Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O timo do secuestro virtual chega a España |
|
 O secuestro ??express?? consiste en reter unha persoa durante pouco tempo para, normalmente, conseguir recibir un rescate. Esta práctica, ao igual que os secuestros de máis longa duración, é "moi pouco habitual en España". Non obstante, a Policía alerta de que se incrementaron os casos de falsos secuestros virtuais no noso país.
O modus operandi é sempre o mesmo: os supostos secuestradores chaman ás vítimas para dicirlles que teñen a un familiar retido, normalmente o seu fillo menor de idade, e que o van matar ou golpear se non fan un pagamento de inmediato. A cantidade que piden varía entre 350 e 5.000 euros e solicitan que o depósito se realice a través da empresa de envío de diñeiro Western Union.
O obxectivo dos secuestradores é que a vítima pague canto antes para evitar que descubra que o secuestro é inventado, polo que recorren a todo tipo de ameazas para que non intente poñerse en contacto co seu familiar. Déronse casos nos que se reproduciron gravacións de nenos chorando e moi alterados pedindo axuda que, coa tensión do momento, as vítimas recoñecen como os seus fillos.
Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
A DESIGUALDADE SALARIAL AUMENTA EN GALIZA |
|
 As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentaron após o estourido da crise económica en 2008. Así o reflicte o estudo publicado por UGT e titulado 'Traballar igual, cobrar igual'.
Segundo este informe en Galiza a diferenza entre os soldos que perciben eles e elas no mesmo posto de traballo e con igual nivel de formación é do 24,7%. É dicir, 5.332,54 euros brutos ao ano. Neste senso, fronte aos 22.059,69 euros brutos anuais que percibe un traballador de media ao ano as traballadoras obteñen unha remuneración de 16.727,17 euros.
Este feito obriga as mulleres a traballar 79 días máis cada ano para obteren a mesma remuneración económica que os varóns e a prolongar a súa vida laboral durante 11 anos máis que eles para percibir a mesma pensión de xubilación. Destarte, mentres unha muller precisa 46 anos e medio de cotización, un home precisa tan só 35.
A combinación de ambas as dúas variábeis, crise e desigualdade, tradúcese en "menos mulleres traballadoras" --as taxas de desemprego atinxen máis a elas-- e unha "maior fenda salarial".
Por sectores, a fenda salarial faise máis grande no ámbito científico, actividades administrativas e auxiliares e actividades sanitarias e servizos sociais, onde a diferenza dos salarios supera o 30% a nivel estatal.
Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
CRECE UN 3,3% EN XANEIRO O NÚMERO DE TURISTAS ESTRANXEIROS EN GALIZA |
|
 Galicia recibiu o pasado xaneiro 64.958 turistas estranxeiros, o que representa un incremento do 3,3% respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos da enquisa Frontur, indicou onte a Xunta.
Máis da metade dos turistas procederon de Portugal (57%), seguido dos de Francia (8%) e Suíza (7%), segundo os datos da Secretaría de Turismo do Goberno central.
O número de turistas portugueses incrementouse un 29% en xaneiro en Galicia, engade a Xunta. Ademais, Galicia recibiu 271.275 excursionistas estranxeiros en xaneiro pasado, dos cales, o 94% procedentes tamén do veciño Portugal.
En canto ao excursionismo internacional, Galicia recibiu un total de 271.275 excursionistas estranxeiros ao longo do pasado mes. Portugal foi o principal mercado do excursionismo rexistrado en Galicia, supoñendo en xaneiro o 94% das entradas dun só día na nosa comunidade.
Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Galicia celebrará o Día de Rosalía o 24 de febreiro |
|
 A Fundación Rosalía de Castro conmemora o 24 deste mes o 178 aniversario do nacemento da poeta e faino con música e poemas. Así, no Día de Rosalía haberá pola mañá unha ofrenda floral en Santiago e, pola tarde, un acto na Casa-Museo de A Matanza, no concello de Padrón. Neste último farase a presentación en formato libro-CD do proxecto De Cantares hoxe, que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro.
No transcurso do acto lerán os seus textos algúns dos escritores participantes, como Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luís González Tosar, Olalla Cociña e Xosé María Álvarez Cáccamo. O acto pecharase coa actuación musical de Najla Sjhami. En canto ao acto en Santiago, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, fará a ofrenda floral en colaboración con Concello compostelano, ante a estatuta da escritora na Alameda. Será as dez e media da mañá e está previsto que asistan, ademais, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, o de Padrón, Antonio Fernández, e o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, xunto con alumnos do IES Rosalía de Castro.
Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
A Xunta xa pode mostrar os segundos do vídeo de Enrique Iglesias polos que pagou máis de 320.000 euros |
|
 Montaxe rápida na que se acumulan planos da muralla de Lugo, a praia das Catedrais, a Cidade da Cultura, a Praza do Obradoiro, a Ponte de Rande ou o canón do Sil conforman a apertura do video-clip da canción de Enrique Iglesias ?Noche y Día? que a Xunta apoiou con máis de 320.000 euros. A partir dese inicio, o vídeo transcorre maiormente en interiores cunha máis coidada escenografía e con formato máis cinematográfico. O clip recrea unha rave no interior dun espazo histórico que na secuencia se relaciona coa imaxe anterior do mosteiro de Carboeiro. A premiada internacionalmente Pontevedra é a única capital excluída do vídeo promocional financiado pola Xunta, xusto uns días antes de que o alcalde Miguel Fernández Lores recolla en Dubai o premio Hábitat otorgado pola ONU.
?Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahia, venga nos fuimos de fiesta de noche y de día?, é o retrouso do tema no que ?festa? é a palabra que máis se repite. No fin, síntese como en eco un ?Enrique Iglesias, la leyenda viviente? mais en ningún momento se escoita referencia a nada que teña que ver co país, a non ser a lenda sobreimpresionada no inicio "Galicia España".
http://www.muzu.tv/enrique-iglesias/noche-y-de-dia-music-video/2364404/
Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Deteñen a unha muller por masturbarse durante a proxección de '50 sombras de Grey' |
|
 O fervor por '50 sombras de Grey' está a superar calquera expectativa. E aínda que as críticas son de todos os tipos, parece que nalgúns cines a temperatura está a subir máis do esperado.
O pasado domingo, unha muller foi pillada mentres se masturbaba vendo as noites de xogos e desenfreo de Christian Grey e Anastasia Steele xogando no cuarto vermello.
A pesar da escuridade da sala, varios espectadores advertiron como unha rapaza de 33 anos baixaba os pantalóns e comezaba a gozar vendo a película. "Inconfundibles sons empezaron a oirse nalgunha butaca situada na fila doce" explica o diario Clarín.
Rapidamente, as testemuñas chamaron a policía para denunciar os feitos. Segundo relata o xornal, a muller foi detida de inmediato por "faltas á moral".
Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Os usuarios dos comedores sociais duplícanse nun ano. |
|
 A realidade social non cadra en Ourense coas estatísticas dos grandes números que pregoan melloría. As dificultades económicas, lonxe de suavizarse, están a incorporar cada vez a máis ourensanos a servizos nos que nunca imaxinaron poder recalar. É o caso do comedor social que, dende novembro do 2013 -data na que Cáritas asumiu a súa xestión completa-, non deixou de crecer en usuarios.
Se nos primeiros nove meses de funcionamento xa se alcanzaba un incremento do 33% da demanda cunha media diaria de 101 servizos, o peche do ano supera de sobra ese dato colocándose en 184 menús por xornada, o que supón máis do dobre dos 87 cos que comezou a funcionar a nova instalación situada no número 2 da rúa Mestre Vide. Das 115.210 comidas repartidas durante o 2014, a maioría servíronse a mediodía (67.211), aínda que tamén se repartiron 22.812 almorzos e 25.187 ceas.
Segundo os rexistros de Cáritas, o peche provisional dos últimos doce meses bota a cifra de 908 usuarios directos do comedor, pero a axuda
alcanzou 1.350 persoas. A diferenza radica nos que recollen comida para outros membros da familia, xeralmente menores aos que se prefire evitar que acudan ao comedor social e se envían en táper os menús para que os consuman nos seus propios domicilios.
Este é un factor que preocupa excepcionalmente aos responsables da entidade polo que implica de risco de exclusión social nos nenos que pode
marcar de forma determinante o seu futuro. A tendencia comezou a notarse en verán, época na que xeralmente se reduce a demanda do comedor xa
que moitos transeúntes prefiren desprazarse á costa, pero que rexistrou un incremento do 17% de menús para levar.
Pensouse quizais o peche dos comedores escolares estivese detrás desa maior demanda, e posiblemente así foi, pero o certo é que a chegada do novo curso escolar non suavizou a situación en moitos fogares.
