Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A cultura galega aprendeu a facerse grande en silencio |
|
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou no seu discurso con motivo dos Premios da Cultura Galega 2010,que a cultura galega "é poderosa na súa substancia" e "aprendeu a ser grande en silencio."
O Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acolleu esta mañá o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2010, convocados pola Consellería de Cultura e Turismo, ás sete persoas e entidades galardonados no recoñecemento a súa creatividade.
Entre o público asistente non estivo o escritor Agustín Fernández Paz, que aínda que foi premiado na edición deste ano na categoría de Letras rechazou o galardón ó expresarse en desacordo coa convocatoria.
Ademaís de Fernández Paz, no 2010 foi premiada na categoría de Artes Plásticas a artista Menchu Lamas polo seu traballo creativo de recursos expresivos e investigación de linguaxes propios, e o que foi director do Centro Dramático Galego, Eduardo Arroyo, que recibiu o premio das Artes Escénicas polo seu traballo a favor do teatro dramático galego.
A editorial Galaxia recibiu o recoñecemento á Promoción Cultural polo seu labor a favor da expansión da cultura galega, tanto en Galicia como no exterior, mentres que a Fundación Barrié da Maza foi distinguida co premio ás iniciativas en favor do Patrimonio Cultural.
Tamén foron premiadas nesta edición 2010 a Orquesta Sinfónica de Galicia, na categoría da Música, pola súa traxectoria a favor da creación e expansión da música galega, e a productora Vaca Films no apartado de Creación Audiovisual.
Durante su intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recoñeceu o traballo dos premiados a favor da cultura propia, e aseguroy que ?constituen un exemplo que necesita a sociedade galega para crer nas súas infinitas posibilidades e na forza do noso espírito colectivo?.
?Galicia non é só cultura, pero sen cultura non habría Galicia?, subliñou Varela, e añadiu que ?a nosa condición baséase, en gran parte, na nosa lingua e na nosa capacidade de manter modelos de creación artística que, sendo propios, teñan competencia para convivir e, por que non, competir con todas as culturas do mundo?.
Durante as súas respectivas intervencións a artista Menchu Lamas e o conselleiro-delegado de Editorial Galaxia, Manuel Meixide, destacaron a importancia de protexer a lingua galega. A artista viquesa abogou pola necesidade de recuperar o consenso na defensa do idioma. ?Ahí temos que estar todos?, afirmou. Pola súa parte, o conselleiro delegado de Galaxia referiuse a lingua galega como ? a nosa bandeira e a nosa marca de identidade?. Nesta línea indicou que ?a política ten a obligación de construir unha resposta eficaz ós desafíos, non unha resposta partidista, senon integradora?.
Noemí Nieto Blanco 2º Bach A |
|
|
|
Os Premios da Cultura Galega 2010 reclaman "consenso" na cuestión idiomática |
|
Os galardoados na diferentes categorías dos Premios da Cultura Galega 2010, que se entregaron este venres en Santiago de Compostela, reclamaron "consenso" na cuestión idiomática e pediron apoio para as industrias culturais.
Durante unha gala que estivo amenizada pola Orquestra de Cámara Galega e o grupo de teatro 'O Coro da rá', os premiados agradeceron a distinción tanto a ao xurado como á Xunta de Galicia e incidiron nos seus particulares áreas de traballo.
Neste sentido, a pintora Menchu Lamas, premio das Artes Plásticas 2010, asegurou que "calquera país" necesita "do recoñecemento dos seus artistas" e reclamou que se teña o conta a "pulsión" da "cultura propia" e se "recupere o consenso na cuestión do idioma", un tema "no que temos que estar todos".
Na mesma liña, o conselleiro delegado da Editorial Galaxia, Manuel Meixide, --premio á Promoción Cultural-- destacou a "lealdade ao idioma" e a "aposta pola modernidade" da editora, ao tempo que recordou que o idioma galego é "a bandeira" da Comunidade.
"O futuro é o que nos ocupa e nos preocupa", indicou Meixide, ao tempo que reclamou os políticos "unha resposta non partidista". "Existimos como galegos porque existe a lingua propia", sentenciou.
