Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Real Madrid gaña o Mundial de Clubes |
|
Co torneo conquistado este sábado en Abu Dhabi, o Real Madrid suma xa sete títulos mundiais, sumando os tres conquistados con formato de Copa Intercontinental (1960, 1998 e 2002) e os catro co actual de Copa Mundial de Clubs (2014, 2016, 2017 e 2018). Hai un ano, a petición da Conmebol, a FIFA aprobou o recoñecemento oficial como campións do seu actual torneo a aqueles clubs que gañaron a Intercontinental durante o case medio século que se disputou, entre 1960 e 2004. O Real Madrid é xa o club con máis títulos tanto no actual formato (catro) como na suma de ambos os (sete), por diante do AC Milan (3+1) e varios equipos con tres títulos, como FC Barcelona (tres no actual, ningún no anterior), Inter de Milán (2+1), Bayern (2+1) ou Sao Paulo (2+1), ademais de Peñarol, Boca Juniors e Nacional de Montevideo (cada un con tres títulos na Intercontinental). En 1960, como xa sucedeu coa Copa de Europa, o Real Madrid foi o primeiro campión da historia do torneo, neste caso derrotando a Peñarol a dobre partido, con ida no Estadio Centenario de Montevideo (0-0) e volta no Santiago Bernabéu (5-1). Naquel partido marcaron Puskas (dous goles), Di Stéfano, Herrera e Gento. Os uruguaios tomáronse a vinganza seis anos máis tarde ao derrotar por 2-0 nos dous partidos aos madridistas que conquistara a sext a Copa de Europa branca.
Rodrigo Míguez Fernández
1°BACH B/N°5
|
|
|
|
Así é Korolev, o impresionante cráter de xeo perpetuo de Marte |
|
Pode parecer unha estampa tipicamente do Nadal: neve recentemente caída acumulada, perfecta para facer bonecos ou simular siluetas de anxos no chan. Pero se a nosa intención é visitala, é posible que nos quede un pouco lonxe (de orzamento e de quilómetros), xa que o cráter Korelev atópase no Polo norte do noso veciño Marte.
A instantánea é un agasallo da misión Mars Express da Axencia Espacial Eurpea, quen enviou a misión ao planeta marciano o 2 de xuño de 2003 para acabar orbitando ao seu ao redor seis meses despois. Este mes cúmprense, precisamente, 15 anos desa fazaña, que axudou a comprender un pouco mellor os fenómenos que ocorren no frío e desértico planeta vermello.
Esta fotografía de Korolev foi captada pola Cámara Estéreo de Alta Resolución ( HRSC) de Mars Express, que comprende cinco «franxas» capturadas en distintas órbitas e combinadas para formar esta imaxe única. Ademais, tamén se desenvolveu outra foto en perspectiva, unha vista topográfica e outra contextual, para obter así unha visión completa do cráter e os seus arredores.
Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1°BACH A/N°13
|
|
|
|
As tecnoloxías ocultaron a inxerencia rusa nas elección estadounidenses |
|

A intervención rusa durante as eleccións presidenciais de 2016 estivo máis presente do reconocido polas grandes tecnoloxías. Dous detallados informes redactados para o Senado de EEUU sinalan que os responsables das principais redes sociais puideron evadir a información prestada no Congreso, segundo ditaminan os borradores aos que accedeu The Washington Post e The New York Times.
O número de redes socias implicadas crece de forma considerable. Agora sabemos que os intentos dos piratas de procedencia rusa continuaron nas elección pasadas cun obxectivo non figurado anteriormente; o fiscal que lidera a investigación da trama rusa, Robert S. Muller. As investigacións realizadas por diversas universidades e empresas privadas revelaron que a actividade de Instragram nesta ?trama internacional? subestimouse. Unha das imaxes subidas a aplicación afirmaba que Mueller avogado e funcionario público estadounidense, traballou para grupos islámicos de carácter radical.
Como esta publicación, circulou un grupo similar nas que se acusaban a altos cargos do goberno norteamericano de corrupción. Formando parte de conspiracións carentes de sentido por parte da federación rusa que pretendían estimular tensións radicais, políticas e económicas nos Estados Unidos durante a campaña presidencial.
Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6
|
|
|
|
VIVAMOS O NADAL! |
|

Boas amigXs.
Aquí estou novamente o día despois da lotería de Nadal, que vaia por diante, non me tocou. Pero, como diría a miña bisavoa, que Deus dea saúde e traballo.
No primeiro estou totalmente de acordo; En canto ao segundo, tería moito que dicir porque como pillara eu ao que inventou o traballo?
