Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FOMENTANDO O AMOR CO GALEGO
O concello compostelán fomentou unha iniciativa nas aulas dos rapaces de entre 14 e 15 anos para que escriban un eslogan en galego sobre o día de San Valentín, ofrecéndolles a cada quen unha careta con forma de corazón para que escriban o dito eslogan.
Unha iniciativa fomentada polo equipo de Normalización Lingüística ó mando da concelleira Guadalupe Rodríguez . Unha boa iniciativa para que asociemos un día tradicional (e puramente comercial ) ó fomento da nosa lingua facendo así unha nova proposta para o seu uso, porque como algúns dos bos Galegos deste país di: un QUÉROTE vale máis que dez mil castellanos ?tequieros?.

María Álvarez
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-02-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
O VERDADEIRO SENTIDO DA TRADICIÓN DO ENTROIDO EN GALICIA

Non se sabe con certeza a orixe do Entroido pero a maioría pensa que e unha tradición celta, que coa chegada do cristianismo, esta festa pagán foi cristianizada. O seu significado ven posiblemente da despedida dos longos e duros días do inverno.
Existen dous termos que denominan a festa: o termo ?Carne Vale? que e o adeus a carne (período de abstinencia de carne a Cuaresma que comeza o Mércores de Cinza); e o termo ?Introitum?, que e a entrada da Cuaresma.
En Galicia celébrase dende sempre, sendo de fonda tradición na provincia de Ourense e nalgunhas partes de Lugo, onde se mesturan as tradicións ancestrais con outros elementos mais novos.
Os mais tradicionais das nosas costumes en carnaval son os ?ritos de grupo?: Os Cigarróns, personaxes enmascarados adornados; as Pantallas, viandantes con dúas vexigas cheas de aire; Os Peliqueiros, personaxes animalizados, que non falan e levan chocas como os animais e zorréganlle a xente e levántanlle as saias as mulleres; os Correos, que van polas casas pedindo unha doazón; os Xenerais que disfrazados con sombreiros medallas cantan a veciñanza acompañados polos Correos.
No Entroido son moi común os discursos, os testamentos e os arranques e coplas, nas que se satiriza a realidade e dos feitos no último ano referidos aos veciños e as institución públicas.
E ultimo temos o elemento fundamental da nosa tradición: a gastronomía do Entroido: a cachucha, sa filloas, a bica, as orellas, a androlla, os doces, os chourizo e o noso cocido.
Todo o que vai engadido a todas estas tradicións e un valor engadido que nada ten que er co tradicional e que ven dado por outras culturas impostas pola globalización das costumes. Polo tanto non debemos esquecernos do verdadeiro sentido do noso Entroido e seguir coas nosas tradicións ancestrais dos nosos antepasados.

Adrián Lamas Silva
1ºA

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
O galego na nosa vida


As terceiras Xornadas da Lingua que tiveron lugar dende o 22 de xaneiro en Ourense e que continuaran ata o día 6 de febreiro, son unha mostra máis da necesidade de fomentar o uso da lingua e de ver a súa utilización como un paso máis no noso día a día, favorecendo o progreso da sociedade, de Galicia e de todos os habitantes da comunidade achegándonos a ser conscientes da nosa realidade e a tratar de poñerlle fin a desigualdade social na que nos encontramos somerxidos.
Nestas xornadas poténcianse tanto o uso da lingua e o seu espallamento, como a defensa tamén dunha lingua próxima a nosa como é o portugués e por suposto fomentando actividades lúdicas que fagan de estes encontros unha forma amena e divertida de enfrontar a situación e poder mellorar pouco a pouco na procura dun verdadeiro cambio e de chegar mediante elas ao conxunto dos cidadáns. Estas xornadas, que xa ven tres anos da súa existencia loitan por conseguir da mellor maneira posible que todos procuremos buscar unha solución a unha situación cada vez máis no noso territorio e que sexamos conscientes do que sucede buscando solucións, e tratan de mostrar tanto aos universitarios, como o profesorado e ao conxunto de todos os cidadáns que defendan a súa lingua nos ámbitos onde se moven principalmente no desenvolvemento da súa actividade profesional, tratando de levar á práctica a defensa da lingua e os ideais que promulgan, esta iniciativa é un paso máis para lograr que as cousas cambien e que a realidade non nos deixe de ser indiferente e que realmente apreciamos aquilo que posuímos.

