Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Trinta e tres concellos non tiveron ningún contaxio nos últimos 14 días |
|
A curva de casos activos na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras sinala baixada respecto ao venres, seguindo a tendencia iniciada hai 20 días. Son 698 os casos activos na provincia, aínda que cunha incidencia desigual.
Hai 33 concellos nos que nos últimos 14 días non se rexistrou ningún contaxio. Trátase da Arnoia, Beade, A Bola, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Cenlle, Cortegada, Chandrexa de Queixa, Esgos, Gomesende, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Larouco, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, Pontedeva, Quintela de Leirado, San Xoán de Río, Riós, Rubiá, San Amaro, Sarreaus, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós e Vilariño de Conso. Noutros 49 rexistráronse entre 1 e 9 novos casos nestas dúas últimas semanas, o que significa que o groso dos contaxios concéntrase nos dez concellos restantes. Na cidade de Ourense rexistráronse 210 contaxios. En Xinzo sumaron 66 novos casos, 29 en Ribadavia, 26 no Barco de Valdeorras, 26 na Rúa de Valdeorras, 24 en Barbadás, 16 en Beariz, 14 no Pereiro de Aguiar, 12 no Carballiño e 10 en Verín. Non significa que eses sexan os casos activos actualmente, senón que son os contaxios detectados nas últimas dúas semanas; e hai quen recibe a alta por curación en 10 días -toda aquela xente á que se lle fai unha PCR ao pasar ese prazo desde o seu positivo, fundamentalmente os traballadores do ámbito sociosanitario e as persoas ingresadas no hospital- e quen tarda máis en negativizar.
Paula Vázquez nº17 2ºB |
|
|
|
A cervexa santiaguesa que idearon dous amigos e logrou conquistar xa media Europa |
|
Contan que a súa «é a historia de dous amigos que quixeron vivir un soño» e xuntos lograron conquistar media Europa. Fran Vaqueiro, propietario e fundador da cervexería Jakobsland Brewers, coñeceu en Vigo ao seu socio, Henlo Matthee.
O surafricano non falaba entón castelán nin galego e empezou a impartir inglés como saída laboral. Fran foi un dos seus alumnos e pronto conectaron máis aló das clases. Ademais de compartir a súa paixón pola bici de montaña, sentían curiosidade polo proceso de elaboración de cervexa artesá. Ambos acabaron construíndo no 2012 un sistema piloto de 70 litros na empresa do pai de Fran, e a súa cervexa empezou a popularizarse entre os seus coñecidos.
O proxecto foi definíndose, coa axuda de Jeremiah Fox, un estadounidense ao que Henlo coñeceu nunha cata. A empresa constituíuse formalmente no 2016 en Santiago. O propio nome, Jakobsland, fai referencia á terra de Santiago, como figura en antigas crónicas que relatan as invasións viquingas. E, aínda que naceron como cervexeiros nómades e optaron ao principio polo alugueiro de espazos en instalacións doutras marcas, agora queren deixar atrás esta etapa para asentarse na comarca compostelá. «Queremos ter nosa propia fábrica na zona e estamos a buscar investidores.
O problema de ser nómade é que a continuidade é moi difícil e hai que planificar todo con moita antelación, especialmente desde o covid. Alcanzamos todos os límites e toca asentarse para seguir crecendo», indican. Hoxe, con preto dunha vintena de premios —nacionais e internacionais— acumulados nos últimos seis anos, exportan o 30 % da súa produción; principalmente a Holanda , Francia, Suíza, Dinamarca e Portugal.
Miguel Arias |
|
|
|
Así será o plan de vacinación do covid en España: |
|
Os maiores que viven en residencias e os sanitarios serán os primeiros en recibir a inmunización.
Será o vindeiro martes cando o Goberno presente o plan de vacinación fronte á covid-19, que prevé vacinar a unha «parte substancial» da poboación no primeiro semestre do ano, entre os que estarán como prioritarios os colectivos máis vulnerables e expostos á infección, como as persoas maiores e os sanitarios.
Segundo avanza Diario médico citando fontes próximas ao Ministerio de Sanidade, o motivo principal para dar prioridade aos maiores que viven en residencias e institucións é a dificultade para asegurar a súa protección fronte ao virus, dado o continuo movemento de persoas que se produce nestes centros. Aseguran tamén que as primeiras partidas de doses de vacinas que recibirá España deixarían totalmente cubertos a estes dous colectivos.
Os seguintes na lista serían todo o resto de integrantes do colectivo maior de 65 anos, ademais dos enfermos crónicos adultos, aos que irá destinada a segunda partida de fármacos que está prevista. Neste grupo incluiríase tamén aos grandes discapacitados e aos seus coidadores, segundo a mesma fonte, aínda que non entra aquí o colectivo xeral de discapacitados.
