Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Miles de alumnos saen á rúa en toda Galicia en contra da reforma universitaria de Wert |
|

Denuncian que o cambio de modelo ao 3 + 2 "dificultará" o acceso á universidade polo elevado custo de matrícula de estudios de máster.
Miles de alumnos de ensino medio e universitario saíron ás rúas das principais cidades galegas este xoves en rexeitamento á reforma de titulacións proposta polo Goberno central, que abre a porta á implantación dun modelo de tres anos de grao e dous de máster.
Esta xornada de mobilización estaba convocada polos sindicatos de representación de alumnado Liga Estudantil, Comités e Agir, e contou coa participación do Sindicato de Estudantes, que tiña convocada unha xornada de paro de 48 horas no conxunto do Estado e marchas que coincidían nalgúns puntos de Galicia coas organizacións galegas.
Os alumnos galegos rexeitan a "vulneración" dos seus dereitos a través de normas como a Lomce, e agora coa reforma do 3+2, poñendo "dificultades" para o acceso aos estudios superiores pola diferenza de custo entre máster e grao, cun encarecemento dos estudios que alcanzaría o 40 por cento.
Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
MENÚ DO DÍA: PLACENTA |
|
 A primeira vista, o prato vese pouco apetitoso. Pero lonxe de rexeitalo, un número cada vez maior de nais estadounidenses cómense a súa placenta despois do parto, coa esperanza de que así producirán máis leite ou sufrirán menos depresión postparto.
Normalmente, a placenta que nutre o feto durante 40 semanas remata no recolledor de lixo do hospital ou nos laboratorios, pero a práctica de comela, chamada «placentofaxia», atrae ás novas nais. A placenta, un amasillo de tecidos esponxosos e moi vascularizados que alimenta o feto a través do cordón umbilical, é rica en hormonas e nutrientes, afirman.
Catherine conta que, despois de parir, se encerrou durante tres horas no baño para cortar algúns anacos da súa placenta en cubos grandes e comelos xunto a leite de améndoas, mel e arandos «para disfrazar o seu sabor». Logo conxelou o resto. Outras cocíñana ao forno e preparan con ela lasañas, tacos ou mesmo trufas de chocolate. ?Pareceume boa idea, porque tendo a esquecerme de tomar as miñas vitaminas e ese non será o caso co chocolate?, chanceou Melissa, nai de tres nenos en Maryland (este). Aínda así, a maioría tómana en cápsulas.
Segundo a tradición das novas nais, parece que teremos un novo ingrediente no menú.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
A Universidade Francisco de Vitoria inaugura a súa escola de enfermidades raras. |
|
 A Universidade Francisco de Vitoria inaugura o próximo venres, 27 de febreiro, a súa Escola de Enfermidades Raras e o primeiro encontro científico con expertos a nivel nacional e internacional sobre este tipo de problemas de saúde pouco frecuentes.
Estes eventos coinciden coa celebración do Día das Enfermidades Raras, que se conmemora o 28 de febreiro, como recordou a Francisco de Vitoria, que indicou que a súa escola xorde co obxectivo de formar unha nova xeración de profesionais dedicados a estas enfermidades.
A Organización Europea para as Enfermidades Raras (Eurordis) estima que existen aproximadamente 7.000 enfermidades raras, que son as que afectan a menos de cinco pacientes por cada 10.000 habitantes.
A Escola de Enfermidades Raras comeza a súa andaina organizando o seu primeiro encontro científico para compartir os seus coñecementos sobre as enfermidades pouco frecuentes, cos seus últimos achados xenéticos, clínicos e de investigación.
A 'I Xornada de Enfermidades Raras: unha mirada aberta' celebrarase no campus de Pozuelo de Alarcón da Universidade Francisco de Vitoria o venres e o sábado. Está dirixida a estudantes, profesionais dos campos biosanitarios, investigadores médicos, psiquiatras, fisioterapeutas, enfermeiros, familias afectadas e público xeral interesado no ámbito das enfermidades pouco frecuentes.
Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
A motivación está en ti! |
|

Se temos en conta que a motivación é o noso motor esencial no día a día, non podemos permitirnos estar desmotivados ou tristes ante calquera situación. Debemos remontar o voo e intentar solucionar a problemática para volver deseguida ao noso estado de motivación. "Ninguén dixo que fose doado" polo que, a vida ten complicacións de forma habitual, pero aí reside a nosa grandeza como persoas, no feito de superar e afrontar cada problema de forma axeitada. Se queremos estar máis motivados, debemos formularnos varios aspectos que poden axudarnos:
- Identificar os nosos obxectivos: que queremos lograr, a meta que queremos alcanzar.
- Visualizar e escribir as nosas metas: se pensamos como estaremos cando cumpramos a nosa meta e as escribimos, enfocarémonos cada segundo nelas e será máis doado o seu cumprimento.