Alba Rivas
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense co baloncesto


O vindeiro venres día 5 de febreiro xogouse no Paco Paz o esperado partido de baloncesto entre o Ourense e o Vigo, do que saíu victorioso o noso equipo provincial, Aguas Sousas, despois dun intenso partido cheo de ledicia nuns primeiros momentos e intensidade nos últimos, concluiu nunha grata celebración dos 4500 espectadores das gradas, que estiveron dende un primeiro momento animando o seu equipo. O equipo tirou de rabia e corazón para paliar un xogo falto de ideas, poucos recursos e moitas limitacións. Os xogadores tumbaron a un Vigo con máis recursos dos que indica a súa clasificación pero tamén con defectos que xustifican o seu estado. Cada partido é unha festa que se saborea dende o primeiro instante e ratifica a gritos a ilusión que volveu a xenerar un club que pasou de ser un alma en pena a unha referencia deportiva e social de Ourense.


María Gabriela Cortés Díaz, 1ºA BCH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
A COCIÑA GALEGA PASO A PASO NA EXPOSICION O PÉ DO LAR
A exposición O pé do lar que a partir do dia 5 acollera O Museo do Pobo Galego, narra, paso a paso, os 2000 anos de historia da cociña galega, dende as lareira ata os fogons dos mais prestixiosos restaurantes da cociña creativa.
Esta mostra permitirá os seus visitantes realizar una viaxe gastronómica a través de imaxes, sons, cores, olores e sabores nun percorrido que vai dende os alimentos e pratos mais clásicos ata os mais vangardistas
De forma paralela a mostrae a través da actividade ? Pratos con memoria? sete restaurantes de Santiago incluirán nas suas cartas seis recetas antigas recuperadas polas cociñeiras Erundina Vazquez do restaurante Ateneo de Piñor e Ines abril do ? Maruja Limón?.
As receitas que se podrán degustar son as papas pegas, costrada, bertons , capon con ostras, torta o ron e arroz con bogavante e os restaurantes son Abastos 2.0, Acio, Calderon, Garum, El mercadito, De profundis, Hotel San Francisco e Pedro Roca.
Ademais, os nenos tendrán un especial protagonismo na exposición, pois se organizaran talleres adicados exclusivamente os mais cativos que de desenrrolaran o dia 20 no Forum cidade e o 21 no recinto ferial de Amio.
Elena
1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2010 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Internet, con prudencia