A terceira remesa irá destinada aos empregados de traballos esenciais como transporte, corpos de seguridade como policía, bombeiros ou limpeza; ademais daqueles sectores que non poden traballar desde casa, como o persoal de hostalería. O documento, aseguran, establece que os nenos sexan os últimos en recibir a vacina.
Outro dos detalles que se avanza é que non haberá ningún tipo de priorización por sexo. Aínda que se especulou que podería inmunizarse primeiro aos homes, porque se demostrou que son máis os afectados, tamén se sabe xa que as mulleres desenvolven cadros máis graves.
O documento que se presentará o martes foi elaborado por un grupo de expertos multidisciplinar, que traballou durante un mes para que todo estea listo para o momento o que se poida empezar a vacinar, que todas as fontes apuntan que podería ser no principio do ano.
Ante os últimos informes que aseguran que unha parte importante da poboación non ten intención de vacinarse, Sanidade preparou campañas de sensibilización sobre a conveniencia de pórse a vacina, que informarán tamén sobre os distintos fármacos que se distribuirán en cada fase, xa que se espera poder contar con varias vacinas ao mesmo tempo. O CIS informou fai uns días de que case a metade dos españois, un 48%, non se porían a vacina, polo menos de momento. No documento non se contempla a obrigatoriedade da vacina, pero si fala de que a idea é que a inmunización leve a cabo, como norma, na rede de centros de atención primaria.
Este venres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez aseguraba que «a España lle corresponderá un volume do 10% do total das doses comprometidas nos contratos asinados pola Unión Europea».
De momento descoñécese a identidade dos integrantes do grupo de expertos que elaborou o informe. O ministerio só informou de que está formado por representantes de autonomías e dalgunhas sociedades científicas como a Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (Semfyc), a Asociación Nacional de Enfermería e Vacúas (Anenvac) e a Asociación Española de Vacunología, ademais de dous membros do o Comité Nacional de Bioética, varios matemáticos, un sociólogo e representantes do Centro de Alertas e Urxencias (CAES) e o Centro Nacional de Epidemioloxía.
Noa Varela Varela
2ºB / nº16
|
|
|
|
O Carballiño bótase á rúa para recuperar o tempo perdido durante o peche. |
|
«Isto xa che é outra cousa. É que o de antes era unha tristeza». A sensación dos carballiñeses resúmese perfectamente nunha frase rápida, pronunciada por unha veciña no escaso espazo que a separa da cafetería que abandona para ir ao comercio situado fronte á mesma.O traxecto percorrido non foi precisamente un camiño de rosas: a Xunta puxo na diana ao Carballiño ao sinalalo pola elevada taxa de contaxios, logo viñeron as restricións -que se foron endurecendo conforme avanzaron as semanas, pasando das condicións do peche perimetral a botar a persiana á hostalería- e despois o recoñecemento público por boca do presidente autonómico. Do pico dos 188 contaxios pasouse aos 23 do venres, cando se anunciou o pase ao nivel 2. Dito así talvez non soe a nada, pero o díxito ten premio: a hostalería volveu á actividade e as terrazas floreceron por todos os espazos públicos. Nalgúns casos cunha ostensible suma de efectivos a maiores e unha ocupación de espazo que máis parece un desembarco que un uso razoable da ordenanza municipal.Había ganas -moitas e longamente contidas- de recuperar a normalidade. E a asollada mañá otoñal deu renda solta aos carballiñeses. Os máis pequenos recuperaron as prazas e as rúas peonís do centro da vila -o parque infantil da Alameda segue clausurado por agora-, os maiores impuxeron a súa lei nos bancos da Praza Maior e noutros espazos estratéxicos onde gozar do sol do mediodía é de cumprimento obrigado, os encontros cos amigos nas terrazas -sen superar o máximo permitido- foron o máis desexado e gozado e O Carballiño volveu á súa vida cotiá cunha xornada cunha valoración unánime: máis que un sábado otoñal parecía un día de feira ou de festa na vila. A hostalería, o sector máis castigado, afronta agora o camiño da recuperación. «A xente está moi animada e hai un bo día de sol, co cal tamén suma. A recuperación xa veremos como é. O que perdemos xa non se recupera e veremos agora como vai a cousa. Temos que saír desta situación e tirar para adiante. E agardemos que sexa con sentido común e tendo claro o que nos xogamos, porque se nos volven pechar é o final para todos», sinala o propietario dunha cafetería.
Raquel González Castro
Segundo B bacharelato
|
|
|
|
O Supremo revisará o mércores a condena a prisión permanente do Chicle polo asasinato de Diana Quer |
|
A Sala do Penal do Tribunal Supremo deliberará o vindeiro mércores 25 de novembro a porta pechada o recurso presentado pola defensa de José Enrique Abuín Gey, coñecido como O Chicle, contra a condena a prisión permanente revisable que lle foi imposta polo asasinato no verán do 2016 da moza madrileña Diana Quer na Pobra do Caramiñal.
