Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Moustapha, como na casa. |
|
 O campo de O Carqueixal viviu onte pola tarde unha nova festa no deportivo, coa vitoria do CD Seixalbo, pero ademais outra moito máis emotiva, co recoñecemento ao Club Atletas Veteranos Ourense, polo seu exercicio de integración social co senegalés Moustaphá Mbaye.
O mozo africano, de 30 anos, emprendeu viaxe en patera á costa europea a noite de fin de ano de 2006. Despois de pasar pola Illa do Hierro, Santa Cruz de Tenerife, Madrid e Asturias chegou a Ourense, onde foi acollido polo club atlético ourensán. O CD Seixalbo premiou ao Atletas Veteranos Ourense co que comparte valores de solidariedade, tolerancia e respecto, e homenaxeou a Moustaphá Mbaye, por ser exemplo de superación, humildade, loita e esforzo.
O CD Seixalbo, o Atletas Veteranos Ourense e Moustaphá Mbaye intercambiaron agasallos. O deportista homenaxeado realizou o saque de honra do partido e despois de entregar unha bandeira do seu país recibiu unha camiseta do club . Ademais, o grafitero Camilo Dasilva inmortalizó ao deportista nun dos muros do estadio. Pola súa banda, o CD Seixalbo entregou ao Atletas Veteranos Ourense un detalle mentres que o club atlético regaloulle unha camiseta.
Andrea Marquina, 2º Bach. |
|
|
|
Carlos Callón liderará a lista de Nós- Candidatura Galega na Coruña |
|
 O expresidente da Mesa pola Normalización imponse á exdiputada do BNG Tereixa Novo nas primarias celebradas hoxe por Iniciativa pola Unión.
O que foi anterior presidente a Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, será o cabeza de lista ao Congreso de Nós-Candidatura Galega pola provincia da Coruña. Callón impúxose á exdiputada autonómica do BNG Tereixa Novo por 1.197 votos a 585 nas primarias convocadas hoxe pola plataforma Iniciativa pola Unión, afín ao Bloque. Deste xeito, Callón completa un cartel que terá como números uno ao Congreso nas outras tres provincias a Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Carme Adán(Pontevedra). Nestes tres casos, as primarias non decantaron a elección do cabeza de lista, xa que eran as únicas aspirantes. Nas votacións, que tiveron lugar entre as 11 e as 15 horas, participaron o 70 % dos 5.785 integrantes do censo de Iniciativa pola Unión.
Lucía Dafonte, 2º Bach. |
|
|
|
Masacre terrorista en París con polo menos 128 mortos e 180 feridos, 99 en estado crítico |
|
 Aínda ferida polos atentados yihadistas do pasado xaneiro, París viviu a noite do venres o seu peor pesadelo, o gran atentado masivo que temían o Goberno e as forzas de seguridade, que se cobrou xa máis dun centenar de vidas, segundo EFE.
Converteuse nun lugar común nas conversacións entre franceses escoitar que o país aínda esperaba «o seu propio 11-S», e, a só dúas semanas de acoller á maior parte de xefes de Estado mundiais no cume do cambio climático, un número indeterminado de terroristas provocaron o pánico e o horror nas rúas.
De forma case simultánea, sete ataques golpearon a noite da capital francesa, cos seus bares e terrazas cheas de xente grazas ás suaves temperaturas.
A sala de concertos Bataclan foi o lugar onde se produciu a maior traxedia. Tras reter durante horas aos que alí estaban a policía asaltou o lugar. Abateu a varios terroristas e hai decenas de vítimas mortais.
O estadio de Saint-Denis foi outro dos puntos da traxedia onde polo menos un terrorista inmolouse nas proximidades do lugar onde se viviron momentos de pánico.
Tras iso Hollande compareceu ante a nación para anunciar, case ao bordo das bágoas, o estado de emerxencia en todo o país e o peche das fronteiras.
Antía Corral, 2º Bach. |
|
|
|
Secuencian por vez primeira o xenoma mitocondrial completo dunha momia de 500 anos |
|
 Por vez primeira, investigadores da USC analizaron xenoma mitocondrial de aproximadamente 500 anos de antigüidade, concretamente o dunha momia andina atopada semisoterrada e conxelada en 1985 no borde occidental do sur do Aconcagua. Tratábase dun neno de sete anos de idade que estudos arqueolóxicos e antropolóxicos previos indican que puido ser vítima dun ritual de sacrificio inca coñecido como ?capacocha? hai aproximadamente cinco séculos.
