Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un novo club lector en Franciscanas |
|
Este mércores 11 de decembro o colexio Divina Pastora, Franciscanas comezou un novo club lector. A ete club chamáronlle Frncercano, xa que anos anteriores levávase acabo na cafetería O Cercano, próximo ao colexio. A novedade de este ano é que realízase de maneira telemática. Os alumnos que participan que son de 4º da ESO, conectáronse ás sete da tarde para inagurar este club virtual. Pese que fose festivo, os alumnos comezaron emocionados. Este trimestre, a temática das lecturas será de terror. A primeira foi "Que era iso' Un misterio" de Fitz-James O'Brien. Este relato trata sobre unha especie de monstruo que é invisible. Aos alumnos gustoulles o relato e había variedade de opiniones, quenes creen que o imaxinaron os protagonistas e quenes creen que les ppasou de verdade. Un rato moi entretenido no que se fomenta a lectura en galego.
Candela Vidal 4º ESO C |
|
|
|
“Fuente de Oliva” quere ser unha aldea galega |
|
Esta aldea, a casi 1.200 metros de altitude, e con unhas fermosas vistas do val por o que transcurriu a vía romana XIX de Astorga a Lugo, os camiños son como os de fai medio século en moitas parroquias de Galicia. Fartos do abandono das Administracións de Castela e León, nun recente fin de semana no que coincidiron as 15 persoas da xunta veciñal, acordaron solicitar formalmente a súa saída de León e pedir o ingreso en Galicia. A medida que foron pasando os anos, sinalan, foron vendo as diferenzas entre vivir nunha franxa o na outra. A provincia de Lugo está a menos dun quilómetro: «É que se nota moito o cambio; no coidado do entorno, nos desbroces, nas praderías, nos asfaltados das pistas, por non falar dos servizos sanitarios»
Migue González
1º A Bach |
|
|
|
Joan Mir novo campión de Moto GP |
|
Xusto hoxe o piloto nado en Palma de Mallorca no ano 1997 proclamábase campión do mundo na categoría reina do motociclismo mundial, conseguido as ser o cuarto pilota español en lograr este mundial, e sucedendo no trono ao gran Marc Márquez o cal esta temporada non puido correr a causa dunha lesión na primeira proba da mesma. A Joan serviulle a sétimo posto obtido hoxe en Cheste (GP da Comunidade Valenciana) para alzarse co título tan ansiada e a vez inesperado, xa que non partía como un dos favoritos ao comenzo da tempada, mais pouco a pouco foi subindo postos ata lograr alcanzar a primeira posición do mundial. Esto ademáis significa que dende 2012 todos os gañadores desta categoría son españoles tras os dos de Jorge Lorenzo e os seis seguidos do xa omeado Marc Márquez.
Alejandro Santás
1ºBACH A
|
|
|
|
Gucci lanza as súas primeiras zapatillas 100%” |
|
A dixitalización do sector do luxo alcanza novas cotas de irrealidade da man da famosa marca Gucci e do seu director creativo, o italiano Alessandro Michele. Quen acaba de lanzar o seu primeiro deseño de zapatillas virtuais. Un modelo co nome "Gucci Virtual 25" do que só haberá a súa versión dixital exclusiva, que só poderemos adquirir a través do "Garaxe Gucci Sneaker". A nova experiencia de compra que lanzou a compañía a través da súa propia aplicación móbil, coa que, ademais de descubrir a súa extensa colección de zapatos, podemos probar diferentes modelos virtuais ou incluso crear os nosos propios deseños, utilizando as combinacións máis arriscadas. que imaxinamos entre diferentes elementos extraídos dos modelos de calzado da propia firma.
