Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Megaxove, a alternativa de ocio durante a ponte |
|
Expourense acollerá un ano máis un total de 8.000 metros cadrados de actividades para todos aqueles nenos que queiran acercarse ó recinto durante a ponte da Constitución (desde mañá ó mércores). A día de hoxe, 3.230 pequenos xa confirmaron a súa presencia activa en Megaxove. A pesar de que a maioría proceden de Ourense, tamén se acercarán outros chegados de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Castela e León e, incluso, Portugal.
Son 45 os postos de institucións, agrupacións ou firmas que forman parte da XI edición do certame, das cales aproximadamente o 60% están relacionadas con actividades deportivas. Entre as propostas de este ano destacan o circuito de educación vial, a ciberaula, e o tiro con arco, como actividades permanentes. Outras, como o 'cross', que é unha das máis demandadas con 800 inscritos, terán horarios.
Todos estes datos foron aportados polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, que presentou Megaxove ante os medios de comunicación xunto ó xefe do servizo de deportes da Xunta, Mario Guede; o concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, e a concelleira de Xuventude, Marta Arribas.
Esta última señalou Megaxove como un lugar de 'convivencia entre adolescentes e preadolescentes', onde os pais poden deixar ós pequenos 'con total tranquilidade' durante horas. Varela, pola súa parte, afirmou que o esforzo económico 'é importante', pero tratándose dos máis novos 'débese continuar'. 'Ademais de divertirse, os rapaces aprenden', continuou o concelleiro. Todas as actividades de Megaxove son gratuitas e contribúen a potenciar deportes minoritarios.
María Gutierrez 2º Bach A |
|
|
|
As peripecias do mozo Konrad |
|
Sarabela Teatro estreou onte no Teatro Principal unha proposta para o público infantil, pero co valor añadido de ser unha montaxe con clara vocación familiar: Konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas. Unha montaxe dirixida por Ánxeles Cuña que naceu a partir da obra de Christine Nöstlinguer. Nárrase a historia dunha fabrica que elabora cativos perfectos e como un destes cativos, Konrad, acaba por equivocación na casa do matrimonio formado por Berta Barlotti e o Señor Égon. Cando Konrad xa é protagonista do entorno familiar e do barria abrese un novo esceario cheo de incognitas ó confirmarse o error do envío.
Sarabela Teatro adica a montaxe de Konrad a memoria de Suso Díaz, responsable de iluminación e escenografía da obra.
Esta obra estara os dias 3 e 4 no Teatro Principal de Ourense
Elena Fernández 2º Bach A |
|
|
|
O Concello inaugura o Centro Cívico da Cuña, que pón a disposición dos veciños máis de 1.600 m2 de instalacións para actividades sociais e culturais |
|
O edificio pón á disposición dos veciños unhas novas dependencias con 1.600 m2 de superficie para acoller o desenvolvemento de todo tipo de actividades de carácter cultural e social: tanto as organizadas polo Concello como as que propoñan os propios veciños, ademáis de servicios como os de sala de lectura, ludoteca, sala de xogos e sala de Informática con acceso a
O Centro abre tódolos días de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 21:30 horas, de luns a sábados, contando cunha ludoteca que abre de luns a venres de 17.30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.
O Centro Cívico da Cuña inicia a súa andaina ofertando diferentes actividades organizadas polo Concello para todo tipo de públicos coas seguintes propostas:
1) Actividades para nenos
Ocioteca: espacio para nenos de 3 a 8 anos. Estará aberto de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. Serán atendidos por un monitor nun espacio equipado con xogos, libros e material escolar.
Reforzo escolar: para nenos de 8 a 12 anos. Serán tres días á semana, unha hora ao día, de 18:00 a 19:00 horas.
Actividades para nenos/as os sábados: para nenos de Infantil e Primaria. De 11:00 a 13:30 horas. Actividades variadas para que os nenos aprendan e se divirtan.
2) Novas tecnoloxías
Curso de Iniciación á informática e Internet: curso de 50 horas de duración para todas as idades e para persoas sen formación en novas tecnoloxías.
Curso de Informática Multimedia: curso de 50 horas de duración para todas as idades. Manexo de programas informáticos de fotografía e elaboración de videos.
Obradoiro de Seguridade en Internet: de 4 horas de duración, dirixido a persoas de todas as idades. Instalación de software de seguridade, protección frente a virus, etc.
ACTIVIDADES LÚDICO-DEPORTIVAS
Curso de Bailes de Salón: latinos e estándar. Dirixido a persoas de todas as idades. As clases serán de unha hora e media de duración os sábados pola tarde.
Curso de danza oriental: para persoas de todas as idades. O programa completo son 20 sesións, unha hora por semana en horario de tarde.
Curso de danza pais/nais e fillos/as: para pais/nais cos seus fillos/as de idades entre 8 e 12 anos. Clases dunha hora de duración os sábados pola tarde.
Curso de ximnasia de mantemento: para todas as idades, dous días á semana en horario de tarde, unha hora cada día.
Os requisitos para apuntarse a estes cursos e actividades son: facer a inscrición correspondente e estar empadroado en Ourense. Todos son gratuítos.
