Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Globos De Ouro 2014 |
|
O pasado domingo 12 de xaneiro celebrouse a gala dos Globos De Ouro 2014. Esta antesala dos premios Oscar esperta moita curiosidade entre os medios especializados e non tan especializados, xa que é bastante común que coincidan cos famosos e citados premios Oscar.
No apartado de Mellor Película Dramática, foi "12 Anos De Escalvitude" a gañadora, na súa contraparte Mellor Película Comedia ou Musical recaeu na que sería a gran gañadora da noite: "A Gran Estafa Americana". Esta cinta completaría a noite cos premios a Mellor Actriz Comedia ou Musical, para Amy Adams, e Mellor Actriz de Reparto, para Jennifer Lawrence. Esta última, rapaza de tan só 23 anos que xa conta cun premio Oscar e dous Globos De Ouro. O outro galardón de actrices, Mellor Actriz Drama, foi para a australiana Cate Blanchett, pola súa actuación na película de Woody Allen, "Blue Jasmine".
Por outra banda, a dos actores, o premio a Mellor Actor de Reparto gañouno Jared Leto pola súa actuación na película "Dallas Buyers Club", cinta pola cal tamén obtivo un galardón Matthew McConaughey, a Mellor Actor Drama. O terceiro actor gañador foi o gran e pouco recoñecido actor estadounidense Leonardo DiCaprio, pola súa última colaboración con Martin Scorsese, "O Lobo De Wall Street".
O premio a Mellor Guion recaeu en Spike Jonze, por "Her", e o de Mellor Director no mexicano Alfonso Cuarón pola película de ciencia ficción "Gravity".
No apartado musical, a Mellor Banda Sonora foi para Alex Elbert polo seu traballo no filme "All Is Lost", e a Mellor Canción Orixinal para o grupo irlandés U2, polo tema "Ordinary Love", composto para a película "Mandela: Do Mito Ao Home".
No apartado televisivo cabe destacar o triunfo de "Breaking Bad" cos galardóns a Mellor Serie Drama e Mellor Actor Serie Drama, para o protagonista e álter ego de Walter White, Bryan Cranston.
Estes premios sempre actúan como predicción dos Oscar, e a súa importancia vese moi atenuada por estes, pero, en xeral, son uns premios en ocasións máis xustos que os Oscar.
Javier González Sobrado; 2º BACH. A |
|
|
|
De capa caída. |
|
O Lugo segue recibindo excesivo castigo nas accións a balón parado. Faltas directas, colgadas, córneres fixéronlle moito dano. Ante o Mirandés, viu como os locais se adiantaban cun cabezazo na súa primeira ocasión de perigo. Antes, na primeira parte, dous croques branquivermellos (un anulado por fóra de xogo) non terminaron na rede polos reflexos do porteiro Dani Jiménez e a mala fortuna dun rebote no pau. E é que o equipo de Setién, cada vez máis romo, pois esta tempada non encadeara dúas xornadas sen marcar, como lle sucede agora, non ten en remátelos de cabeza unha das súas fortalezas. Os seus xogadores prefiren usala para pensar.
Dos goles que o Lugo conseguiu no que vai competición, só tres chegaron coa testa.Puido incrementarse ese número, con dous bos remates de Pavón e Pablo Álvarez en Miranda de Ebro, pero non foi o caso e non tiveron sorte polo menos, non no que acerto se refire. O primeiro cabezazo que traspasou a liña de gol, obra de Rennella, serviulle ao equipo para obter tres puntos na Romareda. Na segunda, Pita, un dos xogadores máis altos, amarraba un punto tras un servizo de Ernesto ante o Murcia. E un dos máis baixos da plantilla, Pablo Sánchez, despexaba coa súa fronte o camiño cara á vitoria en Ponferrada.
