Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Frei Martín Sarmiento Xoán Manuel Pintos |
|
A Real Academia Galega (RAG) celebrou no Teatro Principal de Pontevedra unha sesión extraordinaria para inaugurar os actos conmemorativos do 'Ano Pintos', que organiza o concello da localidade con motivo do bicentenario do seu nacemento.
Durante o acto, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou que "a vixencia de Pintos é permanente" e cualificoulle de "pedagogo social" pola súa contribución á lingua galega.
Deste xeito, asegurou que a figura de Pintos está "destinada a crecer" e que os actos que se celebren na súa memoria contribuirán a "modificar ideas comúnmente aceptadas da literatura galega" e "tópicos" que el se mostrou partidario de "abolir".
O presidente da RAG explicou que, logo de Frei Martín Sarmiento, Xoán Manuel Pintos "fixo posible a chegada de Murguía e Rosalía ao mundo das letras", e que a literatura "mantéñase viva e floreciente".
No plenario académico interviñeron, ademais, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, a catedrática de Pontevedra Rosario Álvarez Branco, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández e o ensayista Xesús Alonso Montero.
Este último asegurou que "quedan por descubrir moitas páxinas literarias" de Pintos e que "aínda hai que editalo ben". Neste sentido, abogó por "facer unha edición con lupa" da obra de 1853 'A Gaita Galega', argumentando que é "un libro que aínda está de actualidade".
Borja Pérez Fernández, 1ºA.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|