Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia e a congoxa
A ministra Salgado é galega. Tamén o eran Fenosa, R, as autoestradas, o leite... Xa non o son. Galicia está a quedar desgalleguizada e, lamentablemente, o futuro que nos agarda resulta borrosa. Mentres algúns se empeñan en pensar que a nosa única identidade está baseada en lingua e idiosincrasia, eu recordo a sentenza que aquel asesor de Clinton deixou colgada nunha cortiza do despacho: «É a economía, estúpido». Sen unha economía con «sede social» en Galicia, Galicia estará en mans duns ou outros, pero non nas nosas. Quédannos Inditex, Pescanova, Coren, esta casa e poucos máis. E iso é o que máis entristece da mudanza de regras de xogo -cambio de criterio- que o Goberno perpetrou coas Caixas. É coma se a soga da árbore do aforcado caese no corazón deste país. Se Novacaixagalicia non logra salvarse, a culpa será daqueles que sempre cremos nela, senón dos que nunca o fixeron. Nin o fan. Escribo os seus apelativos, para non esquecer: o Goberno do PSOE e a galega ministra Elena Salgado. Galicia, desgalleguizada, só prodúceme congoxa.

Carmen Selina Meire Pérez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello pon en marcha unha nova edición do programa Escola de Nais e Pais
A concelleira de Sanidade, Marga Martín, inaugurou unha nova edición do programa Escola de Nais e Pais: Educa con liberdade para pensar, no que participan 50 persoas. O programa está dirixido a nais, pais e axentes educadores que, en pequenos grupos, cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, profundizarán en diferentes temas en torno a 3 bloques: As familias e a sociedade, A familia e a súa función educadora e Os retos dos adolescentes.
O programa profundiza no papel da familia como axente socializador fundamental, no que os nenos comezan a convivir, a comunicarse, a respectar aos demáis e a valorar as cousas que son importantes. A convivencia na familia desencadea aprendizaxes que nos axudan a desenvolvernos e supoñen a antesá do noso comportamento social.
Desde la actividade Escola de Nais e Pais avógase por un enfoque educativo que promova un desenvolvemento persoal de hábitos, actitudes e valores que sexan útiles aos fillos para afianzar a súa autoestima, responsabilidade e madurez.
III Curso de Educación Familiar
A Escola de Nais e Pais forma parte do Programa de Prevención e Educación Familiar que organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Neste marco, a Concellería organiza tamén o III Curso de Educación Familiar: A familia e a sociedade, dirixido a axentes educadores e futuros profesionais da educación, que desde o día 25 de xaneiro se desenvolve no Local de Educación e Promoción da Saúde do Concello, na rúa Vasco da Ponte, con 50 participantes.


Fátima Carballo Río 2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Darío Xohán Cabana devólvelle a vida á poesía da Occitania

«Eu levaba a traballar nisto, con toda a intensidade, desde hai sete anos; pero a verdade é que hai máis de vinte que traducín ao galego os primeiros poemas da Occitania», dicía onte o escritor e académico Darío Xohán Cabana. E dicíao, o autor de Galván en Saor e O cervo na torre, coa satisfacción de quen non oculta a alegría que lle causa ver culminado, por fin, un dos seus máis grandes proxectos. Un proxecto que, segundo el mesmo confesa, vén culminar toda unha vida de traballo dedicada non só á propia escritura, senón tamén a tratar de achegar a Galicia canto fixo que a literatura europea fose máis grande.

Nos próximos días verá a luz Os trobadores de Occitania, nun volume de máis de 600 páxinas co que nace, por certo, unha nova editorial galega, Edicións da Curuxa. E o libro, adianta o propio Cabana, vai ser por fin realidade grazas ao apoio de institucións como a obra social de Novacaixagalicia, o concello lugués e as deputacións provinciais de Lugo e A Coruña. «Esta escolma -sinala o escritor e académico- comprende máis de 180 poemas pertencentes a uns oitenta trobadores, entre os que se atopan desde o duque Guillerme IX de Aquitania, na miña opinión o auténtico fundador da poesía moderna europea, ata o crepuscular Guiraut Riquiér, ademais de creadores como Uc de Sant Circ, Sordèl, Cerverí de Girona, Pèire Vidal, Raimbaut de Vaqueiràs, Arnaut Danièl, Marcabrú, Bernart de Ventadorn ou Raimbaut d?Aurenga». Autores, todos eles, dos séculos XII e XIII. Dun tempo no que a nobre lingua da Occitania, e polo tanto o idioma provenzal, serviu de canle, de novo en palabras do escritor lugués, a «unha poesía lírica de extraordinaria beleza e dunha complexidade e perfección formal moi superior á de todas as anteriores poesías de calquera outra parte do mundo».
Neste traballo, tan querido por el, Cabana seguiu o mesmo criterio que nas súas traducións de Dante e Petrarca, partindo do texto fixado nas edicións críticas máis acreditadas ata lograr que os poemas mantivesen, en galego, a súa musicalidade orixinal, a través do verso rimado. «Galicia tiña que volver os seus ollos á Occitania», di Darío Xohán, que confesa sentirse por completo esgotado tras concluír este traballo («Vou botar tempo sen escribir nada...», sinala), e adianta que entre os seus proxectos máis inmediatos está agora o de traducir ao galego ao francés Villon, aquel que tan fermosamente se preguntaba qué tería sido, xa saben vostedes, das neves de antano.

