Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O prestixio do Galego
Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística, estivo presente na inauguración do ?Ciclo Lingua e Xuventude, un debate para o futuro? que tivo lugar na Deputación de Ourense, onde afirmou: ?o galego xa ten un prestixio cultural consolidado, agora cómpre insistir no seu prestixio social?. Por outro lado, tamén dixo: ?é importante a actitude, para superar vellos prexuízos que, por sorte, a sociedade galega xa vai deixando atrás. Debemos contribuír a dar unha imaxe positiva do galego e dos seus falantes, como vía imprescindible para afianzar o seu prestixio social. Compre vencellar o galego á modernidade e aos intereses dos máis novos.?
Incidiu tamén en que para o fomento da lingua galega todas as liñas de actuación son importantes, así como todos os sectores sociais e todas as persoas.El afirmou que ?aquí ninguén sobra para prestixiar e darlle forza social ao galego. Ao fío disto, fixo fincapé na importancia de transmitirlles a lingua galega ás novas xeracións de falantes e de crear espazos de uso e de aprendizaxe da lingua galega, unidos ao lecer, á modernidade e aos intereses dos nenos e dos mozos, co fin de promover unha imaxe positiva do galego e sensibilizar á xente sobre a súa utilidade e o valor do noso idioma.
A Deputación de Ourense promove o Ciclo no marco do convenio que mantén a política lingüística a prol do uso da lingua galega. A través deste marco de colaboración, a Deputación está a impulsar actividades de formación en galego e máis da dinamización social da lingua propia de Galicia , dirixidas aos concellos da provincia de Ourense, moitos dos cales carecen de servizo lingüístico de normalización.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Xa son máis de 3.000 as reclamacións presentadas nos aeroportos Galegos.

A falta de datos de Aena, xa son máis de 3000 as reclamacións presentadas polos viaxeiros nos tres aeroportos Galegos, das que uhas 2500 corresponden a Lavacolla e máis de 600 o Alvedro, según fontes consultadas.
A terminal compostelana, onde se iniciou o paro dos controladores, recobraba onte pouco a pouco a normalidade. Non habían cancelacións as primeiras horas, ainda que sí certos retrasos. Nalgunha aerolinea queixabanse de que as demoras ocasionabanse pola concesión dos controladores de máis slots de despegue(reserva de tempo para realizar as maniobras) dos realmente necesarios. Este feito, que se viña xa producindo dous meses antes do paro, chega a provocar retrasos de hasta unha hora nas salidas. Tal tensión xerouse que unha empreada de Iberia levou un ramo de flores de parte dos traballadores da compañía aos controladores, dándolles as grazas por facer tan ben o seu traballo e deixar que os demáis tamén o fagan.
Mentres Lavacolla recobraba o seu pulso, no despacho de Aena había un goteo constante de viaxeiros que facían as súas reclamacións. O número destas é tal que chegaron a esgotarse as follas oficiais, polo que o persoal tivo que facer fotocopias. Un considerable número de papeis amontoábase no despacho a espera do curso oportuno.
RAQUEL IGLESIAS MEIRIÑO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO XOÁN XIII
Francisco Fernández del Riego, histórico galeguista, un dos impulsores do Grupo Galaxia e o gran anovador da Real Academia Galega, faleceu onte á tarde no seu domicilio de Vigo aos 97 anos de idade. Dende que se coñeceu a noticia, as mostras de pesar e as gabanzas a súa histórica figura convertéronse nun torrente que percorreu todo o país. ?A súa longa traxectoria definiuno tanto no plano político como no persoal?, explicou Méndez Ferrín, quen lamentou o seu falecemento dende un nivel moi persoal.
A admiración na RAG foi manifestada onte por varios membros da institución e todos destacaron o seu papel como gran anovador. "Sen lugar a dúbidas foi un pai da patria, un gran renovador para a Real Academia e da súa man saíu do letargo no que estaba sumida a institución. Foi a gran beizón para a RAG?, explicou o académico Manuel González.
O seu impulso na Real Academia Galega foi unha das constantes escoitadas onte en todo o país. ?Díxeno moitas veces: Fernández del Riego significou para a RAG unha especie de Xoán XXIII. Deu lugar a unha serie de transformacións esenciais?, explicou o académico Francisco Fernández Rei. Nese mesmo sentido, manifestouse o presidente da Academia. ?Se non fose polo papel que el xogou, eu nunca sería académico. El foi quen decidiu que na Academia entrase quen tiña que estar e acabou cos vetos que sufrín eu como antes sufriu Celso Emilio ou Novoneyra, que nunca chegou a entrar?, recoñeceu Ferrín.
A súa pegada na RAG foi tan destacada que a sensación de perda é enorme. ?A súa presidencia marcou un antes e un despois. Foi un gran loitador pola súa dignidade e sentimos agora mesmo unha gran orfandade?, explicou onte Xosé Luis Axeitos, secretario da RAG, que suspendeu o plenario e os actos que tiña previsto celebrar hoxe.
A institución da lingua que se amosa a súa vontade de axudar a familia en todo o que precise para despedir o insigne intelectual. ?A Real Academia Galega ponse ao servizo da familia para todo o que dispoña?, explicou Axeitos. A familia indicou xa que a vontade de Fernández del Riego era que, a súa marcha, non se producise ningunha grande cerimonia e que todo a súa despedida se fixese na intimidade. ?A familia quere respectar esa petición?, explicou Freixanes, que estivo onte cos familiares do intelectual.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
A fundación Luis Seoane examina a cultura contemporánea
A través dunha serie de obradoiros organizados pola Concellería de Mocidade e a Universidade Invisíbel

