Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O cine galego despega este ano coa estrea de doce películas |
|
Máis dunha ducia de longametraxes de ficción, con produción ou coprodución galega, accederán ás pantallas comerciais españolas ao longo do 2011, sobre todo no segundo semestre, se conseguen superar a dinámica adversa dun mercado que penaliza o cine de segundos e terceiros países en favor do procedente de Hollywood.
Predominan os temas dramáticos sobre as comedias e o fantástico, e móvense en orzamentos de produción oscilantes entre o millón e os seis millóns de euros, cunha gran porcentaxe de participación institucional a través do ministerio, a consellería, TVG, TVE, e Sempre Cinema, participada polo Igape e o Consorcio Audiovisual de Galicia.
A primeira en asomar será Secuestrados a partir de hoxe, que aspira a ser un éxito de público desde a súa boa acollida na pasada edición de Sitges e o premio recibido en Austin (Tezas) na categoría de terror. Con produción maioritaria da coruñesa Vaca Films e realizada por Miguel Angel Vivas, é un suspense centrado nunha familia vítima dun secuestro exprés e nunha liña concordante con Funny Games, de Michael Haneke. A mesma produtora roda actualmente en Galicia Lobos de Arga, un filme fantástico de Juan Martínez Moreno coa idea de estrealo coincidindo coa noite de Halloween o próximo outubro. O 8 de abril terá a súa estrea masiva en Galicia a singular comedia Crebinsky, do coruñés Enrique Otero, con produción de Control Z, Chevere Vision e Zircocine. Recrea a singular road movie dos irmáns Crebinsky xunto á súa vaca Muchka, cunha ampla repartición encabezada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, con Luís Tosar, Farruco Castromán e Yolanda Muiños. Para maio, na contorna do Día dás Letras Galegas, Filmanova e Zircocine presentarán Doentes, drama realizado por Gustavo Balza con Manuel Olveira, Pico e Antonio Durán, Morris.
Continental participa na coprodución do thriller psicolóxico Ditado, de Antonio Chavarrías, con Juan Diego Botto e Barbara Lennie, cun protagonista que debe investigar o asasinato dun amigo. Rodaxe entre Barcelona e Galicia no pasado outono, con estrea prevista para outubro. A mesma produtora promove para a Forta a tvmovie Barreiros, o Henry Ford español, de Simon Casal. Finalmente, Matriuska Producións presentará en festivais o drama Dous fragmentos/Eva, de Ángel Santos.
Borja Pérez, 1ºA. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|