Cora Saburido 2º Bach A |
|
|
|
Análise da obra de Lois Pereiro |
|
Antón Patiño presentou en Compostela o primeiro dos libros aparecidos sobre a figura e a obra de Lois Pereiro, protagonista do Día das Letras Galegas no 2011. Patiño explicou que Radiografía do abismo era un libro no que con «transversalidade se estudaban dende distintos puntos de vista a vida e a obra de Pereiro». O pintor e escritor sinalou que o volume pretendía ser «como unha porta xiratoria dende a que acceder ás distintas perspectivas de Lois».
Patiño asegurou na presentación do libro, na que participaron Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta, e o editor Miguel Anxo Fernán Vello, que había moitas maneiras de mirar a obra de Lois Pereiro: «Dende a vida, dende a música, dende as viaxes, dende os lugares nos que habitou». Por este motivo, explica Patiño que escolleu «unha ollada transversal na que se van contando circunstancias da vida e da obra case en paralelo, pero cada unha delas dende a perspectiva particular».
Antón Patiño asegurou que Pereiro podía lerse como un «poeta dos oitenta, con ese peso romántico e cultural, e por iso no libro ademais de estudalo a el tamén hai unha paisaxe de fondo que ten que ver coa súa xeración e coas novidades que asumiron nunha Galicia en transformación». Esta é a primeira das obras que Patiño publicará sobre o escritor. En febreiro, e tamén con Espiral Maior, publicará Dicionario de sombras, libro no que sistematizará as características da obra do poeta.
Uxía Paz Prieto 2º Bach A
|
|
|
|
Un libro analiza o mundo da violencia sexual e de xénero |
|
Moitos son os avances que se produciron nas últimas décadas a favor da igualdade, pero o problema da violencia de xénero, lonxe de erradicarse, mostra día a día a súa cara máis elocuente na lista de denuncias, e a súa cara máis amarga na lista negra de mulleres asesinadas. Asi, co obxectivo de aproximar o fenómeno da violencia de xénero á sociedade e para crear un espazo de encontró que axude á comprensión deste devastador fenómeno, a vicerrectora do Campues, María Lameiras, e a profesora titular de Dereito Procesal, Inés Iglesias, presentaron onte o libro ?La violencia de género. La violencia sexual a debate?
O acto contou coa presencia de Antonio Dorado, membro da Comisión de Igualdade do Consello Xeral do Poder Xudicial, e Inmaculada Montalbán, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, quen dixo que a violencia de xénero é como unha ?bolsa oculta que todavía non acaba de aflorar porque as mulleres aínda teñen medo de entrar na maquinaria xudicial e de non ter os recursos necesarios para afrontar unha nova vida?.
María Gutiérrez Álvarez 2ºBach.A
|
|
|
|
O Concello de Ourense e DISCAFIS poñen en marcha un novo servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas con discapacidade |
|
O Concello de Ourense, coa colaboración da Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense DISCAFIS-COGAMI, pon en marcha un novo servicio de apoio ás persoas dependentes. A concelleira de Benestar Social, Marga Martín, e o presidente de DISCAFIS-COGAMI- Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense, Constantino Guzmán, presentaron no Concello este novo servizo, que consistirá no préstamo de axudas técnicas, concretamente grúas, ás persoas que, a causa da súa discapacidade física, precisen temporalmente de utilizar estes elementos para realizar as tarefas cotiás. Os beneficiarios disporán destes elementos ata que non os precisen, ben por ter adquirido en propiedade unha destas axudas ou porque remate a necesidade temporal de utilizala.
O programa de cesión de axudas técnicas desenvólvese a traves de DISCAFIS-COGAMI e as asociacións de discapacitados de Ourense. O Concello pón á disposición da Federación estes elementos para que, a través das asociacións, poda cederllos ós asociados que as precisen, temporalmente ata que dispoñan dunha axuda técnica en propiedade ou desapareza a necesidade de usala. O servizo arranca inicialmente con nove grúas, e nace con vocación de continuidade e ampliación, en función da demanda existente e as dispoñibilidades orzamentarias. A asociación receptora comprométese a velar pola boa conservación da axuda técnica, mentres que o beneficiario deberá utilizala de xeito coidadoso e para os fins que lle son propios.