- Crear un plan de acción e executar actividades que te acheguen á túa meta.
- Apoiarte nos que te rodean pódete vir xenial.
"O éxito é a habilidade de ir de fracaso a fracaso sen perder o entusiasmo". Winston Churchill.
David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Ti compras o que eles queren |
|
 Mentres os expertos confirman o repunte do consumo despois dunha contracción provocada pola crise, xa hai quen, ante tales expectativas, comezou a fregarse as mans. Os comercios decidíronse a sacar a artillería pesada e as estratexias de mercadotecnia volven cobrar especial protagonismo para impulsar as compras compulsivas. A psicoloxía xoga un papel determinante nisto do consumo e son moitas as superficies que comprenderon que pequenas accións -que en moitos casos pasan inadvertidas para a maior parte dos seus clientes- conseguen engrosar un pouco máis as contas dos negocios.
Os supermercados son grandes especialistas e as súas superficies están deseñadas ao milímetro para conseguir que os clientes acaben enchendo os carriños de máis cousas das que nun principio necesitan. En primeiro lugar, as grandes cadeas de venda de alimentación apostan por que a estancia sexa o máis cómoda posible; a iluminación, a música e os cheiros xogan un papel importante e son elementos que se empregan para propiciar determinados comportamentos.
O fío musical, por exemplo, cambia en función do momento do día e da cantidade de xente que se atope dentro do establecemento. Se hai pouca afluencia de clientes os supermercados apostan por unha música lenta para que a xente se atope cómoda e compre sen présas; con todo, a cousa cambia cando a situación é a contraria, con demasiados clientes as melodías escollidas serán moito máis estridentes nun intento por promover unha compra máis rápida.
Non só o ritmo é capaz de determinar o comportamento dos consumidores, e é que as cancións do fío musical nestes espazos -que adoitan cortarse ao principio e ao final mostrando tan só tres cuartas partes do tema- provocan certo estado de ansiedade que propicia no groso dos clientes unha necesidade de cargar o carro de forma inconsciente de máis produtos dos que nun principio se pensaban adquirir. Pero a música ofrece infinidade de posibilidades nisto da mercadotecnia, non só os supermercados atoparon nela un filón.
Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
O espertar artístico de Picasso foi coruñés |
|
 O berce artístico de Pablo Picasso é A Coruña. Si, ao pé do océano Atlántico, na esquina oposta ao Mediterráneo que baña o seu Málaga natal e a súa mocidade barcelonesa. A afirmación soa ousada. Ou, cando menos, descoñecida, ao tratarse dun dos maiores xenios do século XX do que se cre saber todo. Pero é certa: Picasso iniciouse como artista na cidade galega na que viviu coa súa familia tan só tres anos e medio, entre o outono de 1891 e a primavera de 1895, aínda que nun momento crucial ao tratarse desta etapa ponte da vida na que un muda de neno a adolescente.
Pablo Ruiz, que aínda non asinaba co seu apelido materno que convertería en mundial, tiña apenas 13 anos cando, fai agora exactamente doce décadas, expuxo ao público os seus primeiros lenzos, primeiro no escaparate do bazar Hernández e ao mes seguinte nunha tenda de paraugas, ambas na céntrica rúa Real. E é en conmemoración daquel acontecemento, mesmo saudado como moi prometedor pola prensa local da época, que onte se inaugurou no Museo de Belas Artes da Coruña e coa presenza dos Reis de España a primeira gran retrospectiva sobre "O primeiro Picasso".
A cidade galega reivindica con esta mostra de 200 pezas, un bo puñado delas expostas por primeira vez, o valor e a importancia da etapa coruñesa na traxectoria dun artista que todas as cidades nas que viviu, salvo esta, reivindican como seu dedicándoo cun museo específico.
Picasso, que nunca volveu a España nos seus últimos 40 anos de vida, tampouco esqueceu xamais a súa etapa coruñesa. Como mostra, nesta exposición, o debuxo de Muller galega con sela, recordo coruñés que dedicou en 1970 ao seu amigo galego Antonio Olano. Ou o autorretrato ?evocativo? que fixo en París en 1945 no que se debuxa neno, á idade na que vivía na cidade atlántica. Son algunhas das obras a posteriori que dan relevo, por primeira vez, ao primeiro Picasso coruñés.
Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Preguntados, o xogo máis viral do momento |
|
 Preguntados é o xogo de tipo trivial que está a arrasar en todo o mundo, de feito xa se converteu no xogo Android máis descargado do mundo. Os creadores de Apalabrados, Etermax, nunca se terían imaxinado poder presumir de ter varios xogos para móbiles con tanto éxito e, ademais, a nivel mundial.
