control" sobre os seus propios asuntos, en particular sobre as súas fronteiras, o que permitiría un mellor control da migración.

En principio, estaba estipulado que Reino Unido abandonaría a Unión Europea o 29 de marzo de 2019. Con todo, o prazo foi prorrogado en varias ocasións con acordo de ámbalas partes, fixando como data límite, o pasado 31 de xaneiro e sendo presidente o líder do Partido Conservador, Boris Johnson; cargo que conseguiu nas pasadas eleccións do 12 de decembro de 2019, por esmagadora maioría.

Con todo, o Brexit só se completará unha vez que Reino Unido negocie os termos da súa nova relación coa Unión Europea. Algo que Johnson está convencido que pode lograr mediante a firma dun tratado de libre comercio coa UE antes de que termine 2020. Outros son cautos e consideran que se necesitará moito máis tempo.

A decisión de saír da Unión Europea xestouse durante bastante tempo e causou un verdadeiro terremoto político en Reino Unido, forzando a renuncia de David Cameron e posteriormente a da primeira ministra, Theresa May, mentres negociaba os termos da separación. Á parte queda a República de Irlanda que segue formando parte da UE e xorde o problema fronteirizo con Irlanda do Norte, unha das catro nacións do Reino Unido e que, por conseguinte, saíu da Unión Europea xunto con Nova Inglaterra, Escocia e Gales. 

En calquera caso, os nosos novos talentos no Reino Unido non o deben estar a pasar demasiado ben. A súa situación non deixa de ser preocupante e incerta xa que, tras ter que abandonar o noso país en buscar de mellores oportunidades, volven atopar coa maleta na porta con destino a non se sabe moi ben onde? porque o seu regreso aínda non é viable. ?Pena, penita, pena, pena?? como dicía aquela canción, de quen ten que emigrar en busca dunha vida mellor e o que se atopa é un canellón sen saída. Mellor, un canellón con saída obrigada. 

 

Esperemos que todo se resolva da mellor maneira e que Xs nosXs chicXs poidan quedar, se así o desexan, ou poidan volver, se isto se arranxa. Por desgraza, todo está en mans dos nosos ?dirixentes políticos? e iso non nos outorga, por desgraza, ningunha tranquilidade nin garantía de resolución. 

Apertas e ata a semana vindeira.

 




Clara María Domínguez Iglesias

2° de Bacharelato 

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
BENEDICTA SÁNCHEZ : GOYA Á MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN
Benedicta Sánchez Vila (San Fiz de Paradela, Lugo,1935), con 84 anos, e sen ter ningunha experiencia no cine, acaba de recibir o Goya á mellor actriz revelación, pola súa interpretación na película de Oliver Laxe ?O que arde?. Aínda que non é a actriz de maior idade en obter este premio, xa que , tres edicións antes, obtivo este mesmo galardón, Antonia Guzmán aos 93 anos; Pero esta galega, si que é a primeira en recibilo pola súa primeira interpretación cinematográfica.
Esta luguesa casou aos 17 anos cun mozo de Poi e marchou a vivir para alí. Aos 25 anos emigrou co seu marido a Río de Xaneiro, tendo diferentes traballos: coma asistenta nunha casa, nun bar , nunha libraría e coma fotografa durante 15 anos. Separouse do seu home e volveu a España coa súa filla, instalándose primeiro en Valencia , e despois de novo a Corgo, en Galicia. A súa intensa vida chea de aventuras e desventuras darían para quilómetros de celuloide e moitas horas de conversa. Sempre foi unha muller adiantada ao seu tempo , de feito, dise que é a primeira vexetariana declarada en Galicia. Para ela "que se respecte a natureza, que non se envelene máis a Terra, que a humanidade tome conciencia do mal que fan os plásticos, da inutilidade da guerra, que a xente non morra de fame nin afogada no mar" foi sempre o lema da súa vida. O seu camiño estivo marcado por esa loita por un mundo mellor, por unha vida en liberdade, pero ela é realista e sabe que é difícil ser libre porque dun xeito ou doutro todo está condicionado.
A pesar do galardón, Benedicta segue "cavando e cortando silvas" arredor da súa casa no Corgo coma sempre, pois segue a ser unha muller humilde, familiar e natural, que non semella ter cambiado polo feito de contar cun Goya na súa casa; pois como di ela: a min as cámaras non me dan medo porque teño a conciencia tranquila e nada que ocultar, eu sempre seguirei sendo a mesma galega orgullosa da súa terra e da súas xentes.


Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
47 anos de amor e receo
O ex primeiro ministro británico Tony Blair
Entre as continuas disputas entre o Reino Unido e a UE hai quen coma o ex primeiro ministro británico Tony Blair manten unha curiosa teoría sobre a tormentosa relación entre os habitantes da illa británica e comunidade política europea. Convencido da existencia dun pacto implícito polo que os cidadáns mostrábanse encantados de preservar o seu dereito a mal falar contra a Unión Europea posto que confiaban en que os seus Gobernos actuarían dun modo responsable e controlador.

