Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enxeñeiros de Vigo idean un rexistro de pasaxeiros que respecta a privacidade |
|

Enxeñeiros de Vigo deseñaron un sistema para realizar buscas en bases de datos cifradas, o que permitiría detectar a presenza de posibles terroristas no ficheiro de pasaxeiros que pretende implantar a UE sen vulnerar o dereito á privacidade do resto de viaxeiros.
Tras os atentados en Francia e as operacións antiyihadistas de Bélxica, pedirán ao Parlamento Europeo que retome un proxecto paralizado polas dúbidas da Comisión de Liberdades, Xustiza e Interior sobre a proporcionalidade da medida e sobre o seu respecto ao principio de privacidade dos cidadáns.
Grazas a un prototipo desenvolvido polo Centro Tecnolóxico de Comunicacións de Galicia (Gradiant) e a Universidade de Vigo e través do seu novidoso sistema, as aeroliñas poderían proporcionar unha listaxe de pasaxeiros cifrada á policía ou á administración, que á súa vez podería comprobar se un sospeitoso de terrorismo figura nesta sen ter acceso á información sobre o resto da pasaxe. Só no caso de que exista unha coincidencia entre os dous listados a Policía podería solicitar, tras a pertinente orde xudicial, información encriptar adicional que lle permitiría chegar ata o nome de persoas sospeitosas.
Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
|
|
|
|
Unha tapería reclama 500 euros ao ter que pechar no rodaxe de ?A Esmorga? |
|
O goberno municipal acordu na súa reunión de onte desestimar a petición de responsabilidade patrimonial planteada polos responsables dunha tapería do casco antigo da cidade, porque dice que se viron obrigados a pechar o establecemento durante o rodaxe de ?A Esmorga? na súa calle, en concreto, na calle Lepanto.
A productora da película, encheu a fachada de cables e focos, e mandáronlles cerras as ventás, despois pedíronlle que apagasen o extractor da cociña e, finalmente, pedíronlles que gardasen silencio. E todo elo, dicen, sin ser avisados previamente polo Concello..
?A realidade do dano en unha relación exclusiva do funcionamento dun servizo público; e que de producirse danos xustificados, o responsable sería a empresa productora do filme, segundo se deixa constancia no convenio? esto foi o que firmaron o Concello e ?Vía Láctea? para o rodaxe da película.
Ignacio Vilar alegou que o corte da calle foi interminente e non superou os 10 minutos xa que o tempo efectivo de rodaxe foi de 2 minutos, negándose que ?Porta norte? se vise abogado a pechar esa noite. Ademáis, di que ningún outro local da calle presentou queixas, permanecendo todos abertos e sin interromperse ó acceso aos clientes.
Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
#ORGULLOSOSDETERMOSGALEGO |
|
Hoxe en Santiago, celébrase unha nova marcha en favor do noso idioma. Esta non é unha marcha calquera, a lingua galega atópase nunha situación de emerxencia, polo que precisa de todos nosotroutros para ser rescatada.
É incríbel que galegos e galegas se avergoncen de falar o seu idioma, é incríbel que polo feito de falar galego teñas que ser un independentista radical, un campesiño, ou un inculto. A cuestión é, Cal é a causa destes clixés? Moi sinxelo: durante moitísimos anos produciuse unha situación de aparcamento do galego en favor do castelán, os nosos compatriotas eran calados e en moitas ocasións maltratados nas escolas polo simple feito de falar o seu idioma. Porén, nestes últimos anos produciuse un sentimento de identificación coa lingua galega, sabiamos que a nosa lingua estaba enfermiña e que necesitaba de coidados especiais, e así foi, a sociedade galega púxose a traballar a favor do seu idioma, da súa nai. Aplicoulle todos os coidados que necesitaba: ser falada, defendida, respectada e espallala. Pero parece que últimamente, algún dos seus filliños deixou alguna fiestra aberta, e a nosa querida nai está de novo enferma.O galego, volve cara atrás, e NON O IMOS PERMITIR!
