Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un galego, na elite dos biólogos moleculares. |
|
 Manuel Irimia (Mozambique, 1981) sempre o tivo claro. Quería estudar xenética. E foi así como aos 18 anos colleu as maletas «por consello de Anxo Carracedo» para facer a carreira na Universidade Complutense de Madrid, realizar o doutoramento na de Barcelona e o posdoctorado nas de Stanford (Estados Unidos) e Toronto (Canadá). A partir de aí a súa carreira foi meteórica. É desde hai varios anos director do grupo de Transcriptómica do Desenvolvemento e Evolución de Invertebrados do Centro de Regulación Xenómica (CRG) de Barcelona e, con tan só 33, accedeu ao elitista programa Starting Grant do Consello de Europeo de Investigación (ERC), algo moi pouco usual. Son recoñecementos aos que agora se suma a súa entrada no EMBO Young Investigator Programme, un destacado recoñecemento da Organización Europea de Bioloxía Molecular (EMBO) co que se distingue aos mellores e máis prometedores xefes de grupo menores de 40 anos na área de ciencias da vida.
Aitana Lanzós Gómez
|
|
|
|
Detido o comisario Villarejo por branqueo e inmigración ilegal |
|
A Unidade de Asuntos Internos da Policía detivo ao comisario xubilado José Villarejo, á súa muller e ao excomisario do aeroporto de Barallas Carlos Salamanca nunha operación por delitos de suborno, branqueo de capitais, inmigración ilegal e pertenza a organización criminal.
Villarejo participou na "operación Cataluña", destinada a desacreditar aos principais impulsores do "procés". Tamén foi recoñecido en xuño por unha dermatóloga de Madrid como o autor do seu apuñalamento, posto en relación coa querela presentada pola médica contra o empresario Javier López Madrid, o amigo da Raíña Letizia chamado por esta "compi yogui".
A operación foi coordinada pola Fiscalía Anticorrupción e a Audiencia Nacional, que ditou seis ordes de arresto e rexistros en Madrid, Valencia e Málaga, entre eles a oficina de Villarejo na madrileña Torre Picasso e o seu domicilio en Boadilla del Monte (Madrid).
Asuntos Internos investigou durante meses o armazón empresarial de Villarejo e a súa muller, Gemma Isabel Alcalá, e desenvolveu unha operación para desmantelar unha organización criminal cuxo principal obxectivo é a reintroducción en España e outros países da UE de fondos procedentes de actividades ilícitas vinculadas á corrupción internacional.
Así o explicou onte a Fiscalía Anticorrupción, que sostén que tanto Villarejo como o outro comisario detido valíanse dos seus respectivos cargos policiais, "especialmente sensibles para a seguridade nacional", para recibir "elevadas sumas de diñeiro e agasallos suntuarios diversos". Todo iso a cambio dos seus servizos especializados "de intelixencia" e de "facilitar a entrada ilegal de cidadáns non comunitarios en territorio español".
Ana Ramos Gallego |
|
|
|
A ciencia en galego sobre todo en novembro |
|
Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser en Galicia o Mes da Ciencia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha programación de actividades no mes de novembro.
A divulgación do coñecemento científico e a importancia da ciencia en todos os ámbitos da vida é o obxectivo central da programación, que inclúe propostas para todos os públicos. Proxeccións audiovisuais, obradoiros para experimentar, espectáculos de maxia, contacontos, guías de lectura, documentais, exposicións, conferencias, un certame de microrrelatos matemáticos,? son algunhas das propostas que se desenvolverán nas bibliotecas públicas de toda Galicia.
Así mesmo, anímase a tódolos científicos e científicas, e á comunidade educativa, a ?faceren e a divulgaren ciencia na lingua propia de Galicia, e tamén a poñer en valor as figuras dos referentes galegos da ciencia?.
Desde o Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal, preséntanse as mellores prácticas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega para sumárense, dende o ensino, á conmemoración do Día da Ciencia en Galego.
Lucía Alvarellos Garea
|
|
|
|
Ter moitos fillos no está moi ben visto |
|
Vicente Domínguez confesa que el é un «afeccionado» á beira dos seus pais, que tiveron 14 fillos. Este economista autónomo e a súa muller, Eva Pardilla, crían a cinco fillos en Pontevedra. Son Juana, de 15 anos; V. Enrique, de 13; Mercedes, de 11; Miguel, de 10, e Jimena, a benjamina, de 8 anos. «Case 9», como ela matiza.. A escusa da reportaxe é coñecer a súa opinión sobre a crise demográfica que vive Galicia, días despois do Congreso Galego de Familias Numerosas de Agafan, asociación á que pertencen. Por que a xente apenas ten fillos? Vicente cre que non é só por un tema económico. «Non é un problema económico, que tamén, senón de loxística e de decisións». Eva, que é profesora de primaria no colexio Os Salgueiros, achega outra visión. «Nós quixemos ter moitos fillos porque é o que vives en casa. Creo que a xente non ten fillos ou ten un polas dificultades de conciliación e tamén por unha cuestión de confort. E diría que tamén por un pouco de susto». E explícase: «Cren que a situación lles vai a superar, que non van poder». Eva tira de anécdotas cando lle preguntan cantos fillos ten. «Cando digo que teño cinco a resposta sempre é ?Uff, que valentes?». Vicente ten claro que os Domínguez-Pardilla son «persoas normais, correntes e molientes». «Que é moliente?», pregunta Jimena. Os seus fillos, todos co uniforme do colexio, escoitan atentos. Vós queredes ter moitos nenos no futuro? Hai disparidade de criterios. Juana, a maior, ten claro que lle gustaría casar e ter un vástago ou dous «para saber como é a experiencia». Miguel, por contra, di que pensa no seu traballo e que non se ve con fillos. Jimena dúbida, pero di que «algún si».
Juana e Jimena fan de guías pola casa. A maior ten agora unha habitación para ela soa: «É que xa necesito intimidade».
Aitana Lanzós Gómez
|
|
|
|
|
|
|
|
|