Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Subástanse obxectos de Joey Ramone.
Tras unha vida de claros e oscuros, entre chaquetas de coiro e música punk-rock, o día 15 de abril do ano 2001 deixaba este mundo un dos homes máis importantes e representativos da cultura popular musical do século XX. Un home que, a finais dos anos 70, conseguira recuperar parte do vello rock and roll dos anos 50, sumarlle un alto grao de poder revolucionario e demostrar ao mundo que, non é necesario ser un instrumentista virtuoso para triunfar no mundo da música. Este home foi Joey Ramone, vocalista da lexendaria banda de punk-rock, The Ramones.
Actualmente, doce anos despois do seu pasamento, o seu irmán menor Mickey Leigh ten pensado por a subasta a colección de discos de esta icona da rebeldía. Esta conta con algúns dos discos máis míticos da historia do rock, coma poden ser : Are You Expercienced ? de The Jimi Hendrix Experience, Lust For Life, de Iggy Pop ou o traballo homónimo do grupo The Doors. A subasta ábrese en 500 dólares (372 euros), prezo que será enormemente superado tendo en conta o valor de esta reliquia.
A subasta non botará o peche cos traballos discográficos, Leigh tamén ten pensado subastar outras pertenzas persoais do cantante, coma poden ser : A súa mítica chaqueta de coiro, varios modelos de guitarras, algunha que outra camiseta, as gafas de sol e, aínda que pareza incrible, o seu pasaporte.
Esta é, sen dúbida, unha das novas máis importantes que nos chega de Joey Ramone, de quen non oiamos falar dende o ano pasado, cando se publicou o seu disco póstumo Ya Know?. Quen dera que esta nova se repetise pola merca de un de nós de esa colección, de discos impresionantes cun valor sentimental, social e icónico incalculables.


Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2013 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
A violencia de xénero, aínda máis silenciada no rural
Menos información, máis presión e máis medo á hora de denunciar, dificultade para que se respecten medidas xudiciais como ordes de afastamento e peor acceso aos recursos dispoñibles son algunhas das barreiras que afrontan as mulleres que sofren o drama da violencia de xénero no medio rural.

Diferentes estudos e expertos na materia coinciden en que, aínda que é imposible coñecer se a prevalencia do maltrato é maior ou menor no medio rural, abordar e atallar estas situacións é máis difícil lonxe das grandes urbes.

A investigadora da Universidade de Salamanca Marta do Pozo sinala a Efeagro que "as diferenzas son totais", especialmente pola falta de información, unha situación que se está intentado mellorar con charlas divulgativas en núcleos urbanos e mesmo coa edición dun libro, que se distribúe gratuitamente, no que se trata a violencia de xénero e igualdade no medio rural.

"Hai unha maior presión sobre as mulleres para ocultar o maltrato que viven, ao ser un medio máis pechado, posto que as relacións de veciñanza son máis intensas e senten que facelo público afectaría ao ámbito," asegura a publicación, titulada Violencia de xero igualdade no medio rural. No outro lado da moeda, "os maltratadores séntense menos cuestionados polo seu ámbito, pois cren que gozan do respecto dos seus veciños e que non se inmiscirán no que acontece dentro de casa".

"Fan falta investimentos para mellorar o acceso aos recursos", solicita unha investigadora Para acabar con esta situación, os expertos recomendan sensibilizar a poboación para que identifique a violencia dende estadios iniciais e para que os homes fagan ver o agresor que non son os seus cómplices e mostren a súa desaprobación. Entre os consellos incluídos nesta publicación insístese en que as mulleres o falen con alguén de confianza e pidan o asesoramento dos profesionais e, en caso de que non haxa no núcleo rural, o fagan aínda que sexa por teléfono.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2013 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ás editoriais galegas cústalles defender os seus autores


Tras quince anos lanzando textos, asegura que nos sorprendería saber o baixo custo dos exemplares tendo en conta o esforzo investido. Considera que a lingua galega está sendo ?acosada e reducida a unha especie de gueto en favor de posturas monolingües en castelán? e subliña que os que son realmente lectores ?nunca renunciaran á obra en papel?.

