Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Homenaxes a Castelao no 125 aniversario do seu nacemento
O domingo 30 de xaneiro conmemórase o 125 aniversario do nacemento de Castelao. Con tal motivo a Federación de Asociacións Culturais de Galiza, Galiza Cultura, organiza en colaboración coas entidades federadas, unha serie de homenaxes co obxectivo de facer visíbel esta grande figura, exemplo de compromiso co noso país:
- O domingo 30 de xaneiro, na Praza do Toural de Santiago, a partir das 13:30 h., desprégase a faixa conmemorativa desde o balcón do Pazo de Bendaña, con leitura de textos de Castelao e a actuación do cantor compostelano Pepe Constenla. O acto está organizado pola A. C. O Galo, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Santiago.
- Ese mesmo día, na Praza do Conde de Fontao de Foz, a partir das 13:00 h., haberá unha leitura de textos do autor rianxeiro e a actuación do grupo A Subela.
- Mentres, ás 17:00 h., na Praza do Concello da Estrada, producirase o despregamento da faixa conmemorativa e leitura pública de textos de Castelao.
Esta nova aparece recollida tamén en Galicia Hoxe.


Andrea Estévez Álvarez, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0