Esta iniciativa xurde dos contactos mantidos por parte da Concellería de Benestar Social coas asociacións de persoas con discapacidade física, como DISCAFIS-COGAMI, AODEM, AFAOR ou Renacer, ás que se consultou sobre qué tipos de axudas eran máis precisas para favorecer o benestar de persoas con discapacidade.
Pola súa proximidade ós usuarios, as asociacións canalizarán as demandas e solicitarán as axudas precisas para a persoa, achegando informe social e médico. Unha vez concedida, asinarase un convenio onde se rexistra a axuda que se cede, a duración da cesión (6 meses con posibilidade de renovación) e os compromisos que supón o préstamo do material. Os requisitos para acceder a estas axudas son ter unha discapacidade física e ser membro dunha asociación, ademáis de presentar os informes médicos e económicos do solicitante.
Míriam López, 2ºA bach. |
|
|
|
PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2010 |
|
O día 17 de Decembro no Pazo de Congresos de Santiago entregáronse os Premios da Cultura Galega 2010, convocados pola Consellería de Cultura e Turismo as sete persoas e entidades no recoñecemento da súas creatividade.
Faltou un galardoado, concretamente o escritor Agustín Fernández Paz, o cal rexeitou o premio na categoría de Letras, expresando o seu desacordo coa convocatoria de ditos galardóns.
En Artes Plásticas a premiada foi Menchu Lamas polo seu traballo creativo; Editorial Galaxia recibiu o recoñecemento a Promoción Cultural polo seu labor en pro da expansión da cultura galega; para a Orquestra Sinfónica de Galicia, na categoría de Música; a produtora Vaca Films no apartado de Creación Audiovisual; Eduardo Arroyo o premio das Artes Escénicas; e a Fundación Barrié de la Maza foi distinguida co premio as iniciativas a favor do Patrimonio Cultural.
Adrián Lamas,2ºA bach |
|
|
|
A Academia lembra a Seoane no cemiterio coruñés de San Amaro |
|
A Real Academia Galega (RAG) homenaxeará mañá a Luís Seoane con motivo do centenario do seu nacemento. O recoñecemento será ás 12.30 no cemiterio coruñés de San Amaro, onde se atopa a súa tumba. "Este acto pretende agradecer a xenerosidade de Seoane co seu país e a Academia desde o punto de vista artístico e desde a militancia política", explica Xosé Luís Axeitos, secretario da RAG.
O evento comezará ao son do histórico coro Cántigas dá Terra que acompañará aos asistentes até a tumba de Manuel Murguía. Alí os académicos lerán os nomes de todos os ilustres que descansan en San Amaro e deixaranse caraveis sobre a tumba do primeiro presidente da RAG.
Logo, dirixiranse á lápida do homenaxeado, onde o actual presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, lerá un discurso. Despois os asistentes poderán visitar as tumbas doutros ilustres galegos e deixar sobre elas un caravel. Para iso, a organización repartirá planos nos que están localizados os sepulcros dos 50 personaxes máis significativos. Entre todos os que "contribuíron a crear un discurso ao redor de Galicia", tal e como os define Axeitos, atópanse personaxes como o fundador das Irmandades dá Fala Antón Villar Ponche ou o poeta Eduardo Pondal.
Luis Manuel, 2ºA bach. |
|
|
|
As análises de mostras do Pórtico da Gloria permiten identificar restos da policromía orixinal do século XII |
|
O Comité Científico do Programa Catedral, reunido este venres en Santiago, ha validado o traballo técnico de análise e estudo sobre a situación do Pórtico da Gloria e, entre outras medidas, aprobou a súa proposta de realizar unha segunda toma de mostras sobre a policromía do conxunto escultórico, tras o descubrimento de restos da policromía orixinal do século XII nalgúns puntos e figuras do Pórtico.
Os datos obtidos até o mes de xullo foron procesados durante o último trimestre polo actual equipo de codirección, dentro do contexto do estudo integral do Pórtico. Os equipos técnicos centran actualmente o seu esforzo en, por unha banda, determinar o seu alcance e, por outra banda, en deseñar os sistemas de limpeza máis idóneos de face ao proxecto de restauración sobre o conxunto escultórico.
