Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TINTEIRO, FONTE DE HISTORIA
Os políticos abriron o espazo incluíndo bañeiras de pé cuberto por unha pérgola ademáis das calidades da auga. O Tinteiro ten unha nova atracción: o exercicio do punto de vista sobre o río.
A reforma deste ambiente inclúe a creación dun novo terreo elevado desde o cal se pode ver o río Miño. O 13 de outubro inaugurouse este espazo, liderado polo alcalde, Francisco Rodríguez, a vice-alcalde, Isabel Pérez e a concelleira Ana Garza. Segundo a placa conmemorativa da inauguración, fixérona os vecinos de Ourense.
A estética utilizada, que inclúe madeira e granito, pretende dar homoxeneidade e conxunto a todo este gran complexo lúdico e termal das ribeiras do río, como explicou Ana Garza.
Agora os usuarios das fontes posúen un banco, seis baños de pé e dous tanques de recollida de augas termais, ademáis da bomba de auga que xa existía. Mentres alguna xente estreaba as instalación, o alcalde destacaba a colocación de dúas pérgolas. Según o alcalde, esta reforma permitirá preservar a imaxe do Tinteiro, tamén desde o punto de vista sanitario

María Gutierrez 2º Bach A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Conflito existente entre Xibraltar e España
A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, lembrou o ministro principal de Xibraltar, Peter Caruana, que as cuestións sobre a soberanía do Peñón só discútenas Madrid e Londres e non están dentro do Foro Tripartito de diálogo que se iniciou en 2004, e reiterou que España non recoñece a soberanía das augas disputadas. Así pronunciouse De la Vega despois de que Caruana anulase dúas reunións técnicas do Foro Tripartito polos últimos incidentes entre a Policía gibraltareña e a Garda Civil española en augas que Xibraltar e Londres consideran como propias pero cuxa soberanía non recoñece España."O Goberno lamenta que Caruana queira introducir cuestións de soberanía no marco deste foro ", afirmou a vicepresidenta, facendo fincapé en que "as posicións sobre soberanía abórdanse exclusivamente en ámbito bilateral entre España e O Reino unido".Neste sentido, De la Vega insistiu en que a posición do Goberno sobre as augas "é sobradamente coñecida e mánténse invariable: non recoñecemos augas internacionais a Xibraltar".

En opinión da vicepresidenta, "o foro de diálogo entre España, Reino Unido e Xibraltar sempre funcionou de maneira construtiva, nun clima de confianza mutua e de cooperación".Así as cousas, tras subliñar que "España está plenamente convencida de que o foro é a vía axeitada para seguir avanzando", indicou que o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Miguel Angel Moratinos, falou co seu homólogo británico, William Hague, e ambos os dous "acordaron seguir traballando para celebrar a próxima reunión ministerial antes de que finalice o ano como estaba previsto".


Luis Manuel López
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2010 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
A Universidade de Vigo mestura a ecoloxía e a lingua para a defensa do galego
Universidade de Vigo, apostando forte polo galegoPara loitar pola supervivencia do galego, a área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, acaban de pór en marcha a campaña «Ou galego, ou noso medio natural», que foi presentada por Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria.

O protagonista principal é a ecoloxía: máis de 4.000 cadernos que se repartirán nos campus e nos centros de ensino non universitario públicos e concertados cos que textos de escritores galegos, como Uxío Novoneyra, farán reflexionar sobre a importancia da recuperación das especies e do idioma.

Non será o único esforzo para potenciar o ecolingüísmo e o uso do galego, senón que tamén se repartirán máis de 5.000 adhesivos, 500 chapas, camisetas e petates para facer visible a campaña.