Xa estamos de vacacións, aínda que non o semella, e xa podemos con máis ou menos atino, pasear polas nosas rúas e gozar do ambiente de Nadal. As tendas relocen adornadas con grilandas e luces de cores, co Papá Noël nas portas. A iluminación das rúas, con piñeiro incluído na Praza Maior. Non vos decatastes que as luces nas rúas ían aumentando a medida que pasaban os días. O malo disto é que os que visitamos nestes días outras cidades de Galicia puidemos comprobar que a empresa que as colocaba era a mesma e que as que se ían colocando en Ourense, casualmente, xa estaban colocadas en A Coruña por exemplo. Sería unha mágoa que Ourense se proveese das luces de cores que sobran nas outras vilas de Galicia. Pero en fin?
E falando de luces, estou moi anoxada co Concello de Ourense e xa sei que dende aquí non fago nada, pero polo menos desafogo. Levan sen iluminar o paseo que vai dende o barrio do Polvorín ata o Lidl e o Carrefour dende fai mínimo dous meses. Camiñar ás sete da tarde polo sendeiro do río Barbañica supón un auténtico perigo pola falta de iluminación e non penso que esteanmn as cousas como para arriscar a integridade física das cidadás e dos cidadáns que utilizan ese paso, ben para facer as compras ou ben para facer exercicio. Vou deixar aquí o tema porque senón corro o risco de quentarme e dicir o que penso e ás veces, vales máis polo que calas que polo que falas.
Hoxe non pensaba en escribir neste blog xa que ao estar de vacacións tamén vos daba vacacións a vós, polo que me pillades un pouco nos biosbardos. Acabo de chegar de Ourense e dou grazas a Deus porque queda intransitable. Que de xente de aquí para acolá! Chocas con todo o mundo que está facendo as compras de última hora, aturando colas interminables para pagar, os tira e afrouxa que semella que estean nas rebaixas. Nas cafeterías, un balbordo que non se pode tomar un café tranquilo e sosegado. Non se respira! Señoras e señores, tranquilidade por favor, que non se acaba o mundo. Vivan esta época con tranquilidade. Non me asombra para nada que haxa quen diga que non lle gustan estas datas.
Pero non o comparto. A min encántanme. A casa cheirando a leña no lume da cheminea, as películas na televisión, o cheiro a doces, arroz con leite, rosquillas, pan doce? a comida da Noiteboa, todos ao redor da mesa, sen esquecer aos que xa non están pero sen chegar a ser agonías e augarlle a festa aos que temos ao redor.
Gozo o Nadal e aproveito cada momento todo o que podo e con grande ilusión. Encántame os escaparates cheos de luces e grilandas e o movemento que se respira nas rúas e en cada esquina o cheiro a doces, churros. Encántame que a xente poña as súas casas bonitas e porque non, que non falte a tradición do Belén, aínda que por riba da cheminea estea o Papá Noël ben grande, deses que se venden nos chinos de Ourense que teñen unhas patas longas, longas. Encántanme estes días porque á xente espértaselle o seu lado máis solidario; durante o resto do ano semella estar aletargado. Pero que vos vou contar, algo e algo, e se o Nadal serve para que nos decatemos de que ao noso carón hai xente que o pasa mal, pois tamén, que viva o Nadal e compartamos.
Detrás do Nadal ben o Ano Novo e algúns din que é o momento de facer borrón e conta nova. É coma un libro en blanco que temos que ir enchendo coas nosas vivencias, non sempre acertadas, con momentos inesquecibles, coa vida en definitiva.
Rapaces e rapazas, con sentidiño, vivamos o Nadal!
Clara María Domínguez Iglesias
1°BACH A/N°8
|
|
|
|
O fascismo español chega a Bélxica |
|
A policía belga detivo o pasado martes en Bruxas a 29 afeccionados do Atlético de Madrid. Os feitos ocorreron antes do partido de Champions League entre o Club Bruxas e o conxunto branquivermello, que terminou con empate a cero.
Segundo varios medios belgas, un grupo de entre 30 e 40 persoas realizaron saúdos fascistas e logo a maioría deles negouse a acudir ao estadio Jan Breydel baixo escolta policial. Non só iso, senón que estes ultras seguiron facendo apoloxía ao fascismo ante os axentes, que finalmente decidiron deterlles. Pasaron a noite encerrados ata que o mércores pola mañá foron enviados en tren a Bruxelas.
