Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Rede de Dinamización Lingüística constituirase o próximo día 28 de outubro é entre as súas primeiras accións, haberá un programa específico destinado a mozos e pequenos que estará dotado con 200.000 euros e que incluirá actividades deportivas ou de tipo cultural.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo,avanzou esta nova, na Comisión de Educación e Cultura da Cámara autonómica, a preguntas do deputado popular Román Rodríguez, quen se interesou polas actividades de promoción da lingua galega e quen celebrou a "intensa e interesante" programación realizada polo Goberno autonómico.
Na súa última intervención, despois dunha primeira na que repasou a execución de programas como 'Axóuxeres' ou 'Bocaberta', Anxo Lorenzo contou que tras a constitución, o día 28,"deste novo modelo" de colaboración cos concellos para a promoción da lingua galega, empezará un programa específico que estará dirixido a mocidade e aos nenos pequenos con "240 actividades".
Ademais, tamén avanzou que se levará a cabo unha programación "multiplataforma" de 'Axóuxeres', que ten como fin a promoción do galego no seo da familia, "reforzando os medios" e con incidencia na programación infantil da televisión pública galega.
Anxo Lorenzo recoñeceu, a este respecto, que a pretensión non é alcanzar a curto prazo novos resultados, pero si fomentar a lingua presentando o seu coñecemento como "necesario e útil" para a xente de agora.

María Álvarez Álvarez 2ºA
Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
O audiovisual presenta novo anuario nun ano 'complicado'
Os 'Papeis da Academia Galega do Audiovisual' recollen unha memoria dos premios e festivais
O ano que transcorre entre xullo de 2010 e xuño de 2011 foi complicado no eido económico para o sector artístico.

Aínda así, a quinta edición dos 'Papeis da Academia Galega do Audiovisual' sae con forza en papel e reforzado en formato dixital. Entre a memoria de actividades salienta a celebración da gala dos Premios Mestre Mateo en Ourense, que tivo lugar o pasado mes de abril. Ademais, a AGA quixo render homenaxe ó músico Nani García cun disco recompilatorio de pezas compostas para traballos audiovisuais. A presentación do anuario tivo lugar, unha vez máis, dentro da programación do Festival de Cine de Ourense. Con tal motivo, estiveron no Auditorio a concelleira de Cultura, Isabel Pérez; o presidente da Academia, Antonio Mourelos; o seu homólogo do Consorcio Galego do Audiovisual, Anxo Quintanilla, e o propio Nani García.

Nos 'Papeis' destacan tamén artigos de opinión e repaso da situación que na actualidade atravesa o audiovisual galego, todos eles firmados por persoas directamente relacionadas co sector artístico. O anuario non esquece tampouco a aqueles que xa non están, como é o caso dos actores ourensáns José Conde ou Suso Díaz, entre moitos outros.


DEFENSA DA CULTURA

'Non é concebible un pobo sen cultura', sentenciou Quintanilla. Tódolos presentes fixeron referencia continua á delicada coxuntura económica. O presidente do Consorcio calificou, ademais, de 'milagre' que Ourense conseguise 'sacar adiante o Festival de Cine este ano', un periodo que foi 'bastante dramático'. Sen querer caer no pesimismo, Anxo Quintanilla agarda que o próximo sexa un ano mellor; de feito 'vexo difícil que vaia a peor', afirmou. Con el coincidiu Isabel Pérez. Na súa intervención incidiu na idea de que 'na cultura non podemos dar pasos atrás' porque 'sen ela non estariamos no mundo'. Na súa intervención referiuse ó OUFF como elemento de 'difusión do audiovisual galego', que tamén é 'unha oportunidade económica'. Neste sentido, a concelleira de Cultura aproveitou para 'reivindicar o sector como xerador de riqueza e emprego'.

ARON
2ºBACH

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG propón que o patrimonio artístico de NCG pase a mans públicas galegas e que a colección de arte vaia á Cidade da Cultura

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e a portavoz de Cultura, Ana Pontón, presentaron en rolda de prensa unha iniciativa parlamentar na que se reclama que o patrimonio artístico de Caixa Galicia e Caixa Nova pase a mans públicas galegas e que a colección de arte sirva para crear unha pinacoteca nacional galega na Cidade da Cultura.