É necesario que todo o país se mentalice do privilexiado que é por ter un idioma tan antigo, por ter un idioma tan rico e culto, cheo de obras marabillosas, cheo de palabras magníficas como aloumiñar, ledicia, bolboreta, andoriña? Ergamos dunha vez por todas a cabeza, e si, digamos dunha vez por todas que estamos orgullosos do noso país, do noso idioma e da nosa xente.
Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
No 70 aniversario da liberación de Auschwitz |
|
O 27 de xaneiro cumplíanse setenta anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz-Birkenau e o mundo enteiro recordaba ás vítimas do holocausto xudeu. Así sucedía tamén o pasado venres 30 no concello de Moaña (Pontevedra), ata onde me acheguei para escoitar en primeira persoa os recordos daqueles que nas súas propias carnes viviron o horror da política antisemita levada a cabo polo réxime nazi contra o pobo xudeu en Europa e que rematou co seu case total exterminio entre os anos 1941 e 1945.
Talvez por azar caeu nas miñas mans hai unhas semanas a novela Todo lo que cabe en los bolsillos, que precisamente trata sobre o mesmo asunto, ficcionando o que as testemuñas relatan de viva voz. Os cidadáns perderon todos os seus dereitos, embargáronlles os seus bens, ata rematar apilados en guetos e ser levados a campos de concentración, no que se deu en chamar a ?solución final? do problema xudeu. Na novela apúntase ?¿Cómo íbamos a hacer para caber todos en aquel barrio tan pequeño? Éramos casi cuatrocientos mil? ou ?El término "gueto" era tabú, pero por nuestro vecindario corrieron los rumores como un reguero de pólvora, y supimos que aquello no era más que una cárcel gigantesca?.
A historia revela que nunca houbo algo semellante, que se trata dun feito irrepetible, malia ás posturas que negan que tal barbaridade teña acontecido, como escoitamos tamén cando se fala de recuperar a Memoria Histórica, por parte dalgúns sectores negacionistas, ao referirnos ás vítimas da represión franquista? a todos os que foron fusilados, paseados, deixados nas cunetas?
E hai que facer memoria. Claro que si. Lembrar o que pasou, para honrar os que sufriron ese horror e ás súas familias. Recordar para intentar superar ese período histórico, para logo empezar a esquecer tras ser recoñecido polo mundo enteiro. Porque é moi significativo que tivesen que pasar máis de cincuenta anos da liberación dos campos de concentración e exterminio para que se empezase a transmitir o sucedido, para que se comezase o estudo do holocausto na meirande parte de Europa, como apuntou na xuntanza celebrada en Moaña o Presidente do Consello da Cultura Galega.
Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Emigrantes retornados concéntranse en Ourense para reclamar a devolución de multas entre 7.000 e 52.000 euros |
|
A asociación de emigrantes retornados de Ourense concentráronse este venres ante o Concello para reclamar a devolución de multas por contías situadas entre os 7.000 e os 52.000 euros.
A concentración celebrouse durante parte do desenvolvemento do pleno municipal de febreiro, ao que asistiron emigrantes retornados para pedir ao alcalde, Agustín Fernández, e ao resto da corporación "axuda en nome dos 5.200 afectados da provincia de Ourense", xa que a lei trata de forma "inxusta e discriminatoria" aos que traballaron fóra de España durante anos.
Nese sentido, a presidenta desta asociación de emigrantes de Ourense, Carmen Bolaño, explicou a Europa Press que foron tratados como "defraudadores" aos que "se roubou por decreto o diñeiro que tanto custou gañar" e agora "buscan o voto" destas persoas. Así atribúen a un interese electoralista a devolución das multas e que xa non se lles considere "cidadáns defraudadores".
Bolaño referiuse á situación concreta dunha emigrante que tras recibir o aviso de multa de maior contía do que ten noticía na provincia --52.000 euros--, "pasou unha semana metida en cama e con pastillas porque non se atrevía a dicírllelo aos seus fillos". Pola súa banda, Celso Iglesias, un dos concentrados, explicou que tras volverse de Suíza coa súa muller preguntaron a unha xestoría se debían facer algo tras recibir a primeira carta de aviso, pero lles dixeron que non.