Tras un ano de andanzas celébrano; non só chegaron aos máis descargados en países de fala hispana, se non tamén de fala inglesa, sendo o número un na lista xeral de aplicacións durante varios meses, tanto en EUA como en España.
Preguntados é un xogo tipo trivial onde deberás responder o máximo de preguntas de forma correcta antes de que remate o tempo. As seis temáticas están divididas en cores e representadas por un simpático personaxe, substituto do típico queixiño. Responde correctamente a tres preguntas e consigue todos os bonequiños antes que o teu contrincante para poder derrotalo.
O aspecto máis orixinal, e que catapultou a esta aplicación, é a súa capacidade de crecer en contido grazas aos propios xogadores. Pois un dos aspectos máis importantes deste tipo de xogos é manter a novidade e o interese, e iso é moi sinxelo se o fan as mesmas persoas que gozan xogándoo. Así pois, os xogadores poden propoñer as súas propias preguntas e os demais xogadores valorarana, sendo descartadas as que non teñan éxito, xa sexa por erróneas, de mal gusto, etc.
Etermax anunciou que están a desenvolver unha expansión do xogo na que os xogadores poidan crear os seus propios grupos de Preguntados con características concretas, por exemplo, para xogadores de certa idade ou con certa temática. Estes grupos competirán entre si por alcanzar o éxito.
Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Non nos informan, pero o ébola segue existindo |
|
 Aínda que Teresa Romero se curase e os telexornais non abran con conexións en directo no hospital de Alcorcón ou o Carlos III, o ébola segue existindo. Si, aínda que pareza mentira seguen morrendo miles de persoa a causa deste virus.
Somos hipócritas. Tremenda e horrorosamente hipócritas. Agora xa non nos preocupa o ébola. Xa non está en España, ou iso cremos. Son moitos os que pensan: "Axudar para que? Informarnos ben sobre esta enfermidade para que? Se nós, o solidario e próspero primeiro mundo, non somos África; iso que o curen os voluntarios que van alí que saben a que se expoñen, faltaría máis. Por suposto, se algún médico ou enfermeiro se contaxia en África axudando aos enfermos do ébola, que non veña, non vaia ser que nos infectemos todos".
Segundo a última noticia da Organización Mundial da Saúde xa son 20.081 as persoas infectadas, das cales 7.842 morreron. O sistema sanitario de Serra Leoa, Guinea e Liberia colapsou polo ébola en só un ano. Pero deseguida poñeremos como escusa que eses países non teñen infraestruturas nin a hixiene axeitada.
Vaia, ademais de hipócritas, resulta que tamén somos egoístas.
Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato |
|
|
|
Anxo Quintana xunta en Santiago preto de duascentas persoas na presentación en sociedade do colectivo Somos Nós |
|
 Fai catro meses o exlíder do BNG e exvicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, agora centrado na súa faceta profesional de asesoría internacional de empresas, lanzou a idea de que era necesario articular un movemento social en defensa do país e co galeguismo como bandeira para que Galicia non sexa como A Rioxa ou Murcia.
Coa súa presentación en sociedade de Somos Nós, onte, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, aquel movemento colle pulo, non só cun manifesto que aposta por traballar para que Galicia teña representación política forte en todas as institucións, senón coa firma de persoas con representatividade na vida social e con tirón.
O manifesto, que está a ser difundido na comunidade autónoma por un pequeno grupo de promotores, segue crecendo día a día e permitirá que se visualice" que a sociedade civil participa "ao lado" dos partidos nacionalistas para que Galicia teña "dinámica propia".
Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Como 25 anos de Photoshop cambiaron a realidade |
|

O programa de edición de fotografías Photoshop cumpre 25 anos convertidos en símbolo de imaxes retocadas que alteraron a forma na que percibimos a realidade e xerou innumerables polémicas.
«Hai 25 anos se querías aparecer montado nun león na túa postal de Nadal tiñas, de feito, que subirte enriba do león; pero chegou Adobe co seu Photoshop e logrou salvar millóns de vidas», bromeaba esta semana o humorista estadounidense Jimmy Kimmel.
As primeiras versións do programa de edición que saíron á venta no ano 1990 permitían realizar unha edición básica, pero as edicións posteriores melloraron de forma drástica, ao permitir manipular a cor, crear varias capas con imaxes superpostas, borrar engurras e outras imperfeccións na pel, ademais de estreitar cadeiras e estilizar brazos entre outras moitas cousas.
Adobe, a empresa creadora de Photoshop, celebra hoxe a popularidade dun dos seus produtos estrela.
«Durante 25 anos, Photoshop inspirou a artistas e deseñadores a crear imaxes dunha beleza sen igual», afirmou nun comunicado Shantanu Narayen, presidente de Adobe.
Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
|
|
|
|
|
|
|
|
|