Sobre o terreo de xogo, os rematadores do Lugo vólvense de dereitas. É a súa perna preferida para armar o seu chute. Pois conseguiron 12 goles, algo máis da metade do total, con ese perfil. Dos seus máximos realizadores, o máis efectivo cos seus derechazos é Fran Sandaza. Marcou tres dos seus cinco goles. Pola súa banda, Rennella fixo dous, os mesmos que Pablo Sánchez e Fernando Seoane, por exemplo. Outros que se serviron do seu pé esquerdo para marcar foron Pita, Álvaro Peña e Víctor Díaz, cun cada un.
Samuel Vázquez González; 2º BACH. B |
|
|
|
O Circo do Sol enche o Coliseum de A Coruña con 'Quidam' |
|
O Circo do Sol estreou este mércores o seu espectáculo 'Quidam' no Coliseum de A Coruña, onde ofrecerá ata o 29 de decembro a súa montaxe máis teatral e dramática cun elenco de 52 acróbatas, músicos, cantantes e diferentes personaxes.
Nun recinto case cheo, a compañía canadense presentou a primeira da funcións que ofrecerá na cidade herculina de 'Quidam', unha montaxe que se estreou no ano 1996 en Montreal. Dende entón pasou polos cinco continentes e agora chega á comunidade galega, dentro da súa xira española.
'Quidam' céntrase na viaxe de Zoe, a protagonista, unha nena desencantada da realidade que o rodea e que atopa un mundo novo, o mundo de Quidam. Neste novo espazo, os asistentes gozan dun universo con personaxes que se mesturan cos números acrobáticos que fixeron famoso o Circo do Sol.
O espectáculo arrancou puntual, ás nove da noite, e durante máis de dúas horas o publico non deixou de sorprenderse coas acrobacias e as piruetas da compañía de Montreal, acompañadas por música en directo.
Ademais, o público converteuse en coprotagonista da montaxe. Ao comezo, o mestre de cerimonias colleu a un dos asistentes, ao que vestiron cun mono branco, igual que o que lucían os artistas. Mentres, na segunda parte do espectáculo, os integrantes da compañía canadense invitaron catro persoas do público a subir ao escenario para formar parte dun número humorístico.
A montaxe do Circo do Sol poderase gozar ata o 29 de decembro no Coliseum de A Coruña. O auditorio para cada unha das sesións é de 5.000 persoas.
Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato |
|
|
|
Os expertos consideran o azucre como ??o novo tabaco?? |
|
 Púxose en marcha unha campaña para sensibilizar sobre os efectos do consumo excesivo de azucre. Considérase que podería frearse a obesidade se o sector alimentario reduce a súa proporción nun 20%.
Varios expertos do Reino Unido, Canadá e Estados Unidos lanzaron a campaña ?Action On Sugar? (Acción Contra O Azucre) para sensibilizar contra o excesivo consumo deste produto, xa que agora é considerado como o novo tabaco e como unha das causas dos índices de obesidade e do alto risco de sufrir diabete.
A campaña ten como finalidade concienciar aos cidadáns sobre esta ameaza e presionar ós gobernos e empresas alimentarias para que reduzan os niveis de azucre "innecesario".
"O azucre é o novo tabaco. A cínica industria, preocupada por obter beneficios e non pola saúde pública, impón a pais e nenos incautos as súas bebidas azucradas e a súa comida lixo", resaltou Simon Capewell, profesor de epidemioloxía clínica da Universidade de Liverpool (Reino Unido), segundo informa 'The Independent'.
Os expertos consideran que se ata 2017 ou 2019 as grandes empresas do sector alimentario diminuísen nun 20% ou nun 30% a cantidade de azucre que conteñen os seus produtos, se podería frear a tendencia á obesidade.
Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO. |
|
|
|
As tablets e os Reis Magos |
|
 Sempre hai un regalo estrela e nesta ocasión foi o turno do pequeno dispositivo dixital de moda en todos os lugares do mundo, a tablet.
Non é a primeira vez que a tecnoloxía casa cos xoguetes co ánimo de facer negocio, pero os expertos aseguran que esta vez trátase dunha moda que calou entre os nenos españois a causa da adicción que ás veces amosan os seus pais aos seus teléfonos intelixentes, aos seus ordenadores ou, neste caso, ás súas tablets.
