Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tres accidentes de tráfico provocados por condutores en estado ebrio

O primeiro suceso ocorreu en Llubí, onde un motorista de 50 anos sufriu un accidente por conducir en estado de ebriedade. Unha ambulancia do SAMU 061 trasladou ao home ata o hospital, debido a que resultou ferido.

Así mesmo, durante esta madrugada, dous accidentes de tráfico simultáneos pero sen colisión entre eles producíronse en Mallorca ( MA 34-33). Os ocupantes dos dous vehículos son amigos de entre 20 e 22 anos que conducían en estado de ebriedade.

Nun dos vehículos resultaron feridos dous dos mozos e noutro turismo outro deles. Mobilizáronse ambulancias do SAMU 061 que procederon á estabilización dos pacientes e ao seu traslado ao Hospital de Inca.


Luís Manuel Fernández Carrasco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Inspección di a varios centros que non teñen autorización para os purificadores

Colegios como el CEP Xosé Neira Vilas de Gondomar o el CEIP Virxe do Carme de Burela han servido de inspiración para muchos centros con su iniciativa de colocar en las aulas purificadores que ayuden a tener el aire limpio de virus cuando mantener las ventanas abiertas toda la jornada se hace imposible. Sin embargo, quienes quieren seguir su ejemplo no lo están teniendo fácil. Varios centros confirman haber recibido avisos de la inspección educativa advirtiendo de que no pueden instalar este tipo de equipos. «Hace unos días nos llegó un escrito de Inspección diciéndonos que los equipos directivos de los centros no tenemos autorización para colocar ningún tipo de ventilación», explican desde la dirección de un colegio de la comarca de O Salnés. Este centro ni siquiera había iniciado trámites para colocar estos equipos, pero sí había sido consultado por un grupo de padres sobre la posibilidad de adquirirlos y donarlos.
En el CEIP Souto Donas de Gondomar está paralizada la instalación de doce purificadores cuya compra fue aprobada por el claustro para colocarlos en aulas, biblioteca y comedor. «Algúns pais falamos co inspector e dixo que había que esperar un informe técnico vendo se se recomendaban eses aparellos ou non. Hai xa máis dunha semana que se pediu permiso e seguimos sen noticias, pero sabemos que noutros centros se lles está dicindo que non se deben instalar», explica una de las madres que forma parte del núcleo de familias que promovió la iniciativa. Mientras tanto, en el Neira Vilas continúan funcionando los equipos comprados con aportaciones de los padres e instalados, en este caso sí, con el visto bueno de la inspección, sin que por el momento hayan recibido ninguna nueva instrucción al respecto.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
A Mesa pide a RAG que ofreza "unha homenaxe completa, non parcial" a Carvalho Calero o 17 de maio de 2021.

Explica que a crise provocada pola Covid-19 limitou a planificación da
actividade do asociacionismo cultural galego este 2020. A Mesa pola
Normalización Lingüística reiterou esta quinta feira a súa petición formal á Real
Academia Galega (RAG) para que "alongue" ao 2021 a dedicación do Día das
Letras galegas a Ricardo Carvalho Calero. A entidade indicou á RAG, entidade
responsábel da elección do adicatario desta data, que as circuntancias
sanitarias en relación á homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero neste 2020
non melloraron nesta última parte do ano."Se ben os centros de ensino abriron
no mes de setembro", indica a carta que o presidente da Mesa, Marcos
Maceira, no escrito que lle dirixe ao presidente da RAG, Vítor F. Freixanes,
"non o puideron facer en condicións normais e na grande maioría están
restrinxidas a celebración de actos de todo tipo incluídas as actividades
culturais". Durante estes meses diferentes entidades e colectivos pediron que
se estendese a celebración do Día das Letras galegas a Carvalho ao 2021.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
O tren a Galicia cada vez máis rápido
En 1883 foi a primeira vez na que un tren percorría a distancia entre Madrid e A Coruña. Anos máis tarde todo o avanzado volveu para atras coa Guerra Civil, periodo no que os ferrocarrís paráronse e a capital volveu estar moi lonxe para os galegos. Ao rematar a guerra volveuse empregar a liña entre Madrid e Galicia. Tardábase nun viaxe de Madrid a Galicia una media de 20 horas. Naquel momento utilizábase o tren do correo para transportar tamén persoas, sobre todo para levar aos mozos á mili. Recorríanse ao redor de 800 Km e enfrontábaste a máis de 100 paradas, unha viaxe un tanto longa. Foron pasando os anos e o tempo diminuíu. Agora a Galicia ainda non chega o AVE, pero cada vez estamos máis preto xa que tras a implantación dun tramo de alta velocidade de 110 Km, entre Madrid e Galicia hai 50 minutos menos. Agoar a Ourense tárdase catro horas, fronte ás 4?45 que tardábase o ano pasado. Cada vez estamos máis preto de Madrid.

Candela Vidal- 4º ESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Toque de queda e novas restricións na capital

A pandemia mundial de coronavirus matou a máis de 1,1 millóns de persoas en todo o mundo, segundo un punto de referencia da Universidade Johns Hopkins. O número de infectados ascende a máis de 40 millóns.
O Ministerio de Sanidade informou o venres de que COVID-19 xa deixou 34.752 mortos e que hai 1.046.132 casos diagnosticados en España desde o inicio da pandemia de coronavirus.