"Durante tres anos preguntamos e cada vez dixéronnos que non había que declarar nada, e soubemos o que acontecía cando nos chegou o aviso en embargo en decembro de 2014", detallou.
PRÓXIMA PROTESTA O 11 DE FEBREIRO
O colectivo mantén a súa actividade en grupos por toda a provincia e por toda Galicia, coa reclamación común de que a Lei 35/2006 "sexa derrogada pola ignominia que supón dende que comezou a aplicarse".
Tamén reclaman, segundo o manifesto lido ante o Concello de Ourense, a desaparición do carácter retroactivo da norma, o recoñecemento "de oficio das pensións de invalidez de países de procedencia", a revisión dos convenios marco con outros países e a devolución do diñeiro das multas cos seus intereses correspondentes, entre outras.
Nese sentido, Bolaño concretou que a asociación ourensana tramitou 215 solicitudes de devolución e convocou os afectados á próxima manifestación que será o 11 de febreiro ás 11,00 horas, dende o pavillón municipal de deportes de Ourense.
Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Un Gauguin, vendido por 300 millóns de dólares, a obra máis cara da historia |
|
Un óleo de Paul Gauguin foi comprado por 300 millóns de dólares, o que a convertería na obra de arte máis cara da historia. Segundo o xornal «The New York Times», a Autoridade de Museos de Qatar tería adquirido o cadro, propiedade do coleccionista suízo Rudolf Stechelin. De confirmarse, «Nafea Faa Ipoipo» («Cando casarás?»), un sensual óleo de dúas adolescentes tahitianas pintado por Gauguin en 1892, superaría nada menos que en cincuenta millóns de dólares á obra que ostentaba o primeiro número do ránking ata agora. Trátase de «Os xogadores de cartas», de Paul Cézanne, que foi vendido por 250 millóns de dólares, tamén a Qatar, no ano 2011. «Nafea Faa Ipoipo» estaba en préstamo ao Kunstmuseum de Basilea e é unha das xoias da grande monográfica de Gauguin que mañá se inaugura na Fundación Beyeler, na mesma cidade suíza. O seu seguinte destino será Madrid. É unha das 180 obras que o Kunstmuseum prestará gratuitamente a España e que se verán, a partir do 18 de marzo, no Reina Sofía e o Prado. A este último irán dez Picassos; o resto, ao Reina Sofía. Fontes deste último museo confirmaron a ABC que o Gauguin si viaxará a Madrid, aínda que, como estaba previsto, se incorporará máis tarde que as demais obras, xa que se exhibe actualmente na Fundación Beyeler. Chegará a Madrid a finais de xuño e permanecerá ata o peche da exposición, o 14 de setembro. Será unha ocasión única para ver este cadro, pois formará parte das coleccións artísticas de Qatar. A intención de Qatar é a de inserir a Doha como unha das capitais da arte, á altura de Nova York e de París. Obras similares á que adquiriron en 2011 encóntranse no museo MOMA da metrópole estadounidense e no d'Orsay da capital francesa.
Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Uns Goya con sabor galego |
|
 Galicia protagonizou onte uns premios Goya nos que "A illa mínima" foi a gran triunfadora con dez galardóns. O ferrolano Javier Gutiérrez e a compostelá Nerea Barros alzáronse co premio a mellor actor protagonista e actriz revelación, respectivamente, polo seu papel neste filme, mentres que "O Neno" -producida pola galega Vaca Films- logrou catro Goyas.
A primeira galega en subir a recoller un galardón foi Nerea Barros que se alzou co premio á mellor actriz revelación polo seu papel en "A illa mínima". Totalmente emocionada -as bágoas impedíronlle falar nalgún momento-, a moza agradeceu o premio a todas as nais "porque son unhas heroínas" e tamén tivo unhas palabras para a súa terra natal. "Dedícollo a miña terra. Quérevos moito Galicia", sinalou. Pola súa banda, Javier Gutiérrez tamén tivo palabras de recordo para a súa terra. "Aos 18 anos saín de Ferrol co obxectivo de converterme en cómico e actor", sinalou para animar a "apostar polo cine español". "Que non nos quiten a ilusión", sinalou.
