Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Colexio de Xornalistas denuncia o trato recibido por un fotógrafo do diario El Correo Gallego detido e expulsado de Marrocos cando viaxaba como turista.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) denuncia o trato dispensado polas autoridades marroquís ao fotoxornalista Fernando Blanco no aeroporto de Marrakech. Tras indicar na documentación do visado a súa profesión de fotógrafo foi detido, retiráronlle o pasaporte sen explicación algunha e negándolle o dereito a realizar unha chamada á Embaixada de España.
A Xunta de Goberno lamenta que se produzan situacións de indefensión cara a profesionais dos medios de comunicación, que ven cercenados os seus dereitos polo mero feito de pertencer a este colectivo. Tal foi o caso do fotoxornalista do diario El Correo Gallego, Fernando Blanco, que foi expulsado de Marrocos sen explicación ningunha.
Fernando Blanco viaxou onte como turista coa súa parella a Marrakech procedente de Porto. Tras cumplimentar a documentación do visado foi retido polas autoridades marroquís en dependencias do aeroporto e obrigado a permanecer separado da súa acompañante, quen xa obtivera o visado e que posteriormente lle foi anulado. Tras retirarlle o pasaporte indicáronlle que non podía entrar no país. Tivo que ser a compañía aérea na que viaxaba a que se fixo cargo da situación, trasladando tanto ao fotógrafo como á súa parella de novo a Porto.
A Xunta de Goberno do CPXG vai trasladar á Embaixada o seu malestar polo tratato recibido por este fotoxornalista.

Noemy Dopazo, 2ºB bach.

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2011 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
O Liceo e o Campus traen o luns a Aute para falar de música e literatura
A semán que ven comezará en Ourense coa voz de Luis Eduardo Aute (Manila, setembro de 1943), cantautor que levantará o telón dos XXI Encontros Literarios que organiza o Liceo de Ourense coa colaboración do Vicerrectorado do Campus. Aute disertará o lun, ás 20.15 horas, sobre Animalario. Os encontros literarios contan nesta edición coa relación entre a literatura e a música.

Aute vai contar a súa experiencia en ambos campos pois ademáis de ser un clásico cantautor é tamén compositor e autor de varios libros de poesía, entre os que figura a colección animaLhada.

O público ourensano poderá compartir un tempo con este creador que ten cancións que forman parte importante do paisaxe musical español dende 1967.


MAría Gabriela Cortés Díaz, 2º B bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2011 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Del Riego «revive» para cumprir 98 anos nunha homenaxe póstuma
A cultura galega deuse cita onte en Vigo para recordar ao desaparecido patriarca das letras. Onte en Vigo celebrouse a reunión, en homenaxe ao recentemente falecido Francisco Fernández del Riego.
As dúas institucións máis vinculadas ao escritor, a Penzol e Galaxia, promoveron a convocatoria.
A Fundación Penzol, que dirixiu ata poucos meses antes do seu pasamento, e a Editorial Galaxia, da que foi cofundador en 1950, as dúas institucións ás que o intelectual galeguista entregou unha parte moi importante da súa vida. Foi a última loa, non a derradeira, dirixida ao ilustre persoeiro que morreu o pasado 26 de novembro aos 97 anos. A idea dos organizadores era convocar o recordatorio o 7 de xaneiro, data na que o homenaxeado cumpriría 98 anos, pero por motivos de axenda foi adiado unha semana.
O director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, conduciu o acto deixando claro desde o inicio que a convocatoria trataba «non da despedida dunha vida, senón da celebración dunha vida, en memoria dun home senlleiro, unha desas persoas que pasan como os cometas e deixan un ronsel, unha luminosidade especial». Freixanes tamén insistiu no carácter do encontro literario e académico dunha homenaxe, «fundamentada na admiración, o afecto e a testemuña dos que o coñeceron e o apreciaron», sinalou.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Un desafío a cultura galega
Coñecer a historia, a cultura e a lingua galega a través dunha proposta lúdica é un dos obxetivos de 'Arume xogal'. O primeiro Trivial galego estase a convertir nun dos agasallos predilectos nos fogares alaricanos neste Nadal.
Un xogo de mesa de preguntas e respostas baseado na cultura, territorio e lingua galega que dende hai unhas semanas comercialízase de forma exclusiva dende a alaricana 'Aira das Letras' para toda Galicia.

'O proxecto chegou as nosas máns de casualidade e gustounos porque é unha boa oportunidade para divulgar a cultura galega entre os nosos nenos', subliña Carlos Airas, propietario do establecemento, quen engadía que 'parece mentira que na actualidade non existan xogos e ferramentas destas características para aqueles que viven e defenden a cultura galega'.