As redes sociais e a seguridade na Red abriron as xornadas «Diversión ou Delito» no colexio Divina Pastora de Ourense.
A Internet todos, adultos e menores, debemos enfrontarnos con interese pero con prudencia. É o consello que dan os membros da Garda Civil que traballan na brigada dos delitos informáticos. Guillermo Díaz e Alfonso Limia falaron precisamente onte das redes sociais nas xornadas Diversión ou Delito no colexio Divina Pastora de Ourense. Guillermo Díaz, sarxento, sinala que Internet «é unha ferramenta tan legal como un coche, pero hai que facer un uso prudente da informática. Os menores teñen que ter coidado porque moitas veces poden estar a falar con persoas que non son quen cren que son porque en Internet méntese moitísimo».
En Ourense, a Garda Civil traballou con temas relacionados coa Red que acabaron en agresións sexuais, pornografía infantil, usurpacións de correos electrónicos e de perfís. «En Ourense en xullo pasado explotou unha operación nacional con implicados nun caso de pornografía», sinala Díaz.
Usurpacións
De usurpacións de correos teñen casos en Celanova, no Carballiño e na cidade de Ourense. Esas usurpacións baséanse en ex noivas, ex noivos, que adoitan coñecer os seus contrasinais. «Iso vese nas rupturas de parellas novas. Temos un caso sen terminar de inclusión de fotos dunha menor espida. Foi unha denuncia do pai da nena», engade o sarxento.
O axente Alfonso Limia conta que en Ourense tiveron o caso dunha menor que a través dun foro entrou en contacto con outra persoa que ao final nin resultou ser a que ela cría nin tiña a idade que dicía ter. «Esta chiquita fixo unha viaxe de máis de cen quilómetros para vir ver a ese contacto e atopouse cun señor nunha cita que case deparou en agresión sexual. Terminou todo nunha denuncia, seguiuse o rastro e atopouse unha web con fotografías da nena, comentarios, conversacións....», explica.
Convén saber que cando usamos Internet deixamos rastro. «Ata hai empresas rastrexan a web, captan información de usuarios. O uso indebido ou pouco prudente de Internet pode chegar a facer que se cometan delitos, que se deixa rastro e que non hai impunidade. Moitos pensan que como están no salón da súa casa co computador poden facer o que queiran que ninguén os ve. Iso é mentira. Pódenche rastrexar», advirte Guillermo Díaz.
Os mozos son pouco precavidos ou pensan que o que fan non ten repercusión. O sarxento explica que teñen que ter coidado coas fotos que colgan. «Poden pór a dun familiar que sexa, por exemplo, policía nacional e pódena ver grupos terroristas e saben que fulano é policía porque picas na foto e les: O meu tío X, que é policía nacional», di Guillermo Díaz.
Moita información
«En Twenti , Facebook desde un perfil cero que creamos chegamos a ter moita información de xente. Hoxe, desde unha dirección de correo pódese obter moita información por vías ilícitas. Cada vez que navegamos deixamos rastro de moitas cousas, desde o navegador ata o sistema operativo», sinala Limia. Ambos os axentes recordan que, con prudencia e sentido, nunca hai que ter medo a Internet.
SARA GARCÍA DOPAZO
1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
U-lo responsábel de Haití?

Hoxe hai un mes e medio que un tremor sacudía as terras de Haití. Causando o pánico e a desolación no país americano. Hoxe fai tres semanas que non se escoita nada da catástrofe, tan só nalgunha contraportada dalgùn xornal subsiste a noticia; tan só nas últimas verbas dunha presentadora acelerada nos últimos minutos do telexornal, antes de dar paso ó cuarto de hora dos deportes, podemos escoitar algo do xa esquecido sismo.
A noticia do desastre haitiano foise co vento, do mesmo xeito que veu. Os medios de comunicación, xigantes sedentes de morbo cruel, xa non expremerén máis a noticia. Pasadas as falsas lamentacións e botados uns cantos pobriños, non interesa mostrar o que queda agora debaixo dos cascallos. Non trocaran un segundo feito millóns nun bo anuncio, polo mesmo segundo dedicado ós danos, a dor, e sufrimento do pobo haitiano que non vale un patacón.
Finalmente quixera facer unha pregunta ao que está aí arriba. Onde estaba vostede cando a terra devoraba o pobo haití? E por que os máis pobres apandan sempre coa furia da natureza, e eu nunca vin un terremoto arrasar a miña terra?

Sara García Caride
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-02-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras sobre o galego

O local do Ateneo ourensán estaba ateigado, xente de todas as idades e imaxino que de todas as ideloxías, estudantes e traballadores?
Todo estivo no seu lugar para a presentación de este libro, que pretende desmentir 55 afirmacións que estamos afeitos a escoitar decotío; entre outras, a mentira de que os galegos aceptamos o castelán motu proprio, que o saber galego incapacita os nenos para aprender outras linguas e moitas e moi divertidas ?crenzas populares?.
O libro foi presentado por ProLingua, un asociación apolítica e multicultural que comunga cos ideais de defender línguas minorizadas e xa minoritarias como a nosa. Presentado como libro de combate, de autodefensa, dálle unha contundente patada a estas asociacións e personaxes que desprezan unha lingua milenaria como a nosa.
O acto celebrouse á mesma hora en toda Galiza e en 66 lugares simultáneos como Palestina, Copenhague. Os relatores foron moi correctos e concisos en todo momento e respestaron a duración do evento, das 8,30 ás 9,30 h, ó rematar houbo un par de intervencions, mais ben reivindicacións e todos voltamos ás nosas casas algo máis iluminados, da luz da verdade.
Case tres decenas de alumnos de bacharelato asistiron e recibiron un pin conmemorativo co logo da ilustración adxunta por participarmos no acto.
Simón Santos
2º B BCH
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Olimpíada Matemática galega

Así si saen as contas!

