Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG cifra en 12.600 millóns o mínimo que debe recibir Galicia do fondo covid da UE

Non é a primeira vez que Ana Pontón advirte de que, nos tempos tan adversos que
corren, «cada euro conta». A portavoz nacional ha volto a repetir hoxe a frase ao facer
público o posicionamento do BNG sobre como deben ser os criterios de repartición do
fondo Next Generation UE, que é como se denomina o programa de rescate
comunitario para facer fronte aos devastadores efectos económicos da pandemia.
Segundo as primeiras estimacións da formación nacionalista, Galicia debería recibir un
mínimo de 12.600 millóns de euros, o equivalente ao 9 % do total que lle
correspondería a España, unha cifra inferior á que manexaría agora a Administración
galega. A proporción que reclama o Bloque de recursos para Galicia estaría, así, case
catro puntos por encima do peso que ostenta a economía galega no conxunto estatal.
Ana Pontón reprochou ao presidente galego que presuma de ir por diante dos
acontecementos, cando aínda non concretou con exactitude cal é o volume de fondos
que necesita Galicia. «Falta estratexia e sobra literatura», ironizou a líder nacionalista.
« Dicir que se anticipa cando vos proxectos presentados son unha cuarta parte do
investimento fixado por outros territorios como Euskadi resulta cutre». Para o BNG,
os proxectos anunciados por Feijoo non anticipan nada bo, e emprazou ao xefe do
Executivo galego a ser máis transparente e levalos ao Parlamento, co obxectivo de que
se coñezan con exactitude cales son os criterios e quen son os potenciais
beneficiarios. «Esa opacidade fainos pensar que vos recursos van ir a un puñado de
mans, ás dás empresas do IBEX35, ás multinacionais que cotizan en bolsa, ás
grandes eléctricas, deixando de lado ao tecido empresarial galego, á pequena e
mediana empresa, aos sectores produtivos, aos autónomos. Quen redáctavos? A
Xunta ou as consultoras privadas?», preguntouse en ton crítico a portavoz
nacionalista.


Pedro Fernández Fernández
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2020 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
O estudo de coronavirus en augas residuais de Madrid equivale a facer decenas de miles de PCR
O estudo de presenza de coronavirus en augas residuais posto en marcha por la Comunidad de Madrid es un mecanismo que equivalería realizar "decenas de miles de PCR a la poboación" segundo las primeiras conclusións, informa Marta Belver.

Segundo o viceconsejero de Saúde Pública e Plan Covid-19, a súa detección precede a os ingresos hospitalarios dos casos máis graves nunha pinza temporal de entre 24 e 48 horas. Ademais, "es un mecanismo que nos identifica perfectamente aquelas zonas en las que hai unha maior presenza de casos", explicou nun vídeo distribuído polo Goberno rexional.


Luís Manuel Fernández Carrasco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2020 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Morren seis ourensáns ingresados con Covid

A área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras segue sumando vítimas da pandemia. Hoxe notificáronse seis novos falecementos, tres no hospital comarcal de Verín e outros tres no CHUO.No comarcal verinés faleceron tres homes, de 92, 84 e 97 anos. Os dous primeiros eran usuarios da residencia Val de Monterrei, onde se declarou un brote hai máis dunha semana e que afecta a outros 50 usuarios e 16 traballadores. Xa son 8 os residentes falecidos por coronavirus na última semana.No CHUO faleceron dous homes de 77 e 92 anos, e unha muller de 90. A falecida residía nos Gozos, en Pereiro de Aguiar, que a día de hoxe é a residencia con maior número de infectados de Galicia. Son positivos 162 usuarios e 46 traballadores. Nesta semana outros cinco usuarios máis faleceron por coronavirus.
Con estes decesos, ascenden a 189 os ourensáns que non puideron superar a enfermidade.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2020 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Rinoceronte pon na rede o primeiro dicionario castelán-galego dixital

A editorial traballou nesta ferramenta durante o confinamento. Conta con
fraseoloxía e topónimos. O seu acceso é gratuíto. A editorial Rinoceronte,
especializada en publicar obras traducidas ao galego, vén de facer público o
primeiro dicionario dixital castelán-galego. A ferramenta, que xa se pode
consultar de maneira gratuíta na súa páxina web, conta con abondosa
fraseoloxía e topónimos.?Aínda non está completamente puído, pero aquí
tendes o primeiro dicionario castelán-galego online, con sinónimos, fraseoloxía
e topónimos, de acceso gratuíto para todo o mundo?, aseguraba nas redes
sociais. Explica que ?era un material de uso interno da editorial, pero
pareceunos oportuno compartilo con todos?.

Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2020 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Novedades Carminha: mellor álbum pop, mellor artista e mellor directo
A banda compostelá Novedades Carminha fíxose cos premios a mellor álbum pop por
Ultraligero, mellor artista e mellor directo nos Premios da Música Independente (MIN)
2020, que recoñecen os mellores artistas da música independente a nivel estatal e que
foron entregados na sexta feira, 16 de outubro. "É un premio súper bonito porque 'pop'
vén de popular e nesta época en que que nos teñen co ego subido e a autoestima
baixa, competindo por likes e por views, nós fixemos un disco para podelo bailar cos
colegas abrazados. É moi especial e estamos moi agradecidos porque non é só o
premio ao disco senón a unha forma de entender a música", explicou Carlangas,
vocalista do cuarteto, nun dos discursos de agradecemento.
Un Carlangas que, tras unha emotiva gala con mensaxes de ánimo a diferentes
sectores da música, participou dunha sorpresa final, unha actuación de Kiko Veneno
cantando a súa mítica canción Volando Voy onde tamén participaron Rodrigo Cuevas
e Anni B. Sweet. Ademais, a banda Os Amigos dos Músicos recibiu o premio a mellor
álbum en galego. A gala, retransmitida en Movistar e presentada pola cantante e actriz
Leonor Watling e o locutor Arturo Paniagua, recoñeceu a calidade artística de
Segundo fogar, o último traballo da banda.
O disco recolle dez cancións, todas composicións propias excepto unha adaptación
dun poema de Uxío Novoneyra. Contan ademais coas colaboracións de Xabier Díaz e
Fernando Barroso. Segundo fogar xa foi recoñecido como mellor disco galego de 2019
pola revista especializada Mondosonoro e o videoclip da canción As Crónicas, dirixido
por Rubén Domínguez, tamén foi distinguido no Festival de Cans.

Ricardo Tornero Belloso
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2020 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia é a primeira comunidade en ofrecer test de coronavirus en farmacias
Ourense é a primeira Área Sanitaria de España na que se pon en marcha esta iniciativa.
Grazas ao acordo entre o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense e a Consellería de Sanidade, para o cribado da covid- 19, co obxectivo de colaborar na loita contra a pandemia e a detección de casos positivos para limitar a transmisión.
Trátase dunha colaboración totalmente voluntaria e desinteresada, por parte dos farmacéuticos ourensáns. Calquera cidadán dos concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Verín, Barbadás, O Irixo e Boborás que o desexe, pódese facer un test serolóxico gratuíto.
No caso de atoparse algún positivo, dende a farmacia avisarase aos servizos sanitarios e realizaráselle unha PCR.
Para realizarse este tipo de probas, haberá que pedir cita previa online, ou de xeito presencial nas farmacias que participan nesta iniciativa.
Outros colectivos profesionais, tamén queren colaborar, deste xeito, venceremos o virus e remaremos todos na mesa dirección.

María Ferreiro- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-10-2020 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
As restriccións no sector da hostelería
As restricións impostas para evitar o contaxio, que a partir do xoves se fixeron máis estritas ao prohibir fumar nas terrazas se non hai distancia de seguridade e ao ter que adiantar o peche á unha da madrugada, así como o peche do consumo dentro do local e 50% de aforo en terrazas. Fan temer ádurante meses pola crise do covid-19", asegurou a organización este mércores nun comunicado, tras aprobarse as limitacións acordadas entre o Ministerio de Sanidade e o todas as autonomías. Se continúan as limitacións, catro de cada 10 locales poderían pecharse.
Ademais, estimaron a perda de emprego na rexión en 78.000 traballadores, o que consideran "un auténtico drama".s asociacións de hostalería que desapareza O 40% do sindicato .
Estas novas medidas "son letais para un sector que está moi debilitado

