Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O futuro enerxético da Terra, ¿está na Lúa?
Esta nova obra de Frank Schätzing, de 1.374 páxinas na edición que acaba de saír, está moi na liña das súas anteriores obras: céntrase nun tema relacionado co medio natural e a partir de aí desenvólvese unha trama na que manexa moi ben o suspense ó longo do texto.
Frank Schätzing, nacido en 1957 en Colonia (Alemaña) é escritor e director creativo dunha axencia de publicidade así como músico, produtor musical, e mesmo cociñeiro. Como escritor, a súa novela Der Schwarm (El quinto día en castelán, tamén publicada por Editorial Planeta) acadou un grande éxito internacional, xa que se venderon máis de tres millóns de exemplares en todo o mundo.
O seu segredo é seguramente prestarlle moita atención a temas de máxima actualidade e combinar elementos clave deses temas para elaborar un texto ameno co que se consiga manter o interese ata o final, independentemente da súa lonxitude ?probablemente ese era tamén o segredo de Xulio Verne, o coñecido escritor francés que conseguiu que moitas das súas obras sigan a ter máis dun século despois de ver a luz un gran número de lectores e lectoras?. Mais Schätzing recoñece nas entrevistas que está máis influído polo cine que pola literatura, por directores como Kubrick, Spielberg ou Welles, máis que por grandes escritores.
En Límite o eixe da trama é a enerxía, e especialmente entendida como forma de conseguir ou manter o poder. A novela está ambientada nun futuro próximo no que as tradicionais fontes de enerxía ?coma o petróleo? están case esgotadas e as fontes das renovables non son suficientes para satisfacer a crecente demanda que existe na humanidade.
Polo tanto hai que buscar outras novas formas de obter enerxía, algo que se podería conseguir na Lúa. Resulta que se atopa no satélite natural da Terra o helio-3, un elemento que sería un combustible alternativo dunha grande eficacia e ó mesmo tempo sen que ?indica a novela? produza efectos nocivos para o medio natural: a idea é traelo á Terra para procesalo en centrais de fusión xunto co hidróxeno, de xeito que se lograría unha fonte de enerxía "sustentable".
Así, no ano 2025 un empresario británico multimillonario está a piques de inaugurar o seu hotel lunar Gaia e decide invitar posibles investidores para un proxecto aínda máis grande que o do hotel lunar: converterse no primeiro extractor e distribuidor de helio-3, creando na práctica un monopolio que lle asegure acadar un enorme beneficio.
Para facilitar a empresa promoveu a construción dun ascensor espacial que fai posible a realización de viaxes practicamente instantáneas entre a Terra e a Lúa. Mais para comezar na Lúa a extracción de helio-3 precisa aínda moito máis diñeiro. Por se fose pouco, o seu proxecto industrial axiña provocará a cobiza de múltiples colectivos: desde as mafias ata conglomerados de empresas que poñen por diante o seu beneficio e mesmo Gobernos que aspiran a coller a súa parte da torta.
Explicaba o autor nun recente encontro dixital na web de www.rtve.es que se o seu anterior bestseller, El quinto día, estaba ambientado no espazo interior, é dicir nas profundidades dos mares e dos océanos, pola contra en Límite acompañamos os protagonismas na dirección contraria o espazo exterior, o cosmos, pero recoñecía que nos dous libros "a xente busca respostas acerca das grandes incógnitas do futuro en espazos vitais descoñecidos".
Aínda que sitúa a acción de Límite dentro duns quince anos, para que pensemos que poida ser factible o que nela pasa nunha época moi próxima a nós, o escritor estima que a evolución tecnolóxica pode non ser tan rápida nuns aspectos coma noutros ós que se refire na novela, pero si agarda que moitas das tecnoloxías ou outras semellantes estean dispoñibles ó longo do século XXI, superando así novos límites que non acadara antes a humanidade nin sequera nas viaxes espaciais e que ó mellor hai unhas décadas eran impensables. Uns límites que tratan de traspasar os protagonistas do volume, ir máis alá do coñecido nunha trama que se ensarilla pero que ó cabo o que nos conta é a vella loita polo poder, se acaso transformada para que na base segue a ser iso.
Schätzing, que está estes días promocionando o libro e que xa conseguiu que se estea a falar moito del en webs dedicadas á ciencia pero tamén en moitas centradas na ciencia ficción, anuncia que non ten polo de agora ningunha idea para escribir a seguinte novela da súa carreira literaria, pero se seguimos a súa traxectoria seguramente non tardaremos en ver chegar ás librerías un novo libro co seu nome.


