Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Biblioteca Nacional olla a cara oculta de Torrente |
|
Obsesivo, meticuloso nas súas buscas e cunha biblioteca forrada de libros ata o teito e chea de magnetófonos cos que finxía dialogar. Así é a figura que se transloce de Gonzalo Torrente Ballester grazas á exposición que alberga a Biblioteca Nacional ?que xa se puido ver en Galicia? e que inclúe máis de 200 pezas, moitas delas inéditas, entre manuscritos, libros, artigos, cartas, fotografías, cadros, debuxos, documentos e obxectos do escritor.
Los mundos de Gonzalo Torrente Ballester é o título desta mostra, organizada no marco do centenario do nacemento do autor, da man da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester e a colaboración do Instituto Cervantes.
Non obstante, a maioría dos obxectos e sons desta mostra proceden da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, que preside o seu fillo Álvaro. Todos estes elementos agochan, segundo o seu fillo, ?a maioría das claves da súa creación literaria e da súa visión do mundo?. O fillo do escritor estivo acompañado na inauguración pola infanta Elena e a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde.
No percorrido da mostra exhíbense tanto a totalidade das primeiras edicións dos seus libros como manuscritos de todas as épocas, obxectos persoais e as súas coleccións de teteiras e maquetas de barcos.
Noemy Dopazo González 2ºB bach.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|