Cada vez temos máis familias que, sen ser usuarios habituais, se encontran con que o que cobran de prestacións, non son capaces de chegar co fin de mes. O feito de poder ter este servizo axúdalles a equilibrar algo a economía familiar para aguantar eses últimos días ata que de novo entra algún ingreso na casa», sinala Mari Carmen Alonso, responsable de programas de Cáritas. Unha realidade que «sorprende mesmo os voluntarios que esperan outro tipo de perfil», sinala Alonso.
Nos casos de familias con menores, pero tamén noutros, a axuda alimentaria non se limita a entregar o menú. Achégase tamén periodicamente carne ou peixe fresco para que eles os preparen na casa completando as súas axudas, ademais doutros artigos básicos como produtos de hixiene ou axudas para farmacia.
Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Facebook permitirá designar un herdeiro dixital en caso de morte |
|
 A rede social Facebook anunciou hoxe que permitirá designar un amigo ou familiar como herdeiro dixital para xestionar a conta e facer un comentario en nome do falecido anunciando o funeral ou algunha mensaxe especial.
O "herdeiro" poderá tamén responder ás solicitudes de amigos ou familiares do falecido que non estaban conectados en Facebook, actualizar a foto de perfil e arquivar os comentarios e fotos da persoa falecida na rede social.
O servizo estará dispoñible inicialmente só en Estados Unidos, aínda que Facebook planea amplialo a outros países.
Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
|
|
|
|
CADÁVERES ABRAZADOS |
|
 Un grupo de arqueólogos gregos encontrou dous cadáveres abrazados que datan do ano 3.800 antes de Cristo (a.C) no ámbito da cova de Alepotryda, no sur do Peloponeso, un achado que podería estar entre os máis antigos do mundo.
Segundo informou o ministerio de Cultura grego, a análise de ADN mostrou que os restos pertencen a un home e a unha muller novos que foron encontrados xunto con varias puntas de frechas.
A proba do carbono 14 foi a que determinou a data dos cadáveres, dos que destaca tanto a súa antigüidade coma o feito de que estivesen abrazados, unha posición pouco habitual en restos arqueolóxicos desa época. Na mesma zona descubriron tamén os ósos de dous nenos que datarían de entre o 4.200 e o 3.800 a.C. Ademais, encontráronse tamén os cadáveres dun neno sepultado nunha vasilla e mesmo o dun embrión.
A cova de Alepotryda ten o tamaño equivalente a catro campos de fútbol e tería podido servir de fogar a centos de persoas durante o período do Neolítico, podendo constituír así un dos poboados prehistóricos máis vellos de Europa. A finais do Neolítico un terremoto selou a súa entrada e sepultou moitos dos seus habitantes.
En 1958 un grupo de espeleólogos encontraron a cova e acharon parte dos restos así como ferramentas, obxectos de cerámica, cobre, prata da época neolítica. E aínda se seguen analizando restos, que permiten achados como o coñecido hoxe.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Ao Consello Breogán Riobóo, o candidato avalado pola dirección de Pablo Iglesias, elixido líder de Podemos en Galicia |
|
 "Todos somos necesarios para facer de Podemos un actor referente na política galega".
O naronés Breogán Riobóo, o aspirante de Claro de Podemos Galicia, a candidatura que contaba co aval da dirección de Pablo Iglesias, foi elixido líder de Podemos na comunidade tras as votacións realizadas a longo desta semana e que concluíron na pasada xornada.
Segundo os resultados publicados por Podemos na súa páxina web, Riobóo, quen contou coa presenza de Carolina Bescansa nalgún dos seus actos de campaña, obtivo o 54,06 por cento dos votos, superando os outros tres candidatos de Podemos Cambiar Galicia (a viguesa Ana Sánchez), Galicia Pode (Susana Fernández) e o independente Xaime Castaño.
En total, computáronse no proceso 3.868 votos, dos que 520 (un 13,44 por cento) foron en branco. Tras Riobóo, Ana Sánchez obtivo o apoio de 1.048 votantes (31,3 por cento), Susana Fernández o de 370 (11,05 por cento) e Xaime Castaño o de 120 (3,58 por cento).
Ademais de Riobóo, foron elixidos os 34 membros do Consello Cidadán Autonómico e os seis da Comisión de Garantías Democráticas. Concluído o proceso autonómico, os secretarios xerais elixidos nas comunidades incorporaranse Cidadán Nacional.
Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
|
|
|
|
|