Alba Muñoz López , 2º Bach. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia rexistra o maior aumento do paro de España e é a que máis empregos destrúe
O paro incrementouse en Galicia en 35.100 persoas durante 2010 -a diferenza entre a cifra do rexistro do último trimestre de 2009 e o do ano pasado-, ata un total de 203.500 desempregados, co que a taxa de parados se situou no 15,69%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).O incremento ao peche do pasado exercicio representa unha variación interanual do 20,86% -o maior aumento porcentual de toda España-, mentres que o ascenso é dun 4,2% respecto ao terceiro trimestre, un total de 8.200 parados máis na comunidade, segundo o instituto estatístico.No conxunto do Estado, o paro subiu en 370.100 persoas en 2010 respecto a 2009, un 8,5% máis. O número total de desempregados alcanzou as 4.696.600 persoas e a taxa de paro o 20,33%, cifra que é 1,5 puntos superior á do ano anterior.Deste modo, a taxa de paro en Galicia ao peche de 2010 foi case cinco puntos inferior á estatal e a comunidade situouse como a quinta cunha porcentaxe máis reducida, superando os de País Vasco (10,89%), Navarra (11,64%), Cantabria (14,93%) e La Rioja (15,68%). Non obstante, a taxa galega correspondente ao ano pasado é case tres puntos superior á rexistrada en 2009, ano que finalizou cun 12,88% de paro, fronte ao 9,74% de 2008.En canto á taxa de actividade, Galicia rexistraba no último trimestre do ano pasado un total de 1.296.600 persoas activas, cunha taxa de actividade que se sitúa no 54,43%. Esta cifra supón unha redución de 10.700 persoas (un 0,82% menos) que en relación a hai un ano. Sobre o trimestre anterior, o descenso é do 1,33% (17.400 persoas).Os ocupados, pola súa banda, alcanzaron os 1.093.100 no último trimestre de 2010, co que a caída é de 4,02% en relación co mesmo período do ano previo (45.800 persoas menos ocupadas) e do 2,29% se se compara co trimestre anterior (25.600 persoas menos). Deste modo, a comunidade sitúase como a autonomía na que máis postos de traballo se destruíron en 2010.[Salto de línea automático][Salto de línea automático]Así mesmo, a poboación con 16 anos ou máis en Galicia chegou ás 2.382.100 persoas ao finalizar 2010, o que representa unha redución do 0,16% (3.900 persoas menos) en relación ao ano anterior e do 0,05% se se compara co trimestre previo (1.100 persoas).



Christian García González 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os ecoloxistas reclaman que o plan hidrológico do Miño trátese no Parlamento
A repercusión sobre a posible apertura de novos aproveitamentos hidroeléctricos que terá o plan hidrológico da conca do Miño-Sil-Limia, que compete ao Ministerio de Medio Ambiente, preocupa aos grupos ecoloxistas galegos. A Fundación Germán Estévez pediu que ese plan, do que depende o futuro de 35 concesións que o ministerio paralizará ata a súa aprobación, sexa obxecto de debate no Parlamento galego.
A ministra Rosa Aguilar anunciou esta mesma semana, en resposta a unha iniciativa do BNG, a suspensión dos 35 expedientes que estaban en tramitación nas concas do Miño-Sil-Limia e do Cantábrico. Eses aproveitamentos súmanse aos 97 que adxudicou a Xunta de Fraga e paralizou o bipartito, e que tamén están a expensas do Plan Hidrolóxico que o Goberno de Feijoo prevé aprobar este ano. No caso do plan estatal, a Fundación Germán Estévez reclama que a Xunta presente unha iniciativa acordada cos concellos afectados para impedir o que consideran un «secuestro do Sil e do Miño» por parte das compañías eléctricas.



Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Estudantes de Erasmus falan galego!
Chipre, Italia ou Polonia son algúns dos lugares de procedencia dos doce alumnos que onte iniciaron o segundo curso de galego para Erasmus, que organizan as tres universidades galegas, pero que neste primeiro ano se impartirá na Coruña. O rector da institución académica coruñesa, José María Barja, foi o encargado de darlles a bienvenida a Galicia, «onde temos un idioma de seu que veredes que ademáis é bastante intelixible, e ten a vantaxe de que a partir do pódese falar cos portugueses e brasileiros, que son uns cantos». Estes estudantes terán que realizar un curso intensivo de 60 horas ata o 4 de febreiro, onde descubrirán ademais dos segredos do idioma, os da cultura, a arte, a música e a gastronomía desta comunidade, así como os monumentos máis importante. Ao acto tamén asistiron a vicerrectora de Estudantes e Relacións Internacionais, María José Martínez; a directora do Servizo de Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, e o director do curso, Ramón Freixeiro. .
Aniversario literario.
Este ano cúmprese o 125 aniversario do nacemento de Wenceslao Fernández Flórez, o inesquecible creador do bosque animado. Con tal motivo, a Asociación da Prensa da Coruña organizou unha serie de charlas, que finalizarán o vindeiro luns coa visita do ex ministro de Cultura coruñés, César Antonio Molina. No seu relatorio, o escritor falará sobre a faceta xornalística e literaria do ilustre autor de vila Florentina. Para esta ocasión, contarase coa presenza do noso compañeiro e xefe da sección de Cultura da Voz, Luís Pousa, que exercerá de mestre de cerimonias.


Emilio González Padrón 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Méndez Ferrín, presidente da RAG, abre o ano dedicado a Lois Pereiro

A cultura galega despide 2010, o ano de Uxío Novoneyra, e inicia o novo ano centrándose na difusión da figura do poeta monfortino Lois Pereiro, ao que se dedicará o próximo Día dás Letras Galegas.
Nun acto na Diputación de Lugo, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, destacou que esta presentación é o "aperitivo" do ano de Lois Pereiro.

"Ábrese o ano de Lois Pereiro e aínda non se pecha o doutro lucense, Uxío Novoneyra, porque aínda temos que falar de Uxío Novoneyra e aínda temos que convocar no mes de xaneiro un congreso sobre este autor", aseveró.

Méndez Ferrín describiu ao autor ao que se dedica este día o próximo ano como alguén "que non rompeu tanto formalmente como pode pensarse, senón que o fixo en radicalidad sentimental e conciencia do vivir". "Está moito máis próximo á actitude existencial ou existencialista que a xogos experimentais que se fixeron na literatura", esbozou.

Previamente, o vicepresidente da Diputación de Lugo, Antón Bao, se congratulaba de que "ano tras ano, sucesivamente, lucenses veñan protagonizando este Día dás Letras Galegas porque algo significará en canto á importancia de Lugo no ámbito da cultura e literatura galega".

Alumar á literatura.
Bao resaltou o "efémero" da vida do poeta de Monforte, con raíces no concello lucense de Ou Incio, aínda que adornou a súa afirmación cunha metáfora. "Da mesma forma que hai estrelas que viven pouco tempo pero que aluman muchísimo, tamén a obra e vida de Lois Pereiro ten que alumar moito no sistema literario galego polo que representa dunha obra rompedora", proclamou.


Emilio GOnzález Padrón 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Récord de excelencia no compostelán IES Rosalía de Castro
Pablo Almuiña acada o premio extraordinario de Bacharelato, tras o da ESO e dúas pratas na olimpíada de Matemáticas


