Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Señoras que acollen a cans e gatos No Salnés

As mulleres foron pioneiras na protección de animais abandonados Bea Heyder vive no lugar da Medoña, en Meis. Alí alugou unha casa que habita coa súa familia. A particularidade de Bea Heyder é que dá acubillo a 33 cans abandonados polos seus donos, a 4 cabalos, tamén adoptados tras atopalos en condicións lamentables, e a unha cabra. O seu refuxio de animais, altruísta e xeneroso, é un exemplo social. Con todo, parece ser que na súa contorna non valoran a dedicación de Bea como unha virtude, senón como unha molestia e, denunciaba ela, presionaron ao seu caseiro para que non lle renove o aluguer. Conclusión: ou Bea Heyder atopaba no Salnés unha casa con espazo para o seu refuxio antes de marzo ou se marchaba. E, finalmente irase, a Malpica.
Clara Vázquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-02-2019 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0