Sendo as raízes da constante tensión as desmbocantes dunha suma da potencia británica de forma tardía a comunidade, acompañada da crenza de non comprometerse de forma total no proxecto, tal e coma apuntan figuras referentes da política británica coma Stephen Wall, membro do Servizo Diplomático británico. Constituíndo co ?brexit? unha traizón para todos os que soñaban cunha Europa unida e distante de tensións entre os países. Así coma un desprezo do arduo traballo de concienciación da poboación para unirse ao proxecto europeo, que xa en 1975 dividira o país tras o referéndum organizado polo Goberno laborista de Harold Wilson.

Divido o Reino Unido entres os partidarios da entrada e os contrarios, na actualidade a principal preocupación dos habitantes británicos reside na suposta perda da soberanía nacional, non distante das tradicionais preocupacións da alianza co grupo europeo.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
47 anos de amor e receo
O ex primeiro ministro británico Tony Blair
Entre as continuas disputas entre o Reino Unido e a UE hai quen coma o ex primeiro ministro británico Tony Blair manten unha curiosa teoría sobre a tormentosa relación entre os habitantes da illa británica e comunidade política europea. Convencido da existencia dun pacto implícito polo que os cidadáns mostrábanse encantados de preservar o seu dereito a mal falar contra a Unión Europea posto que confiaban en que os seus Gobernos actuarían dun modo responsable e controlador.

Sendo as raízes da constante tensión as desmbocantes dunha suma da potencia británica de forma tardía a comunidade, acompañada da crenza de non comprometerse de forma total no proxecto, tal e coma apuntan figuras referentes da política británica coma Stephen Wall, membro do Servizo Diplomático británico. Constituíndo co ?brexit? unha traizón para todos os que soñaban cunha Europa unida e distante de tensións entre os países. Así coma un desprezo do arduo traballo de concienciación da poboación para unirse ao proxecto europeo, que xa en 1975 dividira o país tras o referéndum organizado polo Goberno laborista de Harold Wilson.

Divido o Reino Unido entres os partidarios da entrada e os contrarios, na actualidade a principal preocupación dos habitantes británicos reside na suposta perda da soberanía nacional, non distante das tradicionais preocupacións da alianza co grupo europeo.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Rally Ribeira Sacra cambia de data
A cita puntuable para o Campionato de Galicia de Rallys disputarase unha semana máis tarde do inicialmente planeado O Rally Ribeira Sacra-Lugo cambiou de data. Exposto inicialmente para a primeira fin de semana do mes de setembro, a cita puntuable para o rexional galego disputarase finalmente os días 11 e 12 de setembro, evitando así a coincidencia cunha proba importante en Portugal e próxima á fronteira con España, o Rali Alto Támega.
Esa cita, puntuable para o nacional luso disputarase nas estradas próximas a Chaves a fin de semana do 4 e 5 de setembro, sendo ademais puntuable para a Copa Suzuki Swift na que estarán David Cortés e Rubén Soto e Diego Félix e Raquel Rodr.


Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense concreta inversións que suman máis de 110 millóns de euros
A presentación en sociedade do proxecto para a nova residencia de maiores de O Pino, que será financiado pola Fundación Amancio Ortega cun investimento de 12 millóns, forma parte dunha ducia de accións que, en fases máis ou menos avanzadas, están hoxe. concretado na cidade de Ourense, infraestruturas e equipamentos que suman unha cantidade económica de máis de 110 millóns de euros, dos que a maioría (64,4 millóns) están destinados a acometer unha nova ampliación do Complexo Hospital Universitario de Ourense (CHUO ), coa redacción do proxecto xa encargado de licitar as obras a finais deste ano.

O centro de maiores que se construirá na parcela que ocupa actualmente a estación de autobuses poderá comezar a visualizarse unha vez que a terminal estea en servizo en A Ponte, no complexo intermodal previsto, outra das actuacións en marcha. en Ourense, neste caso cun investimento pagado pola Xunta duns 3,4 millóns. Nese mesmo enclave, Adif encargou a Acciona a construción do aparcadoiro subterráneo, que ofrecerá á estación e á veciñanza un total de 302 prazas. O orzamento de aparcamento é de 5,4 millóns.

Na fase final do procedemento de contratación está, pola súa banda, un dos equipos chamados a pagar parte da débeda histórica de Ourense, como o Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional (CAPD), licitado por 8,1 millóns e e só espera que os servizos técnicos do Ministerio de Política Social elixan a empresa que a vai construír en Barrocás, co obxectivo de que estea a finais do 2021.



Martín Álvarez Abeijón
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0