Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ERGUE O PANO |
|
Comeza por segundo ano consecutiva, e esta vez de maneira máis regular e "seria" a compañía de teatro:Do que non che vos hai. Tras de si unha primeira boa experiencia aínda que como citei anteriormente algo tardía e "irregular".
Volvemos á escena!
Retomamos os andares do grupo con novas incorporacións e con un porvisional elenco formado por doce actores, máis ben actoras, entre os que existen novas incorporacións e algunhas perdas.
Pero con todo esperamos ter un ano de sacrificios, súor, sorrisos e bágoas como os que nos deu Ramón Cabanillas da man do Mariscal, pero esta vez enfocados a Shakespeare. Dirixidos por Xián Bobillo e con ganas de voltar a sorprender damos por iniciado o ano teatral que se levará a cabo paralelamente ao ano académico. Envoltos nun proceso de inmersión lingüística somentes nos queda dicir:
Comeza o camiño!
P.D. Benvidos os novos catro integrantes da Compañía.
Simón 2º B
|
|
|
|
Curta sobre a Manifa |
|
 O pasado domingo 18 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela unha manifestación a prol do galego onde diversos recoñecidos galegos como Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, ou Xurso Souto, leron pequenos manifestos en defensa do galego.
Segundo diversas fontes entre 20.000 e 40.000 persoas acudiron á manifestación abarrotando a Praza da Quintana, onde leuse un Manifesto pola convivencia linguística e a igualdade de dereitos para o galego asinado por 20.000 persoas, que tivo que ser lido de novo dado que a xente no collía na praza, aínda que o importante neste caso non é o número senón o que representa un acto desta magnitude.
A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, que está a realizar diversas actividades por toda Galicia co fin de ensalzar o noso idioma.
Na paxina web www.queremosgalego.org, na pestana de videoteca, pódense observar os videos das intervencións que se realizaron ou a actuación musical de Mini e Mero, integrantes do grupo A Quenlla.
Un saudo!!!
Pedro Timiraos Paz 2º B
|
|
|
|
Máis sobre a Manifa en Santiago |
|
 Unha sociedade viva,
Unha lingua ameazada,
Unha manifestación incrible!
O pasado domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela os galegos vivimos uns dos acontecementos máis importantes da nosa sociedade galega. Milleiros de galegos reuníronse para protestar pola inconformidades da posición na que se atopa a nosa lingua, un enfrontamento polo rechazo da política lingüística da Xunta de Galiza.
A manifestación foi convocada pola asociación nacionalista Queremos Galego a cal, tras un reconto aproximado que fixo a Policía da asistencia de persoas nun total de 50.000 persoas, verificou que foron case 100.000 galegos os que a maña do domingo acudiron na defensa da nosa lingua.
Carlos Callón, que foi o que falou no acto final en nome de todas as asociacións e institucións que constitúen a plataforma de Queremos galego (500 entidades de diferente tipo) exclamou vivamente que na gran manifestación ?defendemos o dereito básico a podermos vivir en galego e a aplicación dos consensos sobre promoción do noso idioma propio aos que chegamos entre todas e todos, que agora o PP está a romper unilateralmente?
Así o describía el, e seguramente a maioría dos alí presentes tamén, xa que foi un acontecemento que de seguro marcará a nosa identidade por unha necesidade de querer que a nosa lingua sexa galardonada como se merece, sen tabús nin regras que impidan que nos expresemos como de verdade queremos e sobre todo, e o máis importante, cando e onde nos apeteza.
A gran manifestación tivo, como era de esperar, unha gran repercusión na política deixando así unha indubidable brecha entre o goberno e a oposición.
O secretario xeral dos populares manifestou que dita convocatoria estivo organizada polo BNG e apoiada polo PSOE e que as pasadas eleccións os galegos non aprobamos a estratexia lingüística impulsada por ditos gobernos.
O PSOE, na súa defensa , manifesta que o noso goberno non esta a escoitar a aclamada chamada dunha terra que se esta a manifestar. O líder do PSdeG, Manuel Vazquez, afirmou que ? unha boa parte da cidadanía non vai tolerar que se xogue co idioma galego?. Ademais o líder nacionalista Guillermo Vazquez asegurou que está reacción social foi unha verdadeira necesidade para rectificar a actual política contra o galego que está levando a cabo a Xunta. Acusou o presidente galego ?de romper un consenso histórico e de promover unha estratexia que contraven os principios que marca o Estatuto de Galicia?.
Desde logo que lle damos a razón pois a nosa linga non é un xogo. Estamos cansos de sufrir discriminacións e subordinacións. Acabouse, Galiza está loitando por saír adiante, por ser recoñecida e os seus principias defensores somos nós, os galegos. Aínda que non todos, eu a primeira, asistimos a manifestación, sabemos que todos aqueles galegos que o domingo loitaron pola nosa liberdade lingüística representaron a Galiza actual que xa está cansa da súa situación. A política non pode nen debe xogar coa nosa identidade, porque todos deberiamos entender que quen está en contra do galego atenta contra o noso ser.