Sacando punta ós lapis, repasando unhas últimas fórmulas, o reloxo ía marcando as dez da mañá, e rapazas e rapaces, vidos de tódolos colexios de Galicia, preparábanse para a Olimpíada matemática que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado día 15 de Xaneiro.
Foron tres os colexios ourensáns que se sumaron a olimpíada, e entre eles o noso, onde eu e a miña compañeira Alba Rivas decidimos participar, representando ó centro. Dende a opinión persoal, salientar desta nosa cita en Santiago, as altas facultades dos alí presentes, pois o nivel dos rapaces en xeral era excelente. Lamentablemente, e como esperabamos ante a preparación e os dotes dos demais competidores, non tivemos nada que facer e non conseguimos premio ningún; aínda así o gozar daquel día no que puidemos conversar con outros rapaces e decatarnos do alto nivel que os nosos compañeiros galegos teñen, foi para min algo que traer de volta aínda que non brille nin sexa da cor da prata; xa que realmente entre os 166 que eramos, non era sinxelo coarse entre os nove espelidos que competirán polo título nacional, nunha xornada que terá lugar en Valladolid. Para finalizar a xornada pechouse cun pequeno acto, presidido pola decana da Facultade de matemáticas, o reitor, e o conselleiro de educación quen non dubidou en dirixir unhas palabras ós futuros matemáticos alí presentes sinalando o fervor que sinte cara a linguaxe matemática, e digo eu que é unha mágoa que só lle guste a linguaxe da matemática e non a dos galegos, pero ese xa e outro tema.

Para finalizar este breve artigo, quero describir o sabor de boca co que volvín a casa logo da olimpíada; pois ben, foi un sabor a desacougo, desasosego, inquedanza; non só pola facilidade coa que algúns resolvían problemas para min imposibles, se non por todo aquelo que me queda por aprender, todas as cousas que aínda non sei, porque só sei que non sei nada, teoremas que descoñezo, regras que nin me soan, materia que nunca se deu, clases en branco que quedaron sen dar por uns mestres que deixaban moito que desexar. A miña intelixencia permuta e faise invisible cando a comparamos con outras mentes privilexiadas, as súas probabilidades de éxito en unidades de realidade, nin raspuñan unhas décimas da unidade.

Só me queda dárllelos parabéns ós gañadores, en especial a esa rapaza de Nigrán; NORABOA!

Sara García Caride
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto do AVE en Ourense
Durante esta semana realizáronse diversas conferencias en Ourense, onde unha serie de empresas presentaron os seus proxectos para poder levar a cabo a entrada do AVE na cidade.
Este feito quizais moi esperado polo conxunto dos cidadáns, que suporá un cambio na cidade, tanto a nivel dos seus posibles accesos como para poder atoparse máis preto de todas as cidades españolas, o que favorecerá a comunicación e tamén o progreso da c idade.
Nesta nova revolución, na que Ourense espera a chegada do AVE sempre a cola de España como en tantos outros aspectos, parece que nesta ocasión pódese concibir como unha realidade, por suposto non inmediata pero si como un proxecto verdadeiro.
Outra das cuestións que se puideron observar na conferencia, e que o máis probable é que este proxecto vai pasar a mans estranxeiras, quizais pola grande capacidade que teñen estas de ter realizados proxectos desta envergadura noutros lugares do mundo, de poder realizar un plan innovador e o mesmo tempo de garantir a calidade e eficacia do mesmo, pero indubidablemente preguntámonos porqué non pode ser un equipo de arquitectos, empresarios, enxeñeiros galegos os que realicen este proxecto no que se vai investir unha gran cantidade diñeiro, feito que favorecería a Galicia en todos os niveis, posto que se produciría a creación dunha infraestrutura que repercutiría claramente para o avance da cidade e ao mesmo tempo sería unha empresa galega a que se potenciase, en caso de que se alcanzasen todos os obxectivo; sendo unha inversión para toda a comunidade.

Alba Rivas Oural
2º A BCH


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2010 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0