Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
E o asasino era? |
|
Nin Scotland Yard, nin en máis dun século transcorrido, nin os 11.000 kilómetros que separan Montevideo de Londres parecen ser obstáculo para o matemático uruguaio Eduardo Cuitiño, que se une á larga lista de investigadores que aseguran dar coa verdadeira identidade de Jack ?O Destripador?.
Stephen Herbert Appleford. Así chamábase realmente o despiadado asasino que atemorizou á capital británica a finais do século XIX, según as pesquisas de Cuitiño, autor do ensaio Viaxando no tempo para atrapar a Jack o Destripador, de reciente publicación en la red.
Para chegar a esa conclusión o estudoso esmerouse dous anos en realizar unha "análise xeográfica dos feitos" e "unhas simulacións na computadora", aproveitando a vasta información oficial que é posible conseguir a través de internet. "O meu interése é vincular a historia coa matemática, trato de darlle un enfoque matemático aos problemas e os misterios", explica Efe Cuitiño, de 38 anos e profesor de Probabilidade e Estadística da Universidade de Montevideo.
¿Pero en qué basa a súa arriscada teoría? De entrada recorda a vella hipótese de que Jack era un ciruxán, como Appleford, que ademáis traballaba no London Hospital de Whitechapel, o área onde morreron as cinco víctimas que se lle atribuen ao primeiro asasino en serie mediático da historia, todas elas prostitutas.
Appleford rondaba os 36 anos, a idade "de máxima operatividade dun psicópata",e tiña un coeficiente intelectual superior á media, tamén como ese tipo de criminais. Era orixinario de Coggeshall (Essex), un pobo no cal os seus habitantes teñen fama de iletrados, o que podría causar un rexeitamento social. Aínda que logo se casou, entón era "solteiro, nunca tivo fillos, e vivía hacinado nunha casa cas súas irmás". Ademáis, tiña unha gran fortaleza física porque na universidade competiu en remo e natación. Comezou a desembolver as súas prácticas criminais tras a morte da súa nai, á que estaba moi apegado, en 1881. Un ano despois houbo un intento de asasinato que o uruguaio atribue xa a Jack ?O Destripador?. Unha muller foi vítima dun ataque polo lombo cun coitelo. O ciruxán foi encontrado cerca de alí e ao ser identificado como médico tivo que atendela e elaborou un informe no que sostiña que lesionouse ela mesma.
O elexido por Cuitiño "era zurdo, como o asasino, que cortaba as gorxas de dereita a a esquerda". A esa conclusión chegou analizando a caligrafía do médico, inclinada de esquerda a dereita , a partir da dixitalización dunha folla do censo londinense subscrita por el mesmo a principios do século XX.
Serviu para elaborar unha tese xeométrica e probabilística en torno ao vínculo de Appleford cos crímes, especialmente os dous cometidos a noite do 30 de septembro de 1888.
En 1895 o médico publicou un artígo no British Medical Journal sobre o pequeno estoxo de bolsillo para levar bisturís como o que tería utilizado o asasino para non ser descuberto, unha forma de burlarse da policía, cree Cuitiño. Appleford morreu, ademáis, o 31 de agosto a mesma data do primeiro crime- de 1940 á nada casual idade de 88 anos como o ano das mortes.
Jack é un dos misterios máis grandes da historia posto que moitas son as teses que apuntan a varios individuos(o médico da raíña entre outros).Só se sabe algo do seu carácter e a súa pauta pero non sabemos nin sequera quen era nin os motivos que o impulsaron a facelo.Por iso Jack ?O destripador? simboliza o misterio e as cousas que aún non podemos atopar.
Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.
|
|
|
|
Xa van cincuenta anos. |
|
 Corría o ano 1962, xerminaban as flores no abril daquel prolífico Londres dos anos sesenta, facíase agardar unha revolta musical que invadiría as listas estadounidenses dende o chan Británico. Estas foron as circunstancias nas que naceron os Rolling Stones, grupo que, a día de hoxe, conta con cincuenta anos de existencia e con unha das carreiras máis impresionantes da historia da música, carreira que influenciou a outros grandes artistas como : AC/DC, Led Zeppelin, ZZ Top, David Bowie, The Who, Jefferson Airplane, Guns & Roses...