Revisarase a decisión adoptada o pasado mes de xuño polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que confirmou á súa vez a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña de decembro pasado tras o fallo unánime do tribunal do xurado. O relatorio correspondeu ao maxistrado Vicente Magro segundo sinalaron a Europa Press fontes xurídicas.
- Paloma González González, 2ºB
|
|
|
|
Máximo de novos contagios en Galicia o últimos trece días |
|
Os positivos ascenden notablemente en Vigo que rexistra máis dun terzo dos novos infectados.
O número de hospitalizados baixa lixeiramente, mentres os falecidos aumentan cada día e xa son 1.107 desde o inicio da pandemia (15 enfermos de covid morreron este mércores)
O número de novos contagios diarios volve achegarse a 700 tras o descenso das pasadas xornadas (513 o mércores, 409 o martes). Nas últimas 24 horas detectáronse en Galicia 686 novos positivos, a cifra máis alta en trece días. Os casos activos han subido ata os 9.098 (47 máis que no balance anterior). A taxa de positividade tamén ascendeu ata o 9,1 %, segundo os últimos datos do Sergas, hai apenas dous días estaba no 5,3 %.
Vigo e A Coruña lideran o ascenso de infeccións activas. Esta é a situación por áreas sanitarias:
Vigo: 2.432 casos activos (105 máis) e 282 novos contagios.
A Coruña: 1.888 enfermos de covid (12 máis) e 122 novas infeccións. Pontevedra: 1.250 pacientes (4 menos) e 67 novas infeccións detectadas. Lugo: 1.052 enfermos (28 menos) e 51 positivos nas últimas 24 horas. Santiago: 993 infectados (13 menos) e 67 novos positivos.
Ourense: 749 casos (mantense) e 44 novos contagios.
Ferrol: 724 casos activos (25 menos) e 34 contagios nun día.
Andrea Romero Castro. |
|
|
|
Rosalía de Castro en París |
|

A publicación, en 1867, de El caballero de las botas azules non pasou desapercibida para a prensa do momento. En setembro dese ano, Ventura Ruíz de Aguilera dá conta, en El Museo Universal da aparición deste conto estraño e pide que algún crítico comece a analisar a novela. E o crítico apareceu axiña na pluma de Julio Nombela, que a 7 de novembro de 1867 publica en La Época unha recensón desta obra, texto que repite, en xaneiro de 1868 en El Correo de Ultramar, un xornal editado en París, destinado a un público culto e con vocación de ser órgano de comunicación entre a España, a Franza e as súas respectivas colonias en Latinoamérica.
Conta o periódico cunha revista literaria ilustrada e ofrece un contido científico de bon nivel, sempre dentro do afán divulgador, conxugando adecuadamente tanto os intereses do equipo editorial como os da elite latinoamericana, consumidora de publicacións oriúndas de Europa.
A prolongada vida da publicación, editada entre 1842 e 1886, resulta excepcional no contexto contemporáneo e supón á vez un lectorado fiel e unhas bases económicas suficientes para soster unha empresa arriscada.
A liña editorial, máis claramente conservadora ao principio, evoluciona e faise máis moderada xa a mediados de século. O contido, esencialmente informativo en cuestións políticas e comerciais, non descarta temas culturais e os folletíns, as noticias da vida parisiense, dos teatros, os últimos descubrimentos científicos, todos atopan cabida neste xornal que encargara a Nombela reseñas sobre os escritores españois de máis prestixio.
Fiel a esa encomenda, en 22 de xaneiro de 1868 Julio Nombela publica en El Correo de Ultramar unha reseña de El caballero de las botas azules, situando así claramente Rosalía entre eses literatos, literata neste caso, de máis prestixio que procuraban as elites americanas.
Rosalía de Castro perante un público culto
O texto enviado a París non era inédito, era o xa publicado en novembro en La Época mais o feito de o repetir, case sen variacións, en El Correo de Ultramar, coloca Rosalía perante un público culto que ten París como referente cultural e científico, unha Rosalía que xa era “ventajosamente conocida por sus Cantares” e que “ha sorprendido a todos sus admiradores con un cuento estraño, El Caballero de las botas azules”.
Francisco Rodríguez, en Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (AS-PG, 2011), ao tratar sobre esta obra di dela: “Nestes tempos de crise, económica e social, do capitalismo, resulta confortante ler novelas que, como El caballero de las botas azules, se distancian con tanta desenvoltura e ousadía dos seus mitos e valores. Mesmo a utilización do misterio e deixar sen contestación clara algúns interrogantes é un factor de modernidade, conecta a novela coas nosas dúbidas e angustias sobre o futuro”.