Míriam López 2do BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2010 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Aprobada unha iniciativa socialista para declarar ben de interese cultural o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada
O Grupo Parlamentario Socialista presentou no Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada unha proposición que se debateu na Comisión 4º do Parlamento na que reclaman; que se declare a colección do Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside como incluída no catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Ademais solicitan que se inicie o antes posible a tramitación do correspondente expediente que determina a aplicación inmediata e provisoria do réxime de protección prevista na lei para os bens xa catalogados. E sobre todo que as pezas permanezan unidas. A iniciativa, que foi transacionada, foi aprobada por unanimidade.

Na presentación da iniciativa parlamentaria estiveron presentes o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, xunto co portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, o deputado da Comarca Francisco Cerviño, e os responsables locais do PSOE de Sada. Os socialistas aseguraron sentirse "moi honrados" coa presencia de Díaz Pardo neste acto.

Leiceaga dixo que o Grupo Sargadelos esta sometido a unha tensión empresarial notable, "algo que afecta tamén a parte patrimonial, cultural e de preservación do seu legado". Lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista presentou diversas iniciativas na Cámara Autonómica, a que se presenta sobre o Museo galego de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, e outra iniciativa na que se solicita que se inicien axiña os expedientes para declarar Ben de Interese Cultural os recintos dos complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos, ligados ao Laboratorio de Formas, incluíndo as coleccións e bibliotecas neles contidos.

O portavoz socialista reclama a administración autonómica que preserve este patrimonio cultural "para que non se poña en risco o patrimonio mobiliario e inmobiliario co fin de manter e preservar a súa unidade".

Pola súa banda o deputado Francisco Cerviño explicou polo miúdo a iniciativa e afirmou que a proposta partiu da agrupación socialista de Sada. Subliñou que hoxe o museo é visitado por mais de 10.000 alumnos cada ano, e constitúe no seu conxunto unha mostra inigualable e única da historia da arte contemporánea en Galicia, e polo tanto, é indivisible, para non perder o seu carácter didáctico e de ilustrador histórico, e máis alá do seu importantísimo valor material.

"As vangardas artísticas están aquí, as de antes da guerra e as de despois da guerra², espetou Cerviño. E aludiu as declaracións do Conselleiro de Cultura sobre o ensimesmamento da cultura galega ³quen esta ensimesmado é el", proclamou.

No que se refire ao Laboratorio de Formas (LF) e os complexos do Castro de Samoedo (Sada) e Sargadelos (Cervo), asevera que constitúen un conxunto de bens materiais e inmateriais que "polo seu recoñecido valor propio², por iso deben ser ³considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo".

Os socialistas tamén amosaron a súa solidariedade cos traballadores de empresa e reclamaron á Xunta que ofreza unha solución á situación do grupo.


Luis Manuel López Almonte 2do Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Unha antooxía en inglés repasa 800 anos de literatura galega
Entre os poemas Sedia-m'eu na ermida de San Simón (século XIII) de Meendinho, e Venus (2006), de María do Cebreiro, transcorreron oito centurias. E estes son tamén os marcos temporais de Breogán's Lighthouse, a antología de literatura galega coordinada por Antonio de Touro para a editorial londinense Francis Boutle que onte se presentou en Santiago. Desde fai dous meses xa se pode atopar nas librerías dos países de fala inglesa.

Dous ensaios abren Ou faro de Breogán. Manuel González, director do Centro Ramón Piñeiro, describe a situación sociolingüística actual. Para trazar o panorama literario, De Touro recorreu ao profesor Luciano Rodríguez. "Un gran equipo", explica o editor. David Clark, Alan Floyd, Anne McCarthy, John Rutherford, Juan Casas e Ana Gavín traballaron na tradución dos 285 textos de 150 autores incluídos. "foi un traballo moi laborioso, que levou máis de dous anos", afirma Antonio De Touro.
O proxecto partiu dunha invitación da editorial inglesa ao editor. "Tratábase dun ofrecimiento para unha das súas coleccións, Linguas menos usadas de Europa", fai memoria, "e tardei en decidirme, xa que coñezo ben a literatura galega, pero non é a miña especialidade".