Xa pasado medio século dende os seus comezos, o domingo 25 de novembro do ano 2012, as súas satánicas maxestades volveron aos escenarios tras cinco anos de inactividade.
O concerto deuse na cidade que os viu nacer, Londres, concretamente no recinto O2 Arena, que albergou a 20000 fans, os cales disfrutaron do espectáculo de máis de dúas horas de duración.
O espectáculo comezou cun emotivo vídeo no que aparecían declaracións dos tamén artistas Elton John, Iggy Pop, Pete Townshend e Nick Cave. Despois do vídeo, o evento arrancou con I Wanna Be Your Man, e foi xogando con grandes clásicos como Sympathy For The Devil, Honky Tonk Woman, Brown Sugar ou Star Me Up.
Tamén se uniron á festa os exintegrantes Bill Wyman e Mick Taylor, que deixaran a banda en 1993 e 1975 respectivamente, a cantante de R&B Mary J. Blidge e o astro da guitarra Jeff Beck.
Aos seus 69 anos, o eterno "frontman" Mick Jagger segue a moverse de modo extravagante por todo o escenario, acompañado da estática figura do seu escudeiro e guitarra principal do grupo Keith Richards, ao que acompaña por detrás o guitarrista rítmico chegado no 1975, Ron Wood, e o batería Charlie Watts.
Grandes espectáculos, rock and roll do bo e un enorme legado é o que caracterizan ao grupo máis lonxevo da historia do rock. É só rock and roll, pero a min gústame...
Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
|
|
|
|
Whatsapp xustifica os erros na súa aplicación debido a un fallo técnico. |
|
A compañía do servizo de mensaxes nega que se trate dun 'hackeo' ou que vaia a comezar a cobrar.
Whatsapp confirmou que o erro que aparece nos estados dos contactos da aplicación débese a un fallo técnico. Isto deu lugar a varios rumores durante este mércores, en forma de mensaxes en cadea, asegurando que a app fora 'hackeada' ou que empezaría a cobrar por cada mensaxe enviada.
O servizo de mensaxería instantánea Whatsapp converteuse este mércores nun fervedoiro de rumores sobre o propio servizo. A través de Whatsapp, e ata nas redes sociais, os usuarios galegos pasaban aos seus contactos varias mensaxes en cadea nos que se aseguraba que Whatsapp fora 'hackeado', debido a que nos estados dos contactos na aplicación aparecía a mensaxe "Erro: status unavailable", polo que se produciu un fallo de seguridade que permitiu acceder a fotografías privadas, ou que Whatsapp cobraría aos usuarios 0,01 euros cada mensaxe enviada.
Con todo, a través da súa conta oficial de Twitter , o equipo de Whatsapp aseguraba que a mensaxe na pestana de Estado en Whatsapp, "non estaba actualmente dispoñible", pero continuaban traballando niso para solucionalo.
En canto a que o servizo vólvase de pago, Whatsapp déixao claro tanto na tenda de aplicacións de iOS e Android como na súa páxina web. Para os usuarios de iOS , a aplicación é de pago. Os usuarios poden descargala a través da App Store por 0,89 euros.
Con todo, para os usuarios de Android e doutras plataformas (Android, BlackBerry, Windows Phone e Nokia) non se paga por descárga da app durante o primeiro ano. Despois, o usuario pode decidir se quere continuar co servizo ou non e a suscripción custa 0,99 dólares ao ano.
Nestes momentos, a algúns usuarios continúa aparecéndolles a mensaxe mentres que outros xa poden ver o estado dos seus contactos igual que sempre.
Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
|
|
|
|
Alberto Ramos, Premio Risco da Creación literaria coa súa obra, Todos os días. |
|
Alberto Manuel Ramos Ríos gaña a XIII edición do Premio Risco de Creación Literaria coa obra Todos os días; na que aparece a crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria actual, e como a falla de horizontes inflúe na autoestima das personaxes, chegando a provocar a súa destrución persoal.
Ó longo da novela van aparecendo elementos secundarios como os ERE, o peche de medios de comunicación escritos, a falta de expectativas vitais ou a contraposición entre a realidade laboral nosa e a de outros países emerxentes
O premio fallóuse no Auditorio Municipal da cidade das Burgas, e ten como finalidade promover á creación literaria nun dos eidos máis amados por V.Risco e por o seu fillo Antón Risco, a Literatura fantástica.
