Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O roteiro da Esmorga de Blanco Amor

Hoxe 19 de maio, un grupo escolleito de alumnos de 4º da ESO e 1º de BCH acudiron da man dos profesores de galego Elías e mais Xián a participar no roteiro de orientación literaria do libro da Esmorga de Blanco Amor.
Co gallo do 50º aniversario da publicación na clandestinidade de Bos Aires da obra universal deste escritor ourensán, dous grupos de franciscanas e dous do IES do Couto acompañaron, da man dun mapa sen sinaléctica, os lugares orixinais do libro, cubrindo un roteiro escrito para indicar as frases literais do libro, facendo debuxos a imitación dos alicatados das placas e escenificando de forma sinxela a iconografía figurativa das placas. A actividade desenvolveuse sen afán competitivo, cunha duración entre 40 minutos e unha hora e cinco. O noso alumnado gozou das rúas de viños asolladas, limpas e en silencio, unha nova perspectiva da zona histórico, acompañamos o lugar de nacemento de Blanco Amor na rúa Lepanto e fixémonos unha foto coa estatura deste escritor inmorredoiro.
Os alumnos de 1º de BCH tiñan na memoria o libro acabado de ler na 4ª avaliación e, se cadra, se fixeron unha mellor composición de espazo-tempo para confirmar a universalidade e mesmo comicidade da obra blancoamoriana. Felicitamos desde aquí aos promotores de Cig-ensino e a A.C. A Esmorga pola iniciativa.

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 09
Xa podedes ver algunhas das fotas do Correlingua 09 na Fotoblogoteca.
Participaron os alumnos de 2º de ESO.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2009
O mércores 6 de maio os alumnos de 2º ESO asistirán ao CORRELINGUA 09 polas rúas de Ourense e na Praza Maior.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2009 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua 2009
Os nosos alumnos de 2º da ESO partipirán por primeira vez na carreira pola lingua do vindeiro 6 de maio, mércores, en horario lectivo.

Podedes consultar os datos da actividade no enlace correspondente. Esperemos que aproveiten a actividade e que o pasen de cine.
Correlingua 2009 Ourense
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-04-2009 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
UN POUCO DE HUMOR...

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-04-2009 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN PIÑEIRO. LETRAS GALEGAS 09
Un video sobre a Ramón Piñeiro, a quen se lle adica este ano o Días das Letras Galegas.
Video "Olladas sobre Ramón Piñeiro"
Comentarios (2) - Categoría Videos galegos - Publicado o 13-04-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto Correlingua 2009 bis
MANIFESTO CORRELINGUA
EN GALEGO. PÁSAO!

Texto escollido dunha escolma de mensaxes redactadas por 4º A

Pseudónimo: os Mensagalaurias



LEMA. Óllame, baixo da lúa inocente e núa, á túa beira; entregándoche o meu ser na aperta das miñas verbas. Non permitas que faga un poema sen voz. Espertar, sentir o brillo na túa pel. Escoitar, asombrarse coa fermosura do símbolo da nosa identidade. Amar, saborear cada segundo ó carón de alguén. Vives en galego. Por que non o falas? Palabras para expresarmos e beizos para loitar. Unha ollada ao teu redor e comprenderás. O destino deste conflito nas nosas mans. Axúdasnos a gañar? Falemos, escoitemos, defendamos o galego, respectemos, apoiemos, gocemos da nosa lingua. É o momento! Todos xuntos en galego, todos xuntos pola lingua. Para a voz destes fragmentos. Abre as portas sen lamentos. Súbete ao tren da nosa lingua. Agarra a cadea, estate tranquilo. O teorema é ben fácil. Xa é galego, iso é arte! Ante todo galego:galegopensante,galegofalante,galegoescoitante, galegoexpectante,galegofacedor,galegorroedor,galegovivente, galegoemocionate, galegoelegante, galegarte. LEMA.



Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-03-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua por primeira vez
Este ano o Colexio da Franciscanas participará por primeira vez na actividade en prol do galego de nome Correlingua que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica galega en colaboración cos concellos intervinientes no acto.

O vindeiro día 6 de maio realizarase o Correlingua 2009 en Ourense para todos os centros educativos provincias partícipes baixo o lema EN GALEGO,PÁSAO. Todos os anos os organizadores promoven un concurso de manifestos baixo lemas diferentes. En galego, pásao é o deste ano e o noso colexio presentou un texto para concursar seleccionado entre os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. Ao final, o escollido e que será publicado aquí foi un fragmento escollido de alumnos de 4º A en formato de SMS. Parecía unha boa idea a de escribir mensaxes de móbil como aconsellaba o lema en cuestión pero, ao final,o manisfesto gañador recabou nun grupo tamén de 4º da ESO do CPI de Panxón (Nigrán) co título Falemos en galego. Deixamos o enlace para que opinedes que vos parece así como o anuncio que deseguida publicaremos o texto escollido polo noso centro ao dito concurso.

Gañadores ou non, o importante é que o colexio vai colaborar un evento de prestixio para a lingua de noso. Que cunda o exemplo e que todos avantemos por defendela e practicala.
Manifesto para o Correlingua de Os Concienciados
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-03-2009 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Laura Velasco gañadora do I Premio de Debate Amigos de la Barrera
A alumna do noso centro, Laura Velasco, de1º A vén de acadar o primeiro premio nunha Liga de Debate provincial organizada pola Fundación Amigos de la Barrera.

O confrontación dialéctica acolleu a seis representantes doutros tantos centros educativos ourensáns en eliminación directa cos temas seguintes: a legalización ou non do botellón, as axudas financeiras ao medio rural e a conveniencia ou non do canon dixital.

O xurado estivo presidido por xuristas e xornalistas de Ourense e estivo coordinado por unha moderadora.

Parabéns a Laura e a todo o equipo de colaboradores dela que participaran na Liga de Debate organizada o mes de xaneiro pasado en Santiago.
Hablando se entiende la gente
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-03-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
COMPARSA DO DOMINGO DE ENTROIDO
O colexio participou esta ano no desfile do domingo de Entroido que ten lugar na nosa cidade.
Participaron nais e pais disfrazados de Brancaneves e Prícipes, e os máis pequenos ían de ananiños. Pasárono moi ben e xa están desexando que chegue o entroido que vén para volver participar.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0