?Desde Madrid informáronnos que se trataba dun grupo de extrema dereita. Decidimos non tomar riscos?, dixo Lien Depoorter, portavoz da policía, tal como recolleu o diario Het Laatste Nieuws. ?Se non o fixésemos continuarían esas expresións no estadio, e non debemos tolerar iso de ningún modo?, engadiu Dirk Van Nuffel, xefe da policía de Bruxas.
O partido en Bélxica entre o Bruxas e o Atlético disputouse sen incidentes. No aspecto deportivo, o feito de non gañar condenou aos homes do ? Cholo? Simeone á segunda praza do seu grupo por detrás do Borussia Dortmund. Pola súa banda, os belgas foron eliminados da máxima competición continental pero disputarán a Europa League ao quedar terceiros.
Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B/Nº5
|
|
|
|
Thylacoleo |
|
Thylacoleo, a fera máis destrutiva de Australia
«Unha das máis feras e destrutoras bestas depredadoras». Así é como definiu ao Thylacoleo carnifex o biólogo e paleontólogo Sir Richard Owen en 1859, momento en que o descubriu nunha caverna do deserto de Nullarbor (Australia). Coloquialmente chamado «león marsupial» -debido a unha mestura do seu parecido con este felino, os últimos fósiles atopados suxiren que tiña unha forte cola que lle axudaba a desprazarse e a sentar sobre as súas patas traseiras.
Así o afirma o último estudo publicado na revista « PLOS ONE» polo equipo de Roderick T. Wells, da Universidade Flinders, xunto con Aaron B. Camens, do Museo de Australia Meridional (ambos en Australia). Os restos achados dun especímen case completo permitiron aos investigadores reconstruír por primeira vez o esqueleto deste animal cuxo nomee científico quere dicir «león con bolsa asasino». Pouco se coñece deste depredador marsupial que viviu na época tardía do Pleistoceno (fai entre 1.600.000 e 46.000 anos) máis aló de que era carnívoro, cuadrúpedo e que medía uns 75 centrímetros de alto por 150 de ancho, ademais de que pesaba en torno os 130 quilogramos. De forma paralela, nos últimos anos tamén se acharon restos doutros «parentes» da familia « Thylacoleonidae», aínda que máis pequenos, como o « Wakaleo schouteni», que tiña o tamaño dun can; ou o « Microleo attenboroughi», da envergadura dun gato. Todos compartían uns premolares moi grandes, con forma de coitela, que usaban para cortar a carne das súas presas.
«Aínda que é o carnívoro marsupial máis grande de Australia, conserva moitas características indicativas da súa ascendencia de herbívoros Diprotodontes (xénero de mamíferos marsupiales de Australia extintos fai uns 46.000 anos) e a súa orixe foi obxecto de considerable debate durante máis de 150 anos», explican os investigadores no estudo. O equipo sinala que a cola do Thylacoleo era ríxida e moi musculosa, permitindo que se usase xunto coas extremidades posteriores a modo de « trípode» para liberar as superiores e poder agarrar os alimentos, como fan os canguros.
Con todo, a pesar do apelido de «asasino» e a crenza de que era un ser temible, posuía unhas costas ríxidas e unhas fortes patas dianteiras ancoradas a fortes clavículas, o que suxire que non era un gran cazador, aínda que si apto para emboscadas ou rescate (animais que caían das árbores), «o que leva á conclusión de que se trataba dun carroñero ou emboscador de presas grandes», sinalan. Ademais, as evidencias tamén apuntan a que era un gran escalador, posiblemente de árbores ou cavernas con paredes escarpadas.
Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13
|
|
|
|
O acordo do Brexit non é negociable |
|
 Bruxelas advertiu a primeira ministra do Reino Unido Theresa May, que conta con poucas posibilidades de lograr novas concesións da UE respecto ao acordo do Brexit. O presidente da Comisión Europea Jean-Claude Juncker anunciou en Twitter que seguía convencido de que ?o acordo do Brexit é o mellor e único posible?. Non hai marxe para volver a negociar, aínda que existe a posibilidade de concretar máis aclaracións. Posteriormente no pleno da Eurocámara en Estrasburgo, Juncker adicouse a reiterar que o pacto entre Bruxelas e Londres non se negociará e aclarou que o club dos vintesete endexamais deixará ladeada a Irlanda.
O martes once de decembro comezou en Holanda a ?rolda europea? da ministra británica, en busca de aliados para negociar o tratado de Brexit. A representante do territorio británico decidiu comezar o seu percorrido nos Países Baixos, debido a que é unha gran aliada política do Reino Unido e un dos países máis atlantistas da Unión Europea. Os holandeses forman parte do grupo de socios fundadores do proxecto comunitario, sendo un dos maiores contribuíntes e un do máis afectados cun Brexit ?duro?. Debido as condicións que se dan en Holanda, May decidiu comezar a rolda co xefe de Goberno liberal Mark Rutte e a canciller alemana, Angela Merkel.