"Esta nova característica está inspirada no lugar onde xurdiron as empresas emerxentes de maior éxito e onde algúns amantes do calzado almacenan e clasifican as súas coleccións", explica Gucci en relación a esta nova ferramenta "Gucci Sneaker Garage", a través da cal ofrece " unha mestura de historias, xogos e arte ", así como o" primeiro zapato virtual da empresa: Gucci Virtual 25 ". Un modelo deseñado por Alessandro Michele que "fai referencia ao número favorito do director creativo" e que se presenta en "cores neón" e cun "peche sen fíos que mantén a tapa no seu lugar". Deseño que podemos probar "virtualmente" mentres tomamos fotos ou gravamos un vídeo que logo podemos compartir por internet. Parte dun paquete especial que, unha vez adquirido, daranos acceso a fondos de pantalla exclusivos e contido descargable que podemos usar noutros universos virtuais, incluídos os videoxogos VRChat e Roblox.
Valentina Segovia
1 BACH A
|
|
|
|
Traballo veloz en Ribadavia |
|
O Servizo Galego de Saúde concertou o 14 de outubro un equipo de once profesionais que se instalaron no CEIP Alameda, no centro da localidade de Ribadavia, para realizar probas de PCR aos 480 veciños que foron chamados a participar nun estudo epidemiolóxico para detectar casos asintomáticos entre a poboación de dita localidade.
O protocolo de organización tiña un circuíto de entrada e saída no que cada participante chegaba a unha mesa, situada no polideportivo do centro, e daba o seu nome e DNI para que tres profesionais sanitarios lles puidesen entregar un volante cun código para realizar o Proba de PCR.
Dentro do centro educativo, un equipo de 8 profesionais, situados en parellas, realizaron as probas e informaron a todos os participantes de que os resultados do estudo chegarán aos seus teléfonos móbiles en dous días.
Lucía Alonso Freire 1º A BACH |
|
|
|
Barcelona recluida e en Madrid todo aberto |
|
Dan as dez da noite en Barcelona e as rúas baléiranse. O toque de queda en Cataluña obriga á cidadanía para recluírse nas súas casas a esa hora. Madrid, en cambio, ten corda aínda. Non é hora de recollerse. O lecer e a vida comercial da capital benefícianse dunhas medidas contra o coronavirus máis flexibles, un nivel de apertura que na capital catalá hai un mes que desapareceu. Nas dúas urbes aplícanse estratexias diferentes para a mesma pandemia e os epidemiólogos non saben explicar exactamente por que a máis laxa parece funcionar mellor que a máis estrita.
Todos os bancos do paseo do Born están ocupados a última hora da tarde do mércores. Aínda queda media hora para as nove da noite, e os asentos desta rúa emblemática de Barcelona reconvertéronse en improvisadas mesas para cear con reducidos grupos de amigos. Aurora Gaudino e Diana Apóstolo leváronse porcións de pizza e dúas bebidas dun restaurante próximo. A restauración baixou a persiana o 16 de outubro por orde da Generalitat. Teñen pouco máis dunha hora antes de que deban volver a casa. “En circunstancias normais, a esta hora quedariamos para tomar algo e logo, cear”, di Gaudino, “agora conformámonos con isto”.
O día que se tomou esa medida, as estatísticas oficiais recollían en Cataluña unha incidencia acumulada ( IA) de 272 casos por 100.000 habitantes en 14 días, practicamente na media española e moi por baixo de Madrid, que sumaba 450, aínda que levaba tres semanas de caída sostida. Nesta comunidade, para lograr a baixada non fixo falta pechar bares. As medidas máis drásticas chegaron o 21 de setembro (746 casos de IA), practicamente cando Madrid estaba a alcanzar o seu pico e limitáronse a reducir as reunións sociais e a confinar uns distritos sanitarios cuxos límites ignoran moitos veciños.
Lucía Rodrigues
1º A Bach |
|
|
|
Os alumnos de Franciscanas asómanse ás entrañas do covid-19 |
|
José Martínez Costas, investigador do Ciqus que coordina un grupo de traballo sobre unha vacina contra o virus, participou nunha xornada de divulgación no colexio ourensán
A Semana da Ciencia no colexio Franciscanas comezou este luns cun invitado de luxo. José Martínez Costas, investigador no Ciqus (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, abriu o ciclo de divulgación desta edición. E fíxoo, como non podía ser doutra maneira, co coronavirus como a temática central da xornada.