Esta manifestación trouxo consigo un debate político de gran intensidade que era necesario para dar un cambio cara adiante e non cara atrás. Non queremos repetir a inconcebible oscuridade que durante moitos anos sufriu a nosa lingua, polo que desde logo que o noso presidente terá que escoitar a incesante protesta do noso país, agora vai cambiar, desde logo que vai cambiar porque o galego acaba de falar por sí só a traves dos milleiros de galegos , e a presión exercida por unha enorme masa de protestantes non pasa desapercibida ante ninguén. Como ben dixo Carlos Callón : ?Agardaban un pobo abúlico e encóntranse cunha resposta social enorme, un movemento de conscienciación cidadá que fará reverdecer a nosa lingua?.
Somos galegos, loitemos polo que é noso, porque se non o coidamos nós, que o vai facer? A nosa identidade está en xogo, pero non a nosa liberdade, loitemos por ela!
Unha sociedade viva
unha lingua ameazada
A PROTESTA DE GALIZA!!
María 2º A |
|
|
|
Opinións a respecto da lingua de noso |
|
A loita pola lingua
Parece que a historia non lle concede a nosa lingua un lugar privilexiado ó longo de toda a súa existencia, podendo considerar o período actual, un dos momentos máis críticos ó longo do seu existir.
Foron moitas as adversidades que a fala rosaliana tivo que superar para poder seguir vivindo, pero a peor delas é, sen dúbida, o rexeitamento que os propios galegos amosan cara ela, sen decatarse que rexeitando a súa lingua están a rexeitar unha parte deles mesmos. Todo isto está vencellado coa hipocresía existente na gran maioría dos cidadáns que parecen non decatarse da importancia que ten unha lingua, neste caso, o galego na sociedade tanto na súa cultura, na súa historia, no propio individuo. É un legado que posuímos, que nos identifica como pobo e como persoas e a súa perda produciría un dano irreparable na nosa vida.
Por outra parte parece que a defensa do galego tivese que estar ligada cun grupo político, sen decatarnos de que esta debería ser a prioridade de cada un dos cidadáns, xa que cando unha persoa realmente estima algo loito por esa causa, e neste momento cando xorden as preguntas que cada un debería facerse:
De que temos medo?, Por que non facemos o posible para que a situación que nos abrangue mellore?
Moitos teñen clara a resposta a estas preguntas, pero non todos os galegos parecían compartila. Porén, manifestacións como a de Queremos galego, que congregou en Santiago a un elevado número de persoas o pasado domingo mostra como a unión dunha lingua produce un lazo moi forte entre as persoas, e as diferentes manifestacións que se están a producir xunto coas entidades que se crean a prol da defensa da lingua están a reflectir a situación na que o galego se atopa e a necesidade de facer que a nosa lingua poida ter un desenvolvemento normal.
Alba 2º A
|
|
|
|
O novo SHIN CHAN |
|
 Política Lingüística facilita a dobraxe ao galego dun novo título de Shin Chan
O pasado mercores 21 saíu a venta o último titulo en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza Shinnosuke . 'Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo' é a nova pelicula onde o mundo ponse nas mans do incorrexible Shinnosuke! A familia nohara terá que enfrontarse a numerosos monstros que poñen en perigo a paz reinante no mundo dos humanos. Toda unha proba que esperta a sede de xustiza de Shin Chan, que quere imitar os seus heroes máis queridos, o ultraheroe , o porco valente e o Súper Robot. Todo comeza cando tras unha maña moi esgotadora a Misae aparéceselle Futuroman, unha fantasma coa apariencia dun dos xoguete de Shinnosuke. Futuroman chega dende o futuro afastado para advertilos de que o mundo está en perigo e que teñen que salvalo da chegada de miles de monstruos. Para iso o espírito dálle a familia Nohara poderes que os transforman en superhéroes. Pero solo teñen tres minutos para derrotar a casa besta e devolvela o seu mundo; do contrario o mundo real acabará destruído.
Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os nenos e nenas galegos poderán gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na nosa comunidade.
Marcos 2º B
|
|
|
|
Críticas polo uso mentiroso das fotografías |
|
RAPH LAUREN VOLVE ABUSAR DO PHOTOSHOP
Esta semana a prestixiosa firma Raph Lauren foi noticia de novo. E é que o coñecido diseñador volveu abusar do photoshop. Adelgazando de xeito extremo as fotografías das súas modelos. Nesta ocasión a paciente da virtual liposución foi a guapa modelo Valentina Zelyaeva. Durante varias horas a foto da modelo apareceu en versións diferentes (real e retocada) na web australiana de Raphl Lauren. Comparando as dúas fotografías puíden apreciar como as cadeiras da modelo se estreitan ata chegar a dimesións realmente enfermizas, ó tempo que vin como se resaltan, na fotografía retocada, as costelas de Valentina.