Fai uns meses, Galaxia e Xerais coeditaron outra grosa mostra das letras galegas en inglés, baixo supervisión de Jonathan Dunne. Pero, ao contrario que Breogán's Lighthouse, os últimos exemplos recolleitos datan de principios dos oitenta.

Emilio González 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
?FAREMOS A LINGUA MÁIS VISIBLE?
Cando os obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) parecían esquecidos, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo rescatounos onte para enmarcar nel a campaña Xantar Compostela. A campaña, que pretende achegar o galego ao sector da gastronomía e fomentar o seu uso na clientela destes locais, inclúe máis de 200.000 manteis que repartirán polos 1.500 establecementos da Asociación Hostalaría Compostela.
A iniciativa, impulsada pola asociación e por Política Lingüística, en colaboración co Concello de Santiago, trata de"facer visible" a presenza do idioma e favorecer a "súa oferta positiva" á clientela da cidade compostelá.
Repartiranse catro modelos de manteis para amenizar en galego o tempo de espera antes de degustar a comida nos locais hostaleiros. Dous deles incluirán pasatempos para os nenos, que disporán de caixas de lapis de cores para facer un debuxo pola parte de atrás. Así mesmo, haberá un modelo con sopa de letras para o colectivo adulto e outro con vocabulario en castelán, galego, inglés, francés e alemán para a poboación estranxeira.
Anxo Lorenzo destacou que esta campaña cumpre "bastante ben" aqueles aspectos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento se ben, posteriormente, cando Alberto Núñez Feijóo acadou a presidencia da Xunta, o Partido Popular (PP) relegouno a un papel orientativo. Para Lorenzo, a campaña ofrece unha visión "positiva" do idioma para o cliente autóctono e potenciar a "visibilidade" do galego como "patrimonio cultural" entre os estranxeiros.
Lorenzo resaltou, nesta liña, a importancia de incentivar a lingua propia de Galicia no ámbito socioeconómico e económico, ademais de na actividade turística e comercial vinculada a este sector. Tamén lembrou que con esta actividade "chove sobre mollado", xa que o Concello de Santiago desenvolveu "un traballo pioneiro" na normalización e impulso da lingua galega no terreo da hostalaría compostelá. Así, amosouse disposto a "estender esta iniciativa a outros lugares de Galicia".

Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Amplíase a IX edición da Bienal de pintura
O Concello de Verín confirmou onte a ampliación, ata o 13 de decembro, da convocatoria da 'IX edición da Bienal de pintura do Eixo Atlántico'. A decisión tomouse tras as numerosas peticións de ampliación do plazo, recibidas nos últimos días, motivadas, en parte, polas dificultades detectadas no novo sistema de envío web das obras.
A bienal de pintura, que este ano permite a participación de artistas naturais e residentes en Galicia e o Norte de Portugal, é un acontecemento artístico de primeira magnitude xa que, ademais de promocionar aos artistas da eurorrexión, se consolida como unha das tres mellores exposicións itinerantes de pintura da Península Ibérica.
O certamen, que na súa última edición contou cunha treintena de obras escollidas, é unha das primeiras actividades transfronteirizas iniciada fai xa 15 anos co obxetivo de impulsar a creatividade dos artistas e a creación, valor engadido no patrimonio artístico da eurorrexión.



Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Tres galegos, entre os premiados coas medallas de ouro ao Mérito do Traballo
O Consello de Ministros aprobou hoxe a concesión de 35 medallas de ouro ao Mérito do Traballo, 34 título individual, das que tres recaeron no pontevedrés Gonzalo Adrio, a viguesa Martina Fernández e Ventura González, leonés que desde moi novo reside en Vigo.




A concesión destas medallas, a proposta do ministro de Traballo, Valeriano Gómez, ten como obxectivo premiar e destacar o mérito dunha conduta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo, informou o Goberno.




Gonzalo Adrio naceu en Pontevedra en 1919, exerceu a avogacía durante máis de sesenta anos, foi parlamentario autonómico e é especialista na memoria histórica e na recuperación dos falecidos durante a guerra e a represión franquista, detallou a Delegación do Goberno en Galicia nun comunicado.




Martina Fernández é viguesa e cotizou 53 anos á Seguridade Social; e Ventura González naceu en 1925 en Valderrey (León) pero desde moi novo reside en Vigo, onde desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito da alimentación, e entre as súas iniciativas destaca a creación da sociedade VEGALSA-Grupo Eroski.




