Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O presidente luso promove o ensino do portugués en Galicia |
|
 Portugal tamén quere que o portugués sexa a lingua dos galegos. E, para iso, non dubidou en enviar ao país aos máximos responsables do Estado luso para promover o seu idioma. E é que o Presidente da República de Portugal, Aníbal Cavaco Silva, avalará coa súa presenza a sinatura dun acordo para a aprendizaxe do portugués.
Será o vindeiro día 19 de febreiro cando Cavaco Silva, aproveitará unha visita a Galicia, para asinar, xunto co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o Memorando de Entendemento para a Adopción do Portugués como Lingua Estranxeira de Opción e Avaliación Curricular no Sistema Educativo Non Universitario da Comunidade Autónoma de Galicia. O Memorando porase en marcha entre o Instituto Camões e a Xunta de Galicia.
Antes deste acto, Cabaco Silva presidirá, acompañado dos reis de España, o acto de entrega das Medallas de Ouro do Eixo Atlántico, e a clausura da súa XXIII Asemblea Xeral nun acto que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina.
Trátase da primeira vez que ambos os Xefes de Estado coincidan nun acto dunha organización transfronteiriza xa que até a data, os encontros entre ambos se circunscribían a visitas oficiais de Estado.
A súa presenza prodúcese no ano en que se conmemora o 25 aniversario da Cooperación Transfronteiriza en Europa, na que o Eixo Atlántico foi, desde os seus inicios, un actor destacado a nivel europeo. De feito, despois de 25 anos segue sendo, non só a entidade transfronteiriza máis antiga de Europa, senón o único sistema urbano organizado, dunha eurorrexión europea.
Nerea Rial Conde, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Feijóo non é quen de concretar o plan que anunciou para dinamizar o galego |
|
 Destaca que ?haberá que falalo? coa RAG, pero deixa claro que, en ningún caso, negociará unha derogación do decreto do plurilingüismo. Insiste en que durante o seu goberno hai máis xente que sabe escribir e falar en galego.
?A Xunta xunto coa RAG está traballando nun plan para impulsar ou so da lingua propia nas relacións sociais e no ámbito económico?. Ese era o gran anunciou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sacaba do chapeu este mércores na Cámara galega para contrarestar as críticas que lle están chovendo desde todos os sectores logo da gran manifestación que tivo lugar este domingo coa participación de todos os partidos da oposición.
Pero ese gran anuncio quedou, niso, nun gran anuncio. Pouco despois de facelo, membros da RAG sinalaban non ter constancia da existencia de ningún plan ao respecto. Por iso, este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo evitou concretar ese novo proxecto, ben porque non existe ou ben porque está en fase inicial.
?Haberá que ter reunións coa RAG para falar. Eu xa tiven unha a pasada semana?, dixo ao respecto. ?Nese plan está traballando a Secretaría Xeral de Política Lingüística e será presentado polo novo conselleiro de Cultura?, limitouse a respostar.
Un novo plan que, en todo caso, non vai supor a derogación do polémico decreto do bilingüismo. E niso, Feijóo, foi categórico. ?Hai xa oito sentenzas que avalan a legalidade dese decreto. A Xunta, o que fai, é cumprir estritamente esas oito sentenzas?, engadiu. Por iso, dixo que non cree que vaia a ter problemas coa RAG nese futuro plan. ?Iso é contrario a toda negociación porque se nos piden a retirada do decreto xa non é unha negociación?, ironizou.
?A RAG presentou un recurso e agora o que está facendo é agardando xa que segue polas vías correspondentes. Eles ?a nova Comisión Executiva-- atopáronse con este recurso e seguen adiante e nós iso respectámolo?, engadiu. Así, destacou que hai un recurso pendente no Tribunal Supremo e que agarda que se peche rápido. ?Se se di que o decreto está sobrevalorado no ámbito educativo, pois actuaremos, e senón, pois manteremos a actual situación?, apuntou.
En todo caso, e para avalar que a súa política lingüística é a correcta, volveu a insistir nos datos do informe do IGE que xa deu na súa comparecencia na Cámara; que o 97,5% coñece o galego, que o 87,5% sabe escribilo e que desde o 2008 ao 2012 aumentou nun punto os que saben falalo e en dous puntos os que saben escribilo. Pero, evitou o punto máis importante; só menos do 13% dos mozos falan en galego. ?Si... Preocúpanos que os mozos non usen o galego fora do ensino e que haxa unha baixada e por iso temos que traballar?, acabou recoñecendo.
Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Atopan un cadro de Leonardo da Vinci perdido nun banco de Suíza |
|
 Nin a mellor das novelas policíacas e de intriga podía ter un argumento e un desenlace máis emocionante. Tras varios meses en paradoiro descoñecido, despois de viaxar de Italia a Suíza varias veces, a policía italiana atopou unha xoia valorada en varias decenas de millóns de euros na caixa forte dun banco de Lugano, Suíza. En 1499 o exército de Francia cercou Milán e moitos cidadáns fuxiron da guerra. Entre eles Leonardo da Vinci. Na súa fuxida parou en Mantua, o centro político e artístico de Lombardía da época. Alí coñeceu á nobre Isabella d'Este, de quen fixo un bosquexo a carbón que actualmente está exposto no parisiense museo do Louvre. A marquesa pediu en varias cartas posteriores a Leonardo que realizase un retrato a cor baseado no devandito bosquexo. E ata 2013 non se coñecía ningunha pintura de Isabella realizado polo artista italiano. Non obstante ese ano, tras uns 500 anos de absoluto misterio, atopouse nunha colección privada a pintura a cor da nobre. A datación científica da peza confirmou cunha probabilidade superior ao 95% que a obra fora realizada entre 1460 e 1650. Despois de 2013 a pintura viaxou clandestinamente a Suíza. A investigación italiana pediu, ao coñecer que se atopaba no país helvético, a deportación deste, pero as autoridades suízas non conseguiron encontrala. Ao parecer a pintura volveu de novo por vía ilegal a Italia, pero foi unha viaxe de andata e ritorno veloz, pois pouco tempo despois retornaría a Suíza. E é precisamente alí onde o atoparon os policías italianos. Ao parecer, segundo as investigacións dos especialistas do mundo da arte, Leonardo podería terse encontrado con Isabella d'Este arredor do 1514 en Roma, onde rematou o retrato a cor que agora acaba de encontrar a policía italiana nun banco suízo. O cadro en cuestión trátase dun óleo sobre tea realizado polo mestre italiano entre os anos 1513 e 1516. Mide 61 centímetros de longo e 46,5 de ancho e representa á nobre Isabel de Este, marquesa de Mantua. Segundo informou a policía, o vendedor anónimo que posuía o cadro pedía por el 95 millóns de euros.
Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
Mobilizacións en Galicia para defender o dereito á folga |
|
UGT e CC.OO. escenificaron a unidade de acción coa que concorrerán o próximo mércores 18 ás mobilizacións convocadas con motivo da xornada de acción mundial polo dereito á folga.
Os secretarios xerais en Galicia de ambos os dous sindicatos, José Antonio Gómez (UGT) e Xosé Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.) presentaron de forma conxunta en Vilagarcía de Arousa un calendario que inclúe oito convocatorias na comunidade galega.
Vilagarcía será precisamente a cidade que acolla o acto principal para as bisbarras de Arousa, Pontevedra e Compostela, cunha concentración ás 12,00 horas na praza de Ravella.
Tamén haberá concentracións ante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol, fronte ás subdelegacions do Goberno en Lugo e Ourense, na praza da Mariña de Burela e fronte ao museo Marco, en Vigo. Na Coruña está previsto que se celebre unha manifestación que terá a súa saída, ás 20,00 horas, dende a praza da Palloza.
O secretario xeral de CC.OO. en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, recordou que o dereito de folga "é un dereito fundamental e unha das maiores conquistas do movemento sindical", para engadir que, "neste momento, está en perigo".
RETROCESO DE DÉCADAS
Así, considera que os gobernos pretenden, cada vez máis, criminalizar as actuacións das organizacións sindicais mediante o que denomina "a estratexia do medo". Neste sentido, Sánchez Aguión sinalou que en España hai neste momento máis de 300 sindicalistas con procesos xudiciais por exercer un dereito básico como é o de folga. E recordou que deses máis de 300, "catro están en Galicia".
Ao seu xuízo, España sufriu nos últimos anos "un retroceso de décadas nos ámbitos social e laboral". Un retroceso, engadiu, "moi evidente no exercicio das liberdades e dereitos básicos".
En opinión de Sánchez Aguión, o que o Goberno está a facer para acalar o clamor social contra as políticas antisociais é actuar de xeito autoritario e lexislar utilizando ferramentas como a Lei de Seguridade Cidadá ou a reforma do Código Penal.
"Fronte a esta barbaridade, fronte a este proceso de perda de dereitos e de calidade democrática é fronte ao que nos imos mobilizar o día 18", subliñou.
DERROGACIÓN DE LEIS
Os dous sindicatos maioritarios esixen a derrogación do artigo 315.3 do Código Penal que, en opinión do secretario xeral de UGT en Galicia, José Antonio Gómez, "criminaliza tremendamente o dereito de folga", así como o proxecto de Lei de Seguridade Cidadá, "que criminaliza non só a actividade dos sindicatos senón tamén a dos traballadores" que exercen os seus dereitos.