María Costa, directora de investigación infantil e ocio do Instituto Tecnolóxico do Xoguete, conta que é algo común que se contaxien os hábitos entre os pais e os fillos: "Os nenos son como esponxas, se ven aos seus familiares pegados ao móbil durante todo o día é lóxico que eles tamén queiran facer o mesmo". Aínda que esta psicóloga recomenda que o ideal é non regalarlles este tipo de xoguetes ata que cumplan os 6 anos, é certo que as principais empresas de xoguetes en España xa ofrecen nos seus catálogos as tablets para nenos, dispoñibles para raparigos dende os dous anos.
Tal e como afirma María Costa, estos dispositivos están feitos para ser un recurso educativo para os nenos, polo que non hai perigo en que os pais compren estes aparellos tecnolóxicos. "Aquí resúltanos moi raro, pero en moitos colexios do nórdico xa se fai uso destas tablets nas aulas". A experta apunta que se dan casos nos que os bebés de menos dun ano xa interactúan coas tablets dos seus pais, o cal asegura que non é nada malo, aínda que pode ser perigoso se os rapaces acceden a contidos que non sexan nada adecuados.
Dende o Instituto Tecnolóxico do Xoguete apuntan que os pais teñen un papel fundamental á hora de ensinar aos seus fillos no referente á súa reacción coas tecnoloxías. Cada vez é máis común que un neno de 8 anos camiñe pola rúa cun móbil na man, pero desgraciadamente os expertos apuntan que, do mesmo modo, estase a convertir en algo habitual que estos dispositivos pasen a ser máis unha neneira que unha ferramenta para aprender. Esta institución recomenda que os pais que exerzan un papel activo na relación dos seus fillos coas tecnoloxías, ensinen a usar as redes sociais, a non dar datos persoais ou a controlar as horas que están fronte as pantallas, pois é a única maneira de evitar crear preadolescentes illados do futuro. "O importante é que sempre haxa tempo para o xogo ao aire libre", asegura Costa.
Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
|
|
|
|
As dez persoas máis intelixentes do mundo |
|
 'Super Scholar' publicou a lista dos maiores cocientes intelectuais, liderada por Stephen Hawking. Esta foi elaborada co requisito indispensable de que os elixidos posúan un cociente intelectual superior a 140.
Stephen Hawking é a persoa que lidera a lista, cun cociente intelectual (IQ) de 160. De acordo con este artigo, os "elixidos" pertencen ao 0,5 por cento da poboación que ten un cociente intelectual superior a 140 IQ, cifra que marca a fronteira a partir da cal se roza a xenialidade.
Outro dos elixidos é Kim Ung-Yong, que cun cociente intelectual de 210 aparece no Libro Guinness de los Récord porque aos dous anos falaba catro idiomas e cando cumpriu os oito empezou a estudar na NASA.
Tamén figuran no 'top ten' o ruso Gary Kasparov, con 190 IQ, que foi gañador do título mundial de xadrez aos 22 anos; Paul Allen, cofundador de Microsoft, cun IQ de 170; e o matemático británico Andrew Wiles, que presentou o último Teorema de Fermat, considerado "o máis difícil do mundo".
Completan a lista o actor James Woods, quen antes de chegar a Hollywood estudaba álxebra lineal e foi alumno do prestixioso instituto MIT; o físico Cristopher Hirata, que aos 16 anos de idade traballaba na NASA; o investigador Terrence Tao; a moza prodixio do xadrez Judit Polgar e o guionista televisivo Rick Rosner.
Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO. |
|
|
|
Parece que espertamos |
|
 Colectores ardendo, marquesiñas esnaquizadas e sucursais bancarias cos cristais rotos. Así remataban as protestas contra a construción do novo bulevar en Burgos. Violentos enfrontamentos entre manifestantes e axentes antidisturbios, recibidos con pedras e cazaroladas.
Dende que se fixera público o proxecto de construción do bulevar, os veciños mostraron o seu rexeitamento total a unhas obras de acondicionamento cuxo presuposto supera os oito millóns de euros.
