Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cultura galega súmase hoxe en Muxía á Fundación López Abente
Representantes das principais institucións culturais de Galicia -o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as universidades de Santiago e A Coruña, entre outras- acudirán hoxe a Muxía para asistir ao nacemento da Fundación Gonzalo López Abente. Un grupo de intelectuais da Costa da Morte, co apoio do Concello, son os promotores desta iniciativa que tratará de rescatar do esquecemento a figura deste poeta nado na localidade en 1878 e que faleceu en 1963 deixando tras de si unha valiosa produción e unha traxectoria marcada polo compromiso con Galicia.
López Abente formou parte das Irmandades de Fala, do Seminario de Estudos Galegos e da RAG, e a súa obra foi recoñecida co Día das Letras Galegas no 1971. Os impulsores da fundación xa traballan na publicación dun poemario inédito e dunha antoloxía das súas novelas curtas. Na súa obra narrativa cóntanse títulos como O diputado ou Por Veiramar, mentres que no apartado poético publicou Escuma da ribeira ou Nemanco, entre outros.
A entidade será presentada hoxe con diversos actos, como a firma da acta fundacional, unha ofrenda floral na tumba do autor e un recital poético


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2011 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0