Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Testemuños, arte, música e documentais en Boqueixón pola Igualdade |
|

A casa da cultura de Camporrapado, de Boqueixón, acolleu onte a II Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller. Unha cita que estivo organizada polo CIM da vila e que contou con testemuños, audiovisuais, música, literatura e arte. Só puideron acudir trinta persoas debido ás restricións do covid-19, pero o resto de interesados na gala seguírona en streaming a través da canle de YouTube do Concello.
A xornada estivo inaugurada polo alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, xunto coa directora do CIM de Boqueixón, Cristina Carbajales. O rexedor incidiu na importancia de desenvolver actividades deste tipo, xa que “para erradicar a violencia contra a muller da nosa sociedade é fundamental educar en Igualdade”. Pola súa parte, Cristina explicou que con esta xornada quixeron abordar a violencia machista dende distintas perspectivas.
A xornada arrancou coa actuación do cuarteto As Efémeras, e acto seguido a Asociación Berenguela pola Igualdade tomou a palabra para contar o seu labor. A continuación, comezou a sección A realidade da Violencia de Xénero, que acolleu o visionado do audiovisual O meu testemuño, a miña loita. Acto seguido, tomou a palabra Joshua Mateo, fillo maior de Sesé Mateo, asasinada en Chapela pola súa exparella en febreiro do ano 2017. Tamén se presentou o documental Vacínate contra a desigualdade e As Efémeras volveron aparecer en escena para clausurar a xornada.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B |
|
|
|
O número de casos de covid segue baixando en Ourense e a presión hospitalaria suavízase |
|
Na uci están ingresadas catorce persoas, dúas menos que o venres.
A evolución da pandemia na área sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín
segue sendo esperanzadora. Segundo os datos facilitados polo Sergas, o número de
contaxios activos caeu nas últimas 24 horas ata os 856, 18 menos que o
día anterior.
Noa Fernández Rodríguez
1º BACH B |
|
|
|
Volverá Neymar ao Barça? Custaría 100 millóns de euros. |
|
 A historia do FC Barcelona con Neymar Jr. parece non ter acabado. Paris Saint-Germain
tivo que reducir significativamente o prezo de venta de “Ney”como consecuencia da
cise provocada polo COVID-19.
Nas últimas semanas, medios franceses informaron que a intención do dianteiro é
permanecer no equipo que xa está.
Pensar na chegada de Neyma Jr. por 100 millóns de euros, hoxe en día, é case
imposible. La reproducción de este contenido sin autorización previa está
prohibida.
La reproducción de este contenido sin autorización previa está prohibida.
Daniel Soares Conde |
|
|
|
VOLTA Á NORMALIDADE |
|
A empresa alemana BioNTech anunciou fai pouco a chegada da vacina contra a COVID-19 que cada vez está mais preto . Comenzarase a distribuir en xaneiro e xa se confirmou o 90% da súa efectividade . O creador desta vacina tan esperada é o ejecutivo Ugur Sahin e cando lle pregunatron se esta pandemia podería frearse coa utilización desa vacina , contestou un rotundo sí. Aventurous a adiviñar cando será a volta á vida normal, estimando ca mediados do próximo ano , en 2021 . Tamén avisou que aínda que a xente comece a vacinarse en diciembre,a situación no cambiará drásticamente . Mentras que as outras vacinas collen a información xenética do virus ,e a cultiva nunha célula humana , o método de Sahin simplemente require o código xenético de produción ,o que acorta o proceso tres mneses.Creése que os vacinados estarán a salvo durante polo menos un ano.
Andrea Suárez Freire
1º BACH B |
|
|
|
Os robots son os novos aliados na loita contra o covid-19 na India |
|
Algúns hospitais da India teñen robots para conectar pacientes con seres queridos e
apoiar ao persoal médico. As máquinas, deseñadas pola empresa Invento Robotics,
realizan tarefas como desinfectar superficies, responder ás preguntas dos pacientes e
dar videoconsultas aos médicos.
CELIA VARELA LOSADA 1 BACH B |
|
|
|
COMO CONSEVAR AS DOSES DA VACINA EN GALICIA |
|
 A nave do polígono da Costa Vella, en Santiago, que alberga once unidades de ultraconxelación, ademáis dunha cámara conxeladora, coa capacidade para tres millóns de dosis da vacuna. Estas instalacións forman parte da rede que as empresas galegas Prosaga e Servicio Móbil e a vasca Bexen Medical pusieron en marcha fai un ano, tras aliarse en Biorepos co o obxetivo de liderar en España a conservación e custodia de mostras biolóxicas de uso clínico e para a investigación, aplicando os máis altos estándares de calidade, seguridade e trazabilidade.
Pablo Rodríguez González
1º BACH B |
|
|
|
Modelo española con síndrome de Down, premiada en Estados Unidos |
|
 Chámase a si mesma feminista e defensora dos dereitos humanos, a familia e a amizade.
A nova modelo española con síndrome de Down Marián Ávila foi distinguida
co premio Quincy Jones Exceptional Advocacy 2020, que se entregará
virtualmente o vindeiro sábado 14 de novembro desde Denver (Colorado,
Estados Unidos), polos seus "logros como modelo e exemplo a seguir".
A valenciana de 23 anos, que o 8 de setembro de 2018 conseguiu o fito de ser
a primeira modelo española con síndrome de Down en desfilar polas
pasarelas da Fashion Week de Nova York. Recibirá o galardón pola súa
traxectoria e "usar as redes sociais para coñecer a outras persoas, gañar
visibilidade sen prexuízos nin etiquetas e para axudar aos demais".