Dolmens, torques, arumes, trísceles, as follas de carballos e castiñeiros e a palabra Galicia sustitúen aos populares 'quesitos' de cores doutros xogos internacionais como o Trivial nun guiño á simboloxía galega máis recoñecible. 'Alén dun desafío cultural sobre a realidade galega, pretende ser un estímulo que xere a arela de afondar na esencia mesma da súa identidade', subliñan os seus diseñadores, Eureka Edicións, que iniciaron a súa creación atendendo ás recomendacións do Plan de Normalización Lingüística onde alertou sobre a escaseza de recursos formativos e de lecer en lingua galega, así como da pouca utilización do galego nos ámbitos máis relacionados coa mocidade .

Elena Fernández 2º A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os encontros literarios do Liceo inaugúranse con Aute
O cantautor Luis Eduardo Aute será o encargado de inaugurar a XXI edición dos 'Encontros Literarios' que desde 1990 celébranse no Liceo de Ourense e que este ano se desenvolverán baixo o título xenérico 'Música e literatura'. A cita co cantante, pintor e poeta será o próximo luns, día 17, ás 20.15 horas, con unha charla que levará por título 'Animalario'.
A Luis Eduardo Aute lle seguirán José Francisco Fernández Naval e Xosé Carlos Caneiro. Os encontros deste ano foron presentados pola vicerrectora do Campus de Ourense, María Lameiras; p presidente da Diputación, José Luis Baltar, e o xerente do Liceo, José Luis Troitiña.

As conferencias dos escritores ourensáns se desenvolverán, ó igual que a de Aute, no Aula Cultural do recinto sociocultural ourensán. Fernández Naval acercarase ó Liceo o luns, 24 de este mes, para impartir a conferencia 'O ritmo da chuvia'. Os encargados de presentar os encontros bromearon con que, o máis coñecido como 'Chisco', ofreceuse incluso a cantar. A Caneiro lle acompañará á guitarra Xosé Manuel Salgado. No seu caso, o encontro se producirá o 3 de febreiro.

O Campus colabora na organización dos 'Encontros Literarios' a través da Cátedra Carlos Casares. O seu representante, María Lameiras, quiso incidir na importante 'converxencia de institucións que traballan por un mesmo fin'. Pola súa parte, José Luis Baltar recalcou o 'suxerente' dos encontros deste ano, sinalando a influencia da literatura na música. Por último, afirmou que 'a pesar das estreiteces económicas, temos que saber priorizar', en referencia á iniciativa do Liceo. O éxito dos actos vén respaldado, para Baltar, polo propio público coa súa asistencia

María Gutiérrez 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
O Proxecto Ríos apresenta o Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2010
O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, vén de apresentar o Informe 2010 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recóllese o estado dos nosos ríos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos 299 grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, así como as actividades máis importantes realizadas durante o ano 2010. O Informe Anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes.

Dende o ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade contamos con 299 grupos. Cos resultados das inspeccións realizados polo voluntariado ambiental elabórase un Informe Anual do estado dos ríos galegos. As concas máis estudadas son as das Rías Baixas e a do Miño, que acadan entre ambas unha porcentaxe que rolda o 67% das inspeccións realizadas. A porcentaxe restante repártese entre as concas do Arco Ártabro e Fisterrá, as do Limia-Douro e as concas que verten ao mar Cantábrico.

En función dos datos recibidos, podemos afirmar que o estado de saúde dos treitos analizados en 2010 foi moi bo na campaña de primavera (52%), e en outono o 54% estiveron en estado bo, correspondéndolle ao estado moi bo o 29%. Observáronse treitos con saúde moderada (15% en primavera; 9% en outono) e deficiente (3% en primavera; 8% en outono) e ningún en estado malo. Isto indícanos que os nosos ríos están a experimentar unha deriva na que se ven apreciando unha regresión no seu estado de saúde.

Estes datos vense constatados tamén polo estado de conservación do bosque de ribeira. Nas condicións das marxes dos ríos inspeccionados durante as dúas campañas, se aprecia un aumento das alteracións importantes e das marxes moi degradadas, tendencia que xa apareceu en 2008 e 2009. En 2010 o Proxecto Ríos fixo un cambio na metodoloxía de inspección de río, onde se engadiu o estudo da calidade do hábitat a través do índice IHF (índice de heteroxeneidade fluvial).

Os datos aportados polo voluntariado revelaron que a calidade do hábitat nos treitos estudados foi excelente nun 67% en primavera e moderado nun 33%. En outono, as porcentaxes se distribúen do seguinte xeito: excelente, 42%; moderado, 48%; deficiente, 10%. En primavera, o río con saúde deficiente foi o río Sar ao seu paso por Santiago de Compostela. Con saúde moderada, temos os ríos Tea, Baa e Xunco. En outono, con saúde deficiente temos os ríos Lagares, Mero e Limia. Con saúde moderada foron o Sarria, Loña, Deique, Mero e Baa.