A fundación Luis Seoane da Coruña acolleu dende hoxe venres unha serie de obradoiros sobre cultura contemporánea organizados pola Universidade Invisíbel e patrocinados pola Concellería de Mocidade do Concello de A Coruña. Os Obradoiros de Cultura Contemporánea constitúen un marco no que analizar tanto os diferentes formatos dos que se nutre a produción cultural hoxe en día coma os retos aos que ésta se enfronta. Nos obradoiros analizaranse conceptos como as licencias abertas, os cambios producidos pola aparición, difusión e acceso a determinados recursos tecnolóxicos, a posibilidade de compartir espazos de debate e intercambio cultural non físicos, etc.
Os Obradoiros de Cultura Contemporánea deron comezo coa intervención do Teatro Resoante, ás 10:00, e as diferentes actividades extendéronse ata ás 21:00. Mañá 4 de decembro,para os que non puideron asitir hoxe, a sesión dará comezo ás 12:00, coa presentación da instalación Popmetrópolis e rematará ás 20:30.
LUGAR: FUNDACIÓN LUIS SEOANE. PROGRAMA:
Venres 3 decembro
10 horas: VJ Historia do cinema (teatro resoante)
12 horas: Arte sonoro & fonografía (alg-a)
17 horas: Contra as cartografías (proxecto derriba)
21 horas: sesión DJ & VJ (mdmme cell + freeswl; no Patachim)

Sábado 4 decembro
12 horas: presentación da instalación POPMETRÓPOLIS (Ergosfera)
16:30 horas: charlas sobre produción cultural (interveñen: YProductions
[BCN], Antón Fdez. Rota, Man_Hauser, Culture Workers)
20:30 horas: concerto Iku Lobi Ocha (Carlos Suárez)
ESTER FENANDEZ PAREDES
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Aníbal Malvar: ?Afastar o galego do portugués foi un erro propiciado pola dereita?
O autor publicará o seu novo libro, titulado La balda de los miserables, en castelán
O escritor e periodista Aníbal Malvar leva doce anos sen levar ningunha obra nova ás librarías. Ese longo tempo de silencio rematará proximamente coa publicación dunha novela: ?La balada de los miserables?. Considerado un dos mellores autores da súa xeración, publicou a súa primeira obra cando contaba 26 anos. A partir de aí apareceron varias novelas de serie negra. As súas obras máis coñecidas foron A man dereita e Unha noite con Carla , coas que gañou varios premios.Estes días participou na Semana Auria de Ourense (anteriormente falado) para amosar o seu punto de vista sobre a literatura histórica.
Aníbal pensa que se pode facer a mellor novela do descubrimento de América datada en 1736. ?O rigor histórico na novela histórica non é necesario; si, pola contra, o rigor sentimental coa historia que estás contando?. Existen arquitectos que só queren facer grandes obras e grandes catedrais. Hai arquitectos que só queren facer casas para que a xente viva. Os escritores, igual. Hainos que queren escribir para vender libros e hai escritores que queren facer outro tipo de cousas. Aníbal, é ese escritor de novela negra, pero opina que ese xénero sempre foi moi comunista, moi de facer un xuízo da sociedade para denunciar os excesos do poder, entón aquí hai un dato importantísimo, un escritor pode ser magnífico sen ideoloxía.
Aníbal opina que todos os xornalistas,coma el, son escritores. O xornalismo é un xénero literario, non hai dúbida ningunha. Antes falabamos de ficción ou non ficción, pero é un xénero que o manexas como non ficción. El non criticou outra cousa que o feito das galescolas, que son innecesarias como serían innecesarias as españolaescolas, porque o galego ía bastante ben sen enfrontamentos. Crear unha plataforma educativa só co feito de defender algo significa acabar con iso. Pero o que está claro é que o galego está en situación de inferioridade fronte ao castelán e, para evitar a súa desaparición, cómpre tomar medidas, porque o galego ten tres millóns de falantes potenciais e o castelán moitos millóns máis. O que ocorre é que tivemos un erro político xa hai moitos anos, que foi afastar o galego do portugués, que é a nosa lingua. Nós pertencemos a cultura galego-portuguesa. É dicir, o galego en si mesmo é unha creación, a supervivencia dun alimento que só nace entre tres millóns de habitantes e que debe ser mantido.
A súa próxima creación literaria despois de 12 anos sen escribir sairá agora en castelán, La balada de los miserables, ambientada nun poboado xitano de Madrid. Ademais conta o noso amigo, sintese coma un intruso ao estar fóra e perder o contacto coa lingua.