Marco Antonio Toledo López 1º BACH |
|
|
|
Máis de setenta parques eólicos están en procedemento en Galicia desde o final de 2019 |
|

O máis colosal, 28 aeroxeradores de 154
megavatios en total, ocupará dez concellos
ourensáns e está promovido pola empresa
empresa estatal de noruega, Statkfraft.
Daniel Soares Conde |
|
|
|
'Nación', de Margarita Ledo, premiada na súa estrea no Festival de Sevilla |
|
O Festival de Cinema Europeo de Sevilla acolleu esta semana a estrea da cuarta longametraxe de Margarita Ledo. O festival daba a coñecer, a través do seu palmarés, a escolla desta peza como Premio Especial á mellor dirección da película do Estado español estreada no certame. O filme poderá verse por primeira vez na Galiza dentro da programación de Cineuropa (Compostela) a vindeira semana. Margarita Ledo foi tamén premiada nesta edición do festival, xunto a Alfonso Zarauza, que estrea Ons (logo de pasar tamén por Sevilla) e o actor Javier Gutiérrez.
Nación é un filme de non ficción onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres en medio de tempos convulsos o acceso ao emprego industrial a través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica de A Pontesa. Así, na propia descrición feita polo festival de Sevilla indican “Margarita Ledo constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita aínda hoxe inconclusa”.
A película retrata a especia fraxilidade das mulleres nunha clase obreira xa matratada, a partir das experiencias ao longo dos 50 anos dun grupo de mulleres traballadoras na fábrica Pontesa de cerámica (hoxe fechada). Conta ademais cunha banda sonora creada por Mercedes Peón. En palabras da propia directora, trátase dun filme que se achega ao “moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar se non en acceder ao traballo asalariado e a posibilidade de ser independentes. En resumo de sermos nación”.
Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
|
|
|
|
O desenlace de Theta: así afectará a Galicia |
|
Confírmase a aposta que realizaron os modelos meteorolóxicos desde o principio. Isto pode pasar a semana que vén, unha situación atípica
A historia da tormenta tropical Theta chega aos poucos ao seu desenlace. A incerteza mantense aínda alta e non se pode descartar algún xiro inesperado de última hora, pero os modelos empezan a converxer nunha dirección. A gran dúbida nestes momentos pasa por saber se afectará finalmente a Canarias e como. Despois parece bastante probable que o sistema de baixas presións comece xa o seu ascenso cara ao norte mentres se vai debilitando e convertendo nunha borrasca convencional.
E mentres remonta cara ás latitudes medias, empuxará sutilmente ao anticiclón das Azores. Un movemento lixeiro, aínda que suficiente para crear un corredor de ventos do sur que desprazarán aire cálido. Parece, xa que logo, que se van confirmando día tras día os efectos sobre Galicia da tormenta tropical que os modelos predixeron desde o principio. E non será precisamente un temporal de choiva e vento, senón un episodio de temperaturas altas para a época do ano. «O que sucede é que os últimos restos de Theta van ser capaces de achegar aire case subtropical entre luns e martes. Despois o GFS americano dinos que entraría unha borrasca fría, pero o modelo ECMWF europeo mantén unha barreira anticiclónica e entre a borrasca atlántica e o anticiclón fórmase unha corredor de isóbaras que mantén unha circulación do sur e o aire cálido», explica Juan Taboada, de Meteogalicia.
A irrupción de aire cálido afectaría á Península e a outros países como Francia, o Reino Unido e incluso o extremo norte de Europa onde as anomalías térmicas positivas serían especialmente elevadas, de ata dez graos por enriba da media. En Galicia, a semana que vén as temperaturas máximas poderían superar os 20 graos facilmente se se confirma esta predición. «Se ten razón o modelo europeo ECMWF poderiamos chegar aos 25 en bastantes puntos o martes e mércores», apunta Taboada.
O ascenso térmico que impulsa as altas presións viría,ademais, acompañado de tempo seco. Serían unhas condicións moi pouco habituais. A influencia do anticiclón na comunidade galega adoita canalizarse con ventos do nordés. En novembro, esta circulación do aire adoita favorecer que as temperaturas mínimas sexan moi baixas, provocando que o día empece e termine cunha sensación térmica intensa de frío. Non parece que vaia a ser o caso para os primeiros días da semana que vén.
A medida que vaian transcorrendo as xornadas o anticiclón vaise a ir reforzando e situando o seu centro de acción ao norte da Península. Neste novo escenario, o vento xa comezará a soprar de compoñente norte e, en consecuencia, descenderán as temperaturas, especialmente as mínimas. Ademais, entraría en escena outro fenómeno habitual neste época do ano cando domina o anticiclón: as néboas.
A lección que nos deixa o paso da tormenta tropical Theta é que no quebracabezas da atmosfera hai que ter en conta cada peza. Cando uno escoita que se achega un ciclón, a lóxica invítalle a pensar en fortes refachos de ventos, intensas precipitacións e grandes ondas, pero os seus efectos non só dependen da intensidade, o desenvolvemento, a evolución e a traxectoria da propia tormenta, senón tamén de como estean situados outros elementos a ter en conta, neste caso o anticiclón. A outra lectura da situación actual é que despois das choivas previstas para esta fin de semana a medio prazo todo apunta a que se imporá o tempo asollado.
Martín Lage Fernández Nº15 2º Bach A |
|
|
|
|
|
|
|
|