O portavoz nacional reclamou que co patrimonio artístico non suceda o mesmo que ocorreu co aforro, que despois do espolio do aforro galego non veña o espolio do patrimonio galego.

Ana Pontón detallou algúns dos puntos da iniciativa que se centra en que a Xunta "adopte medidas para que ese patrimonio entre o que se atopan máis de 3.000 obras de pintura, escultura ou gravados, non sexa malvendido e bancarizado". "Estamos a falar dunha das coleccións de arte máis importantes de arte galego e tamén de pezas de artistas de outros países como Dalí, Picasso", explicou a portavoz de Cultura, que instou a que as obras se trasladen ao Gaiás para crear alí unha pinacoteca nacional galega, "xa que foi conseguida grazas aos aforros dos galegos e galegas".

O portavoz nacional denunciou a inacción do goberno galego, "máis alá do ruído, o presidente segue sen actuar e segue a ser necesaria unha comisión de investigación que nos diga que pasou cos cartos de todos e todas". Asimesmo, o líder nacionalista lembrou a iniciativa do BNG para que a Xunta se faga co 51% das accións do novo banco como única forma de conservar o carácter público e galego da entidade e a súa obra social.



Victoria Fernández Rodríguez,
2º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL RIVAS PRESENTA O SEU NOVO LIBRO «O máis estraño»

Manuel Rivas reúne no seu novo libro, unha colección de contos nos que inclúen algúns dos relatos que acadaron identidade fóra dos libros,e que non foran publicados. O autor presentou onte, día 21 de outubro, en Madrid a tradución ao castelán deste mesmo volume (Lo más extraño) e presentará o vindeiro mércores 26 de outubro en Santiago a súa edición en galego.
Segundo o autor, os contos incorporados a esta recompilación de textos non están «reescritos», pero si que se presentan aos lectores «cunha revisión estilística» para que vaian cos tempos. En calquera caso, Rivas, segundo explica, non quixo volver escribilos. «Tamén resistín a tentación de deixar de lado aqueles que xa non me gustan como cando os escribín», afirmou o escritor.


Reyes López 2º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Lumes forestais en Galicia

Os lumes forestais das últimas horas nos montes galegos, case todos eles na provincia de Ourense, afectan a máis de 4.400 hectareas segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural.
Este departamento da Xunta informou de que quedou desactivado o nivel 1, declarado como medida preventiva, nos lumes de Vilalba (Lugo), agora controlado, e Maceda, en Ourense, que segue activo.
O de maior dimensión dos que permanecen activos é o rexistrado no Concello ourensán de Lobios , que comezou o pasado xoves, e a superficie afectada é de mil hectáreas, mentres outro de grandes dimensións afecta a outras 900 en Manzaneda .
Medio Rural informa de que o nivel 1 de alerta en Vilalba, un lume que afectou a 800 hectáreas, quedou desactivado a pasada madrugada.
Mentres en Maceda este nivel de alarma estivo activado ata a pasada madrugada, aínda que o lume segue activo e afecta a unhas 800 hectáreas
Nestes momentos seguen tamén activos grandes lumes nos municipios ourensáns de Lobios, onde se atopa o parque natural do Xurés, e en Manzaneda. Este primeiro dos lumes procede de Portugal, onde se rexistra un gran incendio de varias miles de hectáreas e chegou a varios puntos de Galicia polos ventos do sur.
O primeiro deles afecta, segundo estimacións provisionais, a unhas mil hectáreas, e mantense activo con varias reproducións e distintos focos.
Igualmente, segue ardendo o lume de Manzaneda, sitúase na zona norte da Serra do Invernadeiro, outra zona de gran valor ecolóxico, aínda que non se ten constancia de que afecte ao parque natural, indica a Consellería, que informa de que este lume, situado nunha zona de gran pendente e de complicada orografía, queimou ao redor de 900 hectáreas.
Outro dos lumes activos queimou 200 hectáreas en Riós; mentres tamén segue ardendo o monte en Viana do Bolo, que afecta a 400; a 150 outro incendio na Gudiña e a cen en avión e en Maceda hai outro lume activo que afecta a trescentas hectáreas.
Mentres, permanecen controlados un lume no Concello ourensán do Bolo, que queimou cen hectáreas, e outro na Peroxa, cunha extensión similar.
por outra banda, quedaron extinguidos, desde a noite de onte, un lume en Paderne de Allariz dunhas 20 hectáreas e outro en Pontevedra, no municipio de Agolada, que afectou a 22 hectáreas.