Martínez Costas, que coordina un dos grupos de traballo que a Comisión Europea (CE) financiou para achar unha vacina que contrarreste os efectos do covid-19, empezou facendo fincapé na importancia da investigación básica. Fíxoo #ante alumnos de entre terceiro de ESO e o último ano de Bacharelato. «Despois tamén explicou como funcionaban os distintos tipos de vacinas e as súas vantaxes e desvantaxes», explica Sergio Mascareñas, profesor no centro educativo ourensán. «Foi moi didáctico e enganchou totalmente aos nenos. Fixéronlle moitísimas preguntas e todas moi sensatas. A verdade é que foi unha marabilla poder contar con el nestes momentos», agregou Mascareñas. A Semana da Ciencia, aberta a todos os estudantes de Franciscanas desde idade Infantil, comprenderá talleres de impresión 3-D e experimentos de física e química, entre outras actividades. «Outros anos tentamos levar a todos aos laboratorios, pero este ano tentaranse facer en clase», explicou o docente.
Valeria Labandeira Reimondez
1º BACH A
Nº 7
|
|
|
|
O científico responsable da vacina de Pfizer calcula que a mediados do ano que vén volveremos ter unha vida normal |
|
Ugur Sahin, o director executivo do laboratorio BioNTech, está completamente seguro de que o seu fármaco acabará coa pandemia. «Ata o luns, non sabiamos se o sistema inmunológico ía responder. Agora temos probas de que as vacinas poden vencer ao virus», dixo el nunha entrevista.
Ata que este luns se revelaron os resultados positivos do último ensaio da vacina de Pfizer, concretamente os da análise intermedia da fase 3 aínda que quedan por coñecer as conclusións do estudo completo, Ugur Sahin, director executivo de BioNTech, socio alemán da farmacéutica estadounidense, non estaba seguro de se o seu fármaco desencadearía unha reacción o suficientemente forte do sistema inmunolóxico humano. «A vacina impide que o virus acceda ás nosas células -confirmou nunha entrevista o director do fármaco-. » Anticipa un inverno difícil, duro, mesmo xa coa vacina protexendo aos máis vulnerábeis, pero calcula que a mediados do ano que vén todo volverá ser como antes. Tras comprobar que o medicamento é capaz de evitar que as persoas enfermen de coronavirus, a dúbida que agora inquieta aos seus responsables é se será efectivo tamén en asintomáticos.
O antídoto de Pfizer constará de dúas inxeccións que se poñerán no brazo cunha diferenza de tres semanas entre cada unha delas. O CEO de BioNTech confía en que acheguen inmunidade durante polo menos un ano.
Sabela Alonso Crespo
1º BAC. A
|
|
|
|
O primeiro día de autobuses con aforo completo |
|
En Vigo os autobuses “ Vitrasa” ían cheos a primeira hora . En A Coruña os usuarios reclamaban reforzo para as liñas mais utilizadas e en Pontevedra ,había ambiente nos transportes que unen a cidade con Marín.
Algúns cidadáns reclaman cambios sobre esta situación xa que non é nada adecuada para a situación que estamos a vivir, por eso é necesario reforzar os servizos en todos os conductos de condución.
Lucía Ferreiro
1ºA Bach |
|
|
|
O hospital Arquitecto Marcide ten xa 60 ingresados por coronavirus |
|
A área sanitaria suma un novo falecemento, no dunha muller de 83 anos que permanecía ingresada no centro hospitalario
A pesar de que os casos activos seguen baixando, a presión hospitalaria aumenta na área Sanitaria de Ferrol. O informe emitido este venres pola Consellería de Sanidade reflicte a existencia de 915 contaxiados, 16 menos que onte, e 46 novos positivos confirmados nas 558 PCR realizadas entre as seis da tarde do mércores e a mesma hora do xoves. A área sanitaria rexistrou un novo falecemento: o dunha muller de 83 anos de idade que permanecía ingresada no centro hospitalario.
En canto á hospitalización, as plantas covid do Arquitecto Marcide están ingresados 52 pacientes, tres máis que o día anterior, e na unidade coidados intensivos permanecen oito.
Claudia Fernández Blanco
1ºA BACH
|
|
|
|
|
|
|
|
|