ESTER FERNANDEZ PAREDES
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Aconsellan que Ourense potencie o seu patrimonio para crecer como destino cultural

A imaxe cognitiva que o turista ten de Ourense como destino é aceptable. Ao visitante interésalle a gastronomía local, a súa forma de vida e tradicións de gran atractivo e os lugares de interese histórico e cultural. Tamén ten unha imaxe boa do ourensán, o que ha de ser aproveitado na oferta. E, por suposto, destacan a súa vida nocturna e entretemento. Son datos dun estudo realizado polos profesores Susana Díaz, María Elisa Alén e Diego Rodríguez-Toubes, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, presentado na celebración do doce Seminario Hispano Luso de Economía Empresarial que se está celebrando no campus desde onte.

Os autores analizan a imaxe do destino turístico Ourense a través da interpretación cognitiva das percepcións, crenzas e coñecementos que ten o visitante e a interpretación emocional do consumidor. Quen nos visita di que Ourense non é lugar adecuado para organizar reunións, congresos ou convencións nin un lugar adecuado para facer negocios. Din os autores que por baixo disto se achan as poucas infraestruturas xerais e de aloxamento.

O turista di que Ourense é unha cidade moi pouco divertida. A idea que traen desvanécese e por iso os autores deste estudo aconsellan aos xestores da cidade que melloren este aspecto así como o das actividades culturais e de lecer, que obteñen unha puntuación baixa polos visitantes.

Este traballo universitario aconsella reforzar a presenza do destino Ourense en Internet e alí onde o turista busca información. Fai falta unha boa política de comunicación. Ao turista encántalle o rico patrimonio natural e cultural de Ourense. Por iso aconséllase a súa conservación e a posta en valor do mesmo. É, xa que logo, unha provincia ideal para o turismo cultural. Ten os mellores ingredientes, pero falta elaborar un bo produto.

O visitante que acode a Ourense é español nun 88,8%, ten un nivel cultural alto (71%); é traballador por conta allea (50%) e máis da metade teñen ingresos entre os 1.801 e os máis de 3.000 euros.












Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xavier Estévez presenta a súa película


O Cineclube Carballiño programou para a súa sesión semanal unha cita con protagonismo netamente galego. Para hoxe está previsto o pase da película Retornos, do director noiés Luis Avilés. Desde o Cineclube Carballiño quíxose iniciar unha nova faceta da súa oferta audiovisual invitando a actores, directores, guionistas e profesionais do sector audiovisual. Na xornada de hoxe, na sesión das 20.30 horas, contarase coa presenza do actor Xavier Estévez para presentar a película da que é protagonista. Xavier Estévez atesoura unha importante carreira como actor en teatro, cine e series de televisión.



Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
O museo de Arturo Baltar no centro histórico abrirase nunha data próxima ao Nadal.

A concelleira de Cultura e tenente de alcalde do Concello de Ourense, Isabel Pérez, confirmou onte que a inauguración do museo de Arturo Baltar, situado na praza de San Cosme do centro histórico, realizarase nunha «data próxima ás celebracións de Nadal». Ao mesmo tempo que se ultiman os detalles para a súa apertura, a área nacionalista de Cultura traballa nunha serie de pequenas intervencións na capela de San Cosme, anexa ao novo espazo museístico e onde desde 1982 exhíbese o Belén de Baltar.