Irene Penas leva as rendas da editorial Everest Galicia dende hai 15 anos. O segredo do seu éxito está no seu amor pola lectura, no seu empeño e nas duras xornadas de traballo onde non se mira o reloxo. O seu é un oficio absorbente aínda que agradecido: "Para a maioría dos editores non abonda o tempo que se pasa no despacho, porque a maior parte del témolo hipotecado con reunións, chamadas e correos de todo tipo". Irene Penas fala claro ó recoñecer que, "co paso do tempo, moitos dos mellores editores dedícanse a ?publicar? no canto de a ?editar?, só para ter un pouco de vida social ou privada".

Asegura que para "editar" cómpre que che guste moito este oficio, doutra maneira, "non se podería soportar e facilmente acabariamos por tirar a toalla e optariamos por publicar, actividade máis enriquecedora economicamente e menos problemática, pero que non aporta nada desde o punto de vista persoal". Neste intre, no que algúns prognóstican o final da era Gutenberg, Irene Penas, amósase optimista. "Se editamos libros de calidade, sobreviviremos".


Magdalena Sepa Vázquez



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2013 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
O nacionalista Jorquera critica que Feijóo só "se pon de perfil" fronte á corrupción no PP
O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, criticou hoxe ó presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, por "porse de perfil" ante a investigación de varios casos de presunta corrupción no seu partido e exhortouno a "aclarar os indicios".

En declaracións telefónicas a Efe, Jorquera opinou que Feijóo, que é tamén o presidente do PP de Galicia, en lugar de "escudarse en que non tiña responsabilidade", debería investigar os "indicios" do exsecretario de organización desa formación Pablo Crespo sobre suposta financiamento ilegal do partido.

Apuntou Jorquera que aínda que Crespo exerceu ese posto no PPdeG cando o lideraba o entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, Feijóo asumiu o cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do Goberno autonómico galego cando o exsecretario de organización "era membro do consello de administración de Portos de Galicia".

Crespo foi imputado hai agora un ano pola Audiencia Nacional, xunto a outras dez persoas máis, por ser considerado como o "número dous" da denominada trama Gürtel, unha suposta rede de financiamento ilegal do PP.

Nunha entrevista a Alberto Núñez Feijóo, que publica hoxe o xornal 'La Voz de Galicia', cando lle preguntaron o presidente do PPdeG por se se van investigar as contas de 1999, onde figura un pago de Pablo Crespo de 21 millóns de pesetas á dirección nacional do PP, responde: "o señor Crespo, cando eu cheguei ó PP, levaba moitos anos desaparecido de alí".

Consultado por se iso é desentenderse, matiza: "eu non me desentiendo de nada, clarifíquese todo, e con toda intensidade. Pero admitirá -di ó xornalista- que teña certas dificultades para contestar cousas que pasaron cando eu nin militaba no PP".

O que si fai é dar a súa opinión persoal: "que me alegro moito de que ese señor (Crespo) desde o ano 99 non teña máis relacións co Partido Popular de Galicia. Un acerto da anterior dirección, sen dúbida".

A pesar diso, Jorquera insistiu na súa conversación con Efe en que "Feijóo, en lugar de exercer a súa responsabilidade á fronte do PP e esclarecer eses indicios de financiamento ilegal do PPdeG, escúdase en que el non tiña responsabilidade no momento" do presunto financiamento ilegal do partido.

Nese sentido, observou o político nacionalista que ante a "indignación cidadá" sobre os supostos casos de corrupción, Feijóo "debería abrir un proceso" para "aclarar os feitos".

Respecto doutras declaracións de Feijóo ó diario 'La Voz de Galicia' nas que acusa a membros do seu partido, o BNG, de retratarse con formacións proindependentistas vascas e considera que "iso non é coñecer Galicia", Jorquera respondeu que lle sorprenden" ese tipo de comentarios.

Subliñou que non alude persoalmente a el e engadiu que "Feijóo si parece máis preocupado de ter unha continua presenza en Madrid e en participar en faladoiros da dereita que nos problemas de Galicia".

Así mesmo, precisou que lle parece "compatible" que a súa formación teña reunións con outras forzas políticas que reivindican o "dereito dos pobos a decidir" e expón "outros modelos para saír da crise" económica.