Tras a súa cita coa delegada xermana viaxará a Bruxelas onde se verá co presidente do Consello Europeo, Donald Tusk e Junker a recibirá de forma posterior. O xoves iniciarase un consello decisivo convocada por Tusk, onde os líderes políticos europeos discutirán o que está a pasar. Tusk afirmaba que a pesar de que non se abren negociacións, están dispostos a discutir como facilitarlle a ratificación a Gran Bretaña.
Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6
|
|
|
|
TRANSCENDENCE |
|
Bo día amigXs.
Domingo de choiva, frío? Pode que sexa por iso ou que hoxe estou un pouco máis sensible co tema. Estiven vendo ?a cachos? esta fin de semana, unha película que se titula ?Transcendence?, con Morgan Freeman e Johnny Depp como protagonistas. Johnny Depp encarga ao Dr. Will Caster, investigador de intelixencia artificial que traballa para crear unha máquina que posúa consciencia colectiva e autosuficiente, mentres un grupo de extremistas que se opón ao avance tecnolóxico, márcao no seu punto de mira para evitar que alcance a súa fin. E como na maioría das ocasións, a realidade supera a ficción, abro o ordenador, busco noticias desta fin de semana e atopo en El País, dixital:
Europa prepara aeroportos para drones, corredores aéreos, normas e sistemas de xestión do tráfico
A rede de telefonía móbil servirá para controlar case oito millóns de aparellos voadores.
Un calafrío me invade!
Por un lado, avance, tecnoloxía, era dixital, androides? e polo outro, volver ao antigo, ao vintage, á comida da avoa? poténciase o natural, dáselle máis valor a todo aquilo que nos devolve ás nosas raíces.
Que contraditorios podemos chegar a ser!
En centos de ocasións repetín e volvo a repetirme, que estou a favor dos avances tecnolóxicos e sobre todo, dos avances médicos. Claro que para min, están intrínseca e inexorablemente unidos. Pero son sincera ao dicirvos que me causa pavor ver á velocidade que se fai todo.
A tecnoloxía, é certamente positiva; Axúdanos a resolver problemas cotiás de forma fácil. Só con darlle a un botón accedemos a centos de cousas que fai anos era impensable. E non digamos no mundo das comunicacións, a telefonía móbil é certamente valiosa, podemos comunicarnos con calquera persoa, en calquera lugar do mundo, de forma fácil, rápida e cómoda.
Pero sexamos realistas, cada vez somos máis cómodos e en certo modo, inútiles. Estamos acostumados a que todo o resolvan as máquinas co problema que isto supón porque, sabedes que se non utilizamos as neuronas, chicXs ATROFIÁNSE!
Onde queda o bo costume de ler un libro en papel? para que, se agora con ter unha aplicación no móbil, por exemplo, Kindle app, xa solo tes que escoitar!
Escribir, coller un lapis e papel, facer un esbozo? para que, se agora o teu ordenador ten programas boísimos que o fan en 0 coma.
Os móbiles? que bo invento utilizado para a súa auténtica finalidade. Pero que perigo! Cantas persoas, sobre todo adolescentes e cativos e cativas, cada vez a idades máis novas, están enganchadXs ás redes sociais e a exhibir publicamente toda a súa vida e intimidades persoais e familiares? Co perigo engadido que isto conleva.
Podería seguir así un cento de anos, ben, case. Poñendo exemplos do porque a tecnoloxía nos está derrotando. Non a usamos debidamente e pode supor un auténtico perigo.
Coma sempre, a historia repítese, e os mellores inventos e os mellores avances tecnolóxicos poden acabar por revelarse contra a especie que os desenvolve. Neste caso, o ser humano.
Non podo deixar de esquecerme neste momento daquela máxima de Hobbes, ?o home é un lobo para o home?. O único interese polo que o home en canto persoa, se une en sociedade, é para sobrevivir. Pero aquí tamén xorde un problema debido a que nese instinto de defensa, movémonos guiados por intereses egoístas, somos intolerantes e posesivos. Por outra banda, tamén recordo a Jean Jacques Rousseau que pensaba que ?o home é bo por natureza e que é a sociedade quen o corrompe?. Ao final é todo o mesmo. Vivimos nunha sociedade en que cada persoa loita polo seu propio interese, por manterse nun status, cuns privilexios a costa de todo e de todos. Ensínannos dende cativos a competir, como única forma de acadar os nosos sonos e obxectivos nesta vida. E claro, aquí xorde a cuestión. Aquela persoa que teña a suficiencia habilidade para ?aproveitar? esta circunstancia e utilizala ao seu favor, será o ou a que chegue a controlar, vamos dicir, a situación, adecuándoa ás súas ideas e expectativas mentres o resto da ?especie?, quedará á súa mercé.