Elena Seijo 2º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Falece aos 55 anos o pintor Manuel Zapata
A pintura ourensá está de loito ao perder a un dos seus artistas máis destacados co falecemento de Manuel Zapata. O pintor faleceu onte aos 55 anos vítima dunha enfermidade. Os funerais por Manuel Zapata serán hoxe, ás 17 horas, na igrexa parroquial de San Pedro de Lincora-Chantada (Lugo), onde se procederá á inhumación no panteón familiar do cemiterio desta parroquia lucense
A obra de Zapata é recordada pola pluralidade das súas composicións e a súa capacidade para cambiar de rexistro. Un bo exemplo desta variedade son a súa exposición pintura negra e dura de gran formato -sobre o mar de Galicia e as súas mulleres- e vos amores invisibles, que ofrece as tradicións máis ourensás e o seu fermoso outono, estación na que faleceu. No currículo de Zapata tamén figura ser o encargado de elaborar o cartel da edición 42 da Feira do Viño do Ribeiro.


Elena Seijo 2º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
O cine, en 140 caracteres
Por primeira vez nos seus 15 anos de historia, o Festival de Cine conta cunha forte presencia nas principais redes sociais. En Facebook, son máis 540 os seguidores e, aínda que en Twitter a cifra é inferior, a participación é alta.
O Festival de Cine de Ourense viu a luz no ano 1996. Daquela, ninguén escribía un 'tweet' nin sumaba amigos no 'libro das caras' que hoxe é unha das empresas máis potentes do mundo. Pero dende entón pasaron xa tres lustros e hoxe entréganse os galardóns número 16 do OUFF. Neste tempo, o xeito en que a sociedade se comunica xa non ten tanto que ver co da década dos 90. A era dos 140 caracteres, chámanlle á actual, por ser o texto máximo que permite Twitter.


Os dispositivos móbiles, hoxe chamados 'intelixentes', permiten un contacto permanente con cada titular que sae no mundo. Cada noticia é relatada ó segundo e os temas de internet (sobre todo os que comezan polo símbolo '#') pasaron a entrar nos telexornais. Dende a organización do Festival de Cine, composta en boa parte por xente nova, son conscientes da realidade actual e, para esta edición, decidiron entrar de cheo no mundo virtual.

O primeiro que fixeron foi crear un perfil de Facebook, no que suman 549 seguidores. Nel informan, sobre todo da realidade cotiá do certame cinematográfico. Gracias a unha aplicación que permite conectar esta plataforma con Twitter, non hai máis que escribir na última para que os datos aparezan nas dúas. Deste xeito, só é preciso escribir un 'tweet' para relatar o transcorrer do OUFF. O que contan son, principalmente, datos de interese para os espectadores. Unha das últimas entradas, por exemplo, informaba de que quedaran 'esgotadas as invitacións para a gala de clausura do #16OUFF'.


ARON
2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII EDICIÓN DO DÍA DA BICI

O domingo día 30 deste mes celebrarase a XXVII edición do ?Día da Bici? de Ourense. O prazo de inscripción para esta actividade lúdico-deportiva xa está aberto.

A principal novidade desta edición e a modificación do percorrido. A saída estará ubicada, coma xa é habitual, na rúa Progreso (á altura da Deputación) e a distancia a percorrer é de 10 kilómetros. Nesta ocasión o pelotón non subirá a rúa Xoán XXIII, para transitar directamente de Os Remedios a Ponte do Milenio. Este ano os participantes transitarán a Rúa do Paseo e Lamas Carvajal para tomar dirección cara o Posío.

A inscripción para participar no evento é gratuíta e pode formalizarse na Región ou en Ciclos Moure, no noso caso é tan sinxelo coma comunicarllo ó porfesor de Educación Física. O prazo de inscripción estará aberto ata ese mesmo día de 9,30 a 11,30. A marcha comezará as 12 do mediodía.