En novembro, varios miles de persoas saíron á rúa para manifestarse. Agora, coas obras xa iniciadas, a tensión aumentou. Por iso, a 'Plataforma Bulevar non agora', decidiu desmarcarse das protestas.
A xente está moi farta xa de que non escoiten ao pobo. Como di unha manifestante, ao final chega un momento no que a indignación é tal, que tes que saír á rúa, manifestarte e facer o que sexa para que se te escoite.
David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. Coordinador. |
|
|
|
Cando só se lle dá importancia ao físico |
|
 Hai polo menos un sitio no que é legal despedir a unha empregada por ter uns quilos de máis: os casinos de Atlantic City. Un xuíz de Nova Jersey, Nelson Johnson, ditaminou que as famosas «Borgata Babes», que atenden aos clientes do Hotel Borgata, deben manterse no seu peso ideal, como estipula o seu contrato.
Ata vinte e dúas «Borgata Babes» uniron as súas forzas para denunciar ó hotel por discriminación. As rapazas queixábanse de ser utilizadas como obxectos sexuais e dos frecuentes controis de peso aos que son sometidas, algo que non sofren os seus compañeiros varóns. No contrato destas mulleres hai unha cláusula que lles impide superar en máis do 7% o peso corporal que tiñan cando empezaron a traballar. Ademais, deben lucir un característico vestido negro, moi curto e escotado, e zapatos de tacón. Segundo as traballadoras, mesmo lles recomendaban tomar laxantes ou deixar de inxerir certas medicinas para non engordar.
En 2006, dúas «Borgata Babes» xa demandaron ós seus xefes, aos que reclamaban 70 millóns de dólares por humillalas cos seus vestidos e os seus límites de peso. Unha delas alegou mesmo que engordaba por un problema de tiroide. Sábese que ambas as dúas partes chegaron a un acordo, cuxos detalles se mantiveron en segredo. Mais isto non supuxo ningún cambio xa que teñen que seguir mantendo o seu peso e o seu corpo "ideal" e vestindo con marcados escotes.
Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato. |
|
|
|
Un vórtice polar conxela as cataratas do Niágara |
|
 As baixas temperaturas ocasionadas por un vórtice polar continúan asolando Canadá, onde o termómetro se conxelou nos 25 graos centígrados baixo cero.
A fronte polar conxelou parcialmente as cataratas do Niágara con temperaturas de 20 graos baixo cero. A esta temperatura o caudal do río quedou parcialmente xeado, e petrificadas algunhas partes das cataratas, incluída a cornixa do precipicio de 53 metros de altura, que se transformou nunha ponte de xeo. Case 72 anos dende que os mercurios non caían tanto neste enclave fronteirizo entre Canadá e Estados Unidos.
As secuelas deste clima extremo ocasionaron que distintos servizos quedaran paralizados, pero tamén deixaron impresionantes paisaxes como acontece no estado de Ontario.
O sistema de aire frío que descendeu sobre a área logrou que varias extensións de auga deste atractivo turístico quedasen conxeladas, mentres que a fervenza flúe con forza converténdose así nun espectáculo único que se acentúa aínda máis debido ao Festival de Luces de Inverno que coincidiu nesta época.
Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato. |
|
|
|
Que está a acontecer? |
|
A situación que esta a vivir o fútbol galego e complexa, xa que a parte dos resultados deportivos, encontramos que o verdadeiro problema, está no apartado xudicial, xa que a crise está a afectar moi corte como se de unha praga se tratase.
O Deportivo, está a piques de desaparecer. A situación agrávase cada vez máis sen control, dende que Lendoiro abandonou a directiva, os inconvintes amoréanse, os xogadores non cobran dende fai meses e o técnico Fernando Vázquez está na mesma situación ata que non soporten máis.
O conxunto está as ordes do xuiz e do concurso de acreedores, só esperemos que esta dinámica remate co mellor resultado para todos os xiareiros.
Samuel Vázquez González; 2º BACH. B |
|
|
|
|
|
|
|
|