Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
?Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito? |
|
 O director de Egin lembra nunha entrevista publicada por Naiz os ?17 anos de pesadelo? que supuxeron o feche de Egin: ?paseino moi mal e recoñezo que ademais estaba mal?, admite. Cualifica a persecución ao diario de ?salvaxada?. ?Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito. E séguennos tendo. Nós somos os que pagamos as súas barbaridades. Eles teñen que pedir perdón algunha vez. E a min téñenme que pedir perdón. Eu non teño que pedirlle perdón absolutamente a ninguén?, apunta.
Salutregi explica que o feche da publicación veu motivada porque ?necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis. Aínda que fora un xornal de tirada pequena, tiña bastante difusión e non podía permitir fotografías dun tío machacado en metade da primeira páxina, un titular que dera as atrocidades dos cabozos??. ?Mesturáronnos con xente que vendía bacallau por un lado, que defendía a desobediencia civil polo outro, que eran do aparato de Exteriores de Herri Batasuna? Era o todo é ETA. Todo era ETA e todos ao cárcere?, denuncia.
Sobre a reacción do xornalismo ao feche de Egin e ao encarceramento dos seus responsábeis, Salutregi sinala que ?agás contadas excepcións, todos os xornais están pegados á hexemonía ideolóxica española. Están todos domesticados? Engade que ?non teñen vergoña. Non dixeron nunca nada. Nada en contra do feche dun xornal que até os xuíces dixeron que estaba mal?.
Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
Nova edición do Ourense+BTT |
|
 Os afeccionados ao BTT teñen unha cita cunha nova edición do Ourense+BTT, organizado por ?La Región?, onde o gran protagonista será o actual campión de Europa, España e Gaicia de mountain bike sub-23, o macedano Pablo Rodríguez.
A actividade será exclusivamente participativa e contarán coa presenza de 128 bikers que se concentrarán a partir das 09,00 horas na Praza Maior de Ourense para dar inicio á marcha a partir das 10,00 horas.
Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
|
|
|
|
Ourense prepara un multamóbil para sancionar os aparcamentos ilegais |
|
 O multamóbil chega ás rúas de Ourense. Aínda que a data da posta en marcha do servizo é aínda difusa, un novo vehículo rotulado e perfectamente equipado para executar as súas funcións empezará a fotografar por todo o centro urbano a aqueles vehículos mal aparcados ou estacionados. O obxectivo, dispoñer de probas gráficas coas que sancionar as infraccións do tráfico rodado, cando cumpra.
O vehículo, oficialmente denominado automóbil de vixilancia integral (AVI), prestará especial atención á dobre fila, o estacionamento en pasos de peóns, os tempos excesivos en zonas de carga e descarga e a ocupación irregular en paradas de autobús urbano e en vaos, especialmente de acceso a garaxes.
A posta en marcha deste novo servizo da Policía Local chega despois de nove anos da chegada do vehículo ao Concello de Ourense, que, segundo fontes policiais, coincide coa adxudicación do servizo de guindastres ao grupo Vendex, como unha mellora do prego. O pasado do AVI non está claro. As fontes policiais afirman que "o coche estivo parado no depósito municipal e mesmo llo levaron a Vigo". O goberno local do PP inicia agora a vida útil do vehículo, que se atopa xa nas dependencias policiais. A concelleira de Seguridade Cidadá, Flora Moure, apunta que "sexa cal for a orixe, está aí e é necesario utilizalo", facendo referencia ás "escandalosas cifras da memoria de 2014 da Policía Local".
Kelly Pousa, 2º Bach. |
|
|
|
Como 'Allo' quedan poucos |
|
 Allo presenta tódalas características dun can palleiro con pedigree: cabeza e pescozo fortes, cor entre branquecina e canela e un pelaxe mesto. Móvese a galope, afeito a pastorear, por iso tamén lle chaman "can lobo". Son as características que lle atribúe a web oficial do Clube de Raza Can de Palleiro, que dende o ano 2002 achega información sobre os exemplares como Allo e protexe unha especie propia que está en perigo de extinción, catalogado así pola Xunta xa hai máis dunha década.