En colaboración con investigadores arxentinos, o equipo liderado por Antonio Salas Ellacuriaga, profesor da Facultade de Medicina e membro do Instituto de Medicina Legal da USC e Federico Martinón Torres, pediatra e investigador clínico do Hospital Clínico Universitario de Santiago, conseguiu extraer e secuenciar a totalidade do xenoma mitocondrial de ADN procedente dunha biopsia de pulmón da momia. A este traballo sumouse un ?importante esforzo bioinformático e matemático? que permitiu comparar os resultados desta análise de laboratorio cunha base de datos mundial de aproximadamente 28.000 mitoxenomas. A comparación posibilitou sinalar no perfil xenético da momia unha nova linaxe que ?non fora identificado previamente en poboacións contemporáneas?, explican os investigadores. Pola contra e tomando como referencia outra base de datos, os autores atoparon que podería haber descendentes desta linaxe vivindo en Perú e Bolivia na actualidade e un individuo que habitou no antigo imperio Wari (contemporáneo aos incas e de procedencia andina).
O estudo do material mitocondrial completarase no futuro con novas análises de ADN nuclear que ampliarán o coñecemento sobre unha das máis grandes e complexas civilizacións da América precolombina ao tempo que evidencia como distintas áreas de coñecemento ?xenética, antropoloxía e historia- poden confluír arredor dun mesmo tema. Ademais, ambos investigadores galegos sinalan que se trata dun importante avance na biomedicina así como nas técnicas da actualidade.
Xeila Crespo Rodríguez, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
É UN BAILE TAN RICO QUE NUNCA SE ACABA DE APRENDER |
|
 Coñeceu a danza oriental sendo adolescente na súa Arxentina natal e desde entón a ?raks sharki? estivo sempre moi presente na súa vida. Nadia Rilo, bellydancer afincada na capital galega desde hai 12 anos, asegura que "me cambiou a vida, en todos os sentidos, non só a nivel físico, senón tamén no carácter".
E é que, asegura, "a danza do ventre é moi beneficiosa para a saúde, mellora a postura corporal, fortalece o chan pélvico, achega flexibilidade e ton muscular, pero tamén mellora a autoestima, elimina tensións, abre a túa mente e axuda na expresión: a exteriorizar o que sentes. No día a día eu son moi tímida, pero no escenario transfórmome. É unha sensación incrible que non quero perder".
Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
Casey Stoner e os rumores da súa posible volta a MotoGP |
|
 Os rumores volven ao mundial de MotoGP e fano cun piloto que sempre creou balbordo: trátase de Casey Stoner. Parece que Ducati está a abrirlle de novo ás portas do australiano, xa que a finais deste ano 2015 acábaselle o acordo-contrato con Honda e quedaría libre, así que a marca italiana estaría tentado captar de novo ao seu piloto estrela.
Sen dúbida o paso de Stoner por Ducati foi un dos mellores momentos da marca italiana, xa que desde entón non volvemos ver a unha máquina da marca italiana gañar unha carreira na categoría reina do motociclismo. Foron moitos os membros de Ducati que falaron e que confirmaron o interese de ter de volta a Stoner entre a súa filas.
Despois da súa retirada en 2012, Stoner asinou un acordo como piloto probador con Honda, pero o mesmo termínase a finais deste ano. Pero parece que o australiano non quere ser máis un probador, senón que quere dar o salto de novo á competición, ou polo menos, esa foi a sensación tras a súa proposición como substituto de Dani Pedrosa durante o período que o 26 estivo lesionado, recibindo a negativa de HRC.
Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
Reixa anuncia novo poemario |
|
 Con prólogo do escritor Agustín F. Mallo, esta obra editada por La Oficina inclúe ilustracións do pintor Juan Ugalde e unha edición dixital interactiva con música, voz e vídeo, ademáis de texto.
?Algo Raro Pasa Raro? publícase en edición bilingüe (galego/español), como xa ocorrera con ?Escarnio? (disco-libro) e ?Leccións de Cousas?. Reixa nas presentacións recitará tamén textos deste anterior libro que inicialmente fora o catálogo dunha exposición de vídeo-instalación, pero que conta cunha edición autónoma.
O 20 de novembro chegará ás librerías este novo título, e Reixa realizará unha xira de presentacións e recitais por todo o Estado en colaboración coa FNAC. En Galiza será na Coruña, onde será presentado polo analista político Antón Losada, no Casino de Santiago e na libraría Librouro de Vigo.
Seguindo coa sua incansable actividade, Reixa ensaia un novo disco coa súa banda de hai 30 anos: Os Resentidos; e continúa co seu traballo como produtor. Actualmente está inmerso no proceso de creación dun novo libro Outlet e da performance Melancoholemia.
Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
|
|
|
|
«Comprei á túa muller» |
|
 O Estado Islámico aterroriza á minoría yazidí con secuestros de mulleres e nenos, aos que reteñen como escravos ou para adestralos para as súas filas.
