Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Coronavirus leva ao eterno Reinaldo Teles |
|
Reinaldo Teles, administrador da SAD do FC O Porto, faleceu este mércores, aos 70 anos. Fora internado o pasado día 26 de outubro, debido a complicacións relacionadas co Covid-19.
Histórico dirixente dos dragóns, auténtico brazo dereito de Pito da Costa, Reinaldo Teles encontrábase na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital de San João, no Porto.
Reinaldo Teles estaba ligado ao club portista desde os 12 anos, entón como pugilista. En 1979 asumiu funcións de seccionista, transitando para o fútbol en 1982. Chegou a ser vicepresidente do club e era agora administrador non-executivo da SAD.
Foi distinguido co Dragón de Ouro para dirixente do ano en 1989 e co Dragón de Honra en 1998, sendo tamén socio honorário dos dragóns.
Lucia Rodrigues
1º A Bach |
|
|
|
Restricións en Ponte Candelas |
|
As restricións pola incidencia da pandemia por Covid-19 en Galicia obrigaron a cancelar moitos plans. Ante unha fin de semana de bo tempo as dúbidas afloran sobre que se pode e que non se pode facer. Así o experimentaron desde a propia comisaría da Policía Local de Vigo desde onde explican como nas últimas horas recibiron "moitísimas chamadas" con consultas desta clase. "Preguntan onde poden desprazarse ou se poden facer certas actividades ao aire libre...". Desde o corpo móstranse satisfeitos co interese dos cidadáns por saber cales son as limitacións antes de aventurarse a facer algo indebido. Existen numerosos artigos no que se indican as retricións necesarias situadas en cada cidade, pero é necesario obter documentos oficiais.
LUCÍA ALONSO FREIRE
1ºA BACH
|
|
|
|
O Neka presenta as súas credenciais no campeonato do mundo |
|
Monforte de Lemos pode presumir de contar con algún dos mellores taekuondistas non só de España senón do mundo. Seis deportistas do equipo monfortino clasificáronse para as semifinais do campionato do mundo dixital de taekuondo .
Ademais de Álex Camba, que foi o primeiro que logrou o pasaporte para esta fase ao acabar terceiro na preliminar, tamén accederon ás semifinais as seguintes novas promesas: Laura Álvarez, Dani Areán, Marco García, Karla Novo e Lucía Roca. Hai que destacar, sobre todo a posta en escena de Laura Álvarez, que finalizou primeira nun grupo no que participaron 26 nenas. A nova taekuondista monfortina está chamada a marcar unha época en Galicia e a converterse nunha das máis destacadas no ámbito nacional e internacional.
Tamén estivo a un nivel óptimo o taekuondista de Taboada , Dani Areán, que concluíu no segundo posto. Só foi superado por un rival coreano, que ademais parte como gran favorito para alzarse co título. Quedou fóra das semifinais Aitor Teijeiro. Finalizou no posto número 13, pero estivo a piques de subir unha posición, circunstancia que lle tería permitido seguir o ronsel dos seus compañeiros do Ximnasio Neka.
Claudia Fernández Blanco
1ºA BACH
Nº4
|
|
|
|
O asalto en Seoane: a xuizo 9 anos polos avances no ADN |
|
Os avances nas técnicas de estudo de vestigios biolóxicos conseguiron resolver o asalto violento ocurrido en Novembro de 2011 nunha vivenda de Seoane (A Granxa), onde nese momento atopábase a súa moradora , unha muller que tiña entón 69 anos e que faleceu en 2013. O roubo no que tomaron parte dúas persoas , estivo en punto morto durante moitos anos , xa que os ladróns ian encapuchados , pero os restos de ADN que deixaron , sete anos despois conseguiron resolver o caso.
Lucía Ferreiro
1ºA Bach |
|
|
|
A desescalada en Galicia será a dúas velocidades |
|
A desescalada en Galicia será a dúas velocidades e o corte estará nos 10.000 habitantes. O comité clínico pechará na súa próxima reunión, prevista para o martes, os criterios de saída de restricións e a desescalada contemplará diferentes situacións en función da situación epidemiolóxica.
Eses diferentes graos tamén atenden a criterios de poboación, polo que haberá unha desescalada para a Galicia rural e outra para a Galicia urbana. En termos de territorio dominaría a desescalada rural, porque 259 dos 313 municipios de Galicia están por baixo desa cifra de 10.000 veciños. Con todo, a maioría dos galegos se rexerán polos criterios da Galicia urbana, xa que en concellos con máis de 10.000 habitantes viven case 1,9 millóns de persoas.
Tamén se tratou no subcomité como serán as celebracións do Nadal. Os pediatras avalaron a proposta que realizou Galicia ao grupo de traballo estatal sobre esta cuestión de que os nenos de menos de 9 ou 10 anos computen de maneira distinta á hora de establecer aforos máximos nas celebracións do Nadal. Outra das propostas de Galicia é que os cómputos se realicen sobre grupos familiares e non sobre persoas illadas. De todos os xeitos, García Comesaña lembrou que o documento marco estatal está aínda aberto a debate e que Galicia terá un documento propio de recomendacións.