Isaura Margarita Apostolidis De Oliveira
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
O Festival de Cine de Ourense
Un ano máis, e xa van 15, Ourense foi teatro en directo, durante nove días. O Festival de Cine Independente, ou Ourense Film Festival (OUFF) - puxo a noite do dia 1 deste mes na alfombra vermella ao outono cultural da cidade coa estrea da película ?18 COMIDAS? do director galego Jorge Chur, na que intervén Luís Tosar. Unha estrea de categoría para un evento que insiste en atopar o seu lugar no mundo tan acopado de festivais de cine.
Dous centenares de filmes foron escollidos entre máis de 2.000 procedentes de todo o mundo-de directores de medio centenar de países (incluíndo a Serbia, Corea, Filipinas, Estados Unidos, Xeorxia, Arxentina, Alemaña, México, Reino Unido, Iraq e España) han de competir nesta nova edición na que a política de austeridade imposta pola crise arañou aproximadamente 500.000 ? do seu orzamento. A estes directores engadenselle, en categorías non oficiais, cincuenta profesionais que van dar a coñecer ao público as últimas tendencias e máis de cen películas máis, incluíndo curtametraxes e filmes de animación.
Esta edición está adicada a Rabindranath Tagore, que será homenaxeado pola proxección de varias películas con temática india.




Carmen Selina Meire Pérez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2010 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Auria Ourensá
A semana Auria de Ourense reunirá entre os días 10 e 17 de outubro profesionais, lectores e escritores de literatura histórica, como Manuel Rivas e Carlos Reigosa. Entre os obxectivos principais da iniciativa está o de divulgar o xénero e as súas novidades máis importantes para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011.

Así mesmo, a Xunta explicou nun comunicado, que persegue dar a coñecer o público aos autores máis prestixiosos da literatura histórica e descubrir os novos valores, así como analizar o fenómeno de captación de lectores que xeraron este tipo de libros na última década e establecer debates entre historia e literatura.
Deste modo, celebrarase unha feira do libro nos Xardíns de Posío de Ourense que, ademais de librarías, acollerán presentacións, mesas redondas e diversas actividades de divulgación da lectura.

Na cidade haberá máis sedes, como o Centro Cultural da Deputación de Ourense, no que haberá diversas actuacións musicais e recitais enmarcados no ciclo Auria Cultural. Nesta liña, realizarase un ciclo de cinema sobre personaxes históricos, con figuras como Genghis Khan e El Bosco, onde todas as películas se proxectarán en versión orixinal subtitulada.


Fátima Carballo Río
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o actor e escenógrafo Suso Díaz da compañía Sarabela
O pasado día 13 de outubro o actor da compañía Sarabela teatro Suso Díaz apareceu morto na súa residencia en Ourense por causas que se descoñecen.

O corpo sen vida do actor de 39 anos ,nado en Suíza en 1971 e vinculado ao grupo Sarabela desde 1988, apareceu na súa casa o martes despois de que non dera sinais de vida aos seus compañeiros para asistir a unha representación teatral que tiñan prevista para o mércores e da que Suso formaba parte.

A compañía Sarabela Teatro anunciou que suspende todas as funcións que tiñan previstas para os próximos días, incluída a súa participación na Feira Galega das Artes Escénicas. «Era un técnico perfecto, un escenógrafo grandioso, un iluminador emocionante, un deseñador gráfico contundente, un profesor e un actor cunha presenza magnífica», indicou Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro e director da Mostra de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).


O concelleiro de Cultura sumábase as decenas de testemuños de pésame, ao declarar que "la muerte de un actor o una actriz es de algún modo el fin de un sueño; ayer se nos fue un modo de comunicar, de hacer sentir y entretener: el propio. Suso Díaz. Las calles lloran hoy por Suso"

O actor que fora galardoado pola súa interpretación na obra A Esmorga, co premio Premio María Casares 2010, será enterrado hoxe as 5 da tarde na igrexa de Pazos de San Clodio en San Cibrao.