Podemos completar o refrán: os galegos están en todo o mundo, e onde hai un galego hai un palleiro. O Club ten rexistrados 600 non só aqui, senón en Holanda, Noruega, Brasilia, Alemaña, Portugal ou Euskadi.
Andrea Marquina, 2º Bach. |
|
|
|
Premios da Crítica Galiza 2015 |
|
 O ditame da 38ª edición dos Premios da Crítica Galiza, nas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica, deuse a coñecer este sábado no Hotel Os Escudos de Vigo ante 350 persoas.
O xurado de Creación Literaria, formado por Xosé María Lema Suárez, escritor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo, crítica, presidenta de ELOS; Carme Vidal, xornalista cultural; María Xesús Fernández, crítica; Manuel Rodríguez Alonso, crítico; Chus Nogueira, crítica e presidenta da Asociación da Crítica Galega e Xavier Senín, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz (Xerais), Zapatillas rotas de Xabier Quiroga (Xerais) e Penúltimas tendencias de Carlos Negro (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de Agustín Fernández Paz "A viaxe de Gagarin" editada por Xerais.
O xurado salientou que ?A viaxe de Gagarin? é unha novela que vén culminar un ciclo narrativo, na que o autor realiza unha emotiva viaxe desde o presente cara a unha parte da nosa historia recente tantas veces silenciada?.
Ana García Barandela, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
O día que se apagou a Gran Manzana. |
|
 Eran as 5.13 da tarde do martes 9 de novembro, ese momento tras o ocaso no que a noite é xa inminente. Millóns de persoas dispoñíanse a saír de traballar para regresar ás súas casas e moitas outras estaban nos seus coches, nos trens ou no metro, viaxando cara aos seus fogares, cando se produciu un pequeno fallo nunha central eléctrica da provincia canadense de Ontario. Debido a un erro humano que tivera lugar uns días antes, o sistema da central reaccionou coma se fose unha sobrecarga perigosa. Durante os tres minutos seguintes o sistema eléctrico converteuse nunha longa fila de fichas de dominou caendo unha sobre outra e así foi interrompéndose todo o servizo eléctrico da zona noroeste de América: oito estados de Estados Unidos e dúas provincias canadenses quedaron ás escuras. Máis de trinta e cinco millóns de persoas vivirían durante as catorce horas seguintes nunha escuridade só mitigada por unha afortunada lúa chea. Entre elas, os habitantes de Nova York.
Antía Corral, 2º Bach. |
|
|
|
Unha marea contra a violencia machista grita por «as que xa non están» |
|
 Decenas de miles de persoas, na súa maioría mulleres, corearon a súa voz polas rúas de Madrid contra as «violencias machistas» e para lembrar e facer valer ás que «xa non están e non poden falar» ao ser vítimas desta secuela social, que motivou hoxe unha manifestación sen precedentes.
Esas son algunhas das consignas que se corearon durante a marcha convocada polo movemento feminista e á que se sumaron todos os grandes partidos políticos, sindicatos e unha multitude de organizacións e colectivos sociais, ademais de asociacións de mulleres.
O Paseo do Prado, onde se iniciou a marcha, fronte ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, acolleu desde primeira hora a miles de persoas con camisetas moradas en solidariedade coas mulleres asasinadas, cuxo dor foi escenificado nunha performance (Women in Black) na que participaron ao redor de 300 mulleres.
Coas súas siluetas de loito rigoroso, tombadas no chan e o contorno de cada cadáver pintado cun xiz groso han querido lembrar ás 1.378 mulleres asasinadas polo «terrorismo machista» desde 1995.
