Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Roberto Varela inaugura o espazo de turismo de Galicia en Fitur 2011 |
|
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu esta mañá aos actos inaugurais da Feira Internacional de Turismo (Fitur), no recinto feiral Ifema de Madrid, onde Galicia presentará ata o vindeiro domingo día 23 a oferta turística da comunidade nun stand de 1.421 metros cadrados de superficie, instalado pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo.
Roberto Varela, despois asistir á inauguración oficial de Fitur 2011, que estivo presidida pola Súa Maxestade a Raíña de España Dona Sofía, salientou que "tras o éxito do Xacobeo 2010, o sector turístico debe de continuar sendo un dos principais factores de crecemento económico de Galicia", e recordou que este sector significa "o 10,5% do PIB galego". Para seguir acadando estas boas cifras o conselleiro asegurou que "Galicia presenta en Fitur 2011 un stand de primeiro nivel, onde os protagonistas principais son a celebración do 800 Aniversario da Catedral de Santiago, a Cidade da Cultura de Galicia e a marca turística propia Galicia, gárdasme o segredo?".
O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que a Marca Galicia vai ter "un enorme éxito e impactará nos turistas potenciais, porque presenta unha comunidade atractiva, auténtica, con misterio e maxia, sosego, a conexión cun mesmo e cos demais, destacando o carácter acolledor e amable dos galegos". Asemade, Varela recordou que o expositor de Galicia "está centrado nos catro principais piares nos que se sostén a política turística galega: cultura, gastronomía, paisaxe e patrimonio; sen esquecer outros produtos turísticos estrelas como o termalismo, o turismo rural ou a rutas culturais".
O espazo escenográfico do stand conta con gran atractivo e impacto visual para o visitante, ao incluír zonas de proxección inmersiva que introducen ao visitante por recorridos fantásticos de Galicia. De maneira moi especial, este ano, esta plataforma dá a coñecer os dous grandes fitos do ano 2011: a Cidade da Cultura, cuxos primeiros espazos- Arquivo e Biblioteca de Galicia- foron inaugurados a semana pasada-, e o 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que tivo lugar un 21 de abril de 1211, cunha cerimonia solemne presidida naquel entón polo rei Afonso IX.
Así, o espazo central do expositor está presidido por un gran cilindro central que permitirá ao visitante realizar proxeccións inmersivas polos recantos da arquitectura do arquitecto estadounidense Peter Eisenman. Ademais, no chan do stand tamén se pode ver a maqueta completa da Cidade da Cultura, construída no monte Gaiás de Santiago.
Outros dous cubos de proxeccións inmersivas completan o expositor de Galicia. Un deles permítelle ao visitante navegar virtualmente polos canóns da Ribeira Sacra, no interior de Galicia, mentres que o outro axuda a meterse na pel dos percebeiros da Costa da Morte para coñecer esa zona costeira da comunidade.
O stand de Galicia contará con numerosas actividades, espectáculos e presentacións durante os cinco días que dura esta feira de turismo. Durante está primeira xornada, ás 15,30 h. o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, intervirán na presentación da guía turístico gastronómica E para comer Lugo" A continuación, o conselleiro presentará as 17,00 h. o paquete turístico "Rías baixas, destino de calidad" e as 18,00 intervirá na iniciativa promocional Arousa Norte, una luz en la sombra. Destino accesible para personas con discapacidad visual.
MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|