Abril Conde- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-10-2020 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
As restriccións continúan en Ourense, mentres galicia afronta
O Comité Clínico non ve grandes melloras na cidade de Ourense, así coma en Verín, mentres que a situación, comeza a coller importancia en O Carballiño.
A Consellería de Sanidade, en base ás decisións do Comité Clínico, decidiu manter as mesmas restricións de movilidade e de modo de vida nos concellos de Ourense, Verín e O Carballiño, máis as súas áreas perimetrais. ?Sen grandes novidades?, afirmou o conselleiro,Julio García Comesaña, a excepción do municipio coruñés de Ortigueira, co levantamento das súas restricións. Por outra parte, José Manuel ?Tato? Vázquez Lima, advertiu que os próximos 15 días ?probablemente serán críticos?, en Galicia.
O número diario de novos casos na cidade de Ourense comeza ir a baixa , aínda que as incidencias acumuladas a 7 (196,7) e 14 días (455,2) mantéñense altas. A súa vez, Verín comeza a aplanar a súa curva de contaxios. Mentres que, as cifras de afectados siguen incrementándose, no municipio de O Carballiño. A directora Xeral de Saúde Pública, sinala que, ?Todavía é pronto para ver os resultados das restricións?.
A capacidade asistencial da comunidade está ?totalmente garantizada?, segundo as palabras do xerente do Sergas, José Flores, quen apunta que, incluso no caso de Ourense, onde xa son máis dun centenar de contaxiados.
Polo tanto, as restricións seguirán formando parte da nosa vida 15 días máis, mentres debemos intentar por da nosa parte para que esta situación mellore cara o Nadal.

Ana María Cid- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-10-2020 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Un neno hospitalizado polo uso incorrecto de xel hidroalcoholico
O pequeno, que encotrábase na escola no momento do accidente, sofre quemaduras graves nun ollo pola acción do xel hidroalcoholico. O neno encontrábase comendo no comedor cando un compañeiro lanzoulle xel á cara, con tan mala sorte que lle caeu nun ollo. O colexio non levou ao neno inmediatamente ao centro de saúde e optou por chamar á nai, que traballa lonxe do colexio, para que o levara ela. A nai afirma que o neno gritaba de dor cando ela chegou a buscalo pero que agora xa se atopa un pouco mellor polos calmantes que lle poñen. Está a esperar para que o próximo martes lle fagan un transplante de membrana amniótica polas úlceras que se lle atoparon no ollo. Os proxenitores do neno queren que nos colexios, o xel hidroalcoholico non esté á man de nenos pequenos, coma o seu fillo, se ten que estar, que non sexa dañino para a saúde dos nenos, por se o inxiren ou similares. Esperemos que esta desgraza sirva de aprendizaxe para os centros e que se empecen a tomar medidas ao respecto.

Candela Vidal- 4ºESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-10-2020 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
En Pontedeume non poden beber auga do río
Os vecinos de Pontedeume están moi nerviosos xa que non poden beber auga do Río Eume .
Esto está provocando unha subida no gasto das persoas e sobretodo na dos bares xa que teñen que comprarar moitas jarrafas de auga .Xa levan dez días así e prevéese que pasaran otros dez días sen auga
A turbided da auga débese a unha gran cantidade de sedimentos no río , o que como sigamos así vai provocar tamén unha gran baixada nas ventas de marisco e pescado na Campaña de Navidade , e tam,en provoca un gran impacto no turismo , no parque natural das Fraguas do Eume
Este problema orixinouse pola expresa que se encarga de explotar o enbalse do Eume , o que liberou sedimentos tóxicos ao río , esta empresa xa foi sancionada pola Xunta de Galicia .
Estanse realizando moitas probas para saber a toxicidade de estos sedimentos , e Viaqua e a Xunta de Galicia están facendo todo o que está nas súas mans para parar este grandísimo problema e que todas as familias e bares da comarca do Eume poidan volver a beber a auga deste río e non ter que gastar diñeiro en auga

Xián Rodríguez Fernández-4ºESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-10-2020 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [17]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0