Elena Corral Fernández 1ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Xavier Queipo

Gañador do premio Xerais con «Extramunde» «A inquisición agora é o capital»
O escritor apunta que a novela «fala da negación da diferenza»


Xavier Queipo reivindicouse central e non periférico asegurando que a súa identidade non estaba «construída contra ninguén». Presentou en Santiago Extramunde, a novela gañadora do Xerais, presentación que repetirá mañá en Vigo.

-Dúas palabras que definen á novela segundo a presentación son polifónica e posmoderna.


-Creo que nos dous casos queren explicar características que ten e que quizais se saian do convencional. Por unha parte, a polifonía pode ter que ver con que non hai un protagonista claro que leve o peso da historia. Vai cambiando en función do argumento e do escenario. Posmoderno igual ten que ver con que a estrutura non é a habitual. Tamén porque na novela van aparecendo moitas historias diferentes.

-«Extramunde» fala do poder da inquisición. Ese poder absoluto desapareceu, ¿ou cre que agora está noutras institucións?

-A novela fala da negación da diferenza. E a negación do diferente segue hoxe. Quizais en países sen ditadura pareza que non é así, pero dáse unha dobre moral porque en teoría todo está aceptado, pero na práctica as indemnizacións van para os directivos de NCG. Sempre hai unha clase dirixente e sempre gañan os mesmos, os que prefiren a inxustiza ao desorde. A inquisición agora é o capital, que é quen está definindo as normas.
-Na convocatoria do libro propón acabar coa perspectiva periférica.

-Resúltame desagradable que me digan que son periférico. Eu crecín en Galicia e o central en Galicia é ser galego. Quería explicar tamén que non se trata de que me pareza mal ser español, nin que estea en contra. É que para min o central é ser galego e penso que o sistema de pensamento hai que construílo desde a reafirmación disto.

ANDREA ESTÉVEZ
2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
O Proxecto Nacce potenciará a creación de 150 emprendedores e 50 empresas TIC


A formación e o asesoramento a 150 pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de proxectos comúns e a formación doutros novos 150 emprendedores e 50 empresas en actividades TIC. Estes son os obxectivos que se marca o Proxecto Nacce, Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC, que foi presentado este mércores no campus de Ourense polos seus socios. A iniciativa quere contribuír a paliar as debilidades do sector TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa idea de que o futuro da zona precisa do emprendemento, a internacionalización e o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación. Con 1,8 millóns de euros de orzamento Nacce bota a andar co lema de que fronte á crise podes chamar a mil portas... ou abrir unha xanela emprendendo no sector TIC.

O proxecto, liderado pola Xunta de Galicia, foi presentado en Ourense por José Antonio Vilán, vicerreitor de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo; Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia; José María López Bourio, responsable de Agestic; Nuno Martins, director xeral de Aiminho; Eduardo Pinto, director executivo do Centro de Computaçao Gráfica, e Xosé Manuel García, xerente da Cámara de Comercio de Vigo. "Co Proxecto Nacce queremos impulsar o sector das TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal porque cremos na cooperación entre as dúas zonas, porque cremos no sector TIC e porque pensamos que poden ser o noso futuro", salientou a conselleira de Traballo e Benestar.

Tres bazas

Segundo explicou o vicerreitor de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo, Nacce conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros, cofinanciado con fondos Feder, e o seu obxectivo é crear un núcleo de cooperación entre todos os axentes implicados no sector TIC da eurorrexión, para estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a competitividade das empresas existentes e, consecuentemente, dinamizar o emprego. "Na eurorrexión temos tecnoloxía, temos talento e temos emprendedores. Con este proxecto só precisamos ser cociñeiros, xuntar todos os ingredientes e darlle valor", apuntou Eduardo Pinto.

Para acadalo, Nuno Martins salientou que o proxecto conta con tres bazas fundamentais, como son a cooperación transfronteiriza, centrarse nun sector moi específico como o TIC e facelo apostando polo emprendemento e a internacionalización. "A internacionalización neste proxecto é fundamental. É moi importante partir dunha base internacional nun sector tan relevante e tan aberto como o das tecnoloxías da información e a comunicación", aclarou Xosé Manuel García durante a súa intervención. Alén destas características internas, o proxecto precisa para o seu éxito da implicación dos emprendedores polo que José María López Bourio advertiu aos asistentes que "o futuro está aberto de par en par, só depende de nós mesmos. Hai que ter valor, ideas e responsabilidade e emprender".

sara Velasco, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0