Como se unha hora puidese separar dous mundos diametralmente opostos. O que ás 23:30 da tarde eran terrazas completas e grupos de persoas que bebían n no centro de Madrid transformouse coa baixada das persianas da hostelería en rúas baleiras, luces apagadas e algúns gritos que se estendían desde un balcón.
Medianoite comezou un toque de queda cos veciños sen moitas ganas de volver ás súas casas e con algún hostaleiro sen ganas do peche.
"Agora o que quere é ir tomar unhas copas, pero temos que ir a casa", recoñeceu Ana, que saía do Café Comercial ás 23.55 horas na rotonda de Bilbao, xunto con catro amigos. "Quen di ás 12 para volver a casa, di ás doce e media que tiveron que rematar a cea", explica mentres agarda un taxi ata a rúa Hermosilla.

Abril Conde- 4ª ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
España ao borde do estado de alarma: Sánchez convoca ó Consello de Ministros este domingo
Dez autonomías, 8 delas do PSOE, solicitan ao Goberno a súa aprobación para pór en marcha medidas máis drásticas contra a pandemia.
Xa son 7 comunidades e 1 cidade autónoma as que solicitaron ao longo desta tarde o estado de alarma , visto o incremento dos casos en todo o país, con case 20.000 novos positivos onte. Mentres o Goberno mantense á espera de cantos territorios o solicitan, cun máis que probable Consello de Ministros mañá, domingo.
As peticións de ata 8 comunidades autónomas, entre elas,
Cataluña e País Vasco, claman un novo estado de alarma que axude a frear o virus, así como as de Cs, que garantiran o apoio do Congreso e encarrilan posibles prórrogas. A suma de 10 deputados de Cs, tal e como prometeu a súa líder, Inés Arrimadas, dálle ao Goberno do PSOE e Unidas Podemos unha marxe máis que amplía tanto para que se acepte politicamente o estado de alarma como para que se poida alargar no tempo.
Finalmente, o rumor que flotaba no aire dende o venres foi contrastado polo mesmo Pedro Sánchez, quen convocou o Consello de Ministros con carácter extraordinario para mañá, domingo, no que abordará a declaración do estado de alarma. Co fin de poder aplicar un toque de queda que sexa eficaz na loita contra a pandemia , esta convocatoria ven empurrada pola petición de dez Executivos autonómicos.

Ana María Cid- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Morre un home en Padrenda
Un home faleceu este sábado pola mañá na localidade de Lavandeira , no concello de Padrenda , mentres estaba desbrozando unha finca xunto ao seu irmán . Os dous tiñan unha empresa que se adicaba a os traballos agrícolas .
Esto ocorreu na mañá do sábado mentres o home de 35 anos natural a pequena localidade de A Notaria.Estaba desbrozando unha zona aparentemente limpa , pero algo enganchouse á máquina e o obxeto metálico saiu disparado con tanta mala sorte que impactou contra a parte de atrás da cabeza da vítima .
O feito tivo lugar na parte alta da vila , preto da canteira na calle Nogueira . O peor de todo é que deixa a unha muller viúva e a dous fillos orfos . A pesar de todos os esforzos realizados polos servicios sanitarios para salvar a vida do traballador , estes non pudieron facer nada para manter con vida ao home .
Para socorrer ao home chegou un helicóptero medicalizado , os GES de Rivadabia en algún axentes da Garda Civil .

Xián Rodríguez- 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Allariz lanza un xabón hidroalcohólico con leite de burra
O Concello de Allariz e a Asociación Andrea colaboraron para sacar ao mercado o primeiro xabón hidroalcohólico feito con leite de burra.
Combina a acción de desinfectante co xabón para desactivar o virus, mentres que o leite de burro hidrata e nutre a pel.
"Este xabón hidroalcohólico está ademais enriquecido con manteiga de karité, gran rexenerador e reparador da pel", destacan os promotores que comercializan este xel baixo a marca "Xabón D?Allariz".

María Ferreiro- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Covid-Auto
Galicia foi a primeira en implantar o test do coronavirus, o chamado " covid-auto ".

Este sistema, permite realizar a proba do coronavirus ós pacientes desde os seus propios vehículos, e sen que teñan que baixarse do coche, polo tanto, o contacto con outra persoa é nulo.

Con esta medida, axilízase o sistema de realización de probas, que cada vez aumenta máis a súa demanda.

Este sistema reduce os tempos de espera, xa que posibilita que os cidadáns se despracen en coche ó hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual ( EPI ), xa que os profesionais van utilizar un só equipo por turno de traballo, sen necesidade de cambialo con cada paciente.

En Ourense, está situado na parte traseira do Hospital Santa María Nai. Hai tres puntos de recollida, están abertos mañás e tardes, todos os días da semana.

Un enfermeiro e un auxiliar, atenden en cada punto fixo ós sospeitosos de coronavirus.

En 24-72 horas, estarán dispoñibles os resultados.

Silvia Martínez- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia alcanza os 860 mortos vinculados ao covid logo do falecemento dun home de 87 anos en Santiago

Galicia alcanzou as 860 vítimas mortais vinculadas á pandemia após o falecemento dun home de 87 anos no Hospital Clínico de Santiago, segundo notificou este sábado a Consellería de Sanidade. Así as cousas, a cifra total de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 241 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0