Jorge Vázquez Docarme
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-02-2013 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
O gas radón é a causa do 10% dos casos de cancro de pulmón

O gas radón, cuxa concentración alcanza niveis elevados en diversas zonas de Galicia pola presenza de granito no chan, é o segundo factor que entraña risco de padecer cancro de pulmón despois do tabaco. Segundo o profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago (USC), Juan Miguel Barros Dios, os estudos realizados na comunidade desde 1992 indican que "o 9% dos tumores están relacionados en exclusiva co radón". A porcentaxe dispárase e "alcanza o 25%" cando unha concentración alta deste gas nun inmoble se conxuga co consumo de tabaco. O responsable do Laboratorio de Radón de Galicia participou nunha xornada divulgativa en Santiago na que censurou a falta de implicación das administracións á hora de incluír nos códigos técnicos de edificación os pasos a seguir para illar as vivendas fronte a este fluído que se expande polo aire en terreos rochosos.

Nesta charla aberta ao público na que Barros presentou o libro ?Radón e cancro de pulmón' tamén participou o profesor da Universidade de Cantabria, Luis Santiago Quindós, quen solicitou a colaboración cidadá para completar un mapa sobre a concentración deste gas en casas de todo o país, que se integrará despois nun estudo europeo. Segundo explicou, a lexislación española unicamente obriga aos empresarios a realizar unha medición nos centros de traballo para comprobar os niveis. Con todo, non se entra na necesidade de estender os controis ás vivendas unifamiliares, a pesar de que "está cientificamente comprobada a correlación entre o radón" e os tumores pulmonares, unha enfermidade que cada ano provoca máis de 20.000 mortes en España. Tendo en conta que case o 10% teñen na súa orixe o radón, o científico comparou o escaso impacto desta problemática coa alarma que xeran os accidentes de tráfico que anualmente causan uns 2.000 falecementos.


Sara Álvarez González
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2013 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os Grammy, máis castos e con aire ?indie?
Uns Grammy con aire alternativo e castos. Así se presenta a 55.ª edición dos premios da música americana, que se celebran a próxima madrugada en Los Ángeles. Artistas como The Black Keys e Frank Ocean parten como os presuntos triunfadores da noite, con seis nomeamentos cada un, entre elas a de mellor disco do ano.

Todo nun clima de, tamén presunto, decoro. A cadea CBS, a encargada da retransmisión, pediu ás figuras que asistan ao evento que coiden o seu vestiario «Os glúteos e peitos femininos deben estar adecuadamente tapados», rezaba a invitación. Á espera de saber se se acatará a orde, o que si trasluce é un certo aire de renovación. Non é que estean nomeados Beach House, Swans ou Animal Collective, pero o feito de que se aposte por artistas como The Black Keys (o grupo de culto masivo do momento), Frank Ocean (estandarte do novo r&b) ou os folkies Mumford & Sons parece marcar unha liña respecto das superestrellas que adoitaban reinar, tipo U2, Lady Gaga ou Madonna.

A gala comeza ás dúas da mañá (hora española) e poderase ver en www.grammy.com. Este ano non a emitirá ningunha canle nacional de televisión.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-02-2013 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
«O principiño» chega aos 70

O 6 de abril cumpriranse 70 anos da primeira publicación de Llepetit prince, a obra máis coñecida do escritor e aviador francésAntoine de Saint-Exupéry (1900-1944) e un dos grandes éxitos literarios do século XX. O personaxe cumpriu sete decenios, superando así en idade ao amigo a quen o autor dedicou o libro, Léon Werth, quen entón contaba 65 anos. Claro que unha cousa é o tempo biolóxico e outra moi distinta o tempo literario. Saint-Exupéry aclarou que era o Werth «pequeno» a quen dedicaba unha historia que escribiu en Nova York, exiliado dunha Francia ocupada polos nazis, na que o seu amigo pasaba fame e frío e necesitaba de consolo. Se «todas as persoas maiores foron primeiro nenos», como pregoaba o autor, O principiño non sufriu o desgaste cronolóxico e librouse dese proceso de decepcións encadeadas que chamamos crecer. A súa lectura, para moitos, segue sendo unha forma de regresar á mirada que permite intuír o elefante dentro da boa e non ver simplemente un chapeu.