Ademais, entre os galardoados a título individual atópase o ex presidente do Congreso Gregorio Peixes-Barba, a quen se lle premia o seu dilatado labor como catedrático e político en defensa dos dereitos humanos e a democracia.




Tamén recibiron medallas pola súa longa vida laboral traballadores como Julio Muñoz Sánchez, que cotizou á seguridade social durante 65 anos, ou a profesora de ensino secundario Soledad Sanz Pedrezuela, quen estivo a traballar ata os 70 anos e 3 meses, cando se acolleu ao retiro forzoso.




Rosa Alonso Rodríguez, que durante varias décadas desenvolveu un inxente labor de exhumación e de difusión dos escritores canarios, ademais de fundar o Instituto de Estudos Canarios, foi outra das premiadas, xunto a Jaime Garralda Barreto, máis coñecido como o pai Garralda, por pór en marcha durante moitos anos unha rede de axuda a colectivos necesitados.




A medalla de ouro ao Mérito do Traballo de carácter colectivo foi para o grupo Fundosa, división empresarial creada pola Fundación ONCE, pola súa xestión nos programas de formación e emprego e polo seu empeño en abrir portas á integración de persoas con discapacidade.



Julián Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega presenta «Galiza», ensaio inédito do escritor Manuel María
A Fundación Manuel María elixiu onte a sede da Real Academia Galega para presentar un dos traballos inéditos do escritor de Outeiro de Rei, falecido no 2004. O libro Galiza, elaborado en 1987 por encargo dunha editorial catalana, é unha especie de enciclopedia breve dirixida á xuventude para dar a coñecer a comunidade galega dende un punto de vista diferente. «Sintetiza o seu coñecemento de Galicia do autor que fala sobre xeografía, economía, música, arte... En poucas páxinas temos unha síntese moi completa do noso país», explicó Xosé Ramón Freixeira, membro da Fundación Manuel María.

Con relación ao estilo, Galiza se inicia co encontro de varios mozos fillos de emigrantes en Xenebra que se preguntan cómo é a terra dos seus pais. Entre todos acordan preparar cada un unha parcela concreta (economía, historia...) para poñela máis tarde en común.
As páxinas interiores están ilustradas por Xosé Covas e recollen fotografías de Manolo Graña. «Aínda que é un libro escrito a fináis dos anos oitenta, está de plena actualidade», señaló Freixeira. «Amosa o gran amor e coñecemento que sentía Manuel María por Galicia».

Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-12-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
?Era único"
Lois Pereiro, o autor ao que se lle dedicará no 2011 o Día das Letras Galega, enche xa os andeis das novidades editoriais e convértese na grande aposta poética para o nadal. Non é moi frecuente que a difusión dos autores homenaxeados co 17 de maio comece cando aínda non se apagaron os ecos do seu antecesor -Uxío Novoneyra, neste caso-, pero as dúas editoriais que publicaron a poesía do escritor monfortino -Positivas e Espiral Maior- decidiron tomar a dianteira. Aínda que o poeta monfortino non ocupaba un lugar central no panorama dos anos oitenta ou noventa, o director de Positivas considera que "é unha das voces que máis influíu (e inflúe) nas novas xeracións. Na época dos 80 era unha voz única. Quizais o seu lugar é ser único, independente, distinto. A súa obra foi moi ben acollida polos lectores e mesmo polo resto dos escritores e da crítica. E que se esgotasen rapidamente os seus libros denota a importancia da obra de Lois, o interese que suscitaba e a influencia nos que ansiaban cambios na poesía galega. Lois é transcendental na poesía e na literatura galega". Vista xa cunha certa perspectiva, e en vésperas do día das Letras, a poesía de Pereiro conserva, ao ver de Macías, a súa intensidade e, se cadra, esa distancia permítelle observar "novas sensacións que daquela non sentía, e constatar que o interese pola súa poesía non diminuíu. Creo que as imaxes habituais en Lois, o mundo da súa poética, segue moi vixente, moi actual". O libro, escrito en galego, castelán, alemán, inglés e francés -idiomas que o poeta dominaba- aparecerá probablemente este mesmo mes de decembro. "Conversa Ultramarina", asegura o editor, "pon ao descuberto ao Lois máis humano e intenso, as súas preocupacións, os seus medos, as súas amizades, o amor, os amores, as ansias de xustiza, o seu día a día. A Conversa ultramarina fai que entendamos mellor a Lois. E, ademais, e á marxe de todo o anterior, é outra gran obra literaria de Lois. E única".