Paola Dacasa, 2º Bach. |
|
|
|
Novo disco de Coldplay |
|
 Coldplay confírmao: ou seu esperado novo disco, A head full of dreams, publicarase ou próximo 4 de decembro. E hai máis. O primeiro sinxelo do álbum, Adverture of a lifetime, xa está dispoñible en as habituais plataformas de descarga dixital e reprodución en liña para a súa escoita.
Segundo informou Parlophone, discográfica dá banda británica, A head full of dreams foi gravado en Malibú, Los Ángeles e Londres e producido polo sueco Stargate, xunto ao colaborador habitual do grupo Rik Simpson. Conterá once temas cun estilo moi diferente aos de o seu disco predecesor, ou intimista Ghost stories (2014). E contará con colaboracións de Beyoncé, Noel Gallagher, Tove Ou e Merry Clayton. «Enerxía, cor e grandes momentos que afirman a vida», promete o seu selo ante cortes como o exuberante Adverture of a lifetime, Amazing day canción que presentaron nun festival ao aire libre en Nova York ou Hymn for the weekend, ao que Parlophone cualifica como tema «poderoso». O novo álbum publicarase en formato CD, vinilo e álbum dixital e seguiralle unha xira por todo ou mundo.
Martín Pérez, 2º Bach. |
|
|
|
Lorenzo consegue unha 'pole' de récord e Rossi cae. |
|
 Jorge Lorenzo deu un gran paso cara ao título. O balear logrou a pole dunha maneira incontestable. Marcou unha impresionante volta no seu segundo intento que lle serviu para rebaixar en medio segundo o tempo que fixera Márquez. Lorenzo permitiuse baixar o récord da pole para deixalo en 1:30.011. Isto dálle aire para evitarse leas na saída e poder facer o que ansía: tirar e escaparse ao comezo.
Por detrás, tamén en primeira fila, estarán as Honda. Márquez buscou tres intentos. No primeiro marcou a pauta. No segundo, tivo que abortar. E no terceiro, non puido co seu propio tempo inicial. Xunto a el estará Pedrosa, que tampouco mellorou as súas prestacións do comezo da calificación.
Cuarto arrincará Aleix Espargaró, outra gran noticia para Lorenzo. O de Granollers fixo unha gran sesión coa súa Suzuki. Quinto será Cal Crutchlow, outro piloto 'amigo' de Jorge e que podería plantar cara a Rossi nunha remontada. Sexto é Smith, que deixou sétimo a Iannone, quen podía ser un perigo para o mallorquino. No último libre ata lle deu roda a Vale. Agora terao difícil para incordiar ao español. A destacar o esforzo de Maverick. Sufriu unha dura caída na repesca e tentouno. Sairá undécimo, pero deu unha lección de coraxe.
A cruz do día foi para Rossi. Non se xogaba nada porque sabía que sairía último. Con todo, caeu ao final. Foi unha caída leve. Sen danos físicos. É a súa segunda caída do ano tras a de Brno provocada polo aceite da moto de Miller.
Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
VIGO ADICARÁ UNHA RÚA Á AXENTE VANESSA LAGE: |
|
 O Concello de Vigo adicará unha rúa a Vanessa Lage, a policía falecida nun atraco a unha entidade bancaria en novembro de 2014, segundo anunciou hoxe o alcalde, Abel Caballero.
O rexedor explicou que esta decisión é "unha homenaxe a unha muller que defendeu a cidade coa súa vida", e que se realiza a petición do sindicato Unión Federal de Policía da Comisaría de Vigo.
A intención do goberno local dixo que o próximo 28 de novembro, día no que se cumpre un ano do suceso, no que tamén faleceu o atracador e outro axente resultou gravemente ferido, se coloque unha placa nunha rúa da cidade, aínda por decidir, para lembrar a Vanessa Lage.
O sindicato UFP tamén propuxo "un lugar cun monumento" para homenaxear ás forzas e corpos de seguridade e aos cidadáns que de forma anónima fan "actos de heroicidade", unha proposta que o Concello aceptou.
Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
|
|
|
|
|