Carmen Selina Meire Pérez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Uns 6.000 parados galegos cobrarán 400 euros ao mes
A Xunta pagará esta cantidade aos desempregados con rendas baixas mentres fagan cursos de formación. As actividades formativas terán certificado de profesional válido en toda España e orientaranse a perfís con maior demanda. Uns 6.000 parados con rendas baixas -ingresos inferiores ao 75% do Iprem por unidade familiar- que fagan cursos de formación poderán recibir 400 euros mensuais durante o período en que se desenvolvan as devanditas actividades, segundo informou este venres a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que presentou a "reorientación das políticas de formación" da Xunta.En rolda de prensa e acompañada pola directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, Mato explicou que o Goberno galego calcula que en torno a 23.000 persoas en situación de desemprego poderán acceder a algunha das actividades formativas que se ofertan e que, delas, unhas 6.000 poderán recibir esta achega económica durante os meses que duren os cursos, que empezarán a finais de febreiro e serán de entre tres e nove meses."É unha política activa de emprego, non unha liña de axuda pasiva", destacou o titular de Traballo, que afirmou que, deste modo, se pon máis atención á xente con "máis carencias". Só Castela e León e Galicia puxeron en marcha este tipo de prestacións.As 1.500 actividades formativas previstas polo Goberno galego para este ano serán financiadas cunha partida de 53 millóns de euros, unha cifra un 5% superior á destinada ao mesmo concepto en 2010.Así mesmo, defendeu que, con esta "nova orientación" das actividades de formación, a Xunta busca que o sistema se caracterice "por un alto nivel de calidade e excelencia". Os obxectivos pasan por "mellorar a eficacia e a eficiencia". "Non" se trata "de facer máis cursos, senón de facer unha formación de calidade e adaptada aos mercados", dixo Mato, que destacou que, ademais, os alumnos terán un certificado recoñecible e homologado tamén polo Ministerio de Traballo.

Christian García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello adquire un local na zona do campus que acondicionará como nova Unidade de Intervención Social que dará atención a máis de 30.000 veciños
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense reforzará os servicios básicos de Benestar Social cunha nova sé para a Unidade de Intervención Social (UNIS) que dá servicio ós veciños residentes na zona centro e este da cidade. A Xunta de Goberno Local aprobou a adquisición do local que acollerá a nova sé deste servicio, na planta baixa do edificio número 11 da rúa Bernando González Cachamuiña, na zona do campus universitario.
O Concello destina 354.000 euros á adquisición do inmoble, do que acometerá no primeiro semestre de 2011 as obras de reforma para converterse na nova UNIS da zona centro e este da cidade, que dará servicio a unha poboación potencial de 31.912 habitantes, que a converten na de maior volumen de potenciais usuarios das 4 unidades que existen na cidade. O ámbito de intervención da UNIS exténdese dende o centro da cidade (rúa da Concordia) ata o río Miño (o seu límite cara o norte) e o fin do termo municipal pola zona este, abranguendo así barrios como As Lagoas, Avenida de Bos Aires, A Rabaza, A Loña ou Oira, e localidades como Velle e Ceboliño, entre outras.
A UNIS atópase actualmente no Casco Vello, na rúa Arcedianos. O traslado facilitará unha mellor ubicación, máis céntrica para o conxunto dos seus usuarios, procedentes de diferentes barrios e localidades, ademáis de novas instalacións, máis axeitadas e modernas que permitan potenciar este servicio. O local adquirido polo Concello conta con 252,74 m2 de superficie construída, e 231,32 m2 de superficie útil, e dispón de dous accesos independentes, dende a rúas González Cachamuiña e Telleira
As UNIS constitúen a vía de acceso dos cidadáns ós servicios de Benestar Social do Concello, tanto os de base como os especializados, xa que tódalas demandas de servizos sociais se canalizan a través delas. Contan con traballadores sociais, educadores familiares e persoal administrativo, e atenden dende as solicitudes de axuda a domicilio, as axudas de emerxencia social ou RISGA, entre outros, desenvolven programas de educación familiar, ademáis de facilitar información e asesoramento ós usuarios, entre outras funcións.
Con esta intervención completarase a renovación total das 4 UNIS do Concello realizada en 3 anos polo goberno municipal. En outubro do ano pasado, a UNIS do Casco Vello, ubicada en Bispo Carrascosa, trasladouse ó Centro Cívico da rúa Colón que naquelas datas entrara en servicio. A do barrio do Couto dispón dende o pasado mes de abril dunha nova sé na rúa Francisco de Moure (Praza do Couto), e a do barrio da Ponte trasladarase o ano próximo ó Centro Cívico que está a construír o Concello neste barrio.

http://www.ourense.es/portalOurense/fnot_d4_v1.jsp?contenido=9829&tipo=8&nivel=1400&language=gl

Fátima Carballo Río
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro terá unha colectánea en inglés
Collected Poems é o título do volume de poesía de Lois Pereiro que publicará este mesmo ano Small Station Press. Jonathan Dunne, tradutor ao inglés de, entre outros, Manuel Rivas, será o responsable de verter para esta lingua os textos dos dous poemarios que Pereiro publicou en vida e mais do póstumo Poemas para unha loia. Agárdase que a obra saia á luz a vindeira primavera.

Alba Muñoz López 2ºBACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0