É esa dualidade de obra poética de fondo filosófico vestida de conto infantil a que fai que O principiño creza cos seus lectores. Ou, máis ben, son eles os que crecen e o libro non, pero cando volven a el en cada momento vital diferente, as súas páxinas fálanlles de modo distinto. A brillante peculiaridade das metáforas empeza a despexar as súas incógnitas, que comezan a revelar os seus segredos e a recolocar algúns dos conceptos apresos. O paradoxo consiste en profundar cos anos nos significados dunha obra que, en esencia, pon en dúbida as supostas bondades dos valores do mundo adulto.

A pesar de que como adulto a súa vida foi breve, Saint-Exupéryespremeuna a fondo. Viviu con paixón a súa carreira de aviador e deixou por escrito algunhas das mellores páxinas sobre o acto de voar: poucas veces concretouse con palabras e con tanta mestría un medio tan etéreo como é o aire. As súas descricións do deserto -onde en 1935 sufriu un accidente que case lle custa a vida- son tamén unha das mellores mostras da literatura de aventuras, xénero ao que entregou títulos memorables comoTerra de homes ou Voo nocturno. O 31 de xullo de 1944 subiu a un avión de recoñecemento e perdeuse no Mediterráneo, fixando así a súa lenda definitivamente no tempo sen tempo dos heroes. «É extraordinario que vivise tanto como viviu», di o escritor británico Robert Macfarlane, quen subliña as conexións ecoloxistas e humanistas que confiren unidade ao conxunto da obra de Saint-Exupéry, dous conceptos que a conectan con xeracións posteriores e, especialmente, a que observa o planeta coa preocupación inherente ao século XXI.

As múltiples lecturas que ofrece O principiño tradúcense tamén nunha maleabilidad do texto, que admite reinterpretacións e adaptacións. Como a recente versión sobre as táboas de José Luis Gómez, que define como un espectáculo «a medio camiño entre Beckett e Saint-Exupéry». A fascinación poloprincipiño é tal que incluso hai quen se sente facultado a escribir a súa propia versión. Un dos últimos foi o escritor arxentino Alejandro Roemmers, quen presentou en outubro do 2011 en Galicia O regreso do novo príncipe. Roemmers valeuse da vinculación de Saint-Exupéry coa Patagonia, xa que foi un dos primeiros pilotos en abrir liñas na zona, para fabular sobre un hipotético retorno austral do escritor francés e, de paso, darlle un final «máis esperanzador» á historia do seu pequeno príncipe.

Outras homenaxes son máis sutís. Libros do Asteroide, un dos selos españois actuais de catálogo máis coidado, toma o seu nome, en parte, do principiño. Así o explica o editor, o vigués Luis Solano: «Non é tanto unha reivindicación do valor literario do principiño canto unha homenaxe a un libro que foi importante na miña aprendizaxe sentimental, que me axudou a definir a miña concepción do sentido da vida; e que fala duns valores (amizade e amor) que son tamén valores que buscamos nos libros que editamos. Eu creo que a boa literatura ten sempre un compoñente moral, porque che ensina a mirar o mundo doutro xeito, a entender mellor o que che rodea, a velo con outros ollos, e nese sentido paréceme que O principiño é exemplar (non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos). Chamarnos así é, pois, un xeito de dicir que O principiño forma parte do noso catálogo».

E por se non bastase o feitizo do texto, están as acuarelas do propio Saint-Exupéry que ilustran a maioría das edicións da obra. Unha das excepcións correu a cargo do debuxante galego David Pintor, quen reinterpretó o personaxe e o seu peculiar universo nunha edición para primeiros lectores por encargo da editorial coreana Agaworld. Unha demostración de que son os novos lectores, estean onde estean, os que rexuvenecen o personaxe.

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2013 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
O meco das Teixugueiras

Conta a tradición oral que ?anos despois da vida dos Tres Reis? un home ía cobrar a renda ás Teixugueiras (Cartelle). Cansos deses abusivos os habitantes do pobo rebeláronse e, nunha das súas visitas, montaron o recadador nun carro por toda a aldea .
Cada Martes de Entroido o carro do meco realiza ese mesmo percorrido. Pola mañá, os veciños van buscar o meco para logo realizar a ?corrida?. Despois de encontralo, colócano nun carro antigo, no extremo atan unha corda e a ela átanlle uns paus para poder tirar del. E dese xeito iníciase a corrida que este ano será en torno ás da doce do mediodía. O carro realizará un longo traxecto por lugares como a Capela, o Campo, o Cótaro... E ás veces os mozos chegan a envorcalo, sen previo aviso contra os presentes.