"A illa mínima" converteuse na triunfadora da noite ao levarse dez das 17 nominacións, entre elas mellor película, dirección, actor protagonista, actriz revelación, mellor fotografía, dirección artística, mellor deseño de vestiario, mellor montaxe ou mellor música orixinal. O seu principal rival da noite, "O Neno", que partía con 16 nominacións, finalmente só se alzou con catro galardóns: mellor dirección de produción, mellor son, mellores efectos especiais e mellor canción orixinal por "Neno sen medo".
A punto de cumprirse un ano da morte de Paco de Lucía, o seu fillo, Curro Sánchez Varela (1983) conquistou o Goya ao mellor documental por "Paco de Lucía: a busca", un repaso á vida e ás achegas artísticas do mestre da guitarra flamenca. O documental está producido polo vigués Anxo Rodríguez.
David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Trasplantan un fígado de 92 anos extraído en Vigo, récord de España |
|
 Tres de cada dez doadores de órganos de España superan xa os setenta anos. Pero ningún caso chegou á marca que se rexistrou nos últimos días no Hospital Meixoeiro de Vigo. A unidade de cidadáns intensivos rexistrou o finamento por morte cerebral dunha muller de 91 anos e 9 meses. Os médicos consideraron que o seu fígado era apto para un trasplante. Aínda que houbera algún caso que superara as nove décadas, a Organización Nacional de Trasplantes cre que este é o de máis idade da historia de España, segundo confirmou ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).
Fontes do Chuvi explican que se considerou que o seu fígado era suficientemente robusto, a pesar da súa idade, para substituir ao órgano dunha persona que se debatía entre a vida e a morte. Foi unha decisión urxente. Tomouse á unha da madrugada dun dos últimos días. O fígado acabou nun hospital de fóra de Galicia. O trasplante puido realizarse con éxito, ainda que de momento o éxito sexa provisional porque pasaron poucos días dende a operación.
A lei non establece un límite de idade para o trasplante de órganos, sempre que o doador supere os 18 anos. A única limitación é que o falecido establecese en vida que desexaba a doazón de órganos ou ben que a súa familia o consinta no momento. Pero a idade si inflúe. Non adoitan trasplantarse corazóns de máis de 55 anos. O fígado é o órgano que máis dura, din fontes do Sergas. «Non é o mesmo a idade cronolóxica que a idade biolóxica, o fígado dunha persona de 60 anos pode estar peor que o dunha de 90 anos», explican esas fontes. Neste caso rexistrado no Chuvi, estaba en perfectas condicións. Isto non quita que fora un feito excepcional.
No ano 2000, só o 12 % dos doadores superaban os setenta anos, segundo datos da Organización Nacional de Trasplantes. Catorce anos despois, esa proporción practicamente triplicouse. Ao mesmo tempo que descendeu o número de doazóns de órganos procedentes de accidentes de tráfico os doadores tamén envelleceron. No ano 2014, máis da metade dos que optaron pola xenerosidade de dar os seus órganos xa tiñan máis de sesenta anos.
En Galicia o 15 % dos doadores de órganos xa teñen máis de 80 anos. O ano pasado trasplantáronse 86 fígados sumando os hospitais de A Coruña e Santiago.
Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
A Feira do Cocido de Lalín acende fogóns co horizonte de lograr a distinción de interese internacional |
|
 A 47 Feira do Cocido de Lalín acendeu os seus fogóns para recibir durante esta fin de semana a entre 50.000 e 60.000 persoas para a degustación dos produtos galegos que ofrece esta festa gastronómica de interese turístico nacional que, como avanzou o concelleiro de Turismo e organizador do evento, José Antonio Rodríguez, buscará xa este ano lograr a distinción de interese internacional ante o Ministerio de Industria.