O testigo da polémica sobre a delgadeza extrema das modelos asoma unha vez máis pola esquina. Parece que os incansabeis corredores que o transportan son capaces de salvar calquera obstáculo co fin de que non quede rezagado non tempo. Esta vez foi da man do diseñador Raphl Lauren pero outras firmas e compañías non quedan impunes. Vivimos nun mundo no que cantantes, modelos, deportistas e famosos fan e desfán ó seu antollo os canons de beleza, comportamento, actitude...polos que a maior parte de nós, dunha maneira máis ou menos consciente nos rexemos.
Feitos como o anterior deben ser salientados, e é de vital importancia non pasalos por alto. Xa que non sendo así, a manipulación atacará ós máis debiles da nosa sociedade, é dicir, cebaranse neses inofensivos neniños, eses que créndose grandes andan polo mundo desorientados, na busca de modelos nos que se espellar. Pasando por alto estes acontecementos íranse facendo máis fortes, un detrás doutro irán construíndo un muro no que se apoiar. E chegado ese punto, seranos imposibel frearlles os pés a estes alimentadores da anorexia. Deixémoslle ben claro, que NON QUEREMOS AS NOSAS RÚAS ATEIGADAS DE ESQUELETES MORTOS EN VIDA.
Sara 2º A
Neste enlace poderedes ver a fotografía da polémica, así como os mesmos feitos narrados pola televisión de Galicia.
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?orixe=2&texto=lauren
|
|
|
|
Manifestación en Santiago en defensa da lingua |
|
 Estimados lectores do noso blog:
Vimos de asistir en Santiago á manifestación en prol do galego baixo o lema Queremos galego. A manifa desenvolveuse desde a Alameda de Santiago ata a Praza da Quintana, onde se cantou e leron varios micromanifestos de adhesión á defensa do noso idioma.
A convocatoria, baixo un día inusualmente soleado na cidade compostelán, congregou a milleiros de persoas, imposible precisar porque moitos dos que estabamos ao principio, tivemos de evacuar a praza porque seguía chegando riadas de xente.
Houbo momentos moi emotivos, nun ton de respecto e coordialidade, como os cantos de Mini e Mero, os integrantes do grupo A Quenlla e as declaracións do presidente emérito da Fundación Castelao Avelino Pousa Antelo.
A convocatoria for apartidaria e global estando presente todas as idades que conforman a sociedade galega, especialmente familias cos seus fillos. |
|
|
|
A esmorga teatral |
|
 Asistimos na pasado 30 de setembro a unha extraordinaria interpretación do grupo ourensán SARABELA do libro de Eduardo Blanco Amor, A ESMORGA.
Co gallo do quincuaxésimo aniversario da publicación en Bos Aires do libro homónimo blancoamoriano, Sarabela reinterpretou trece anos despois e con notables diferenzas a viaxe lúdico-dramática do Cibrán, do Milhomes e do Bocas polas rúas da Auria de principios do século pasado.
Excelentes actuacións de todo o elenco e magnífica música en directo a cargo dun espléndido bielorruso de nome Vadin. Así mesmo, a escenografía soberbia, dunha limpeza e harmonía encomiables.
Todos os alumnos de bacharelato do colexio puideron gozar dunha sesión matinal memorable. Parabéns Sarabela e parabéns, Anxes Cuña, a directora. Ademais, Sarabela teatro organiza o próximo FITO, Festival Internacional de Ourense de Teatro. |
|
|
|
Uxío Novoneyra |
|
Ola blogueiros e amigos do ENDL:
Damos a benvida ao próximo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Velaí tedes o gran poeta do Courel, Uxío Novoneyra, o vate que mellor levou á práctica a técnica fonosimbolista, xa volo explicarán no cole. O grande amigo do Ánxel Fole e María Mariño Carou. O home que casou de temperán coa poesía e nunca a abandonou. Agora emerxe da lembranza para que aprendamos de si.
Outras veces os académicos escollen xente de segunda fileira, este ano a selección e o compromiso están moi ben aquelados.
|
|
|
|
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2009/2009 |
|
Co lema FALA...ESCÓITOTE principia unha nova andaina académica chea de ilusión e esperanza para todos. Tamén desde o equipo de normalización e dinamización lingüística queremos animar a todos os departamentos, etapas educativas, claustro e alumnado para participar neste Blog de fomento do galego.
Animádevos a participar con textos, imaxes, foros, páxinas recomendadas e todo o que vos imaxinades.
ENDL |
|
|
|
|
|
|
|
|