A intervención contempla a reparación de dous arcos coa súa limpeza e apontoamento, a protección das pinturas situadas nos ocos laterais, a protección do forxado de madeira do piso superior e a recolocación de dous paneis con pinturas de Xaime Quessada.






Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Freixanes volta a ficción.
Víctor Freixanes, académico da lingua galega e director da editorial Galaxia, volve probar sorte no mundo da ficción, despois de case dúas décadas de silencio literario, con Cabalo de ouros. O autor escribe moito, pero pouca ficción, porque como recoñeceu nunha entrevista a Xornal, cando escribe ficción ?é onde máis son eu. Na ficción atópome comigo, coas miñas pantasmas, coa miña visión de país. E cando escribo ficción, vexo a outra cara da moeda?.
O galardoado escritor ?gañador, entre outros, do Premio Blanco Amor ou o Premio Torrente Ballester?, embárcase nun proxecto ambientado contra finais da década dos 40 e principios dos 50 do século XX na peculiar vila galega de Vilanova de Alba.
O texto conta a extinción dunha localidade que camiña sen freos cara á súa desaparición. Esa vila, que xa aparecía na vella novela de 1984 O triángulo inscrito na circunferencia, é testemuña de tempos difíciles, de posguerra, de fame, de contrabando: era a coñecida como época do wolframio.
Este mineral é o pano de fondo. Pero tamén está o mundo das rías, da desfeita da Guerra Civil, a historia dos superviventes, do maquis, dos especuladores e das vítimas que agocharon a cabeza para tirar para adiante como boamente puideron.
A acción articúlase en torno a unha partida de cartas que se prolonga durante tres días e tres noites ?baseada nun feito real?, entre dous capitáns. Cada un representa un bando, que á súa vez representa os principais intereses da época, como a banca, a igrexa ou as conserveiras.
Víctor Freixanes fala no libro Cabalo de Ouros dunha Galicia xa extinta e manda a mensaxe de que todos nos vamos extinguindo lentamente.

Antia Rivas Oural,1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-12-2010 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Innovación do grupo musical Luar
O grupo de música celta Luar na Lubre escarba na riqueza da música medieval galega, no seu último traballo Solsticio, no que quixeron combinar «as músicas pagás e as que están cargadas de relixiosidade» tan propias destes dous momentos do ano.
O líder e fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero , acompañado polo resto dos compoñentes do grupo, presentou hoxe na Coruña este traballo, co que o grupo galego de música folk recrea elementos poéticos, lendas e metáforas que definen a súa forma de entender a música.
Romero explicou que para a elaboración deste disco, que edita Warner Music, como todos os seus traballos anteriores, manexaron máis de mil partituras do cancioneiro tradicional galego
Explicou que co título do disco quixeron axuntar a tradición pagá do solsticio de verán, cargado de paganismo en case todas as culturas, coa relixiosidade que leva aparellado o solsticio de inverno, especialmente relacionada co cristianismo.
O líder do grupo indicou que darán a coñecer este novo traballo con máis de 20 concertos no 2011 por toda España, que comezará en xaneiro en Alcalá de Henares, e avanzou que tamén realizarán actuacións no estranxeiro.
Romero destacou que Solsticio pecha o ciclo iniciado en 1997 con Plenilunio , que se converteu en disco de platino e é xa un clásico da música folk das últimas décadas.
Neste ano Xacobeo, para o seu novo traballo, Luar na Lubre volve a vista ás Cantigas de Santa María de Alfonso X, ás composicións de Martín Códax e doutros trobadores anónimos, ao Códice Calixtino, ás «cantigas de escarnio e maldicer» e aos cancioneiros galaicoportugueses.
Inspirándose en todas esas fontes, pretenderon pór música á lírica medieval, arranxar composicións da época ou, ata, dar un novo aire a clásicos como o Romance de Don Gaiferos, un romance carolinxio que relata a peregrinación de 1137 do Duque de Aquitania a Santiago, onde morreu ao chegar á catedral.
Desde que en 1985 irrompesen na escena musical galega, este grupo logrou nove Premios da Música, unha cifra só ao alcance de estrelas como Alejandro Sanz, e logrou permanecer como referente no panorama da música celta.


Adrián Lamas 2do Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0