Andrea Estevez, 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta ten o decreto sobre o galego:

A responsabilidade pola educación da Xunta, Xesús Vázquez, bateu a fóra esta mañá co titular de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, os principios orientadores do novo decreto sobre o uso da linguaxe en educación, que será agora presentada no sectorial educación, o Consello Escolar ea Consell Consultivo para proceder á aprobación polo goberno da Comunidade.

A base do texto establece un equilibrio conxunto entre o galego eo castellano. Na fase infantil, o ensino está feito no idioma predominante, que será a consulta previa coas familias antes de cada curso. Ao mesmo tempo, incentivar a aprendizaxe de idiomas non-dominante en cada aula.

Na Primaria, Media curso Coñecemento serán impartidas en galego, e Matemáticas, en castellano. O centro vai decidir a asignación dos restantes obxectos, equilibrar o tempo, a cada catro anos.

Algo semellante ocorrerá Secundario: Xeografía e Historia Social, Ciencias Naturais e Bioloxía e Xeoloxía ten galego como lingua, mentres Matemáticas, Tecnoloxía, máis física e química, fará o mesmo co castellano. A distribución nos outros asuntos seguirá o mesmo proceso anterior.

O Profesional High School e segue o principio do equilibrio cuantitativo e cualitativo das dúas linguas oficiais.
Cada centro terá a obriga de realización dun Plan de Desenvolvemento de Linguas Estranxeiras. As familias poden solicitar que certos asuntos bloquear lingua vehicular como lingua estranxeira, en especial o inglés, ata un máximo dun terzo do tempo lectivo.

Os estudantes poden falar en calquera idioma en clase, tanto en orais ou escritas (excepto os cursos de idiomas).


Yago Eirey,1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica
Arquivo VisualUnha exposición no mueseo municipal da cidade de Ourense amosará o traballo dos artistas entre os anos 1870 196o, recuperará a memoria histórica dos seus fotógrafos e dos artistas da imaxe que están vencellados ao seu devir e ao dos ourensáns. O proxecto leva tempo en marcha e materializarase en febreiro do vindeiro ano, de feito as datas que están reservadas para esta exposición no Museo Municipal de Ourense son do 17 de febreiro ao 22 de marzo do 2011. Do proxecto que está a desenvolver o colectivo Arquivo Visual Ourensán daba conta o fotógrafo e comisario de exposicións Xosé Luís Suárez Canal na apertura da mostra Pano de fondo no centro social de Caixanova, na Praza Maior.
Suárez Canal, que comisariou Pano de fondo xunto a Manuel Sendón, anunciou que un proxecto como o que se pode visitar dende hai días en Caixanova, aínda que só referido a Ourense, será disfrutado polos veciños da cidade no futuro próximo «da man de Pastor Fábrega, Rafael Salgado e o Arquivo Visual Ourensán».
Pastor Fábrega recoñecía logo das palabras de Suárez Canal que o proxecto no que traballan «o que fai é ir recopilando fotos antigas de edificios, persoas, grupos políticos, actividades sociais e todo o que teña que ver coa cidade de Ourense, dos anos 60 e 50 para atrás. O noso obxectivo é escribir a historia da fotografía profesional en Ourense para que os ourensáns teñan noticia da cantidade de fotógrafos que houbo aquí e que coñezan os seus traballos». A mostra que se poderá ver no Museo Municipal de Ourense a partir de febreiro do 2011 tamén incluirá «cámaras profesionais e outro tipo de cámaras fotográficas que fomos conseguindo e tres decorados dos que se empregaban antes para facer as montaxes: imos ter un daqueles que se semellaba que ías nun barco e o da avioneta, ademáis de outro decorado do tipo pano de fondo, para que as persoas que visiten a exposición se podan facer retratos con estes decorados como se facía antigamente».
Rafael Salgado e o colectivo Arquivo Visual Ourensán teñen tamén un blog, que se chama Ourense no tempo, no que se poden ver esas imaxes antigas da cidade de Ourense.

Uxía Paz Prieto 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-12-2010 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0