Ademais, e tras a análise da información solicitada na fase de estudos e toma de datos realizada entre marzo e xullo pasado, considerouse necesario prolongar un ano a monitorización de condicións microclimáticas e estruturais do Pórtico da Gloria, afectado as filtracións de auga procedentes das cubertas da basílica, especialmente na zona sur.
"Os datos arroxados no proceso de investigación marcan o calendario e a súa adaptación ás necesidades científicas. Debemos ampliar o estudo sobre a policromía, pero tamén o estudo microclimático e estrutural". "Este é por encima de todo, un proxecto científico, e manexamos datos críticos e fundamentais para o diagnóstico, a definición dun plan de conservación preventiva así como da proposta de intervención sobre o Pórtico", indican os coordinadores do Comité Científico Concha Cirurxián e Francisco Prado respectivamente.
A partir da segunda quincena de xaneiro realizaranse novas tomas de micromuestras de policromía e pedra para completar os resultados obtidos até a data, tamén se realizarán probas con diferentes sistemas de limpeza, de fixación de policromías, consolidación superficial e con biocidas que permitirán redactar o proxecto de intervención e para iso montaranse algunhas estruturas da estada orixinal, durante o tempo necesario para levar a cabo os traballos.
Carmen Selina Meire Pérez 2ºB |
|
|
|
Un conto e unha aplicación para dispositivos mobiles completan a curtametraxe do O soldadiño de chumbo |
|
Comezou sendo unha curtametraxe de animación, pero o O soldadiño de chumbo acaba de sacar múltiples caras: un texto ilustrado, e unha aplicación para iPad. Este proxecto inaugura a colección Contos de Cinema que mantén a editorial Galaxia para sacara álbumes ilustrados que inclúen curtametraxes coas historias. O proxecto é o resultado da colaboración entre Galaxia (que edita o libro), Continental Producciones (que fai o desenvolvemento para iPad e dispositivos móbiles da historia) e, neste caso de Algarabía que foron os que fixeron a curtametraxes de animación en plastilina.
Alba Muñoz López 2ºB |
|
|
|
Isidoro Valcárcel debate sobre forma e fondo na sala Trinta |
|

O artista utiliza a prensa para reflexionar sobre ambos os dous conceptos, co CORREO como protagonista. Estará aberta ata o 14 de xaneiro. Con máis de corenta anos de traxectoria artística e Premio Nacional das Artes Plásticas de España 2007, o murciano Isidoro Valcárcel expón dende onte e ata o próximo 14 de xaneiro, na galería Trinta, o seu novo traballo, unha reflexión sobre forma e fondo, coa prensa como obxecto e con El CORREO GALEGO como gran protagonista. Valcárcel, un dos artistas máis representativos da arte conceptual, explicou que "nos xornais sempre hai unha sección dedicada a actividades artísticas, así que lle dei a volta e agora podemos velo ao revés, metendo a prensa na arte para ver que é o que pasa".
"Trátase", di, "de ensinalo diariamente nun lugar no que non acostuma a estar".
Así, e tomando exemplares do CORREO GALEGO, Isidoro Valcárcel mostrou o proceso de elaboración do xornal mostrándoo nun prego branco, recén saído da rotativa, como sae á venda e triturado. "Varias formas para un mesmo fondo", di o artista, "xa que o contido é o mesmo en calquera das súas formas de presentación".
Cre que o público que visite a exposición na galería Trinta "non" aprenderá nada, porque o que vai ver é unha cousa bastante simple, pero si creo que terá un pequeno descoloque".
A galerista Asumpta Rodríguez vai un paso máis alá e engade que "a mostra tamén invita a reflexionar sobre o efémero, xa que o que hoxe é noticia mañá non o é, e o poder enorme que ten a prensa".
Cada día, a mostra será distinta "igual que o cambio diario do xornal", con montóns que irán subindo pouco a pouco, ao igual que os desperdicios".
Christian García González 2ºB |
|
|
|
|
|
|
|
|