Sabela Alonso
1º A Bach |
|
|
|
Maradona e Galicia |
|
Os vínculos que unen a Maradona e aos clubes desta parte do Atlántico son múltiples e tan variados como a riquísima biografía dun xogador tan único como carismático. Esta primeira relación coa nosa comunidade reside no propio apelido da personaxe. A investigadora Concepción Fernández asegurou no 2004 que a familia do exfutbolista ten as súas orixes en Lugo, posiblemente nun lugar do concello mariñao de Ribadeo. Esta investigadora apóiase no Dicionario Madoz, (o dicionario Xeográfico-Estadístico-Histórico de España e as súas posesións de Ultramar, editado en Madrid entre 1845 y 1850). O propio Maradona salira ao paso da súa posible orixe galega e ata comentara que tiña a intención de visitar aos seus supostos familiares e coñecer as súas raíces.
Miguel González
1º A Bach |
|
|
|
As luces de Vigo no 2020 |
|
Mentres o Concello de Vigo sopesa a data máis axeitada para acender as luces de Nadal, as obras para a instalación da iluminación afrontan o seu tramo final. Este luns, despois do solpor, a Gran Vía iluminouse durante uns minutos, nunha proba deseñada para comprobar que todo está preparado. Precisamente, a arteria central presenta novidades nos últimos días, coa incorporación dos elementos decorativos que están marcando a construción das ramplas mecánicas no medio da rúa.
O alcalde, Abel Caballero, explicou nunha entrevista con FARO publicada onte que se reunirá cos hostaleiros para opinar á hora de decidir cando facelo. O que avanzou é intentar premer o interruptor cando xa están abertos bares, cafés e restaurantes. Hoxe, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abriu a porta a levantar as restricións que afronta a ponte da Constitución nas zonas con mellores datos. As medidas actuais caducan, en principio, o 4 de decembro, aínda que son renovables. En calquera caso, a área de Vigo é agora onde máis está fóra de control a pandemia de coronavirus
Valentina Segovia
1 BACH A
|
|
|
|
Os mil vínculos entre Maradona e Galicia |
|
A orixe galega do seu apelido remóntase a Ribadeo, tras a súa retirada apareceu en numerosos vídeos e fotografías coa camiseta do Deportivo e recoñeceu na súa biografía que rompera un Teresa Herrera da sala de trofeos do Barcelona.
Unha figura tan universal como Diego Maradona non podía pasar no bico dos pés pola historia do fútbol galego. Os fíos que unen ao Peluxe e aos clubs desta esquina do Atlántico son múltiples e tan variados como a riquísima biografía dun xogador tan único como carismático.
O seu primeiro vínculo enraíza no propio apelido do personaxe. A investigadora Concepción Fernández asegurou no 2004 na revista universitaria « Evohé» que a familia do exfutbolista ten as súas orixes en Lugo, posiblemente nun lugar do concello mariñán de Ribadeo.
O propio Maradona saíu ao paso da súa posible orixe galega e ata comentou que tiña a intención de visitar ás súas (supostos) familiares e coñecer as súas raíces.«Como ao final veña, vaia festa!», afirmaba por aquel entón Secundino Maradona, Lito, ao pé da súa casa en Villamartín Grande, e engadía sen perder o sorriso: « Dende que Ao final, o xenio do balón nunca apareceu por Ribadeo, pero os seus veciños nunca perderon a esperanza. Así o recoñecían nunha reportaxe da Voz no 2007. saíu na televisión non pairan de vir xornalistas».
Son numerosos os vídeos e fotografías do exxogador coa camiseta do Deportivo. O primeiro, recoñecido polo propio Maradona na súa biografía «Eu son O Diego». No seu relato dun dos numerosos episodios de enfrontamentos que mantivo coa directiva do Barcelona, recoñeceu que rompeu na sala de trofeos do club un trofeo Teresa Herrera, o que se representa por medio dunha Torre de Hércules.
Valeria Labandeira Reimondez
1 BAC A
Nº 7
|
|
|
|
Turismo On-Line |
|
O coronavirus estanos a privar de moitas cousas entre elas, ese placer de poder viaxar, pero grazasa esto estanse a crear iniciativas e promulgándose dende as consellerias de turismo unas visitas a diferentes lugares grazas as novas tecnoloxías. Esto consiste en visitas guiadas polos recunchos máis fermosos de diferentes vilas e cidades sen sequera levantarte do sofá. Este é una forma de como quen di vender os encantos da túa cidade para así que posteriormente o teu nýmero de visitantes aumente porque quedaron abraiados co que descubriron da cidade telemáticamente. Moitas cidades estanse a unir a esta practica e Ourense non se queda atrás, neste caso a provincia é ensinada por diferentes instagramers ou youtubers os que ensinan preciosos paraxes nas súas redes e esas imaxes chegan a un gran número de seguidores que posteriormente poderán ser posibles turistas da nosa provincia.
Alejandro Santás
1ºBACH A
|
|
|
|
Trinta e tres concellos non tiveron ningún contaxio nos últimos 14 días |
|

A curva de casos activos na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras sinala
baixada respecto ao venres, seguindo a tendencia iniciada hai 20 días. Son 698 os
casos activos na provincia, aínda que cunha incidencia desigual.
Hai 33 concellos nos que nos últimos 14 días non se rexistrou ningún contaxio.
Trátase da Arnoia, Beade, A Bola, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas,
Cenlle, Cortegada, Chandrexa de Queixa, Esgos, Gomesende, Xunqueira de Ambía,
Xunqueira de Espadanedo, Larouco, Maceda, Manzaneda, A Mezquita,
Montederramo, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, Pontedeva, Quintela de Leirado,
San Xoán de Río, Riós, Rubiá, San Amaro, Sarreaus, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar
de Santos, Vilardevós e Vilariño de Conso.
Noa Fernández Rodríguez
1º BACH B
|
|
|
|
|
|
|
|
|