Aumentan as choivas nos montes do Kurdistán iraquí e os yazidíes afánanse en selar os teitos con silicona. Só parte dos desprazados da localidade de Soran acubilláranse este inverno en casas de cemento no canto de en tendas de lona. O resto terán que esperar. A placidez da paisaxe, ao que se accede por sinuosas estradas, contrasta cos recordos da barbarie vivida por esta etnia minoritaria a mans do Estado Islámico (EI). «Tres mulleres da nosa familia foron liberadas polo EI despois de pagar 20.000 euros», contan Tarek Said e o seu primo Faris Alí Ahmad ao redor dun calefactor de gas, «pero os fillos seguen retidos como escravos ou para adestralos como combatentes».
A cuñada de Faris, Zina Hased, xa foi trasladada a Alemaña para superar o trauma do seu cativerio. Violacións, torturas, degradación. As outras dúas mulleres liberadas, Fawajia Mardan e Shajida, son atendidas en Dohuk, a 70 quilómetros de Mosul, onde se refuxia a maioría desta ancestral comunidade perseguida con saña polo califato de Abu Bakr ao Bagdadi.
Matar en masa aos homes e secuestrar ás mulleres, para utilizalas como escravas sexuais, e aos nenos, para adoutrinalos, foi o modus operandi das hostes yihadistas que arrasaron as montañas de Sinyar. Accións cualificadas de xenocidio e crime de lesa humanidade polo Alto Comisionado de Dereitos Humanos da ONU.
Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato. |
|
|
|
O sector lácteo retoma os protestos ao se manter os baixos prezos |
|
 O sector lácteo retoma as mobilizacións. Dous meses despois dos acordos asinados en Madrid baixo auspicio do Ministerio -e sen apoio de parte dos gandeiros galegos- non hai resultados positivos: os prezos seguen baixos, fechan unha media de 80 granxas cada mes,... Por iso, volven os protestos.
Este xoves, gandeiros da OPL repartiron gratuitamente mil litros de leite na Alameda de Compostela. Foi un acto ?simbólico?, recoñecen os produtores, mais que pode ir a máis se non hai cambios. Nesta liña, sinalan a dous industrias francesas asentadas no país: Lactalis (a principal operadora en Galiza) e Danone. O motivo? Que se están a trasldar contratos a un prezo de por volta de 27 céntimos, segundo informa Campo Galego. De aí que vaia a haber conversas e contactos entre os produtores para ver que medidas e accións tomar.
Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB. |
|
|
|
Madrid limita o aparcamento no centro pola elevada contaminación. |
|

O Concello de Madrid aplicou o segundo escenario en casos de episodios de alta contaminación, despois de que este xoves se limatase por primeira vez a velocidade na M-30 de 90km/h a 70km/h. Ante os índices de concentración de dióxido e nitróxeno recollidos, prohíbese o aparcamento na zona de Servizo de Estacionamento Regulado (SER) con carácter xeral a todos os coches agás aos dos veciños que conten coa súa correspondente tarxeta de residente.
Ante esta medida, as persoas que inmobilicen o seu automóvil dentro das liñas azuis e verdes do centro (a restricción non afecta aos aparcamentos públicos nin privados) enfrontarase a una multa económica de 90 euros. En principio quedarán exentos desta disposición os vehículos comerciais, os de persoas con mobilidade reducida e os de cero emisións, ademáis dos autotaxis de servizo.
A delegada de Medio Ambiente e Mobilidade, Inés Sabanés, apelou este xoves á ?concienciación cidadá? para tratar de reducir a densidade da boina que cobre a capital e asegurou que, aínda que ?non é imposible?, considera que ?nesta ocasión? non se chegarán a activar nin o escenario tres nin o catro. En ditas fases do protocolo para episodios de alta contaminación limitarase o tráfico á metade permitindo circular en días alternos aos coches con matrículas pares ou impares, primeiro polo interior da M-30 e despois na propia vía de circunvalación.
En paralelo ás medidas de limitación do tráfico, o Concello de Madrid vai reforzar o servizo da EMT en 55 liñas diurnas da rede, o 35% do total. En concreto, o aumento da frecuencia centrarase nas liñas que cobren a periferia e o centro da cidade e as que realizan itinerarios transversais entre os disitintos externos.
A delegada de Medio Ambiente e Mobilidade confirmou que ?as previsións meteorolóxicas son efectivamente malas?e que nalgunha estación de medición dos niveis de NO2 se superaron xa os niveis de alerta (400mg/m3) Por iso se considera ?previsible? a activación do seguinte escenario de actuación, o de prohibición de aparcar en zonas con parquímetros, se ben ?a calidade do aire? mellorara durante a mañá tras a redución da velocidade na M-30.
Sabanés insitiu en que a posta en marcha dun protocolo ?responde a unha situación de urxencia?, pero que ?debe ir acompañada por medidas estructurais?. Neste sentido, a edil apuntou á necesidade de incorporación de novas Áreas de Prioridade Residencial (APR) no centro, a ampliación das zonas peonís e a renovación da frota de autobuses con vehículos menos contaminantes.
Candela Fernández del Pon, 4ºB.
|
|
|
|
|
|
|
|
|