Un premio extraordinario da ESO, dúas medallas de prata en senllas Olimpíadas de Matemáti¬cas e un premio especial do Ano Internacional da Biodiversidade, ó que agora se lle engade o Premio Extraordinario de Bacharelato no curso 2009-2010.
Este é o extraordinario currí¬culum do ex alumno do instituto Rosalía de Castro Pablo Almui¬ña Varela, que segue os pasos doutro brillante estudante do mes¬mo centro, Alejandro Rivero de Aguilar. Pablo, que estes momen¬tos ten 18 anos e cursa primeiro de Medicina, está moi contento por este último recoñecemento. "Colleume por sorpresa, porque aínda que saín contento das pro¬bas, había moitísima xente cuns expedientes moi bos. Así que non o esperaba". "Un premio máis... o que che faltaba", felicítano os seus pais e amigos.
E é que a humildade é unha das principais características deste mozo compostelán que ase¬gura que nunca lle chamaron empollón, e que afirma que non todo na vida é estudar. "No meu tempo libre. Gústame quedar cos amigos". Ademais, non lle importa recoñecer que algunha vez non obtivo os mellores resultados. "Non son deses que se enfadan se non conseguen un sobresaliente. Se saco un notable estou contento, porque me parece unha boa cua¬lificación. E se suspendo, dígome a min mesmo que non me pode vol¬ver pasar".
Con todo, recoñece que agora que acaba de empezar Me¬dicina ten que empregarse máis ca no ins¬tituto. "É unha carreira bonita e interesante, pero é moi com¬plicada, así que estou estudando duro todos os días. Agora mesmo estou nun período de adapta¬ción, e supoño que este primeiro ano será así. con todo, sempre in¬tento buscar algo de tempo para os amigos". Ademais, en setembro representará a España no XXIII Certame Europeo de Mozos Investigadores (Eucys), que se celebrará en Helsinqui. Acudirá a Finlandia xunto a outros dous mozos españois.
Pablo Almuiña Varela gañou o premio especial Ano Inter¬nacional da Biodiversidade ó mellor traballo de investigación ¬realizado nas áreas relacionadas coas Ciencias da Terra e da Vida, neste caso, polo traballo "Arácnidos vivindo na nosa pel. Estudo dos ácaros do xénero Demodex", dotado con cinco mil euros. Para elaborar este orixinal traballo contou coa colaboración dos seus compañeiros e os seus profesores.
Este traballo tamén resultou seleccionado para participar como representante de España no XXIII Certame Europeo de Mozos Investigadores, que se celebrará en setembro de 2011 en Helsinqui. "Contamos coa experiencia de Alejandro Ri¬vero de Aguilar, que xa participou neste concurso o ano pasa¬do. É unha vantaxe", sinalou este mozo.


Samuel Gallego 1º Bach A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Unha cuarta parte dos galegos solo falan castelán
Nos doce anos entre cada estudo, o bloque de resultados, descubrimos gradualmente e aínda precisa dun terceiro volume, dobrou o número de persoas que só falan castelán na Galiza, contra 13% para 25,8 %. Na mesma proporción, pero ao lado oposto, os datos recollidos polo Seminario de sociolingüística da Real Academia Galega revelan que os que só falan en galego foron reducidos á metade, pasando de 30,5% para 16%. Un ano, o primeiro volume da sociolingüística Mapa xa se dixo os tiros a onde ían, e pensando que o Galego deixou de ser a primeira lingua de 60,3% da poboación a ser de 20,6%.

O informe afirma que "o bilingüismo é o modo dominante, con 57,9% da mostra (análise da franxa de poboación entre 15 e 54 anos) e que" o máis utilizado é o predominio bilingüe "castelán en un dos tres casos. "Engadido os métodos monolíngüe e bilingüe", di o estudo, "o uso do galego é menor comparado ao do castelán, co 38,4% versus 61,1%.

Noutro capítulo do informe, a Real Academia observa que "o aumento da capacidade en galego non deu lugar a un aumento no uso oral." Case a metade, digamos, os que se consideran moi capaces en galego está instalado no castelán.


Julián Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Neira Vilas: ´A literatura galega atravesa un período florecente´
Para Neira Vilas, a produción literaria en galego "pasa por un momento moi bo, sobre todo a narrativa. Non darei nomes, pero hai importantes autores, algúns que cruzaron as fronteiras de Galicia e publicaron en varios idiomas".

Precisou que "non só se trata de poesía ou ficción, senón tamén de obras de ensaio e de traballos de investigación", polo que considerou que "a literatura galega ten un gran futuro por diante".

Engadiu que a lingua galega "se está implantando en sectores moi importantes como en compañías de seguros, na xurisprudencia con varias sentenzas de xuíces ou no comercio", o que mostra que se trata dunha "lingua viva".

Ao ser preguntado acerca da polémica suscitada sobre algúns aspectos do bilingüismo, indicou que "cando hai un debate é porque unha lingua está viva", e considerou que sería "derrotista" opinar que o idioma galego está ameazado.

Salientou que nas zonas rurais o galego se mantén como a principal linguaxe, aínda que nas cidades "declinara", pero subliñou que "mentres anos atrás estaba limitado á clase baixa, agora utilízao a clase media e implantouse no ámbito universitario". Apuntou que Galicia é bilingüe galego-castelá, de xeito que "non hai maiores inconvenientes para utilizar unha ou outra lingua" e opinou que "non se pode impoñer unha fronte a outra" senón que "hai que convencer".


Julián Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0