Noelia Fernández Paradela
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-02-2013 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido de Xinzo de Limia é acreedor ao título de ?Festa de Interese Turístico Nacional?.

Xinzo de Limia ten un Entroido singular. Se nalgunha parte de Galicia se conservou na súa integridade a vivencia profunda do tempo de Entroido é na vila de Xinzo de Limia, que medrou á beira da xa desaparecida Lagoa de Antela.

Figura singular entroido como referencia destacada entre ún dos mellores Entroidos de España e Portugal, e incluso de Europa, polo que o Entroido de Xinzo de Limia é acreedor ao título de ?Festa de Interese Turístico Nacional?. Esta distinción débese, por unha banda, á figura da ?Pantalla?, personaxe central deste entroido que posúe unha gran vistosidade na súa indumentaria e movimentos, batendo as características vexigas e alegrando a festa ao son de campaíñas e axóuxeres.

Por outra banda, tal distinción débese tamén á amplitude do seu ciclo festivo, de cinco fins de semana de duración (Sábado do Petardazo, Domingo Fareleiro, Sábado do desfile e colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata) e tamén á masiva participación popular na festa. Neste entroido é moi difícil atopar a ninguén que, sendo veciño do concello, ande sen disfrazar. Dá igual a idade, sexo ou condición; individualmente ou en grupo, todo o mundo se disfraza.


Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-02-2013 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
PSOE e BNG urxen o acceso da AVE mediante a variante exterior
O atraso na tramitación do tramo de acceso da liña de AVE á cidade, entre Taboadela e a estación, xerou a preocupación dos grupos políticos, que apuntan mesmo a que o Ministerio de Fomento podería estar a analizar a volta ao proxecto inicial de manter o trazado convencional (polo centro da cidade) e descartar a construción dunha liña nova, a 'variante exterior'.
Neste sentido, os deputados socialistas no Congreso Laura Seara eJosé Blanco presentaron onte unha proposición non de lei na que instan ao Goberno a 'garantir que a integración urbana do AVE nacidade de Ourense se realice de acordo co proxecto vixente', é dicir, a variante exterior, que é a que cumpre as características esixidas para ser considerada de alta velocidade.
Os deputados socialistas mostran a súa preocupación por se o ministerio 'está barallando a posibilidade de cancelar ese proxectode aproveitar ou trazado actual', que non cumpre os requisitos dunha liña AVE debido a que presenta numerosas curvas moi pechadas, que impiden que os trens poidan circular máis alá dos 100 quilómetros por hora. Segundo alegan, 'ademais de supoñer un incremento inasumible dá duración dás viaxes de entre Madrid e Galicia, é unha verdadeira aberración ao manter un trazado do século XIX nunha liña do século XXI'.
Na súa iniciativa, os parlamentarios do PSOE recordan que o anterior executivo deixara adxudicada a estación de AVE deOurense en decembro de 2011, e que dende entón non se rexistraron avances na súa tramitación.
A proposición non de lei do PSOE súmase á presentada o pasado martes polas deputadas do BNG Olaia Fernández Dávila e Rosana Pérez, na mesma liña. Segundo argumentaron nunha iniciativa parlamentaria, ' ou Ministerio de Fomento estaría plantexándoseaproveitar vos últimos 15 quilómetros dá vella e obsoleta liña deZamora a Ourense, chea de curvas, que non permitirá velocidades superiores a 100 quilómetros por hora', asegurando que 'distintasfontes de Fomento' apuntaron que se está a barallar descartar a variante exterior.
As deputadas do BNG engadían que o trazado existente é 'un tramo complicado, sinuoso e que non permite velocidades' propias da AVE e de confirmarse esta proposta elevaríase a duración das viaxes entre Madrid e Galicia en máis de 12 minutos.
Tamén apuntaban que o custo estimado para este tramo, máis de 400 millóns, é 'esaxerado' e que Fomento se escusa agora niso para recuperar o trazado inicial.

Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-02-2013 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0