Sinto, hoxe levanteime no plano derrotista! Pero sempre queda un indicio de esperanza.
Esperemos que o ser humano sexa capaz de acadar todos os logros e avances que sexa capaz de soportar. Que os utilice da forma correcta e para acadar fins que o fagan ser máis feliz, para amosarse así mesmo que a natureza humana é boa e solidaria.
E preparáidevos para dentro de nada ver coches voando.
Agora xa non vale aquela frase ?viches un burro voando?, agora serán drones e coches.
Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8
|
|
|
|
Protesta contra o bispo Munilla para embarcar no "business hotel" |
|
Un grupo pertencente á diocese de San Sebastián denunciou as "accións autoritarias do Bispado" é a decisión de "embarcarse na empresa de hotel", transformando dous edificios que posuía no alén, con "unha completa falta de criterios evanxélicos."
Os membros deste grupo, chamado "Sen detrás da batería diocese-Elizbarrutiarekin" concentráronse hoxe na Catedral do Bo Pastor de San Sebastián, onde publicaron un manifesto en lamentar "a dirección equivocada de que está tomando o enderezo do Obispado ".
Os críticos do proxecto para transformar o edificio en 26 apartamentos curia licenciado de hoteis e propósito para facer algo semellante coa propiedade que actualmente serve como residencia para Don José Ignacio Munilla, e algúns sacerdotes xubilados.
Este grupo tamén se refire a un plan para derrocar a parroquia de Todos os Santos, situado na provincia de Inchaurrondo, e construír unha casa, "non-público-privadas," para persoas maiores.
"Todo isto está a suceder nunha diocese onde cada noite durmir fóra case 150 persoas e onde están continuamente chegando emigrantes retornados por Francia na fronteira de Irún", di el.
El resalta que cando outras dioceses "comezar a promover 'planta social' para persoas sen teito escoitando os repetidos chamamentos do Papa Francisco para acoller os que están fuxindo da fame e guerra", a diocese guipuzcoano "embárcase negocios hoteleiro aproveitando o boom turístico de San Sebastián ".
"Podemos pensar de forma diferente e promover varios estilos pastorais, pero o que non podemos ir contra o Evanxeo de xeito manifestamente. Nas nosas comunidades cristiás, mulleres e homes están falando estes días dun escándalo da Igrexa, difícil para entender. "
Este grupo ignora "se alguén é realmente preocupante sobre esta pequena diocese de Roma ou da Conferencia Episcopal Española," pero decidiu facer pública a súa protesta porque cre que son "cada vez máis" os que ven que "xa está tocando o futuro da fe cristiá no noso pobo ".
Adrián Osorio Míguez
1ºBACH B/Nº8
|
|
|
|
Os colexios médicos de España alertan do declive da primaria |
|
 Non son os 25 xefes de centros de saúde de Vigo. Non son os profesionais dos puntos de atención continuada de Galicia. É toda a atención primaria.A porta de entrada ao sistema de saúde, o alicerce da sanidade deteriórase de forma «progresiva e continuada», din os colexios médicos de toda España. Porque os conflitos que vive Galicia durante estes últimos meses repítense noutras comunidades autónomas. A asemblea xeral do consello xeral destes colexios reuniuse este fin de semana en Madrid e entre outras actuacións emitiu unha declaración de apoio e solidariedade «ás reivindicacións dos médicos de atención primaria, que coinciden coas que defende esta organización».
Nun decálogo, os colexios denuncian o abandono deste nivel asistencia, a carencia de médicos, a precariedade e a sobrecarga asistencial. Piden tempo e recursos para atender aos pacientes. «Unha atención primaria debilitada e sen alta capacidade de resolución lastrará todo o noso sistema sanitario público».
Paula Vázquez Dacruz 4ºB
Entre as peticións que recolle o comunicado figura aumentar o diñeiro que se destina á sanidade pública. O 7 % do PIB cun avance anual no apartado da primaria. E elevar as prazas mir de medicamento de familia e pediatría para permitir a reposición dos médicos que se xubilarán proximamente. Finalmente a asemblea reclama un monográfico do Consello Interterritorial do SNS para abordar todos os problemas que aburan á atención primaria. |
|
|
|
|
|
|
|
|