Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O querido médico que acababa de recibir a mellor das noticias |
|
Manuel Calvo Brea, médico de familia, vivía e traballaba no centro de Pontevedra. Pero adoitaba tardar unha hora en chegar da súa casa á consulta. Os seus pacientes parábanlle pola rúa porque sabían que nunca tiña présa para eles. Receitar e dar consellos a pé de beirarrúa era marca da súa casa. Por iso, entre outras moitas cousas, era moi querido en Pontevedra, a cidade á que chegara de moza, procedente de Santiago, para traballar primeiro no ambulatorio Virxe Peregrina. Logo, foi tamén un deses doutores pioneiros que levaron os controis de saúde aos colexios da provincia, alá polos anos oitenta. E traballou despois no Quirónsalud. A medicina era a súa paixón e nada lograra ata o de agora apartalo dela. Nin sequera o cancro, co que batalló duramente.
Fai tres anos, aos 65, Manolo, que é como lle chamaban tamén os seus pacientes, sufriu un cancro. Superouno. E puido seguir como sempre, gozando da súa familia e da paixón de ser médico. Pero durante o confinamento detectáronlle outro tumor. Esta vez, con prognóstico peor. Manolo agarrouse ao seu positivismo. No medio da pandemia, someteuse á quimioterapia e, ao seu termo, todo parecía estar mellor: « Estabamos moi contentos porque se lle reducira moito todo, estaba non mínimo. Non curásese, porque ese cancro non cura, pero as noticias eran boas, as mellores posibles», conta o seu fillo Ismael. A alegría non durou neste 2020 imposible. Manolo ingresou en oncoloxía por unha infección dunha bacteria. Estaba relativamente ben, aínda que coas defensas baixas. Fiel ao seu estilo e ao seu tremendo bo corazón, xa ingresado, sacaba forzas para contestar as mensaxes que lle mandaban os pacientes. Contáballes o do seu cancro. Pero tamén lles receitaba un xarope para unha tose ou uns mocos.
Luís Manuel Carballo Orejarena
2º BACH A |
|
|
|
Só 54 concellos galegos estiveron libres de covid nos últimos 14 días |
|

Na actualidade, untivoceira parte dos concellos galegos teñen unha incidencia acumulada (IA) por enriba de 250, e polo menos outros 29 superan os 500 casos por millón de habitantes, o nivel de alerta que chama a tomar medidas estritas para frear a expansión do virus. Nesta listaxe exclúense os que teñen menos de dez casos, porque non se facilita a cifra exacta e non se pode coñecer a incidencia acumulada neses lugares. En total, 54 concellos estiveron libres de covid as últimas dúas semanas, mentres que 10 municipios tiveron de 0 a 50 casos, outros 76 rexistraron entre 50 e 150, e 109 tiveron máis de 250. Nas principais cidades, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol superaron a incidencia acumulada de 250; mentres que A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela mantivéronse entre 164 e 210 casos por 100.000 habitantes.
Entre os 20 concellos máis grandes de Galicia, Carballo destaca por ser o que ten a cifra máis alta (571), mentres que Ames vai á cola con 116. A lista dos 29 municipios con maior IA encabézaa, curiosamente, Beariz, que cunha poboación de 971 persoas ten unha IA de 1647. Séguenlle Cabana de Bergantiños, Mos, Vilalba, Coristanco e Malpica, todos eles por enriba dos 1.000 casos.
Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A |
|
|
|
O mercado inmobiliario, unha nova ameaza para a pervivencia das linguas celtas |
|

Unha lingua non pode existir sen unha comunidade de falantes. E se os
territorios onde habitan eses falantes son obxecto de presión por parte do
mercado inmobiliario, o delicado ecosistema lingüístimo que hai nelas, periga.
"A crise da vivenda rural ameaza o noso futuro", din activistas das linguas
celtas de Escocia, Irlanda, Gales, a illa de Man e Cornualles que se sumaron a
unha petición transfronteiriza sobre a supervivencia destes idioma. Nun
chamamento ás autoridades de cada un destes países, os grupos de defensa
da lingua afirman que as presións do mercado inmobiliario e a ausencia de
políticas públicas acaídas están a poñer en xogo as súas linguas: gaélico
escocés, irlandés, galés, manx.
Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A |
|
|
|
Hai que insistir máis en ventilar que en desinfectar |
|
Moitos foron os debates desde o comezo da pandemia arredor do uso de máscara, a magnitude e proporcionalidade das medidas de hixiene ou, de forma máis recente, a forma principal de transmisión do SARS-CoV-2 dunha persoa a outra. Desde o mes de marzo, cando a crise do coronavirus comezou a acadar unha magnitude mundial, xurdiron voces que incidiron na posibilidade de que o virus, en boa parte dos casos, se puidera transmitir a través das pingas máis pequenas que exhalamos ao respirar, chamadas aerosois. Estas partículas poderían provocar, polo seu menor peso (máis tempo de permanencia en suspensión e maior capacidade para percorrer distancias superiores aos dous metros de seguridade), un cambio de paradigma nas medidas de control da pandemia.
¿Cal é a vía máis frecuente?
No referente a desinfección, hai escasa evidencia sobre o contaxio do SARS-CoV-2 por superficies ou fómites (obxectos que unha persoa infectada toca ou sobre o que caen pingas respiratorias, e que pasan a outra persoa mediante o contacto coas mans), que se estableceu como moi relevante ao comezo da pandemia. Neste sentido, e despois de moitos meses de debate, e aínda que a Organización Mundial da Saúde tardou en recoñecer de forma implícita esta posibilidade, as evidencias apuntan en que as partículas máis pequenas poden provocar estas situacións.
A evidencia é crecente sobre a gran importancia dos aerosois, partículas máis pequenas, coas que se pode facer unha analoxía cunha nube de fume nun espazo pechado onde hai persoas fumando, por exemplo. Estas partículas, que na gran maioría dos casos teñen un tamaño suficiente para conter e transportar o virus, están detrás dos eventos ‘supercontaxiadores’, xa que poden ser inhaladas polas persoas para acabar resultando infectadas, ao contrario das pingas máis pesadas, as chamadas ‘balísticas’, que só chegarían ao novo hóspede do virus mediante un impacto directo.
Entón, como protexerse?
En primeiro lugar, a maior perigosidade está nos espazos pechados e mal ventilados. “A gran maioría dos eventos de supercontaxio producíronse en áreas pechadas e con deficiente ventilación. Aínda que se poida producir algunha infección ao aire libre, é moito menos frecuente”. E importante o uso de filtros para renovar o aire en estancias como aulas ou oficinas cunha importante presenza de persoas.
O uso da máscara, é esencial, para protexerse, pero sobre todo para protexer aos demais. “A maioría das máscaras impiden que se propaguen as pingas de maior tamaño, e reducen nun 80% a emisión de aerosois. É posible que algunhas partículas con virus se escapen, pero se a outra persoa tamén está protexida, e as máscaras están ben axustadas en ambos casos, o risco redúcese aínda máis.
Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B |
|
|
|
AUTORIZAN O PRIMEIRO TEST AUTODIAGNÓSTICO DE CORONAVIRUS PARA FECER NAS CASAS |
|
España vai ofrecer o primeiro test de autodiagnóstico que se pode facer na casa e ter o resultado en media hora.
Debido á situación da pandemia , a Axencia para o Medicamento de Estados Unidos aprobou unha autorización de emerxencia para que pida saír ao mercado.
Faise recollendo unha mostra nasal cun hisopo, que logo se coloca e remove nunha vía para impregnalo. Despois o tubo ponse nunha unidade de probas e en 30 min aparecerá o resultado nunha pantalla.
Este test tamén se poderá facer nos hospitais, urxencias, farmacias. É apto para todas as idades, pero cunha excepción, só os sanitarios poderán facerlle esta proba os menores de 14 anos. Será necesaria unha receita médica e custará uns 40 euros.
O obxectivo é detectar canto antes os casos positivos para frear a propagación do virus e poder acabar canto antes.
Ánimo, pódese!!!
María Ferreiro- 4ºESO B
|
|
|
|
Pese á lei Celaá Feijóo avisa que o que castelán seguirá aplicándose como lingua vehicular: |
|
O presidente da Xunta advertiu que a comunidade ten “as capacidades necesarias” para facelo.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto
Núñez Feijóo, avisou este venres de que
a comunidade autónoma que preside
seguirá aplicando o castelán como lingua
vehicular ao entender que ten as “capacidades” necesarias para facelo, a pesar do establecido na ́Lei Celaá`.
