Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Opinións dos blogueiros do Colexio
Este próximo día 21 convocouse unha folga polo decreto do galego que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela desde as 11.30 da mañá. Numerosos autobuses xa foron postos desde as catro provincias de Galicia para asistir, aínda que moitos de nós, moi ao noso pesar, non poderemos asistir debido a impedimentos externos como é , básicamente, a negativa dos nosos pais. Esta folga é un chamamento polo novo decreto que eliminará a nosa lingua natal da educación e nos deixará sen o privilexio de poder estudala, facendo así unha vez máis que o camiño cara ao seu desterro teña un final cada vez máis próximo.
María Álvarez
2ºA BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O apagón dixital
A primeira imaxe emitida dende a distancia acorreu cara o ano 1906; é dicir, naquel momento iniciouse unha nova era, a televisión acaba de ser inventada.Como toda inovación o comezo non foi doado emitir esas imaxes, pero co paso dos anos a multitude de cables e antenas, e os grandes aparatos televisores foronse pouco a pouco reducindo ata chegar os actuais televisores de hoxe en día.
As imaxes eran lentas e dispares, e por suposto en branco e negro. Aínda que non foi ata preto de 1937 cando as trasmisións comezaron a gañar espectadores. Pese ao gran custo daqueles aparatos, estendéronse devagar mais e o seu prezo e mais a calidade dq imaxe melloraba paseniño.
Xa no ano 1950 comezouse a introducir a imaxe en color na televisión. E ocorre o mesmo que sempre, co paso dos anos estes aparatos van introducindo novas melloras e reducindo o seus prezos.
Pero quero falar desta inovación que se esta a producir consonte ao televisor. É neste intre cando se ha de producir un cambio na forma de retransmitir, imos pasar dunha televisión analóxica á televisión dixital. O vindeiro día 18 producirase o apagón xeral, aínda que se prevé que dure ata febreiro.
Este gran cambio tecnolóxico que se producirá co apagón merece a pena aínda que para iso teñamos que ser pacientes coas pequenas dificultades que poidan xurdir.
Hai que dicir que a xunta esta pondo en marcha unhas campañas para informar casa por casa deste cambio para que ninguén se quede se ver a televisión, algo que se converteu no pasatempo da maioría da xente.

Marcos Rodríguez
2º B BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2010 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Opinións dos blogueiros do Colexio
A NOVA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGüÍSTICA

Acaba de saír por parte da Xunta o borrador da lei sobre a normalización lingüística de Galicia pola cal se derrogaría a lei anterior de 2007.
Para entendela un pouco pon nunha das súas normas, que o ensino se imparta en tres linguas equitativamente: galego, castelán e un idioma a elixir, concretamente será o inglés. Para que nos fagamos unha idea de isto, se un alumno ten nove materias, estás repartiranse en partes iguais entre os tres idiomas. Aquí e onde xorde a dúbida das disciplinas para impartir en inglés, que deberían ser, o propio inglés e outras dúas, entre elas, por exemplo Física e Química, Matemáticas, Relixión, Filosofía?.
Fágome una pregunta: ¿se ata hai pouco viñan os textos en galego e algún profesor daba as clases en castelán, como faremos para que eses mesmos profesores dean as clases en inglés con textos en inglés? ¿Deberemos mandar os profesores a una academia para que se poñan ao día no inglés ou cambiaranse por profesores nativos?; por exemplo, ¿os estudantes de bacharelato están o suficientemente preparados para recibir as clases e ter os libros en inglés?

Chegada a conclusión dámonos conta que somos un xoguete da política e sobretodo de algún político que o que queren e menosprezar un tesouro tan importante que temos que e a nosa lingua nai, o galego.
¡Reflexionade e pensade nisto!
Adrián Lamas 1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o ano con ventos contrarios ao galego
Paremos o decretazo!

Nova manifestación organizada pola plataforma ?queremosgalego?, na súa liña de defensa non so da lingua galega senón da cultura galega ao pedir o apoio de toda a xente que se sinta identificado coa mesma.

Con todo, independentemente da ideoloxia de cada quen debemos recoñecer que neste decreto algo vai mal, non só polo que pretende, tamén polas circustancias nas que é publicado, a última hora do penúltimo día do 2009.

Se engadimos que a suposta enquisa realizada as familias foi contestada polos pais, temos un decreto feito e exposto ás costas da sociedade galega, e o que é mais importante, de costas ao estudantado.

http://www.queremosgalego.org/

Simón Santos 2º B BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERAR AS TRADICIÓNS GALEGAS

Estamos a vivir nun mundo de globalización onde todos os medios de comunicación van encamiñados a perder as tradicións da nosa Galicia. Día tras día vánsenos impondo una cultura que non ten nada que ver ca dos nosos antergos. ¿Onde están as nosas raíces?, ¿Onde están as tradicións que durante séculos viviron os nosos antergos?
Non e normal que a un neno de hoxe lle preguntemos o que é unha gaita, un pandeiro, un redobrante, unhas terrañolas? e que non lle soen de nada pero sen embargo unha guitarra eléctrica, unha batería?. saiban o que son. Pois ningunha de estas cousas e malo coñecela. Temos que vivir o presente e o futuro sen esquecer o pasado.
Galicia é una das rexións con máis cultura de toda a Península, por non dicir a que máis. Debemos aprender nas escolas o que foi a nosa música tradicional para poder entender a nosa propia cultura. Temos instrumentos tan fermosos, que cando soan en conxunto, teñen a melodía da nosa identidade propia.
Aplaudamos iniciativas como a da Fundación da Real Banda de Gaitas de Ourense que na actualidade viaxa por todo o mundo dando a coñecer a Galicia. Se non fose así, quén nos coñecería fora das nosas fronteiras senón por a emigración dos nosos antergos.
O importante e que as nosas tradicións poden convivir coa modernidade e viceversa. Non esquezamos que somos galegos e que temos as nosas propias raíces.