Para José Antonio Gómez, se se conculca un dereito fundamental como o de folga "o equilibrio nas relacións laborais desaparece e estas rompen a favor do máis forte: as empresas e os empresarios". O secretario xeral de UGT engadiu que sen o dereito á folga "a democracia real non existe".
Criminalizar o dereito de folga, engadiu o líder sindical, "pon en cuestión toda a lexitimidade do estado de dereito polo que se leva loitando moitos anos e polo que moitos sindicalistas deron a súa vida".
HOMENAXE AO EQUIPO DE LANTERO
Os responsables de ambos os dous sindicatos sinalaron que coa elección de Vilagarcía para a presentación desta campaña de mobilizacións se quere render unha homenaxe aos traballadores de Lantero.
Iso, porque "levaron a cabo unha longa e exitosa folga en defensa do seu postos de traballo, cunha forte unidade e co apoio unánime da cidadanía da bisbarra de Arousa".
Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
"Pequeño Nicolás" |
|
 A Policía Nacional detivo onte en Madrid a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, máis coñecido como o pequeno Nicolás, por non pagar nun restaurante de moda da capital a conta dunha cea por un importe de 500 euros.
Según informaron fontes policiais, o pequeno Nicolás acudiu ao restaurante Ramsés, cerca da Porta de Alcalá, cun grupo de persoas e a medianoite deixou o local pero non pagou a factura da cena, que ascendeu a máis de cincocentos euros. O grupo trasladouse despois á cercana discoteca Gabana, situada na calle de Velázquez, donde acudiron os axentes tras a chamada da dona do restaurante.
O pequeno Nicolás foi detido por un suposto delito de estafa e trasladado á Comisaría do distrito de Salamanca, donde se negou a declarar e donde permaneceu ata as oito da mañá, cando acudiu o seu avogado.
Pola sua parte, a dona do restautante formalizou a denuncia, pero desistiu de emprender accións legais porque, según manifestou, os amigos do pequeno Nicolás contactaron con ela e comprometeronse a facerse cargo da conta.
O mozo califica a súa detención como un desafortunado incidente e queixase do linchamento mediático ao que foi sometido dende o momento no que se fixo pública a súa detención.
O pequeno Nicolás está imputado por outros supostos delitos polos que xa foi arrestado con anterioridade, entre eles, por un contra as altas institucións do Estado ao atribuirselle o traballar para o Centro Nacional de Inteligencia.
Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B. |
|
|
|
"Tan só 500 días". |
|
 Cincocentos días agardaron na Asociación Monte Pindo Parque Natural para obter o informe da Xunta arredor dos cartos públicos gastados na extinción do lume que arrasou o olimpo celta en 2013, coa mediación do Valedor do Pobo incluída. Cincocentos días despois, a asociación que reclama a condición de Parque Natural para o Pindo xa ten na súa man os dados que falan dun gasto en extinción nunha semana equivalente a catorce veces do que a Xunta gastou en prevención en toda a súa historia.
Segundo os dados achegados pola Xunta, o custo do operativo ascendeu a 0,53 millóns de euros e case a metade, 0,25 foron para empresas privadas. O sistema de lanzamento de palla escollido polo goberno da Xunta para recuperar a zona ascendeu a medio millón de euros.
A Asociación compara as cifras co investido en prevención desde que o PP goberna, que ascende aos 79.000 euros para desbrozar 74 das case 2.000 hectáreas do monte. Sinalan tamén que a Xunta non gastou nada en indemnizar a veciñanza propietaria de casas, expotacións e propiedades afectadas polo lume.
?Imaxinádevos que fixeran caso ao que levamos 5 anos dicindo e invertiran a metade deses recursos en crear o Parque Natural do Monte Pindo, retirar a madeira queimada no 2005, desbrozar e clarexar zonas de risco de incendio, manter as pistas, crear puntos de collida de auga, repoboar con frondosas, eliminar especies invasoras e eucaliptos, recuperar o silvopastoreo, mellorar o sistema fluvial e dotar de vixilancia e conservación o espazo?, convidan a supoñer desde Monte Pindo, no adianto do informe que están a difundir a través das redes sociais.
Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Barbeiros voluntarios acicalan a indixentes. |
|

?Tratamos de buscar persoas que sufriran a indixencia e a mendicidade para cambiar o seu aspecto que as veces non permite que confiemos en eles e os miremos como seres humanos? explicou Bridges á revista People.
?Pero si lles das un baño e unha afeitada, xunto cun bo corte de pelo lucirá tan ben coma ti. En realidade non hai maior diferenza?, comenta a cineasta.