Carmen Meire Pérez 2ºBach B
|
|
|
|
O programa Universidade Popular do Concello de Ourense recibe un premio a nivel de toda España en recoñecemento ó seu labor formativo para adultos |
|
O programa Universidade Popular do Concello de Ourense, que desenvolve a Concellería de Educación, vén de recibir o recoñecemento do Ministerio de Educación, que concedeu ó proxecto ourensán a mención honorífica dos Premios Miguel Hernández, un certame ó que tódolos anos concurren iniciativas formativas desenvolvidas por institucións públicas ou entidades privadas en todo o territorio español.
A resolución do Ministerio de Educación, xa publicada no Boletín Oficial do Estado supón un recoñecemento a este programa da Concellería de Educación do Concello de Ourense, que dirixe a concelleira Ana Garrido. Unha iniciativa que cumple 15 anos de traxectoria formativa dirixida a adultos, e no que participan 1.800 persoas no curso 2010/2011.
Os premios Miguel Hernández é unha iniciativa que desenvolve a Dirección Xeral de Formación profesional do Ministerio de Educación, que ten como obxectivo ¿recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e á supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como o labor realizado por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que poda xerar o progreso científico e tecnolóxico.
A edición 2010 foi convocada por resolución de 16 de abril de 2010 da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional do Ministerio de Educación. O Concello de Ourense concurriu co proxecto Universidade Popular, 15 anos educando, que obtivo a mención honorífica, nunha convocatoria na que o primeiro premio recaeu en Iniciatives Solidaries polo proxecto Espacios educativos para a integración.
O programa Universidade Popular oferta no presente curso 2010/2011 un total de 70 actividades formativas e de lecer para adultos sen límite de idade máxima. O programa ven rexistrando un constante incremento, tanto na súa proposta de actividades como no número de participantes. De feito, este ano propón 10 actividades máis que no curso anterior, e participarán un total de 1.800 ourensáns, fronte ós 1.268 do pasado curso 2009/2010. O programa municipal tamén renova constantemente a súa oferta de actividades, e este ano inclúe 25 cursos que son novidade fronte ó anterior.
Fátima Carballo Río 2ºBach B |
|
|
|
Novacaixa e a ansia por saír á bolsa sitúan a Galicia na vangarda financeira estatal |
|
A galega xa traballa en unidade, mentres o SIP de Caixa Madrid se fará esperar a enero.Dos estreas de éxito na mesma xornada sitúan a Galicia na vangarda financeira española, malia a crise. O primeiro é o de Novacaixagalicia, que onte vivía unha segunda xornada sen incidentes, na que o director xeral, José Luis Pego, e o adxunto executivo, Javier García de Paredes, se desprazaron a visitar as sucursais das súas localidades de orixe, Ferrol e Ribadeo, respectivamente.
Transmitiron proximidade. Ao longo da mañá, ambos os dous executivos continuaron o seu percorrido por Pontedeume, Abadín, Vilalba ou Miño, para converxer pola tarde na oficina principal de Novacaixagalicia na Coruña. A toda o seu equipo lle transmitiron que as súas "portas e teléfonos están abertos". Dende Vigo, en cambio, o alcalde Abel Caballero, aplaudía que Caixanova siga levando a voz cantante na nova marca comercial -aínda que vaia íntegro tamén Caixa Galicia-, mentres o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, instou a defender con decisión" a recente fusión, avalada pola axencia Moody's, que constatou que están mellor xuntas que por separado.
A falta dun mes para o fin do prazo do Banco de España para pechar todas as fusións de caixas en marcha, Galicia xa fixo os deberes. Coñeciamos onte que o maior SIP de España recibía luz verde dos Gobernos de Madrid e Castela e León: a integración de Caixa Madrid, Caixa de Ávila e Caixa Segovia con Bancaja, Caixa de Canarias, Laietana e La Rioja. O banco que as unirá xestionará os 340.000 millóns en activos, con Rodrigo Rato á cabeza. Empezará a funcionar en xaneiro de 2011, polo menos un mes máis tarde que a unión pura das caixas de aforro galegas.
Ao bo ritmo da Nova Caixa únese o éxito da última saída a Bolsa galaica, a da consultora tecnolóxica Altia, que se estreou tamén o mércores no Mercado Alternativo Bolsista (MaB) e suma dúas xornadas a alza. Constantino Fernández, o seu presidente, explicaba onte esta relevante aposta no Encontro do MaB que a Escola de Finanzas da Coruña desenvolveu no Club Financeiro Atlántico.
Christian García González 2ºB
|
|
|
|
O Galeoke anima a cantar en galego para o Nadal |
|
Facer karaoke con Berrogüetto, The Homens, Uxía Senlle ou Projecto Mourente, cun sistema de puntos que permite artellar competicións. Esta é a proposta do Galeoke, un produto que se presentou a pasada fin de semana no Culturgal e que pretende chegar ás tendas este Nadal na forma dun DVD. Aitana Cuétara, unha das responsables do proxecto, explícanos como funciona o karaoke e os vindeiros proxectos arredor desta iniciativa. Se queres ir probando o Galeoke, podes participar no noso sorteo de catro códigos promocionais que che permitirán descargar o programa e probar unha canción desde a páxina deste proxecto.
Alba Muñoz 2ºBach B |
|
|
|
|
|
|
|
|