Adrián 1º A
Comentarios (6) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2009 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Carreira do San Martiño
O vindeiro día 15 de novembro de 2009 celebrarase a XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Asociación Academia Postal.

A carreira constará de dúas categorías:
- A Carreira Escolar que dará comezo ás 12:30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta no Pavillón dos Remedios. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela. A proba será apta para os nados a partir do ano 1993 en adiante.
- A Carreira Absoluta dará comezo ás 11:00 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta no Pavillón dos Remedios. O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. Proba oficial da FGA. A proba será apta para os nados a partir do ano 1992 en adiante.

Esta actividade está sendo promulgada polo noso colexio, e no caso de que alguén non quera ou non poida correr, poderá actuar como voluntario en labores de axuda organizativa.
carreira san martiño
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sen Batuta


Os primeiros xoves de cada mes celébranse no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedrayo unha serie de concertos da man de importantes autores e grupos moi representativos da música de cámara.
A música de cámara está escrita para un grupo pequeno de instrumentos, hai dous detalles que caracterizan este xénero musical: cada músico toca unha parte diferente e non hai director, os músicos deben situarse de forma que poidan mirarse entre sí.
Este estilo musical, para moitos descoñecido, intenta darse a coñecer mediante unha serie de sesións onde se pretende establecer un diálogo entre intérpretes e público.
Con estas xornadas preténdese achegar a música de cámara ós máis novos, procúrase que este segmento coñeza novos estilos musicais, e se interese por un tipo de música diferente, para iso, ?sen batuta? creou un concurso para incentivar ós rapaces a que asistan a estes concertos con máis interese, o concurso premia a asistencia ós concertos e os coñecementos que os estudantes acadan unha vez que se familiarizan con este xénero musical, os premios consisten en diferentes gamas de ?ipod?.
Estes concertos teñen lugar os primeiros xoves de cada mes ás 19.30 cunha charla-coloquio, e as 20.30 remata cun concerto da man dos profesionales máis destacados deste xénero.
Durante dez meses, poderemos deleitarnos desta nova experiencia a través de diferentes artistas internacionais que compartirán con nos o seu talento.

Marcos Rodríguez 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Unha iniciativa ENDL pública
Promoción e uso do galego no IES Arzúa


SARA GARCÍA DOPAZO

A Santa Irmandade, a Irmandade vinda do ceo, a tola ou a Irmandade Fusquenlla? Moitos nomes e só un significado para designar a un colectivo popular (campesiños, burguesía, baixa nobreza, etc.) Que se irmandou durante o s. XI e s. XIV en Galicia para a defensa dos seus intereses frente ós abusos dos grandes señores. Un movemento social que dá nome a revista del IES Arzúa da Coruña, 'Fusquenlla ', vehículo de expresión do centro.

USO DO GALEGO. Naceu hai máis de 20 anos cunha clara vocación de promover a normalización do uso da lingua galega en ámbitos cultos. Motivo polo que son frecuentes os artigos referidos a polémica das linguas minorizadas, sen esquecer "as iniciativas, accións e problemáticas que xorden no centro que se poden extrapolar para o mundo: a xeopolítica, minorías sociais, galeguismo, música, sexualidade, etc."

PREPARACIÓN. É coordinada, escrita e editada polo Equipo de normalización lingüística do instituto coa constante participación dos alumnos. Busca fomentar a creatividade, o espírito crítico e a liberdade de expresión da comunidade escolar baixo un ton poético, irónico e provocador. Aínda que a revista está presente todo o ano é a partir de abril, cando a súa preparación ten carácter primordial para cumprir coa súa cita ao final do curso.

DATOS. Ten 66 páxinas e un esqueleto fixo con espacios destinados a opinión, creación literaria, estudios monográficos, actividades lúdicas, etc. De periocidade anual, tira 300 exemplares que reparte de balde na comunidade. Os contidos da revista tamén están incluídos no blog da revista.



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
A nova galeguidade mediática
Reparade na nova, non tan nova campaña informativa da empresa de alimentación GADIS, com proba inequívoca de que se pode facturar e ser referentes no sector defendendo a venda de produtos en galego.

A campaña anterior foi privilexiada en varios certames publicitarios e obtido galardóns polo seru correcto e parece obvio márketing.
Sigamos vivindo como galegos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín en Ourense

A capital ourensá celebrouse da man da concellería de Cultura a quinta edición da Festa do Samaín que tras cinco anos de celebración consolidouse na cidade cun incremento paulatino de participantes e asociacións colaboradoras.
As actividades fixéronse o pasado 30 de outubro na Praza da Imprenta con a celebración de diversos obradoiros para os nenos, nos que as cabzas serán as protagonistas. Baleiráronas para prepararse para a noite máis máxica pero tamén aprenderon, entre outras cousas, a realizar instrumentos musicais coas froitas e houbo unha actuación infantil a cargo de Ce, o home orquestra. Ese mesmo día, a partir a Asociación xuvenil Amencer organizou un concerto de Samaín no seu local en Salesianos. O sábado pasado a actividade comezou ás 16.00 horas cunha sesión de cine de terror a cargo de Amencer e ás 18.00 horas empezaron os obradoiros para os nenos na Praza da Imprenta dende onde saíu ás 19.30 horas a procesión de Samaín que chegou ata a Praza do Ferro onde se celebrou unha gran festa amenizada polo contacontos Celso Fernández San Martín.

Gabriela Cortés 1º A



Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0