Elena Seijo 1º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
O fútbol sala galego triúnfa
O Lobelle busca 6 de 6!
No día das Forzas Armadas, da ?Pilarica?, o equipo do Apóstolo, ese que está tocado pola man de Deus (Tomás), o que a día de hoxe é o mellor equipo da Liga de fútbol Sala máis potente do mundo, e dicir, o Lobelle, a Armada branca, buscará a súa sexta vitoria consecutiva en Liga, a oitava en partidos oficiais (contando a Supercopa) e a terceira consecutiva na casa.
Dende que se iniciou o curso 2010/11, ningún adversario foi capaz de gañarlle nin unha batalla (das cinco libradas) desta guerra longa que é a Liga ao líder Lobelle, que se mantén firme na súa posición. Ese é o reto que ten esta tarde (18.00 horas) no Multiúsos de Sar un Marfil Santa Colomba que pretende recuperar fóra o que perde na casa. Cando se vai de campamento, e dicir, cando xoga fora de casa, a escuadra de Andreu Plaza aínda non perdeu esta tempada -un triunfo, ollo, na cancha do potente Caixa Segovia por 4-7- e un empate en Cartaxena (2-2). Está duodécimo na táboa con 5 puntos.
E hoxe, coas estadísticas, as emocións e as rachas na man, todo xoga a favor do Lobelle: líder invicto, equipo máis goleador da Liga cunha media redonda de seis tantos por partido.

Christian García González 2ºB

Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-10-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO BLOG. A FORZA DO GALEGO Á CONQUISTA DO ESPAZO
Comeza a actividade do Novo BLog do Colexio formado por alumnos voluntarios de bacharelato.

Haberá catro grupos guiados por un coordinador que xestionará a web do novo equipo de dinamización lingüística.

O seu traballo será constante ata o mes de abril os de segundo e ata maio os de 1º. Entregarán noticias cada semana acompañadas de fotografía, enlaces ou vídeo nun prazo máximo de 1 día despois do remate da clase.

Podedes participar enviando as vosas suxestións e comentarios e facer desta canle un foro activo de reflexión e fomento da lingua de novo.

Animádevos e en breve publicaremos os nomes de todos os bloqueiros. O galego móvese, e a FORZA GUE á conquista de novos mundos.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 07-10-2010 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Charla-coloquio con Rubén Riós II
Damos grazas a Rubén polo seu interese en mostrarnos como se fai creación audiovisual en galego.

Damos grazas polo bo comportamento e atención do público asistente e a ANPA do colexio

Ata sempre, Rubén
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-02-2010 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO
Nestes días celebrarase o Entroido en moitos lugares de Galicia, un acontecemento cheo de historia e connotacións que forma parte da nosa historia dende fai séculos e que aínda que non nos decatemos forma parte da nosa esencia e da nosa actividade na actualidade, o Entroido é unha festividade na que a nosa cultura se fai patente en multitude de aspectos posto que non so os disfraces son un dos símbolos que define este período senón que a comida, as actividades, os desfiles e a cantidade de celebracións que xiran entorno a estas festas, configuran unha festividade chea de ilusión e na que o sentido de humor e alegría fanse notar.
O Entroido enmarca unha etapa na continuidade do ano e tamén pode considerarse como unha festividade de carácter relixioso, posto que sempre ten lugar no período previo a Coresma; en Galicia o entroido adquire especial relevancia en determinados lugares destacando o entroido de Xinzo de Limia, Laza e Verín entre outros, nos que o entroido dura moito máis que tres días e onde tanto os disfraces como as máscaras e os sucesos de cada fin de semana son diferentes.
O Entroido, polo tanto, constitúe non só unha etapa de lecer cargada de ilusión, diversión, e sentido de humor senón que está moi vinculada a nosa cultura galega e a nosa historia sendo unha das festividades máis características do noso territorio, aínda que esta celebración non se pode considerar exclusiva da nosa comunidade autónoma, posto que tamén ten lugar noutros lugares do mundo, como poden ser os carnavales de Canarias, os de Colonia ou os espectaculares carnavales de Río de Xaneiro.
Alba Rivas
2º A BCH


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-02-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0