Nesta busca polo afianzamento do cocido, os organizadores do evento dende hai un ano e medio desenvolven un proxecto para conseguir un porco propio de Lalín, para o que contan con fondos da UE e da Deputación de Pontevedra, e para o que colaboran coa facultade de Veterinaria e profesionais galegos. Segundo explicou Rodríguez, que estivo acompañado pola súa homóloga do Concello de Santiago, Reyes Leis, se realizaron catro cruzamentos de porco da variedade 'celta' e se segue perfeccionando a través do traballo xenético da raza.
O concelleiro de Turismo da capital da bisbarra do Deza indicou que xa se conseguiron "resultados bos" nesta busca pola "excelencia". Agora buscan máis financiamento para continuar o proxecto de I+D+i iniciado co Instituto Tecnolóxico da Carne.
Pola súa banda, Reyes Leis destacou que é un "privilexio" que Lalín escollera a Praza de Abastos de Santiago de Compostela para presentar a feira, da que xa se fixo promoción en Fitur e en Barcelona. Aínda que o mes do cocido se prolonga durante todo febreiro, esta fin de semana terán lugar os actos da feira que arrancarán o venres coa Gran Gala da Gastronomía de Galicia, que retransmitirá en directo a televisión pública e na que se entregarán os 'Premios de Gastronomía de Galicia -que inclúen galardóns xornalísticos, ao pequeno produtor, á empresa ou ao labor de toda unha vida-.
O domingo, ás 10,45 horas, está prevista a recepción do pregoeiro, discurso do que se encargará o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera. Deseguido, terá lugar a Encomenda do cocido, co nomeamento dos embaixadores do cocido lalinense, entre os que se atopan este ano a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, o cardiólogo José Ramón González-Juanatey, o produtor José Manuel Brandariz e o director de Hotusa, Amancio López, entre outros. Un dos pratos fortes da festa desta fin de semana, segundo destacou o concelleiro de Turismo, será a mostra 'Lalín, Compromiso de Calidade', que estará sábado e domingo dende primeira hora da mañá. Ademais, tamén haberá talleres gratuítos de cociña, a actuación do Mago Teto patrocinado por Aceites Abril e vermú galego Petronio.
Así mesmo, tras a degustación do cocido o domingo, a partir das 17,00 horas, Lalín buscará "reter" aos visitantes cun festival de orquestras con actuacións de Sintonía de Vigo, Filadelfia e París de Noia. Charangas, carrozas, proxeccións audiovisuais e outros espectáculos completan a ampla programación deste festexo que roza o medio século de celebración.
Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
O fenómeno blogger |
|
 Nos últimos 3 anos creáronse centenares de blogs de moda nos que os seus protagonistas colgan periodicamente os seus estilismos, as súas compras e as súas recomendacións aos seus seguidores, moitos das cales definen a súa forma de vestir a través do que ve nestes blogs.
Este fenómeno converteuse nun negocio que achega cuantiosas ganancias ás súas creadoras en internet. As compañías considérano unha boa forma de publicitarse e de chegar ao público novo.
Actualmente existen máis de 60 millóns de blogs en todo o mundo e créanse 100.000 diariamente. Isto débese principalmente a que é un medio de comunicación eficaz e económico, e esencialmente de doada creación por parte dos usuarios de Internet con crecente influencia sobre os consumidores. Os blogs, de xeito veloz, substitúen o clásico "boca a boca", como unha ponte de influencía á hora de comprar un produto. Segundo un estudo recente, máis do 39% dos lectores de blogs deixou de comprar algún produto segundo a opinión da blogósfera. Como todo medio de comunicación, a influencia sobre os usuarios é un valor engadido, que lle dá peso propio.
Sorpresa! O rechamante deste estudo é que os anuncios en televisión encóntranse por debaixo dos blogs en canto a efectividade da súa publicidade, cun 17 por cento. No curto prazo serán cada vez máis as empresas que tomen os blogs como un medio para captar consumidores. Soamente nos EUA, o 70% das grandes empresas utiliza os weblogs como estratexia de comunicación. Estamos ante un novo escenario que impacta fortemente no consumo e nas empresas. Algúns teñen máis influencía que os clásicos medios de comunicación. A pregunta sería: estamos en presenza dun novo "poder social"?
Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
|
|
|
|
|