Ese factor de modernidade é o mesmo que lle recoñece Julio Nombela cando escrebe sobre El Caballero de las botas azules, “un libro que hoy sería apreciado en mucho; pero no en tanto como lo apreciarán los que lo lean en el siglo XX” porque este texto “será el mejor título de gloria de Rosalía de Castro, no solo a los ojos de los hombres de talento, sino para los de corazón”.
Iago Fuentes Aller
2º BACH A |
|
|
|
España tendrá 13.000 puntos de vacunación y una estrategia única |
|

"Xunto con Alemaña, o noso país será o primeiro país da UE en ter un plan completo de vacinación contra o covid-19", dixo.
O presidente do Goberno avanzou na súa comparecencia que España anunciará mañá luns que a incidencia acumulada de casos de coronavirus está por debaixo dos 400 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.
En canto á estratexia a seguir durante o Nadal, sinalou que a situación epidemiolóxica "será diferente" nos distintos territorios, pero que trasladarán aos conselleiros de Sanidade de todas as comunidades a necesidade de "recomendacións comúns"
Franz Carballo Orejarena
2º BACH A |
|
|
|
O Ministerio de Sanidade advirte dos riscos de fumar cigarros electrónicos |
|
Un novo informe elaborado polo Ministerio de Sanidade advertiu dos riscos que conleva
fumar cigarros electrónicos para a saúde. O principal problema destes dispositivos radica no
seu aerosol, que contén substancias carcinogénicas. Isto supón un risco a longo prazo no
seu consumo e exposición. A curto prazo, unha das consecuencias máis comúns é o
EVALI, que consiste en lesións pulmonares asociadas ao vapeo. En poucas palabras, a
evidencia científica dos últimos anos desacredita a idea baseada nun artigo de 2014 que
suxería que os cigarros electrónicos teñen un 80% menos de risco que o tabaco tradicional.
O informe tamén destaca que non existe unha evidencia sólida de que os cigarros
electrónicos teñan utilidade como ferramentas para abandonar o tabaquismo. Pola contra,
está a crecer a preocupación pola toxicidade destes dispositivos, o cal diminúe o seu
interese como ferramenta sustitutiva ao tabaco tradicional, xa que poden contribuír ao
mantemento ou iniciación da adicción á nicotina. Así, existe o risco de que fagan perder a
oportunidade a persoas que queiran deixar de fumar pasando a consumir estes produtos.
O documento recolle os resultados das últimas enquisas, que mostran que a metade dos
estudantes de secundaria probou nalgunha ocasión os cigarros electrónicos. O incremento
do seu consumo en adolescentes e mozos débese á baixa percepción de risco que teñen
fronte a eles. Demostrouse que constitúen a porta de entrada á adicción á nicotina e ao
tabaquismo. Por iso, o informe conclúe que se debe seguir avanzando na regulación deste
tipo de produtos para limitar o acceso dos mozos, evitando o efecto pernicioso da súa
publicidade e promoción.
Alba Millán Borrajo
2º BACH A |
|
|
|
A Policía Local de Carnota rescatou a unha parella que estivo seis horas perdida no monte Pindo |
|
 A Policía Local de Carnota, co apoio da Garda Civil de Outes, rescatou na tarde de onte
a unha parella de senderistas que se perdeu no monte Pindo. Os excursionistas, uns
mozos de Noia, levaban unhas seis horas buscando o camiño de regreso cando por fin
foron localizados. Mesmo chegou a mobilizarse un helicóptero no dispositivo de
procura, pero finalmente foi anulado.
A voz de alarma deuna a moza pasadas as catro da tarde. Emprenderan a subida a
Peñafiel e á Cova dá Xoana, un roteiro espectacular, pero dura e que está intransitable
debido á abundante maleza, o que facilitou que se extraviasen. Despois de varias horas
tentando atopar o camiño de regreso guiándose polo GPS do móbil, e #ante o temor a
que a noite se lles viñese encima, avisaron ao 112. De inmediato informouse da
situación ao xefe da Policía Local de Carnota, gran coñecedor da zona, que se puxo en
camiño xunto a un compañeiro e axentes do posto da Garda Civil de Outes. A través do
teléfono, os senderistas enviaron a súa localización e deron ás oficial referencias do
lugar onde se atopaban para que os localizasen. O ascenso ao Pindo por esa zona é
complicado, cun gran desnivel, e os axentes necesitaron 45 minutos de camiñada para
localizar á parella de excursionistas, que pasou momentos de angustia porque xa
empezaba a anoitecer e seguían perdidos. Finalmente atopáronlles e puideron baixar
polo seu propio pé do monte sans e salvos, aínda que cun bo susto no corpo.
Pedro Fernández Fernández
2º BACH A |
|
|
|
|
|
|
|
|