O vídeo titulado ?What?s the difference?? asegura que hai máis de 600.000 persoas que viven en estado de mendicidade nos Estados Unidos. Nun minuto mostra a varios indixentes sendo acicalados e aseados.
Taylor Bridges recorda como lle emocionou especialmente a testemuña dun dos participantes da iniciativa que rompeu a chorar ao ver o seu rostro despois de pasar polas mans do barbeiro.
Selena González Rodríguez, 4º ESO B. |
|
|
|
Sete feridos e centos de evacuados en Dubái tras arder un rañaceos |
|
 Polo menos sete persoas resultaron feridas por inhalación de fume e centos foron evacuadas dos seus fogares en Dubái tras o incendio que se produciu na madrugada do venres no rañaceos ?O Facho?.
O lume, que se orixinou na planta 50 dun total de 79, obrigou a evacuar o rañaceos (de 336 metros de altura e un dos máis emblemáticos de Emiratos Árabes Unidos) e os edificios lindeiros, ameazados polas chamas debido á forte tormenta de area que sofre o país dende hai dous días.
?O incendio comezou nun lateral da torre e cando baixamos a ver que pasaba asustámonos moito, sobre todo polo efecto do vento; había un sofá ardendo que chegou ata o edificio lindeiro?, dixo a Efe unha residente española dun dos edificios lindeiros a ?O Facho?, Carlota Quesada.
O maior perigo produciuse pola caída de vidro fundido, cascallos e mobiliario dende a torre, polo que Defensa Civil pechou todas as rúas próximas ao edificio. O servizo de tranvía tamén foi suspendido en seis estacións, segundo anunciou a Autoridade de Transporte.
Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
|
|
|
|
O NOVO ANO CHINÉS |
|
 "Xin nian kuai le, xin nian kuai le!" ("Feliz ano novo, feliz ano novo! "), berraban hoxe os feirantes instalados no Templo da Terra, en pleno centro de Beijing, aos centenares de visitantes que acudiron a unha das citas máis típicas da capital chinesa nestas datas.
O Festival da Primavera -o nome co que se coñece no país asiático ó Ano Novo lunar- é ante todo unha festa familiar, por iso trae aparellado un éxodo de centos millóns de persoas que supón o maior desprazamento poboacional do planeta.
As grandes urbes quedan medio baleiras en favor do medio rural, xa que, nun reequilibrio da densidade poboacional de China, os que viven lonxe dos seus fogares volven ás súas localidades natais para festexar o cambio de ano coas súas familias.
As cabras -ou, máis ben, as figuras ou debuxos que as representan- están agora por todas as partes: nas portas das casas, decorando as oficinas e, por suposto, nos centros comerciais e os restaurantes.
Son un recordatorio de que a partir deste xoves será ese o signo zodiacal que rexa o destino dos chineses durante o ano 4712 do seu calendario.
O costume do norte do país di que na mesa non poden faltar os "jiaozi" (unha especie de raviolis), en cuxa elaboración, de participación obrigada para toda a familia, hai que introducir unha moeda nun deles, que traerá fortuna a quen o coma.
Por unha razón ou outra, os chineses saen hoxe á rúa coa esperanza de que a entrada do novo ano lles leve saúde e boa fortuna polo menos ata o 8 de febreiro de 2016, cando outro ciclo anual lunar empece, a cabra dea paso ao mono e todos os rituais se repitan.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
O Sergas patenta unha plataforma para crear vacinas antibacterianas |
|
 Non é exactamente un antibiótico. É unha alternativa totalmente nova para atacar as enfermidades infecciosas: unha vacina que prevén contra as infeccións provocadas por bacterias. Como a da gripe, só que en vez de activar as defensas do corpo para aniquilar aos virus impide o desenvolvemento no organismo de perigosas superbacterias como as Pseudo monas, Acinetobacter ou o Staphylococus aureus, que cada ano matan a miles de persoas tras infectar pacientes hospitalarios e para as que existen moi escasas opcións terapéuticas. En realidade tampouco é unha vacina, senón unha plataforma universal para deseñar vacinas para calquera patóxeno microbiano humano ou animal. É a tecnoloxía desenvolvida polo grupo de Investigación en Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), que acaba de tramitar unha patente internacional (PCT) rexistrada polo Sergas e a Fundación Novoa Santos do centro hospitalario coruñés. Trátase dun novo deseño de xeración de vacinas bacterianas. O método probouse con éxito en tres superbacterias en ensaios in vitro e nun modelo con ratos, pero o potencial que ofrece é tan alto que tanto os investigadores coma o Sergas iniciaron xestións para crear unha empresa.
Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
|
|
|
|
|