O xurado desta XIII Edición estivo formado por Adelaida Vidal gañadora da pasada edición coa súa obra Olladas, Anxela Gracián da Editorial Sotelo Blanco, Serafín Alonso Pintos e Soedade do Muiño
O galardón, conta tamén coa colaboración da Editorial Sotelo Blanco, sendo un premio de carácter anual no que o gañador recibe 6.000 euros xunto coa publicación do libro.
O xoven autor coruñés dende moi pequeno sentíu interese polas letras, en nun primer intre dirixiu esa vocación cara o Xornalismo que estudou en Santiago de Compostela. Entre as súas obras destacan Dor pantasma na que aborda a desaparición dunha moza de Cangas do Morrazo sen razón coñecidas e o baleiro que deixa na súa familia. Con esta novela gañou o 2ª premio Biblos-Pazos, coa que obtivo gran éxito chegando incluso a versionarse ao castelán.
Sen dúbida una nova promesa no eido da narrativa galega, o que lle seguiremos os pasos.
Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
|
|
|
|
Un grupo de científicos teletransportan un átomo. |
|
Un grupo de científicos estadounidenses e australianos lograron teletransportar un átomo dende EEUU ata Australia. O pasado mércores investigadores do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), en Boulder, Colorado, e colegas da universidade de Innsbruck en Austria lograron teletransportat as propiedades cuánticas dun átomo a outro sen empregar método físico algún. Dous anos atrás, científicos da Universidade Nacional Australiana anunciaran que habían teletransportado un raio de luz láser dun punto a outro nunha fracción de segundo, empregando manipulacións de raios láser para transferir estados cuánticos dun átomo de Berilio a outro, cun 78% de acertos. Neste sentido, o experimento descrito na revista Nature explota as calidades cuánticas dos elementos (enerxía, campo magnético?) que son radicalmente diferentes a aquelas observadas no mundo ?normal?.
O s ións poden ser manipulados nunha especie de estado coñecido coma a ?superposición?, que lles permitiría estar en dous sitios á vez. Poden incluso estar ?liados entre eles de forma que o seu comportamento sexa predecible, coma se estivesen conectados mediante unha forza invisible que Einstein chamó ?espeluznante acción a distancia?.
O novo teletransporte non significa que podamos facer desaparecer á xente nunha parte e que reapareza noutra, pero sen ningunha dúbida é un auténtico fito para a chamada ?informática cuántica?.
Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato. |
|
|
|
Sentenza: Decreto de Plurilingüismo |
|
 A sentenza que anula dúas dos puntos máis polémicos do decreto do plurilingüismo asegura que a Constitución recoñece aos pais unha esfera de elección na formación relixiosa e moral. Pero nada di de que os seus fillos reciban educación na lingua que prefiren.
Varios dos puntos recorridos pola Mesa, a CIG e Queremos Galego refírense a que o decreto non é fiel á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Díxoo o Consello Consultivo no seu informe e dino os demandantes, en aspectos como falar de dinamización lingüística e non de normalización. Recoñece a sentenza que pode ser aconsellable, pero non facelo tampouco é ilegal.
A sentenza asegura que dar carácter determinante á consulta aos familiares para fixar a lingua materna predominante «vulnera a configuración do dereito fundamental á educación» que recolle o artigo 27.5 da Constitución. Se o profesor usa na aula a lingua resultado da pregunta aos proxenitores está a darse unha «abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino». Isto non quere dicir que os pais non teñan dereito a opinar. No decreto do bipartito, por exemplo, o idioma a usar era unha decisión do claustro, pero tendo en conta o mapa sociolingüístico de Galicia, os datos estatísticos oficiais e a información dos pais.
O segundo punto anulado polo Tribunal Superior de Galicia é a liberdade para que o alumno se exprese de forma oral e escrita na lingua oficial que prefira, un dereito que si resulta xustificado no nivel universitario. Non así no ensino obrigatorio, e o TSXG esgrime unha tripla perspectiva para declaralo inválido. A primeira é que a Lei de Normalización di que o galego será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino, algo que vai en contra do feito de que o alumno fale no idioma que prefira. O segundo motivo é que a lingua no ensino non é algo que estea condicionado pola liberdade de opción do interesado; e o terceiro porque vai en contra novamente da Lei de Normalización, que obriga ao fomento progresivo do galego no ensino.