Iso si, Feijóo advertiu que, para os `populares`, o castelán segue sendo idioma vehicular da ensinanza, a pesar do que poda incluír o texto da LOMLOE. “Dentro das competencias constitucionais, en canto ás nosas, aquí hai bilingüismo harmónico. Aquí hai un 50%-50% e ímolo a seguir facendo”, asegurou.
“A diferencia entre aprobar e suspender é diametralmente oposta”. “No ámbito das nosas competencias, as que nos aplica a Constitución e os estatutos de autonomía, imos establecer as nosas competencias educativas”, insistiu o presidente, quen deu aviso de que ademais, Galicia non concederá o título de Bacharelato aos alumnos con materias suspensas.
Ana María Cid Borrajo. 4º ESO A. |
|
|
|
As restriccións no nadal |
|
Ultimamente, todos andamos coa mesma cousa na cabeza, o nadal, xa que iste mesmo venres vai ser o famoso black friday a maioría non pensamos noutra cosa que nos regalos para os nosos seres queridos. Pero... Vai o covid permitirnos isto?
Aínda non está moi seguro pero, tras a última baixada de casos, o Goberno está a pensar como podería facernos as entrañabls festas, un pouco máis normales.
Tense pensado rebaixar o toque de queda, para poder facer cenas de familiares, e reuniones de ata aínda 10 persoas non conviventes. Pero, de ningunha maneira, poderase saír de festa en Fin de Ano coma de costumbre.
Unha das dúbidas máis grandes é se poderase cambiar de comunidade para reunirte coa familia que vive lonxe, é aunque non sexa seguro, é probable que esto estea permitido e poderamos ter unhas boas festas.
Abril Conde- 4º ESO A |
|
|
|
Protesta contra a lei Celaá |
|
Varios centos de coches e motos percorreron este domingo pola maña as rúas de España , hoxe fíxose a manifestación contra esta nova lei ao ser convocada pola plataforma Máis Plurales .
Lazos, banderas e globos amarelos e laranxas , así como carteles con mensaxes cpntra a lei Celaá , moitísimos coches sumarónse a esta protesta e tamén moitos representantes do partido Popular , partido que aprovechando a súa campaña de recaudación de firmas contra a Lomloe asistiu a este chamamento.
Pablo Casado , aprivechou a súa participación para confirmar que levará a nova norma educativa ao Tribunal Constitucional e ás institución comunitarias , ademáis asegurou que esta lei vai durar i mesmo que dure o partido socialista . Quitaremos esta lei porque é mala para o futuro dos nosos fillos , é mala para a unidade naciona e é pésima para a comunidade educativa , asi o sinalou Casado . O líder popular pediu ao presidente do Goberno , Pedro Sánchez “ liberdade “ e que “ escoite ás familias “ a as cales agredeceu que se manifestaran pacíficamente e gardando as medidas sanitarias para non sufriren ningún contaxio .
Xián Rodríguez-4º ESO A |
|
|
|
“Deberíase valorar máis o noso audiovisual: en Galicia fanse películas extraordinarias” |
|
 “Con ‘Os Fenómenos’ fun a 35 festivais e me preguntaban que pasa en Galicia que se facían tan bos filmes. Nos medios non nos visibilizan o suficiente”
Cunha illa paradisíaca como escenario, Ons adéntrase nos sentimentos enfrontados dos protagonistas: amor e desamor mestúranse con compañía e soidade. Choques emocionais que, en certo modo, conectan cos sentimentos actuais de moitas persoas en medio de pandemia. Sen afondar moito no filme, poderíase pensar que se trata dunha historia de amor nunha paisaxe fermosa. Sen embargo, vai más alá. Ons mostra como a contorna se converte á vez en cárcere e en refuxio sinalando o camiño vital das personaxes e determinando a visión do espectador. Hoxe, o seu director, o compostelán Alfonso Zarauza, recolle un dos premios do ciclo Cineuropa.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B |
|
|
|
Sevilla – Celta (4-2): Resumo, resutado |
|
 O Sevilla FC gañou ao Celta de Vigo (4-2) tras remontar contra o equipo galego na
segunda parte. O equipo sevillista xa mira cara ás posicións europeas tras os tres
primeiros puntos despois do parón para os partidos internacionais.
Os goles de Koundé e En-Nesyri, na primeira parte, e de Esudero e Munir, na segunda,
derin os tres puntos moi importantes de Julen Lopetegui
Daniel Soares Conde
1º BACH B |
|
|
|
|
|
|
|
|