Julián Rey Pérez - 2ºA BACH |
|
|
|
Aprender será máis fácil. |
|
 Se tendes curiosidade por saber cómo imaxinaban o século XXI os escritores e artistas do pasado, podedes votar unha visual ao seguinte enlace: http://expositions.bnf.fr/utopie/feuill/feuille1/intro.htm
Trátase dunha exposición na Biblioteca Nacional de Francia que mostra ilustracións que nada teñen que envexar ás paisaxes máis incribles e impresionantes das novelas de Xulio Verne.
Chris Domínguez, 1º Bacharelato.
|
|
|
|
Éxito de participación na Carreira do San Martiño. |
|
Desta volta o equipo de redacción de A Nosa Terra, acudiu a vila auriense para mantelos informados dos últimos actos e actividades no país.
Como nós mesmos pudemos comprobar e como era de agardar, esta carreira pedestre de tadición na vila ourensá, acudiron centos de persoas, de Ourense e de toda Galiza.
Sendo un total de 8.948 persoas, as cales foron agasalladas cunha camiseta vermella co lema ?Trixésimo Sexta Carreira Popular Pedestre do San Martiño?.
Ambalas dúas carreiras, a de adultos e a de escolares, contaron cunha gran participación e a xente esqueceuse das súas penas por un día, facendo deporte e gañando saude.
Destacou a presenza de escolares e de numerosos pais cos seus fillos, que de seguro pasárono moi ben.
Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
|
|
|
|
100 anos do himno galego. |
|
Neira Vilas presenta un libro sobre os cen anos de historia do himno galego.
Un himno nacional, é unha creación que identifica a toda unha colectividade sen excluir a ninguén. É por iso que perdura no tempo mentres a súa historia corre risco de perderse. Para Neira Vilas "aquelo que non está escrito non está no mundo" e por iso deixou para a posteridade a historia do himno galego.
Un himno, como a creación artística que no fondo é, posúe unha historia propia que a familiaridade e a repetición poden acabar por esconder. Neste sentido, o de Galiza non é unha excepción, cunha orixe e difusión cheos de curiosidades que vén de recompilar o escritor de Gres Xosé Neira Vilas no libro "100 anos do himno galego", de Edicións Embora. O autor aclara que esta obra non pretende ser unha historia completa, senón o froito das súas investigacións en Cuba sobre as circunstancias que rodearon o nacemento e estreo da composición, así como a súa difusión ata chegar ao centenario celebrado no ano 2007.
Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
|
|
|
|
Fernando Alonso dixo que non ten nada que perder na carreira final do curso, ante 13 puntos detrás de Sebastian Vettel. |
|
"Despois de cinco ou seis carreiras dominadas pola Red
Bull recuperar puntos 13 é unha conquista moi difícil".
"Sempre hai presión na Fórmula 1, pero temos a menos que estivésemos liderando o campionato. Nós non temos nada que perder, que quedou en segundo lugar. Despois de cinco ou seis carreiras dominadas pola Red Bull recuperar puntos 13 é unha
conquista moi difícil. Non está nas nosas mans e que a presión é menor ", Alonso reiterou en rolda de prensa tras o Gran Premio de Brasil.
O asturiano advertiu de que "non se pode facer maxia co seu coche" á fronte da sesión de cualificación. "Eu era séptimo e noveno en Abu Dhabi Austin, normal volvería a andar entre estas posicións, pero espero que poidamos facer mellor", renunciou o asturiano, que dixo que "as circunstancias son diferentes," a escena hai dous anos,cando Vettel venceu o campionato na última carreira recortándole unha distancia semellante á actual.
Espéranos unha das mellores carreiras de historia, non sei a vostedes, pero a min vánseme facer moi lentas as horas previas. Ide quentando motores para esta apaixoante carreira.
Esteban Gómez Cerdeira, 1ºB Bacharelato.
|
|
|
|
|
|
|
|
|